Sanidad pública
Non é a gripe, son os recortes

Os hospitais e centros de saúde galegos rexistraron situacións de colapso, coincidindo co habitual pico da enfermidade. Longas esperas, pacientes amoreados en corredores e un persoal sobrecargado de traballo foron un reflexo dun sistema sanitario público castigado por anos de recortes.

15 mar 2017 14:57

Ante a evidente situación de saturación, as denuncias de sindicatos, asociacións profesionais e plataformas sociais foron respondidas polo Sergas seguindo o mesmo guión empregado para outros conflitos e crises, pasando en puntas de pé sobre os problemas e negando a súa responsabilidade pola xestión realizada nos últimos sete anos e medio de goberno, a medio camiño entre as explicacións tecnocráticas e a postverdade.

O conselleiro Jesús Vázquez Almuíña cualificou de “axeitada” a resposta dada pola Xunta, argumentando que a xestión dos picos da gripe “non é planificable”. Mentres, o presidente Alberto Núñez Feijoo chegou a culpabilizar os pacientes, aos que instou a acudir aos servizos de Atención Primaria (centro de saúde ou Punto de Atención Continuada) antes de ir aos hospitais, porque “moitas cousas pódense resolver aí”.

Manuel Martín (voceiro de Asociación Galega para a Defensa da Sanidade Pública e de SOS Sanidade Pública) salienta, pola contra, que a explicación ao colapso hai que buscala nas eivas estruturais do sistema: “O problema é que a Administración recortou de forma brutal os recursos dos centros sanitarios. Non hai camas para hospitalizar as persoas con gripe que teñen enfermidades crónicas —problemas respiratorios, cardiálxicos…— e que necesitan ese ingreso.

Esas persoas teñen que acumularse nos corredores dos hospitais, o que constitúe un atentado á súa dignidade e supón incrementar o sufrimento da xente”, engade. De igual xeito, Ángel Cameselle (CC OO), lembra que nos últimos anos se destruíu máis dun milleiro de postos de traballo de profesionais sanitarios no sistema público galego, cunha redución dun 18% no orzamento. Alerta, ademais de que “as necesidades asistenciais en Galiza están cambiando por mor do envellecemento da poboación”, polo que chama a tomar medidas pensando no longo prazo.

Para María Xosé Abuín (CIG-Saúde), “o tema das urxencias pon de manifesto como funciona a sanidade pública. A gripe é algo que se produce todos os anos, o repunte é algo normal, o que pasa é que os seus efectos nótanse máis agora por mor dos recortes, da desidia e da falta de planificación”.

Atención Primaria

Núñez Feijoo reclamáballe aos enfermos e enfermas que acudisen primeiro aos centros de saúde e PAC. E, de feito, é na Atención Primaria, que sempre funciona como porta de entrada ao sistema sanitario, onde se detecta o problema de base. “Hai centros de saúde com listas de espera de varios días”, apunta Cameselle. E Abuín sinala que “hai unha falta de servizos e recortes moi importantes na Atención Primaria, o que acaba provocando situacións de colapso nos hospitais”.

A representante de CIG-Saúde reivindica a este respecto o Plan Mellora de Atención Primaria, asinado en 2007 polo Goberno bipartito coa participación de profesionais e grupos de expertos, e que entre 2009 e 2011 permitiu que se incorporasen ao sistema 1.049 profesionais cada ano, pero que non foi renovado polo Goberno de Núñez Feijoo. Prevía, ademais, crear 66 novos centros de saúde e mellorar a súa capacidade resolutiva con novos recursos e equipamento.
En decembro de 2013, varios sindicatos convocaron dúas xornadas de folga na sanidades pública, con manifestacións nas principais cidades. Imaxe de Vigo. Foto de Galiza Contrainfo.

“Aquel plan tiña moitos elementos positivos, comenzando porque adecuaba os recursos ás necesidades, facía un bo diagnóstico da situación e poñía solucións. Foi o primeiro que se cargaron, non volvemos saber nada”, di María Xosé Abuín, que destaca que “o Plan Mellora fixaba que como máximo se podían ter 1.250 tarxetas sanitarias por médico”, cando na actualidade se están dando casos de profesionais que deben atender cupos de case 1.800 pacientes.

A situación é particularmente grave en Vigo, denuncia SOS Sanidade Pública, que sinala que “as causas desta situación son os recortes de prazas, o incumprimento da promesa electoral de construír novos centros de saúde en Vigo, xunto cunha política de contratación só centrada no aforro económico”.

O persoal, saturado

O persoal sanitario está sufrindo en primeira persoa os efectos desta saturación. E, como destacan os propios colectivos profesionais, é o seu sobresforzo o que está a evitar que as situacións de colapso sexan máis graves.

“O déficit de persoal é tan acusado que compromete de xeito moi severo a prestación dunha óptima asistencia aos seus doentes”, alertaba hai uns meses a Comisión de Persoal do Hospital da Coruña, advertindo de que “a garantía dunha axeitada asistencia sanitaria só descansa na responsabilidade dos profesionais sanitarios e do seu sobresforzo continuado. Sobresforzos físicos e mentais que están obrigados a facer para tratar de compensar a falta de persoal existente e que están a constituír un risco para a súa propia saúde”.

Os sindicatos levan meses reclamando un plan de emprego que cobra todas as prazas que se perderon dende o 2011 no Sergas, que conta con ao redor de 3.527 traballadores e traballadoras menos, principalmente por mor de xubilacións e a aplicación da taxa de reposición. Porén, as recentes ofertas públicas de emprego convocadas pola Xunta sumaron unicamente 633 novos profesionais. As carencias están sendo cubertas (cando se fai) con substitucións de escasa duración.

En 2014, segundo denunciou a CIG, o Sergas realizou 100.000 contratos por días, cunha incidencia particular en áreas sanitarias coma a de Compostela (30.000 contratos para un persoal total de 5.500 empregados e empregadas) e chegando mesmo a realizar 26 contratos para un só profesional nun único mes.

Nas listas de contratación da Consellería están inscritas máis de 36.000 persoas, profesionais sen praza fixa que deben ir encadeando substitucións
Nas listas de contratación da Consellería están inscritas máis de 36.000 persoas, profesionais sen praza fixa que deben ir encadeando substitucións, sumando en moitos casos moi poucos días de traballo (e de salario) ao ano. O pasado mes de setembro, unha sentenza do Tribunal de Xusticia da Unión Europea declarou ilegal que se fagan contratos temporais para cubrir postos que deberían ser fixos.

“A taxa de reposición ten unha compoñente ideolóxica moi grande e aquí utilizouse como un instrumento para desmontar o sistema público e para fomentar a sanidade privada. Para privatizar a sanidade non hai mellor ferramenta que a destrución de emprego público. Degradas o servizo e así tes unha xustificación para introducir privatizacións”, conclúe María Xosé Abuín.

“Un persoal estresado e con malas condicións non pode ofrecer unha boa calidade asistencial”, denuncian tamén as representantes de Sanitarios Galegos Públicos (Sagap), sindicato que agrupa parte do persoal eventual.

Para Manuel Martín, “a estratexia parece evidente. Trátase de precarizar e deteriorar progresivamente os servizos públicos (menos orzamento, redución de persoal, deterioro das condicións laborais…), mentres se conceden cada vez máis parcelas de actividade a hospitais concertados e a empresas externas. A finalidade de todo isto é xerar espazos de negocio a expensas do diñeiro público”.

Campo para a privada

O Sergas veu dedicando nos últimos anos unha parte moi importante do seu orzamento a pagar os servizos que se foron privatizando e externalizando. De feito, ao redor da metade dos cartos cos que conta o servizo público de saúde van directamente a empresas privadas.

Neste transvase de fondos públicos a mans privadas non só entran os coñecidos casos do novo hospital de Vigo, os concertos con Povisa e outros centros, senón que cada vez máis foi gañando peso a externalización de servizos, coma a privatización do servizo de hemodiálise ou a xestión privada do Centro Oncolóxico de Galicia.

Tamén foi moi sinalada a privatización dos servizos de alta tecnoloxía por 88 millóns de euros anuais, tanto polo seu elevado custe económico, coma polo que implicaba. E, dende logo, a Lei de Garantías Sanitarias, que permite o transvase de pacientes (e cartos públicos) aos centros privados sempre que se supere o límite de 60 días nas listas de espera, sempre incumprido.
A sanidade privada suma máis da cuarta parte das camas existentes en toda a sanidade galega (2.341 privadas fronte a 7.297 públicas)
En total, a sanidade privada suma máis da cuarta parte das camas existentes en toda a sanidade galega (2.341 privadas fronte a 7.297 públicas) e ao redor do 32% do gasto sanitario total (27,8% de forma directa e 4,2% a través de concertos).

A Asociación de Hospitales de Galicia (Ahosgal) integra un total de 14 centros privados (tres na Coruña; dous en Lugo, Vigo, Ourense e Santiago; e un en Pontevedra e Ferrol), contando con 4.900 profesionais e unha facturación total duns 300 millóns de euros. Ahosgal foi consolidándose nos últimos anos como un importante lobby en Galicia, cunha capacidade de influencia crecente sobre a actividade da Xunta.

Na súa presentación, en 2012, “ofrecéronse” ao Goberno galego para cumprir as funcións dos centros públicos. E hai só uns meses o conselleiro de Sanidade, Jesús Vázquez Almuiña, defendeu no Parlamento que os centros privados que integran Ahosgal “reúnen os mesmos requisitos de calidade” que os hospitais do Sergas e son “unha ferramenta que permite ao Sistema Público ser máis áxil para atender as necesidades asistenciais dos cidadáns”.

A factura do Hospital de Vigo

O proxecto do novo Hospital de Vigo (Álvaro Cunqueiro) virou polémico no momento en que a Xunta optou por unha fórmula de contratación público-privada para a súa construción e posta en marcha. O custo total do hospital pasou de 450 a 1.400 millóns de euros, que a Xunta de Galicia deberá pagar en forma de canon anual ata o ano 2034.

Ademais, o proxecto inicial foi modificado, perdendo o centro, chamado a resolver as grandes necesidades asistenciais da área de Vigo, un gran número de camas e servizos. Os recortes no proxecto reduciron o 31% das camas funcionais previstas (de 1.239 a 845), o 31% dos quirófanos, o 55% das camas de urxencias, e levaron por diante módulos de investigación e docencia, o laboratorio ou mil prazas de aparcadoiro.

As deficiencias que presenta o Álvaro Cunqueiro, unidas a outros problemas na área sanitaria viguesa, tanto na atención primaria coma en centros de especialidades, levaron á organización hai ano e medio dunha das maiores manifestacións que se lembran na cidade, na que participaron case 200 mil persoas e que —uns meses máis tarde— forzou o cese da daquela conselleira de Sanidade, Rocío Mosquera. Hai algo máis dun ano a Comisión Europea admitiu a denuncia presentada pola Asociación Galega para a Defensa da Sanidade Pública por posibles ilegalidades no proceso.

Tanto esta entidade coma sindicatos e forzas políticas da oposición veñen reclamando o rescate do hospital para o sistema público, defendendo que esta decisión melloraría o servizo ofrecido e acabaría sendo máis barata para o Goberno galego que o mantemento do actual canon.

A factura do Álvaro Cunqueiro nótase cada ano nos Orzamentos da Xunta. Nas contas de 2017, 66 millóns de cartos públicos irán directamente ás arcas do grupo empresarial que construíu o hospital.

O caso de Povisa

En Vigo, as deficiencias do novo hospital da cidade están a ser aproveitadas polo centro privado Povisa para arrebatarlles pacientes ao sistema público e, deste xeito, elevar o importe que recibe a través do convenio asinado co Sergas.

A Xunta págalle cada ano a Povisa case 75 millóns, uns 535 euros por cada unha das tarxetas sanitarias das que o centro se fai cargo, ao redor de 139.000. SOS Sanidade Pública denuncia que se trata do concerto máis caro de todo o Estado español, en parte motivado pola insuficiencia de infraestrutura pública alternativa na área sanitaria, que incrementa o poder negociador deste centro privado.

A entidade lembra que na última década os fondos que recibe da Xunta en virtude deste concerto creceron notablemente. Se en 2001 eran 46 millóns de euros, en 2005 eran xa 56,4, convertidos en 72,2 en 2009 e en 75 millóns na actualidade. A plataforma lembra tamén que o Consello de Contas sinalou que Povisa concentraba a súa área de negocio no máis rendible, en detrimento da atención aos cidadáns e que resultaba imposible saber se os cartos públicos se empregaban para financiar a atención aos pacientes do Sergas ou se tamén pagaban a atención aos usuarios da parte privada.

Nos dous últimos anos Povisa lanzou campañas publicitarias para convencer a máis pacientes para que cambien de hospital. O seu obxectivo era captar dous mil usuarios e usuarias máis, para obter un millón de euros extra do Sergas. Chegaría así ao máximo permitido polo concerto en vigor dende hai dous anos.

Para Manuel Martín, as deficiencias no Álvaro Cunqueiro “están xerando un descrédito da sanidade pública de Vigo e Povisa é o gran beneficiario desta situación”, salientando que “só faltaría que o compadreo entre o Sergas e Povisa fixese que esta se lucrase dunha situación que eles mesmos contribuíron a crear”.

O voceiro de SOS Sanidade Pública explica que “hai xa moitos anos que Povisa parasita a sanidade pública de Vigo. Conseguiu, primeiro, que o hospital Meixoeiro tivese menos servizos dos que inicialmente estaban previstos, servizos que foron incorporados a Povisa. E despois conseguiu que se lle quitasen ao novo hospital público 400 camas”. Martín destaca que “Povisa ofrece moitos menos servizos que o hospital público” e que polo tanto “sería unha insensatez que os cidadáns cambiasen”.

O desmantelamento

A relación de conflitos e problemas que afectan o sistema sanitario galego, os seus usuarios, usuarias e profesionais é longa. Entre eles están as precarias condicións nas que as mulleres no segundo trimestre de xestación interrompían o seu embarazo en boa parte de Galizia.

Ou as eivas que presentaba o Hospital de Lugo, carente durante anos de servizos prometidos na súa inauguración, coma a hemodinámica 24 horas, a radioterapia e a medicina nuclear. Unhas deficiencias que provocaban que os e as enfermas de cancro tivesen que ir a diario ata A Coruña para recibir o tratamento de radioterapia.

Ou a constante degradación das condicións da saúde mental, un campo no que os seus e as súas profesionais levan anos demandando a posta en marcha dun plan de prevención do suicidio e un aumento dos recursos asistenciais dispoñibles.

Por non falar do calvario que tiveron que pasar os e as enfermas de Hepatite C, que só despois de intensas protestas puideron acceder aos novos tratamentos, que en moitos casos lles salvaron a vida, aínda que por desgraza para varios e varias destas doentes a resposta chegou tarde.

Altos cargos do Sergas están investigados por un suposto delito de prevaricación e a Fiscalía atribuíulles tamén o de “homicidio por imprudencia profesional grave” ao atrasar a administración dos fármacos “por razóns orzamentarias”.

Episodios que debuxan un escenario de progresiva degradación do que foi un dos mellores sistemas sanitarios públicos do mundo. Nos últimos anos a política sanitaria da Xunta vén disfrazando de austeridade os recortes, abrindo o campo para a incorporación das empresas privadas e derivando ao mesmo tempo unha importante cantidade de cartos públicos cara a estas compañías.

“O principal obxectivo do actual goberno da Xunta é desmantelar a sanidade pública galega. Esta forma de actuar non é inocente e responde a unha estratexia, que executan con todo rigor”, escribiron hai uns meses Manuel Martín e Pablo Vaamonde. Un desmantelamento que continúa.
Informar de un error
Es necesario tener cuenta y acceder a ella para poder hacer envíos. Regístrate. Entra en tu cuenta.

Relacionadas

Sanidad pública
Sanidad Más de ocho días de media para conseguir una cita con el médico de familia
Un 24,3% de la población declara haber tenido, en alguna ocasión, problemas para acceder a su médico o médica de familia. De estos casos, más de la mitad acudió finalmente a urgencias.
Comunidad de Madrid
Sanidad a la madrileña Solo dos pediatras se incorporarán a los centros de salud de la Comunidad de Madrid
85 médicos y médicas de familia entrarán en la plantilla. 15 de ellos irán en grupo a levantar centros de difícil cobertura que estaban caídos.
Comunidad de Madrid
Sanidad a la madrileña Camas cerradas y urgencias saturadas: el verano en los grandes hospitales de Madrid
Los pasillos de las urgencias del Gregorio Marañón rebosan de camas, mientras se cierran 300 en planta. En el conjunto de la comunidad los hospitales vivirán un verano con un 30% menos de camas, de media.
Gobierno de coalición
Gobierno de coalición Sánchez resiste, los aliados se ilusionan y Feijóo se llena de barro
Se apaga el ciclo político antes del receso de verano con un líder del PSOE que ve la luz al final del túnel, a pesar del desplome en las encuestas.
Barcelona
Chatarreros El reciclaje invisible: la relación entre la chatarra y la ciudad de Barcelona
La red de reciclaje en Barcelona es de una complejidad casi hermética, más aún si hablamos de los recicladores informales, más conocidos como chatarreros. Salimos a la calle a entender una economía sumergida que está a la vista de todos.
Salud mental
Salud mental Familia y escuela son los principales factores de protección para la salud mental de adolescentes LGTBI+
Las personas con una orientación sexual divergente con la heterosexualidad muestran mayor grado de depresión e ideación suicida que las heterosexuales. Los vínculos son clave para mitigar los riesgos, según un estudio.
Medios de comunicación
Medios de comunicación El futuro del periodismo no lo está escribiendo una máquina
El periodista Pablo Mancini, estratega dentro de The Washington Post, defiende una profesión aquejada de múltiples problemas. El primero, y más crucial, la deserción de miles de personas que ya no quieren estar informadas.
Entrevista La Poderío
Andalucía Virginia Piña: “Con la Guerra Civil y su posguerra intentaron aniquilar nuestra conciencia”
Quien tiene el poder, tiene los recursos, y quien tiene los recursos también tiene la palabra. Virginia Piña (Jaén, 1988) la lleva tomando en los últimos seis años, dándole forma para hablar de figuras clave en la historia de las mujeres en Andalucía
Partidos políticos
Partidos políticos La extrema derecha se dispara en un CIS en el que el PSOE acusa el golpe del Caso Koldo
El barómetro mensual señala un empate virtual entre PSOE y Partido Popular y anticipa un crecimiento de Vox. El CIS no pregunta por el caso Koldo, pero éste se hace notar en el resultado.

Últimas

València
València Huelga de celo en el Consorcio de Bomberos de València en plena campaña de incendios
La plantilla denuncia sobrecarga, falta de efectivos y abandono institucional, mientras la Diputación oculta el conflicto y prioriza su relato de normalidad.
Genocidio
Genocidio Israel asesina a diez niños que esperaban suplementos nutricionales en un hospital
La Unión Europea sigue evitando la imposición de sanciones al régimen de Tel Aviv. Estados Unidos anuncia sanciones contra la relatora de la ONU que ha denunciado el lucro de las empresas colaboradoras de Israel.
Fronteras
Fronteras europeas Un año más, la Caravana Abriendo Fronteras denuncia las políticas antimigratorias de Europa
Desde Baiona y Girona saldrán los grupos que recorrerán puntos críticos de fronteras europeas como Irún, Calais, Dunkerque y Toulouse donde se encontrarán con otros colectivos para movilizar la solidaridad con las personas migrantes.
Migración
Migraciones Entre la incertidumbre y la esperanza
El aumento de las muertes en el último año está relacionado con las condiciones cada vez más peligrosas con que se encuentran las personas para llegar a Reino Unido.
Más noticias
Opinión
Opinión Del malismo al imbecilismo
Los patanes en traje con poder que infestan nuestro ecosistema como moscas plastas, son el reflejo de un régimen que busca la imbecilidad masiva.
Opinión
Opinión Libertad para las Seis de la Suiza
Cuando el sindicalismo entra en prisión, lo que está encerrado es mucho más que una protesta. Es el eco de todas las veces que dijimos “basta”.

Recomendadas

Laboral
Laboral Jornadas de 50 horas semanales haciendo tareas de categoría superior: así se trabaja en hostelería
Es uno de los sectores con más sanciones e intervenciones de la Inspección de Trabajo, con más de 12.000 trabajadores extranjeros aflorados en las intervenciones y que cuenta con el 21% de las sanciones emitidas por este organismo.
Derechos Humanos
Flotilla de la Libertad Yanis Mhamdi: “Israel es el Estado que mata más periodistas en todo el mundo”
Este periodista de Blast fue uno de los integrantes de la Flotilla de la Libertad. En esta entrevista cuenta cómo transcurrieron las horas en las que este grupo de defensores de derechos humanos estuvieron bajo detención ilegal en Israel.
Genocidio
Genocidio La segunda consultora más importante del mundo es señalada por su papel en el despiece de Gaza
Boston Consulting Group está considerada una de las “big three” del sector. Ahora, una serie de informaciones señalan cómo ha estado detrás de la fundación antiUnrwa encargada de la distribución de ayuda y de los planes de expansión en la costa.
Unión Europea
Unión Europea La sociedad del miedo al declive
La angustia ante el futuro acompaña a las sociedades europeas desde hace tiempo y precede a la Unión Europea. Se manifiesta con mayor claridad en los períodos de declive económico y las turbulencias políticas y sociales que los acompañan.