Pobreza
Pobreza, a vida precaria como norma

A vida precaria é unha realidade aínda cando os indicadores económicos non o detecten. Cando se pensa que os cartos non son o único indicador do benestar, a pobreza vólvese invisíbel e tórnase unha forma de vida.

Pobreza Vida Precaria Galiza 1
A vida precaria é unha realidade aínda cando os indicadores económicos non o detecten. Sara Guerrero Alfaro
24 feb 2020 09:00

É sinxelo imaxinar a vida no rural como unha vida de paz, descanso e luxo, cousas que semellan corroborar as casas de até tres andares entre as fincas das aldeas galegas. Se pensamos na calidade do aire e da comida, mesmo nas paisaxes e a tranquilidade, vivir no campo é un privilexio en comparación con facelo na cidade, onde a comida procesada, o aire agrisado e as máquinas ruidosas compoñen a vida cotiá.

Ao contrario do que podería pensarse, a posesión de terras e as grandes casas non son factores determinantes para considerar a zona rural como unha zona economicamente estábel. Máis ben, acabaron por seren elementos que invisibilizan e normalizan a pobreza na que se vive.

A propaganda oficial durante a ditadura, encargouse de configurar un réxime moral, cuxos resaibos aínda poden atoparse nos discursos cotiás. A exclusión territorial dificultou especialmente a desaparición de certas normas de conduta no campo, onde aínda se actúa a imaxe e semellanza das políticas de austeridade da época; exaltando o traballo duro sobre a felicidade ou o benestar material.

A propaganda oficial durante a ditadura, encargouse de configurar un réxime moral, cuxos resaibos aínda poden atoparse nos discursos cotiás

Deste xeito, a dificultade material na que se vive na zona rural para obter ou poder esixir a cobertura dos servizos básicos e ingresos económicos dignos, tamén foi normalizada. Cando os discursos imperantes acabaron por convencer a certo sector da poboación que a vida fácil era unha indecencia, despolitizouse a comunidades enteiras que até hoxe, ante situacións de evidente inxustiza, exclaman: “É o que hai”

Ante contextos e subxectividades tan complexos, a economía feminista propón unha maneira de comprender a economía que evidencia a escaseza e pode levar á dignificación das condicións de vida nas periferias esquecidas.

AS PAUPÉRRIMAS PENSIÓNS

“Antigamente, había unha fame terríbel. Non había carne nin patacas. Cando chegabamos a ter unha barra de pan, era un día de festa”, comenta Manolo, un pensionista que actualmente habita nunha zona rural na provincia de Pontevedra. “Era unha miseria, por iso tiven que emigrar aos catorce anos”. Ao rematar de contar, Manolo amósame unha vella fotografía enmarcada na que se pode ver a un neno descalzo e coa roupa feita farrapos. Está a soster un paxaro sobre a súa cabeza mentres sorrí á cámara. Cóntame que ese rapaz e el, cun sorriso de orgullo de quen ten superado tempos difíciles.

Medio rural
A gabanza do traballo e a condena do pracer
O franquismo rematou, mais aínda hai comunidades rurais que se rexen baixo as ideas da ditadura, que exaltan o traballo e condenan o pracer.

Calquera que fose visitalo e ollase a súa casa reformada, o seu coche e os seus animais e fincas, non podería imaxinar que na cotiandade, Manolo leva unha conta precisa do que gasta, arrepiado de que os cartos non lle cheguen a fin do mes.

Pobreza Vida Precaria Galiza 2
Non contar con servizos públicos no rural que poidan alixeirar as tarefas de coidados, agrava a pobreza. Sara Guerrero Alfaro

Nun comunicado do Parlamente de Galicia do pasado 9 de outubro, fixéronse públicas as cifras oficiais das persoas que dependen do sistema de pensións: de media, un 30% do total da poboación galega. Segundo o mesmo informe, en setembro do 2019, a pensión base é de 848 euros ao mes; a de viuvez está en 601 euros e, para aqueles que cotizaron como autónomos, 597 euros.

Manolo migrou a Madrid para poder cotizar por conta allea desde os catorce anos, mais nos últimos anos da súa vida laboral tivo que regresar ao rural por motivos familiares. A falta de emprego na zona abeirouno a crearse un propio e comezar a cotizar como autónomo. Agora, el e a súa muller —que, como a maioría das mulleres no rural, nunca cotizou— teñen que facer manobras para vivir con 597 euros ao mes, e prescindir de bens básicos que, de súpeto, se volveron un “luxo” inaccesíbel.

A oficina de servizos sociais da comunidade perpetúa dun xeito indirecto a súa situación. Con unha ou dúas traballadoras sociais para toda a poboación do concello ao que pertence o matrimonio, o servizo ten resultado ser ineficiente xa que non responde de acordo ás características da comunidade. Manolo, por exemplo, non foi ben informado sobre as axudas ás que el e a súa muller poden acceder. Ao manter as follas informativas en formatos dixitais, os servizos sociais aos que teñen dereito, tornáronse inaccesíbeis para a parella de máis de setenta anos.

Aínda así, o que Manolo e a súa muller lembran da fame e da precariedade que viviron na súa infancia e mocidade, inhíbeos de consideraren que actualmente viven nun estado de pobreza.

indicadores non económicos

A economía tradicional define a pobreza como un déficit nos ingresos e no consumo. Mais a economía feminista incluíu factores alternos aos monetarios, como o son os bens e servizos, que permiten facer un estudo moito máis complexo sobre as condicións da vida das persoas.

A economista Alma Espino explica que “o desemprego, a falta de cobertura de seguridade social ou a rebaixa dos seus estándares e a diminución da participación cidadá en múltiples formas configuran o cuestionamento das melloras na calidade de vida presente que van máis aló da evolución dos indicadores estritamente monetarios”.

A inclusión de novos indicadores toman en conta a subxectividade das persoas na ecuación ao tempo de realizar os estudos, o que cambiaría toda a concepción do que a economía é.

Medio rural
Xuventude rural afastada dos servizos básicos

Os programas para o desenvolvemento do medio rural están en marcha desde hai anos, porén na práctica a xuventude aínda medra lonxe dos servizos públicos, aprendendo que a vida está fora da aldea, na cidade.

Ao respecto, Helena Sanmamede, economista, pensa que a perspectiva feminista no estudo da economía “cambia totalmente a fórmula de obtención da riqueza. En vez de centrarse na produtividade dende un punto de vista capitalista —xerar ou maximizar o beneficio monetario—, búscase o beneficio comprendido dun xeito máis amplo: un benestar na vida das persoas e incluso da natureza. Esa fórmula tamén muda a concepción da pobreza”.

A ZONA RURAL

Máis do 30% das persoas que moran de maneira estábel no rural galego, son persoas maiores de sesenta anos. Algunhas teñen acceso a algún tipo de pensión, e outras, a maioría delas mulleres, dependen economicamente dos seus familiares. Por mor dos baixos ingresos aos setenta anos Manolo, como calquera da súa veciñanza, inverte o seu tempo no traballo de reprodución coidando do gando, outro tipo de animais e as súas fincas. “Gustaríame descansar mais a pensión que teño non me dá para min e miña muller. Levo moito traballo e teño magoada unha perna, mais se quero comida de calidade, teño que traballar por ela”.

Pobreza Vida Precaria Galiza 3
A maioría das mulleres maiores de 60 anos que habitan o rural galego non teñen pensión e dependen dos seus familiares. Sara Guerrero Alfaro

Como sucede no resto do mundo, nas zonas rurais de Galiza téñense máis índices de pobreza que nas zonas urbanas. A centralización do poder e a nula comprensión da diferenza de contextos, non permiten que poidan crearse políticas que axuden a mellorar a economía no campo. Como comenta a economista e activista feminista Paula Ríos: “O rural é o tema esquecido. Os parámetros de medición establécense tomando como modelo algo que non é real. Intúo que moitas veces os niveis socioeconómicos se miden en funcións que son máis urbanitas que rurais e tendemos a caer nalgunhas críticas cara ao rural desde unha visión moi urbanita e con cargas ideolóxicas moi concretas. Sendo que esa é unha das cuestións que temos que coidar como feministas: debemos poder achegarnos e comprender o xeito no que se está a vivir a realidade e cales son os obxectivos aos que podemos chegar en conxunto”.

Pola súa banda, Sanmamede engade outros factores que incumben ao mundo rural particularmente e que perpetúan a pobreza e, polo tanto, a despoboación das aldeas. “A contorna marca unha diferenza moi grande. En canto ás infraestruturas, por exemplo, a falta de servizos de transporte restrinxe a accesibilidade a determinados traballos fóra dos coidados e do ámbito doméstico, pola necesidade de trasladarse. Tamén porque as remuneracións son máis baixas no ámbito rural que no urbano, ademais de que a formación académica é inferior e sabemos que hai unha relación directa entre o nivel académico e a remuneración salarial”.

AS MULLERES

Na casa contigua á de Manolo, mora Lorena, unha muller de máis de corenta anos. Dende que a súa nai morreu, ela quedou ao cargo dos coidados que esixen o seu pai, o seu marido, o seu irmán e o seu fillo; ademais do coidado dos animais e das fincas familiares. “Eu sempre quixen marchar da aldea, explica, pero fun a única filla e tocoume quedar a coidar dos meus pais”. Ao contar cos ingresos salariais do seu marido e do seu irmán, máis a pensión do seu pai, a carencia económica non é a principal preocupación de Lorena. Aínda así, o feito de non ter ingresos propios, adicar todo o seu tempo á familia e non dispor de oportunidades para o descanso porque non pode “nin saír de viaxe un fin de semana, nin deixar só a meu pai”, somen a Lorena nunha situación de pobreza na que depende sempre dos outros para tomar decisións en termos económicos e temporais.

Medio rural
Machismo no rural
O machismo no rural está tan enraizado que o folclore o volveu invisíbel. Pero está aí, aínda nas pequenas cousas. Como desentrañalo dos nosos espazos, da nosa comunidade?

O panorama non é particular, as mulleres teñen os maiores índices de pobreza e a maioría da poboación rural do mundo son mulleres. Helena Sanmamede explica que “no caso rural, o feito de ter maior dificultade de mobilidade e non ter recursos económicos propios dificulta desprazarse para ter un bo traballo ou estudos económicos. Pero se alguén ten que renunciar a cumprir as súas expectativas vitais nestes aspectos, serán as mulleres. Se os coidados xa recaen nas mulleres, no ámbito rural, recaen aínda máis. Existe unha presión social que marca que non podes abandonar ou deixar de coidar á familia. Non é tan fácil abandonar á familia”.

O feito de que as familias no rural non conten con servizos públicos que poidan alixeirar as tarefas de coidados, tamén inflúe na condición de pobreza. “Acumulamos pobreza en tanto perdemos tempo. Non temos tempo para adicarnos a nós mesmas e á nosa saúde. Porque iso na nosa sociedade pode ser interpretado como egoísmo. Entón acabamos tendo pior calidade de vida precisamente por todo ese cúmulo de responsabilidades”, complementa a economista Ríos.

RECOÑECER A POBREZA

A dificultade e o compromiso social que conleva recoñecer vivir nunha situación de pobreza está relacionada co medo para amosarse vulnerábel cara aos demais. Aínda así, Sanmamede pensa que “no rural, a xente identifica carencias. Non como pobreza especificamente pero si como escaseza de benestar. Ademais da falta de actividades culturais e de lecer, así como a mobilidade das persoas implica unha carencia que causa maior pobreza”.

Nunha orde social meritocrática, admitir unha situación de pobreza deposita toda a responsabilidade nas persoas que a padecen

Nunha orde social meritocrática, admitir unha situación de pobreza deposita toda a responsabilidade nas persoas que a padecen, como se non traballasen ou se esforzaran o suficiente para saír adiante. Este pensamento quítalle responsabilidade ao Estado e ao sistema económico da precariedade.

Nese sentido desde a economía feminista enténdese como fundamental que a pobreza comece a ser nomeada e desestigmatizada. “Para min é unha cuestión de saúde, que é outro factor no que se reflexa a calidade de vida. Hai unha serie de enfermidades; dependendo das nosas carencias, as enfermidades que teñamos. Hai unhas moi visíbeis como a desnutrición, pero tamén hai outras máis ocultas. Por exemplo, todas as psicolóxicas que se relacionan coa dignidade. As persoas que están nese tipo de situacións, non se valoran, cren que o que fan non serve para nada... É moi complexo. Se falamos só de pobreza económica, o máis claro é dicir que hai desnutrición, mais hai outras pobrezas con outro tipo de incidencias na saúde, relacionadas coa falta de acceso aos servizos”, comenta a economista feminista Paula Ríos.

Para que este horizonte de pobreza poida comezar a mudar, Alma Espino apunta que “a eficacia de políticas económicas depende non só do crecemento de produto, senón de quen participa, de que maneira e a quen beneficia. O acceso aos recursos económicos esenciais mellora as oportunidades da xente para obter mellores ingresos e decidir o xeito no que os gasta. Pero tamén se trata do poder para ter maior control sobre a vida en termos de elección”.

A eficacia de políticas económicas depende non só do crecemento de produto, senón de quen participa, de que maneira e a quen beneficia

A partir desas bases a liberdade de axencia podería ser posíbel, se entende como a liberdade para que cada persoa se oriente a obxectivos e valores que considere importantes para lograr aquelo que decidiu alcanzar. É ese o espazo necesario para que o particular poida acadar dimensión, e así tornar a indignación singular nunha plural.

“Que podemos facer? Pois organizarnos como levamos séculos facéndoo. A auto organización é unha das nosas ferramentas. As mulleres con estudos e coñecementos que poidan plasmar teoricamente iso que outras percibirmos ou que intuímos que está a pasar, poden esquematizar e darnos as ferramentas para formular o mundo que queremos”, conclúe a economista e activista feminista Paula Ríos.

Archivado en: Pobreza
Informar de un error
Es necesario tener cuenta y acceder a ella para poder hacer envíos. Regístrate. Entra en tu cuenta.

Relacionadas

País Vasco
Euskal Herria Dos bollitos, un zumo y una botella de agua: las cenas para personas vulnerables de un albergue en Donostia
El centro La Sirena solo abre cuando hace frío, el resto del año sirve al turismo. El año pasado fueron dos días. Kaleko Afari Solidarioak se pregunta: “¿Qué considera frío el alcalde?” y “¿es esto una cena digna?”.
La vida y ya
Opinión Disfrazar la pobreza
Como si fuese fácil decir “mírame, llevo ropa barata, paso de las marcas, llevo el móvil más simple del mercado”.
Rap
Poetas Puestos “Tanto los medios como la política quieren que seas un tonto feliz”
Charly Efe y Teko, acompañados de una banda, publican el disco ‘Tontos felices’ donde mezlcan su carrera en el rap con ritmos rock para crear lo que han bautizado como rap‘n’roll.
Análisis
Análisis El PSOE intenta pescar en el río revuelto de la izquierda para acercarse al PP
Entre los votantes del PP solo hay dos cosas que produzcan ilusión: el rechazo a Sánchez y su Gobierno e Isabel Díaz Ayuso. Feijóo no es una de ellas.
Groenlandia
Análisis Por qué Groenlandia es clave en la carrera por las materias primas
El anuncio de Trump parece salido de una precuela de la película 'Don’t Look Up', en la que los intereses geopolíticos y económicos no nos dejan ver el colapso inminente.
Historia
Historia La segunda vida de Joaquín Maurín
Alberto Sabio reconstruye en ‘Excomunistas’ la vida y el pensamiento del fundador del POUM: desde su politización en el republicanismo hasta su giro socialdemócrata y anticomunista durante la Guerra Fría.
Gobierno de coalición
Gobierno de coalición El CIS vuelve a situar la vivienda como el principal problema de la población
Uno de cada dos votantes de las izquierdas sitúan la vivienda entre los tres grandes problemas que afronta el país. La encuesta del CIS muestra a los partidos de la izquierda en la misma situación de desinfle que el mes pasado.
Ocupación israelí
Expansionismo israelí El Golán sirio, radiografía de una joya natural diezmada por la ocupación israelí
Las actividades extractivistas del Estado israelí sobre los recursos hídricos o proyecto de parque eólico en las tierras colonizadas amenaza el sustento diario de las comunidades locales.

Últimas

China
Pulsos bajo el cielo Beijing rave: amor, unidad y respeto
Exploramos los entornos de la música electrónica underground en Beijing, donde los jóvenes siguen creando espacios y nuevas formas de relacionarse y entenderse
Galicia
Literatura Daniel Salgado reformula las claves de la poesía política en la contemporaneidad en 'Poemas realistas'
El discurso de este poemario convoca las dos ideas-fundamento que vertebran la poética de Salgado: la constatación de la ruina y la perseverancia en la posibilidad de un horizonte no clausurado.
Opinión
Derecho a la vivienda Cuando el cuñao eres tú: cinco bulos progresistas sobre la crisis de la vivienda
Ni la compraventa de vivienda la protagonizan los fondos ni las zonas tensionadas bajan los alquileres ni el PP es el único que no las aplica.
Entrevista La Poderío
Entrevista La Poderío Carmen Fernández Gálvez: “El origen de la creatividad está en la naturaleza”
Carmen Fernández Gálvez (1979) nace en Vélez Málaga. Como mujer inquieta y curiosa decide realizar estudios de psicología. Su pasión por la cosmética natural y los remedios vegetales comenzó años más tarde.

Recomendadas

Represión
Represión Cómo descubrir a un infiltrado, el manual
Un grupo de afectadas por el espionaje policial publica un texto colectivo como herramienta y reflexión sobre este fenómeno.
Violencia sexual
Violencia sexual El ocaso de Neil Gaiman, el maestro de la literatura fantástica acusado de violar a varias mujeres
Un reportaje revela los testimonios de ocho mujeres que sufrieron agresiones sexuales por parte del escritor Neil Gaiman, autor del cómic ‘Sandman’ y nombre clave en la ficción contemporánea. Dos de ellas han presentado denuncias por violación.
Sareb
Derecho a la vivienda Civio lleva a la Justicia a la Sareb para que revele cómo malvendió 10.000 viviendas protegidas
La Fundación Civio presenta un recurso contra el ‘banco malo’ por negar el derecho al acceso a la información sobre los compradores y el precio al que fueron vendidas 9.400 viviendas de protección pública.
Brasil
Ana Carolina Lourenço y Fabiana Pinto “Organizar la imaginación es la lucha de nuestro tiempo”
En la vanguardia de los movimientos que plantaron cara a la extrema derecha bolsonarista, las mujeres negras cuentan con una largo recorrido en la disputa política brasileña. Un libro recoge su genealogía y sus miradas para el futuro.