Galego
Galego con acento catalán

Estudantes cataláns da lingua sorpréndense pola situación do idioma en Galiza.

estudiantes galego
Aprendendo galego no barrio de Vila de Gràcia de Barcelona. Sofía Caamaño
1 ago 2018 10:01

Un portal pechado do barrio da Vila de Gràcia de Barcelona abre as súas portas e propaga a melodía da canción “Milonga de aquí” de Sés pola rúa. Ao principio escóitase ao lonxe, pero conforme se avanza polo corredor, chégase a unha pequena habitación na que Isaac, Héctor, Joan e Yolanda, todos cataláns de nacemento, len atentos a letra da compositora bergantiñá intentando completar os ocos que faltan nela. “O meu pai fala galego pero nunca me ensinou. Aprender a lingua agora é unha maneira de reivindicala”, conta Isaac nun case perfecto galego despois de tan só catro meses estudándoo.

Segundo datos do Instituto Galego de Estatística, só o 31% dos galegos utiliza sempre a lingua propia para comunicarse, descendendo esta porcentaxe ao 13% cando se trata de poboación nova. A realidade lingüística de Galiza sorprende a estes estudantes cataláns, que coinciden na idea da existencia de prexuízos contra o idioma na sociedade galega. “Viaxo todos os anos a Galiza e deime conta de que para moita da xente de alí o galego é lingua da casa pero non da rúa”, relata Héctor. A súa parella ten ascendencia galega, máis concretamente da zona dos Ancares, e agora que tiveron unha filla, asegura que estas clases son “a maneira perfecta de ser partícipe da cultura e dos antepasados da nena”.

Carlos Vieito, politólogo de carreira e activista a prol da lingua, leva tres anos vivindo en Barcelona e é o encargado de facer chegar o idioma e a cultura galega a estes estudantes. “As aulas naceron porque unha rapaza italiana que estaba aprendendo galego quería sacar o Certificado de Estudos de Lingua Galega (Celga) e, como non atopaba ningún curso, preguntoume se podía ser eu quen lle dera clases. Ao final ela botouse atrás, comezouse a apuntar outra xente e aquí estamos”, relata. Carlos asegura que cando empezou esta andaina pensaba que a maioría da xente querería estudar galego ou ben para poder sacar algún título ou ben por temas laborais. Non obstante, sorprendeuse cando falou cos seus alumnos e se deu conta “de que o fan por amor ao idioma”. Yolanda naceu en Venezuela, medrou en Catalunya e ten ascendencia galega. Os seus pais nunca lle falaron galego por medo a que despois tivese problemas para aprender o castelán. “O amor pola terra forma parte da herdanza que me puxeron nas maos e por iso tiña ganas de aprender a lingua”, narra.

Identidade da terra

Ao igual que Yolanda, Joan sempre tivo “a vontade de aprender o idioma, a identidade e a cultura galegas”. Este mozo catalán conta que viaxa “cada verán” á terra de onde era a súa avoa. A Joan gustaríalle estudar filoloxía galega e asegura: “Estou namoradísimo de Galiza. Son fan”. Porén, tamén se mostra preocupado “pola situación do galego”. “Vexo que alí non hai un pensamento a favor da identidade da terra, as novas xeracións falan cada vez menos”, narra. Mónica Pazos, secretaria xeral da Mesa pola Normalización Lingüística, asegura que a situación máis preocupante é a da xente nova. “Só un de cada catro menores de 15 anos fala galego. O Goberno leva anos facendo políticas en contra da lingua. É a Xunta quen ataca o idioma, penso que socialmente si hai apoio ao galego, viuse na manifestación do Día das Letras”, afirma Pazos. Valentín García Gómez, secretario de Política Lingüística da Xunta, asegura: “Non hai ningún problema no sistema educativo, esa é a lectura fácil. O que hai que facer é ver de onde veñen eses rapaces. O problema está nas súas zonas de socialización. Os nenos de Vigo ou da Coruña nunca falaron galego”.

Para Yolanda, o máis contraditorio é que “xente que quere tanto a súa terra” non fale a lingua propia. Conta que, cando era cativa e viaxaba a Galiza con seu pai, o coche ía máis rápido no momento no que pasaban León. “Cando me atopo con galegos que están polo mundo vexo que sempre teñen morriña. Se cadra hai que marchar para darse conta do que un ten na casa”, conta.

García cre que parte do problema é a consideración que temos sobre os galegofalantes: “Ata agora tratamos a alguén de galegofalante se o usa sempre. Para min un galegofalante é quen sabe empregalo, escribilo e o usa nalgún momento do seu día”. Non obstante, Joan sente que o galego está “moi castelanizado e que se segue así, pasará de ser unha lingua propia a un dialecto do castelán”. Para o catalán, o idioma galego “non ten soporte institucional e, se o ten, é moi pobre”. García asegura: “Dende a Xunta si se poden facer cousas, o problema é que as campañas que levamos a cabo non teñen un impacto inmediato na sociedade”.

Carlos está convencido de que en Galiza existen uns prexuízos “moi fortes” contra a lingua. Está convencido de que “o futuro é dos neofalantes” e fai fincapé na importancia de non usar a lingua “só cada catro anos”. Carlos asegura que para el a lingua é: “o amor á familia e á terra. Podería perdelo todo e o galego sería o que me quedaría”. 

Informar de un error
Es necesario tener cuenta y acceder a ella para poder hacer envíos. Regístrate. Entra en tu cuenta.

Relacionadas

Galego
Manifestación Miles de persoas enchen Compostela cun berro único en defensa da lingua galega
A plataforma Queremos Galego conseguiu aglutinar voces diversas da Galiza social, política e cultural para “parar a emerxencia lingüística” que sofre a lingua propia e así esixir á Xunta “un cambio de actitude”.
LLIBERTAT PRESES POLÍTIQUES!!
3/8/2018 1:06

A língua é umha maneira de ser. Cada vez que se perde umha fala pérde-se umha razao de ser.
Para que o galego viva mil primaveras máis, umha das cousas que há que fazer é ter a cheia autodeterminassom da terra.
A Galiza pode ter moito futuro prà adiante se @s galeg@s assim o querem.
Acabar coa repressom que tem atualmente, e olhar prà baixo, e nao olhar prà o centro da península. Estamos num momento da história, da humanidade que estan-se esquecendo os valores principais. Damos prioridade a um papel pintado de cores com números debuxados, que a essença do ser humano.
Sem pessoas nao há nim Galiza nim Catalunha nim papeis pintados com números, nim o catalao nim galego nim nada disso.
Todo isso é criado polas pessoas durante os séculos.
Há um país que cháma-se espanha que nao quer lembrar a memôria histôrica.
Nao fai moitos anos , nao podia-se falar, escrever, ler outra língua que nao fora a espanhola.
...màis pensar sim!!
Poden-nos reter físicamente mais nao ciquicamente, o que pensamos!!

O governo atual nao representa Galiza, sao súbditos do imperialismo espanhol.
Devemos todos sair às ruas e paralizarlo tudo ao nosso arredor
Cando a Catalunha seja soberana, haberà moitas máis nsçois que teram a possiblidade de ser um novo estado, DAS PESSOAS E POLAS PESSOAS. Devemos lembrar que as pessoas criaron as naçois. Antes das bandeiras, os hinos, paises etc. estam os humanos. Sem humanos nao há tudo isso.
Pouco a pouco os humanoides de direitas querem acabar cos povos minoritários.
O cantaautor Ovidi Montllor dixo:Hi ha gent a qui no agrada que es parle, s'escriga o es pense en català.
És la mateixa gent a qui no li agrada que es parle, s'escriga o es pense.
Se os governodoides tenhem a obriga de controlar aos cidadans, OS CIDADANS TEMOS O DIREITO E A OBRIGA CONTROLAR OS QUE NOS GOVERNAM.

Sem ir màis lonxe,
GALIZA CEIVE!!

5
1
Asturias
Educación pública Educación en pie de guerra: crónica de la huelga que ha sacudido el final de curso en Asturias
Recursos insuficientes, sobrecarga docente y reformas sin inversión han desatado una de las mayores huelgas educativas en Asturias, con implicaciones que van más allá del curso escolar.
Antimilitarismo
Rearme La sociedad española rompe con el tabú del gasto militar… o no
La cantidad de eufemismos utilizados por los gobiernos para vender las bondades del aumento en el gasto militar es un buen termómetro para sospechar que el debate no está tan decidido como pareciera.
Pensamiento
Pensamiento Jason W. Moore: “La crisis climática es una lucha de clases”
El autor de 'La gran implosión' y 'El Capitalismo en la trama de la vida' critica “el ecologismo de los ricos” y propone una vuelta a la centralidad del trabajo como solución a la actual crisis climática.
Palestina
Genocidio Más de 100 gazatíes asesinados cuando iban a recoger alimentos de la ONG apoyada por Israel
La Fundación Humanitaria de Gaza comenzó a operar en la Franja el 27 de mayo y desde ese día los bombardeos del ejército sionista han acabado con la vida de 115 palestinos y palestinas que iban a por víveres.
La vida y ya
La vida y ya Un ciervo de carboncillo
Su dibujo había quedado fuera del concurso. Le dio rabia no haber sido capaz de entregarlo a tiempo.
Galicia
Crowdfunding O Salto Galiza abre un crowdfunding para empapelar a Altri
Queremos investigar a los responsables políticos y empresariales del que podría ser el mayor atentado ambiental de la historia reciente de Galicia.
Análisis
Estados Unidos Musk, Trump y las líneas de fractura en el trumpismo
Detrás de la bronca entre Trump y Musk se encuentra la realidad de que el primero tiene el arma por la empuñadura y el segundo la puerta de salida de EEUU abierta de par en par. La motosierra de los anarco-capitalistas se gripa.
Economía social y solidaria
Economía social La Pantera Rossa, 15 años pintando el mundo de su color en Zaragoza
El Centro Social Librería La Pantera Rossa de Zaragoza enfrenta deudas históricas con una campaña colectiva que busca mantener viva la cultura independiente y el activismo social.
València
València La Generalitat usa la ley de transparencia para denegar el acceso a las imágenes de Mazón llegando al Cecopi
Compromís ha presentado un recurso al TSJCV en el que exige a la Generalitat que revele si conserva las grabaciones de los accesos a L'Eliana que se niega a facilitar.

Últimas

Hazlo Posible
Hazlo posible Un año de investigaciones en El Salto: más impacto y visitas que nunca
En el último año El Salto ha publicado decenas de trabajos de investigación, con más impacto y visitas que nunca: desde la exclusiva de los festivales de KKR a la foto manipulada de Mazón, pasando por los agentes infiltrados en colectivos sociales.
Cantabria
Piquetes y barricadas La huelga del metal sacude Cantabria con 22.000 trabajadores convocados y un 90% de seguimiento
Piden recuperar el poder adquisitivo y se enfrentan a una patronal que lanza discursos incendiarios en medios. Un huelguista ha sido detenido en lo que el PCPE califica de acto “represivo”.
Partidos políticos
Partidos políticos Los satélites de Sumar activan la “operación Bustinduy”
El ministro de Derechos Sociales es el elegido por muchos dentro de la coalición electoral para sustituir a Yolanda Díaz, a quien dan por amortizada. Ya cuenta con apoyo simbólico de Mas Madrid, IU y los ‘comuns’.
Economía social y solidaria
Economía Social 30 años de REAS: un camino de lucha social y política por la sostenibilidad de la vida frente al capital
La Red de Economía Alternativa y Solidaria ha llegado a gestionar 1.300 millones de euros anuales bajo los criterios de la economía social y solidaria. Uno de sus fundadores y dos jóvenes activistas ponen voz a los logros y aspiraciones de la red.
Argentina
Argentina Diez años de Ni Una Menos, el movimiento que desbordó el feminismo para hacerlo enorme
El 3 de junio de 2015 se produjo la primera convocaría de Ni Una Menos en Argentina. El llamamiento contra la violencia machista traspasó el nicho feminista y la respuesta fue masiva. Hoy, se enfrenta a las políticas reaccionarias de Milei.
Más noticias
Galicia
Análisis Una casualidad, una respuesta masiva y un debate incómodo: la sentencia de Samuel Luiz en contexto
El 22 de mayo, el TSXG ratificaba el veredicto del jurado popular y reconocía que el asesinato de Samuel Luiz fue un crimen motivado por LGTBIfobia. El caso ha supuesto una movilización sin precedentes.
Explotación laboral
Explotación Dos detenidos en La Vera por explotar a migrantes nepalíes
Ciudadanos nepalíes eran obligados a trabajar sin contrato ni condiciones mínimas en fincas agrícolas extremeñas.

Recomendadas

Racismo
Racismo Gitanas a Escena: “Nuestra Lisístrata Montoya lucha contra el racismo”
Coco Reyes (directora y actriz) y Susana Muñoz (actriz) invitan a acudir al Teatro Bellas Artes de Madrid a ver su apropiación del mito feminista de la Grecia clásica escenificado por ocho mujeres gitanas.
Palestina
Shahd Abusalama “La Shoah se ha convertido en un arma ideológica de la que se ha abusado”
Afincada en Barcelona, la familia Abusalama, de origen gazatí, lidia con el horror diario pegada a un móvil, mientras espera noticias de los familiares que aún quedan en el enclave palestino.
Galicia
Galicia Dimite el conselleiro do Mar de la Xunta tras ser denunciado por agresión sexual
Alfonso Villares deja su cargo tras ser notificado por el TSXG de su implicación en una investigación por presunta agresión sexual, iniciada a raíz de una denuncia presentada por la presentadora Paloma Lago.
Argentina
Extrema derecha El Gobierno de Milei se ensaña con la población mapuche en una nueva ‘Conquista del Desierto’
El ejecutivo de extrema derecha acusa a las comunidades mapuche de “terroristas”, elimina la protección legal de sus territorios y activa un nuevo ciclo de persecución.