Decrecimiento
Como decrecermos

Luis González Reyes e Adrián Almazán achegan rutas no seu libro “Decrecimiento: del qué al cómo” (Icaria, 2023)

Coordinador do Instituto Resiliencia

2 nov 2023 06:00

O libro recentemente publicado por Icaria, obra de dous referentes académicos e activistas como son Adrián Almazán e Luis González Reyes, co título de Decrecimiento: del qué al cómo. Propuestas para el Estado español, marca un fito relevante no camiño á concreción do que poderíamos denominar follas de ruta para o Decrecemento. Estamos sen dúbida diante dun libro valioso que merecerá un espazo na mesa dunha futura Ministra do Decrecemento e a Resiliencia. Malia que desde o comezo é unha obra que recoñece as súas limitacións —e mesmo lacunas analíticas e propositivas, como insisten repetidamente os autores desde as primeiras páxinas—, ofrece achegas estratéxicas moi relevantes e dá unha perspectiva ampla e útil para calquera persoa interesada en xustificar e comezar a desenvolver una política de base a prol do Decrecemento. E a expresión “de base” non é casual, porque a aposta de González & Almazán é claramente de tipo eco-comunalista, renunciando aparentemente ás chamadas estratexias duais defendidas até hai pouco cando menos por Luis González, e ausentes como tales destas páxinas.

O libro ofrece una panorámica abondo completa, a partir dunha introdución de contexto que posteriormente dá paso a unha análise de tipo macroeconómico de diversos sectores da economía española para, na parte final, detallar algunhas accións e sobre todo debullar estratexias para as botar a andar, ou cando menos para acender uns debates que nos urxe moito abrir como sociedade, e sobre todo como movementos ecosociais. Con humildade, González & Almazán, recoñecen na introdución que “malia a súa estrutura propositiva, estas páxinas non teñen a pretensión de constituir un programa de goberno, nin un maunal de instrucións. Hai que entendelas coma formento ou semente” (p. 21).

Os autores recoñecen que as súas propostas non son un programa de goberno, senón unha semente

Alén de non fuxir de conceptos duros coma o de “colapso”, o de “triaxe” ou a denominación de “caos climático” (si evitan, porén, o de desindustrialización, que camuflan como “xiro” cara á “fabricación artesanal”, p. 146), o libro desenvólvese en torno a outros conceptos chave interesantes sobre os que ambos os dous autores artellan a súa vía decrentista, ademais do comunitarismo ou comunalismo, a crítica á tecnoloxía (“non precisamos novas tecnoloxías”, p. 48), o principio de precaución, as enerxías R3E, e a desmercantilización, apostando claramente por detraer actividades necesarias para a vida do mercado capitalista mais tamén do control e a dependencia do Estado. Con todo, o concepto máis repetido ao longo destas trescentas e pico páxinas é sen dúbida o de autonomía, entendida ao xeito libertario, moi vencellado coa “dispersión do poder”, isto é, descentralizalo ao máximo, rachar coas diversas xerarquías, en contraposición á clásica postura marxista de “tomar o poder” (estatal). Neste sentido a súa proposta encádrase perfectamente no que Ted Trainer denomina a Vía da Simplicidade (The Simpler Way), unha proposta e un autor inexplicablemente ausentes mesmo da bibliografía deste libro, máxime cando un dos seus autores foi o tradutor da edición española desta obra fundamental do pensador ecoanarquista australiano. Outras ideas-forza que salientan ao longo do libro serían a “redución do consumo”, a “relocalización e diversificación da economía”, “a integración do metabolismo social” dentro dos ecosistemas, ou a “redistribución” da riqueza “con criterios de xustiza global” (pp. 57-62).

Boa parte do ensaio está enfocado á economía, ofrecendo numerosos datos e análises sectoriais da economía española, ou explicacións detalladas sobre certos mecanismos do sistema financieiro, que por veces poderían resultar mesmo excesivamente cuantificados ou innecesarios nunha obra deste tipo, aínda que sen dúbida os datos dos que están repletas as páxinas centrais han ser de consulta obrigrada no debate político sobre o Decrecemento en España durante moitos anos, xunto cos traballos máis académicos de Óscar Carpintero e outros autores que analizan polo míudo os metabolismos socioeconómicos.

Bicicletos (Madrid)
Bicicletos (Madrid)

Neste terreo da economía apostan por englobar tanto as tarefas precisas para a reprodución da vida coma os empregos asalariados baixo o termo de traballo, seguindo o uso común na economía feminista, algo que cabería cuestionar se imos cara a sociedades desmercantilizadas e baseadas máis nos labores precisos para a vida e xa non nese concepto de traballo que se espallou grazas á desposesión comunitaria levada a cabo historicamente polo desenvolvemento capitalista-industrial (a dependencia do salario da que falan en diversos puntos como potentísimo medio de dominación e atranco para o obxectivo da autonomía), tal como teñen explicado autores como José Manuel Naredo ou Silvia Federici. “Unha vez que as terras foron expropiadas, o territorio degradado e as comunidades disoltas, a autoxestión colectiva de aspectos básicos da supervivencia como a alimentación, o abeiro ou abrigo fanse imposibles” (p. 51), sinalan con boa perspectiva histórica. Tamén apostan polas alternativas monetarias, aínda que con certa confusión entre moedas locais e sociais e sobre algúns aspectos das mesmas, e dedicándolle a algo que podería ter un enorme potencial como artellador dunha economía comunitarista, unhas catro páxinas que resultan moi escasas.

Unha vez que as terras foron expropiadas, a autoxestión colectiva da supervivencia fíxose imposible

Outro gran acerto dos autores consiste en sinalar o respaldo que supuxo a experiencia da xestión económica dos efectos da COVID-19 por parte dos diversos gobernos (p. 251), sobre todo para un decrecentismo de factura ecosocialista, ante as críticas dos partidarios do Green New Deal que aínda a día de hoxe seguen sen facer acuse de recibo desta experiencia histórica que demostrou que mesmo os gobernos máis capitalistas poden poñer as economías nacionais baixo estrito control e priorizar aquelas actividades esenciais, en caso de necesidade e mesmo con gran consentimento social, se se explica axeitadamente o beneficio de así actuaren. Non obstante, este recoñecemento non leva os autores a abandonar a súa proposta máis achegada ao ecoanarquismo.

Desafortunadamente, as diversas medidas que tratan de concretar esparexidas polo texto —se cadra demasiado esparexidas e pouco detalladas—, non se acaban de percibir integradas nun sólido plan marco, con visión holística e sistémica, se cadra porque non é a súa pretensión de partida con este ensaio, ou porque algo así probablemente só o podería artellar o Estado, e eles renuncian expresamente a esa vía (p. 258 e ss., «O Estado non é a solución»), dunha maneira imperfectamente xustificada a partir dos clásicos criterios anarquistas, e sen diferenciar os niveis máis locais do Estado (concellos tipicamente). Neste aspecto fican por tras de propostas xa veteráns coma o municipalismo libertario de Bookchin, o movemento das Transition Towns ou mesmo a vía da simplicidade trainerista, que recoñecen que eses ámbitos de actuación municipal están máis abertos e son máis acaídos para unhas sociedades que deben, por forza, facerse máis locais. Aquí, coma noutros puntos contraditorios de libro —se cadra derivados da dupla autoría—, oscilan na contradición de renunciar a “controlar” o Estado e ao mesmo tempo recoñecer a súa decisiva capacidade e apostar por “forzalo a facer” —o cal non deixa de ser outro tipo de control—, e que rexeita a influencia desde dentro caendo no típico erro de considerar que só se poden determinar políticas públicas por parte dos partidos que “gañan as eleccións”, dando así un paso atrás con respecto ao que se deu en chamar estratexias duais (actuar dentro e fóra das institucións do Estado).

Os autores renuncian á vía ecosocialista de tomar o poder do Estado, e optan por “esparexelo”

Alén disto, malia recoñecer a importancia do “repoboamento rural” e que o sector da produción de alimentos é, “quizais o corazón dunha sociedade decrecentista”, non se acaba de ver un plan integral sólido para derivar man de obra a ese sector e cara a esas ubicacións, algo no que é fundamental e urxente desenvolver ideas. Tamén podería ser obxecto de discusión, no plano económico, a súa defensa da renda básica (p. 246) ou a redución de xornada laboral sen redución de salario (p. 239), medidas sobre as que non hai un consenso absoluto dentro do Decrecemento.

Sen dúbida, as reflexións contidas no capítulo «Que é o que nos move» (p. 191 e ss.) son do máis novidoso e valioso desta obra, e deberían ser debulladas devagar por todas as persoas e colectivos que nos dedicamos á comunicación destas cuestións, especialmente a súa análise das tres vías principais para o cambio: a confrontación co capitalismo, a construción cultural de novas cosmovisións poscapitalistas e a levantamento práctico de alternativas (p. 235). Unha das frases para enmarcar sería a seguinte: “sería máis estratéxico comunicar a un público achegado, que ten predisposición a nos escoitar e manexa os nosos mesmos códigos, e que este for o que comunique posteriormente a sectores que nos son máis afastados” (p. 204). É dicir, aplicar o que a Permacultura e as experiencias históricas dos movementos evanxelistas nos mostran. Porque non temos enerxía nin tempo que desbaldir en tentar chegar á vez a todos os públicos, por moi sociodiversas que sexan as nosas estratexias e tácticas, algo que tamén defenden Almazán & González.

Huerta riego rural

Con todo, se cadra a disxuntiva que formulan eles de “prácticas” (prefigurativas) vs. “comunicación” non sexa tal e se poidan retroalimentar ambas vías, reforzándose mutuamente, priorizando unhas ou outras de maneira dinámica segundo o momento e o lugar. Quizais carezan aquí dunha nidia visión sistémica das retroalimentacións entre as diversas facetas do cambio necesario, especialmente cando falan da mudanza de hábitos (p. 254 e ss.), nunha “secuencia de transformación” e non nun sistema non-lineal. Aínda así, este alumeamento estratéxico é moi de agradecer como tamén o é a súa pouco común defensa do “medo” como emoción necesaria que debemos asumir e coa que debemos contar, en certos graos e combinada sempre con outras emocións como a “alegría”, a “esperanza activa”, etc.: “[o] medo é imprescindible para enfrontar os desafíos que temos por diante” (p. 206). Tamén é moi atinada a determinación do papel relevante da construción de “identidades” colectivas en torno á emancipación decrecentista, pois como nos lembran (e moitas veces esquecemos, dando así vantaxe á extrema dereita), a identidade é unha “necesidade” básica dos seres humanos, aínda que despois ofrezan algunhas reflexións pouco afortunadas en torno á súa construción, como que “a identidade nacional se articula contra quen son doutros lugares” (p. 247).

O capitalismo verde do GND requere extender o conflito e a morte

Tampouco teñen reparos en cualificar duramente onde nos levan as propostas do que chaman o “progresismo verde” (Green New Deal, etc.), porque segundo explican, “para ser viables estas propostas requeren da extensión do conflito e da morte” (p. 219). Pódese dicir máis alto, mais non máis claro. Así e todo, non deixan de reclamar a alianza nas rúas con estas opcións, aínda que só for para parar os pés ao emerxente fascismo. Non hai tempo, explícannos, para estratexias paulatinas: toca ser radicais fronte á perspectiva dun colapso en curso. “Como non temos tempo, non podemos facer unha transición en dous pasos: primeiro o «doado» e despois o «difícil»” (pp. 225-226). E tamén toca tomar boa nota da Doctrina do Shock (libro de Naomi Klein que non mencionan, mais cuxas mensaxes están moi presentes no final do libro, p. 251 e ss., principalmente): se cadra cumpre aguantar no ostracismo da minoría até a realidade golpear duramente, como lles sucedeu aos defensores da agroecoloxía na Cuba previa ao Periodo Especial, e ir desenvolvendo non só un plan listo para aplicar cando as cousas se torzan moito, senón un repertorio potente, variado e resiliente de experiencias decrecentistas reais, en funcionamento e rapidamente replicables que permitan facer de colchón diante do abalamento do Estado e do mercado (p. 224), tal e como leva anos propoñendo Ted Trainer inspirado pola Revolución Española de 1936.

Diesel Alemania bicicleta

Entre os puntos máis frouxos do texto áchase en falta máis detalle sobre as iniciativas de referencia (“exemplos”), que poderían ter sido moito máis numerosas nun texto que pretende axudar a abrir os imaxinarios e alumear camiños sobre o como do Decrecemento, e que ben poderían ter merecido máis presenza, precisamente polo que eles insisten tanto na parte final do libro, que se comunica máis coa práctica ca co discurso. Tamén nalgunhas medidas concretas propostas para trasformar a nosa economía, hai lacunas incomprensibles, como o esquecemento das posibilidades como alternativa da fitofarmacia (p. 149), máxime cando previamente falan dalgo moito máis difícil e teórico como a “fitominaría” (p. 125). Algún tipo de esquema final que resumise as medidas propostas por sectores tamén tería sido de agradecer para facilitar a consulta.

Así mesmo, aínda que os autores citan unha ampla bibliografía ao longo do libro, resulta difícil de comprender a ausencia de referencias bibliográficas moi achegadas a eles e relevantes no terreo propositivo, como a dunha obra pioneira como é a Guía para o descenso enerxético (Véspera de Nada, 2013). Ou outras propostas publicadas na última década por Véspera de Nada e mais recentemente polo Instituto Resiliencia e diversos autores (entre eles o propio González Reyes), en torno á urxente reconstrución de resiliencia social. Tamén sorprende non achar na bibliografía referencia algunha a sobranceiros autores do Decrecemento coma Carlos Taibo ou Serge Latouche, ou mesmo se falamos de comunalismos, a de Joám Evans e a súa obra Mancomunidade: uma terra livre sem Estado. Se cadra a ausencia é extensiva á realidade galega no seu conxunto, pois tampouco se menciona a institución das comunidades de montes, absolutamente relevante se falamos de propostas de autonomía, resiliencia e reagrarización, e cando si que pousan os ollos en experiencias sen dubida interesantes, mais lonxanas e alleas á realidade das nosas loitas comunais, como a das Zones à Défendre francesas. Case un terzo do territorio galego, preto de tres mil comunidades e milleiros de comuneiros parecen algo difícil de pasar por alto, e sorprende que apenas merezan unha única mención en todo o libro (Froxán, na p. 182), incorrecta aínda por riba, xa que o identifican como municipal. A defensa dos bens comunais a partir de institucións vivas e resilientes coma esta, fóra do mercado e do Estado, debería ser fulcral cando se trata de “construír autonomía”.

Incompresiblemente, a realidade das comunidades de montes galegas é pasada por alto no libro

Outra cousa que chama a atención, e que se cadra é debida á unha edición precipitada é a falta dunha revisión digna dunha editorial como Icaria, é a presenza de fragmentos de texto repetidos, algúns gráficos difíciles de interpretar ou mesmo de ler (por exemplo o da p. 68), e sobre todo non poucas erratas e aspectos mellorables de estilo. Ou unha incomprensible falta de moitas fontes na bibliografía, agravada polo incoveniente uso de URLs acurtadas. Agardemos que en futuras reedicións se poidan solucionar estes aspectos formais do libro que desmerecen da cualidade do contido. Malia estes defeutos e carencias formais do libro, ou mesmo a existencia de numerosas afirmacións e posicionamentos cuestionables ou carentes de argumentación, non deixa de ser unha ferramenta útil en tantos sentidos para o movemento decrecentista que non podemos senón aplaudir a súa publicación e parabenizar os autores.

Por rematar cun exemplo moi relevante desta utilidade, González & Almazán advirten sobre o risco dun exceso de confianza no devir dos acontecementos e alertan unha e outra vez de que a debacle enerxética e climática non vai determinar un novo orde emancipador, e antes ben, avisan sobre a tendencia xa presente a rematar nunha xestión autoritaria e insolidaria do colapso en curso. Así, desbotan certa confianza inxenua presente nos movementos sociais que, á luz das experiencias narradas por Rebecca Solnit en Un paraíso en el infierno se ven con frecuencia animados a extrapolar esas experiencias espontáneas de apoio mutuo ante catástrofes súpetas ao que está a ser algo moi diferente: un deterioro paulatino das condicións de vida, unha catástrofe a cámara lenta, que é terreo aboado para respostas insolidarias guiadas pola extrema dereita, que cómpre coñecer para evitar e combater. Nesa importante tarefa defensiva para os movementos sociais, este libro é un arma de enorme utilidade, que alumea vieiros alegres e comunais que nos afastan desde escenario terrible, porque “unha acción social sensata debe pensar as súas posibilidades e estratexias situándose no peor dos escenarios plausibles”.

Sobre este blog
O Centro de Saberes para a Sustentabilidade (CSS) é un Regional Centre of Expertise on Education for Sustainable Development recoñecido oficialmente pola Universidade das Nacións Unidas. Ten como misión fundacional “informar, sensibilizar e implicar a comunidade educativa e a sociedade no seu conxunto na promoción da transformación social necesaria para o cumprimento dos Obxectivos de Desenvolvemento Sustentable a través de experiencias cos pés na terra que fomenten a conservación, a sustentabilidade, a protección ambiental e a resiliencia“. O goberno do CSS é horizontal e democrático a través dun Consello Reitor formado por representantes de todos os axentes participantes. Máis información: http://www.saberes.eu
Ver todas las entradas
Informar de un error
Es necesario tener cuenta y acceder a ella para poder hacer envíos. Regístrate. Entra en tu cuenta.

Relacionadas

Crisis climática
El caos y el orden ¿Hay algún Plan de Ordenación que evite que Andalucía se convierta en territorio de sacrificio?
Las renovables pueden ser parte de la solución a los graves problemas medioambientales pero también el despliegue desordenado de grandes proyectos que sacrifican territorio sin dejar beneficios locales, lejos de resolver, agrava
Ecologismo
Crisis climática Coches bomba bajo la dana
En caso de catástrofe, a menudo el vehículo privado es una trampa mortal, un peligro público y un estorbo para la supervivencia
La Colmena
Cerrar Almaraz La tumba de Almaraz
En Almaraz el negocio prosperó. Y salió muy barato. Para levantar la nuclear bastó la promesa del reparto de abundante pan entre los pobres, la bienvenida al Míster Marshall de la comarca de Campo Arañuelo.
Sobre este blog
O Centro de Saberes para a Sustentabilidade (CSS) é un Regional Centre of Expertise on Education for Sustainable Development recoñecido oficialmente pola Universidade das Nacións Unidas. Ten como misión fundacional “informar, sensibilizar e implicar a comunidade educativa e a sociedade no seu conxunto na promoción da transformación social necesaria para o cumprimento dos Obxectivos de Desenvolvemento Sustentable a través de experiencias cos pés na terra que fomenten a conservación, a sustentabilidade, a protección ambiental e a resiliencia“. O goberno do CSS é horizontal e democrático a través dun Consello Reitor formado por representantes de todos os axentes participantes. Máis información: http://www.saberes.eu
Ver todas las entradas
Siria
Oriente Próximo Israel impone hechos consumados sobre Siria para condicionar la transición según sus intereses
“Está escrito que el futuro de Jerusalén es expandirse hasta Damasco”, dijo este octubre el ministro de Finanzas israelí, Bezalel Smotrich, uno de los exponentes ultras del Ejecutivo.
Ocupación israelí
Ocupación israelí Un tercio de los asesinatos de periodistas en 2024 fueron obra del ejército de Israel
Reporteros Sin Fronteras documenta la muerte de 18 periodistas en Palestina y Líbano este año “asesinados deliberadamente por hacer su trabajo” y habla de una “masacre sin precedentes” de profesionales del periodismo.
Galicia
Galicia Activistas de Greenpeace instalan ‘una celulosa’ en la sede de la Xunta en protesta contra Altri
Los ecologistas han realizado una acción en la sede del Gobierno gallego de Alfonso Rueda para animar a gallegos y gallegas a asistir a la manifestación de este domingo en la Praza do Obradoiro, en Santiago de Compostela.
Fronteras
Túnez Túnez endurece la represión contra las ONG de ayuda a las personas migrantes
Mientras el presidente Kaïs Saied se prodiga en discursos racistas, el estado persigue a las entidades solidarias con quienes llegan al país, bajo el silencio cómplice de la Unión Europea.
Que no te cuenten películas
Comunidad El Salto Suscríbete a El Salto y llévate seis meses de regalo a Filmin
Estas navidades, haz posible que El Salto llegue más lejos con sus contenidos críticos y llévate de regalo medio año de Filmin. Y si ya tienes Filmin, suscríbete a El Salto y regala el acceso a esta plataforma a quien quieras.
Opinión
Opinión Lo raro es estar viva
¿De qué sirve agobiarse por ciertas pequeñeces si somos un punto mínimo, una huella desdibujada, un puntito sobre un folio en blanco con un boli bic que casi no pinta?

Últimas

Ibex 35
Ibex 35 Las retribuciones de los grandes empresarios multiplican por 118 lo que ganan sus trabajadores
Los directores y ejecutivos de Inditex, Banco Santander, Iberdrola, Indra, CIE Automotive y otras empresas del Ibex 35 multiplican por cientos de veces los sueldos medios de sus empleados.
Personas sin hogar
Personas sin hogar El Ayuntamiento de Granada, APDHA y ‘La Calle Mata’ acuerdan un Plan de urgencia para las personas sin hogar
Después del encierro de decenas de activistas en el consistorio y la muerte de dos personas sin hogar en la calle en menos de 24 horas, el Ayuntamiento y las organizaciones civiles acuerdan un Plan de Urgencia para el frío de aplicación inmediata
Memoria histórica
Memoria histórica La parte oculta de las exhumaciones: la recuperación paso a paso del Fossar d’Alzira
Una exhumación va más allá de desenterrar huesos. Se necesita un equipo de expertos y meses de trabajo para identificar las víctimas del franquismo.
Más noticias
Catalunya
Derecho a la vivienda La “revuelta de las llaves” echa a andar con tres huelgas de alquileres en Catalunya
Tres promociones de vivienda deciden ir a la huelga de inquilinos, una de las medidas defendidas por las manifestaciones del 13 de octubre y el 23 de noviembre en Madrid y Barcelona para hacer frente a los alquileres impagables.
Inteligencia artificial
Inteligencia artificial Los creadores rechazan las licencias ampliadas para el uso de sus obras en la IA: “Es un genocidio cultural”
El Real Decreto para regular la concesión de licencias colectivas ampliadas para la explotación masiva de obras protegidas por derechos de propiedad intelectual para el desarrollo de modelos de Inteligencia Artificial recibe un rechazo generalizado.

Recomendadas

Galicia
Economía ¿Quién lidera el negocio del eucalipto en Galicia al que Altri quiere sumarse?
El estallido social que ha producido el intento de la multinacional Altri y la Xunta de instalar una nueva celulosa en Galicia abre la necesidad de poner el foco en el sector forestal, donde se encuentran algunas de las mayores fortunas del Estado.
Siria
Rojava El rompecabezas sirio que estalló en Alepo
El nuevo escenario sirio se ha gestado bajo la intervención implacable de Turquía, patrocinadora del Ejercito Nacional Sirio y otros grupos yihadistas que libran la guerra de Erdogan contra el pueblo kurdo.
Cine
Ramón Lluis Bande “Asturies tiene sin construir el relato de su tiempo revolucionario”
El cineasta Ramón Lluis Bande entiende la memoria histórica como un “camino de exploración formal infinito” y de reflexión sobre el propio lenguaje cinematográfico “en relación con la realidad, la historia, el arte y la política”.
Fondos buitre
Madrid Ecosol, la cooperativa agroecológica que lucha por sobrevivir al desalojo del fondo buitre Élix Rent
Este gigante inmobiliario, que ya ha logrado hacerse con la práctica totalidad del edificio que alberga el proyecto, se niega a renovar su contrato de alquiler ya que busca rehabilitar el inmueble y alquilarlo a precios desorbitados.