Medio rural
O Machismo no rural: cando a cultura e a tradición fan invisíbel a violencia

O machismo no rural está tan enraizado que o folclore o volveu invisíbel. Pero está aí, aínda nas pequenas cousas. Como desentrañalo dos nosos espazos, da nosa comunidade?

Xornalista feminista
28 nov 2019 07:32

Nada máis saír de casa, unha muller cun sacho e un fouciño ao ombreiro pasa diante da miña casa, cara o monte. Un par de minutos despois, vexo a dúas mulleres novas andar cara abaixo en compañía dunha vaca cor mel. Deseguido, ábrese a porta da casa de en fronte e a miña veciña, vestindo botas de goma, lentes e un traxe que lle cobre case todo o corpo, sae cun tanque de sulfato ás costas. Saúdame coa man e emprende o seu camiño. Non podo evitar pensar que parece unha especie de guerreira intergaláctica, lista para ir a sulfatar alieníxenas.

Aínda convivindo na cotiandade con todas estas mulleres, a cultura xeral da que me fun empapando a través dos programas de televisión, os anuncios ou as expresións artísticas de Galicia, introduciu no meu imaxinario a figura da “muller labrega”.

Esta representación da muller que vive no campo está tan cimentada na idea que se ten do mundo rural galego que se converteu nun personaxe caricaturesco con características específicas: É unha muller maior. Cun mandil de tons azuis e botas de goma. Ten o cabelo curto e a pel branca; voz alta, nasal e estridente. Non esconde que goza para comer e é, sobre todo, irreverente e indomable.A representación do home, pola contra, asemella ser moito máis variante, como se non estivera tan presente no noso imaxinario. Entón, fixeime que, aínda que a maioría das veciñas coas que me atopaba, falaban dos seus maridos, tíos, irmáns... eu non os tiña mirado máis que cando pasaban dentro de seu coche camiño á vila. 

Todo isto fíxome crer que as relacións sociais de xénero na zuna rural poderían ser moi distintas ás das cidades. Nunca pensei en tomar o risco de chamalo matriarcado, iso está claro. Mais dábame a impresión de que as mulleres na aldea tiñan unha participación particular, un rol social que as mantiña a salvo do xugo opresor do machismo. 

Pero non tardei moito tempo en darme conta de que, aínda que as mulleres sempre eran maioría no traballo nas leiras, nas xuntas veciñais eran claramente unha minoría.

Esa distancia entre a muller e a política que aínda está tan vixente non só no campo, senón mesmo nas cidades máis cosmopolitas (e hai que ver tan só un fragmento dos debates presidenciais para corroboralo), foi o primeiro indicio para comezar a desentrañar os modos nos que o machismo opera no campo.

Cantas mulleres non abandonaron os seus desexos por seguir e encaixar na imaxe do que aprenderon que unha muller galega ten que facer e ser. Cantos homes non axudan a perpetualo coas súas esixencias e comentarios?

 
NA CASA

Do mesmo xeito que na maioría das estruturas patriarcais de occidente, as mulleres no rural galego son as encargadas dos traballos de reprodución e coidado. Unha inmensa maioría (como xa se ten profundizado nun artigo previo: As Esquecidas) non contan con ingresos propios e dependen economicamente dalgunha figura masculina.

O feito de que na aldea vexa a tantas mulleres, a comparación de homes, débese a que son eles quen teñen os recursos para saír da aldea e atopar un traballo remunerado. As mulleres, doutra banda, quedan a traballar en casa coidando familiares, atendendo as colleitas e os animais, facendo a limpeza, o xantar, e demais tarefas que propicien a reprodución da vida familiar.

As opcións laborais para aquelas mulleres que chegan a sortear as barreiras das escasas oportunidades de mobilidade, case sempre se reducen ao sector de hostalería e limpeza. Sen esquecer que cando retornan á súa casa aínda teñen que facerse cargo dos coidados da familia e do campo, cumprindo así con xornadas triplas ao día sen ningún tipo de recoñecemento ou remuneración extra.

Entón, non é estraño que os encontros que tiña coas mulleres da aldea sucedesen pola tarde. É o momento do día no que teñen unha marxe de tempo para saír camiñar. Na miña parroquia, por exemplo, algunhas van a clases de pilates e zumba. Moitas delas, máis que por facer exercicio, asisten polo intercambio social que implica ou porque é o único momento do día que poden empregar nelas mesmas.

Esta limitación do ocio non está tan marcada no caso dos homes, quen conta con máis tempo e opcións de entretemento. É común que as mulleres xa estean na casa facendo a cea cando eles aínda están no bar a falar sobre a próxima cacería ou xogando algunhas partidas mentres toman un café.

A distinción entre as oportunidades ás que cada xénero pode acceder, visibilizan que a exclusión territorial e a dependencia económica tamén son exemplos de violencia de xénero que inciden no benestar das mulleres.


NO ESPAZO PÚBLICO

Tranquilidade. Esa é a gran promesa da vida no rural. Despois de ter vivido en dous dos máis grandes paradigmas da vida urbana, chegar a unha aldea en Galicia significaba, entre moitas outras cousas, un descanso so acoso sexual có que convivín diariamente por máis de 20 anos.

Pero volveu aparecer. O primeiro lugar no que me sentín violentada dalgún xeito foi no bar da aldea: un espazo reclamado na súa totalidade polos homes. Cada vez que entraba, xerábase un silencio proseguido por miradas inquisitivas e lascivas. Comprendín porque ningunha muller frecuentaba o sitio e eu mesma deixei de frecuentalo.

Era de esperar, con todo, que o bar non fose o único espazo que contivese condutas machistas. Deime conta de que as estaba ignorando no intento inconsciente de querer ser aceptada na miña nova contorna social; descubrinme ríndome de comentarios e bromas sexuais que me aludían e que non correspondían co tipo de confianza nin relación que teño con ningún veciño de maneira cotiá.

Calquera momento que compartía coa veciñanza, se había máis dun home, a conversación comezaba a chancear sobre a vida sexual de quen estivese presente. No meu caso, os comentarios cara a min xerábanse con base a tres factores: o meu xénero, o meu fenotipo e a miña idade.

Ao parecer, ser unha das adultas máis novas da aldea e estar relativamente delgada, implica que o meu corpo e a miña vida sexual sexan temas que poidan ser comentados publicamente. Preguntas e comentarios que se disfrazan como comentarios “pícaros” e dinámicas lúdicas, fan que sexa moito máis complicado de evidenciar a intromisión á vida privada que supoñen. Case sen darme conta, relegáronse estas condutas a unha zona de xogo concertado que eu, por exemplo, nunca comecei nin lle dei seguimento explícito. E é que, cando se é nova nunha contorna do cal se descoñece a dinámica social que outra cousa pódese facer neses casos máis que sorrir inconfortábel por medo a xerar algún tipo de conflito?

Antes de ser completamente consciente do xeito na que se estaba a tratar a miña figura pública e de súas implicacións, lembro que pensei que ao mellor nas zonas rurais a sexualidade non era un tabú, senón algo do que se podía falar abertamente, porque é preciso dicir que eu non era a única muller á que se aludía.

É necesario, con todo, salientar o contido dos devanditos comentarios e sinalar quen os enuncia: son formulados na súa maioría por homes, e fan referencia e perpetúan unha moral tomando como base roles sexuais binarios e arcaicos.

Sexas home ou muller, hai dúas opcións: ou ridiculizar ou  demostrar aprobación. Aquelas persoas das que se fala sobre o seu gran apetito sexual e ao seu rol activo nas relacións sexuais, son celebradas con risas e miradas de complicidade. Co matiz de que se a persoa aludida é unha muller, masculinízase cualificándoa como luxuriosa.

Se as condutas sinaladas versan sobre unha vida sexual inactiva, inexperta ou sobre manter roles pasivos no acto sexual, no caso dos homes os comentarios ponse en dúbida a “masculinidade” e, no das mulleres, adóitase discutir sobre o que un home fai ou deixa de facer con elas e porqué. Subordínaselles, coma se os seus comportamentos fosen suficiente xustificación para que un home poida decidir como tratalas e que facer con ela sen tela en conta.

Este tipo de conversacións normalizáronse a tal grao que se levan a cabo sen o menor filtro e, na miña experiencia, sen que ninguén se opoña a que se discuta publicamente a súa fisionomía e a súa vida sexual.


HORIZONTES DE ACCIÓN

Nun contexto social no que a comunidade e a cooperación foron as bases da subsistencia durante séculos, como é que diversas condutas machistas, entre elas o acoso sexual, poden xurdir sen xerar algún tipo de conflito? É pola normalización das devanditas condutas ou polo temor de causar fendas nas relacións sociais?

Cando comecei a falar disto, lembro pensar na posibilidade de que este xeito no que o machismo e o acoso sexual saen á boia é parte dunha idiosincrasia da zona á que eu non estaba habituada. Era nova e a única a quen parecía que lle molestaba a dinámica.

Pero, cantos xeitos de violencia non se teñen perpetuado baixo a xustificación de que se trata dunha expresión cultural que os foráneos son incapaces de comprender? Ningunha tradición pode ser xustificada nin tolerada se atenta contra a dignidade e o benestar de calquera persoa.
Tornamos ao momento de partida de toda loita contrasistémica: como sinalar, traballar e erradicar condutas violentas que levan tanto tempo entre nós que xa non podemos concibilas como algo daniño?
Nun principio, creo que vale a pena preguntarnos: de onde veñen? Que as propiciou e que as perpetúa? Terá que ver cunha moral construída polos medios masivos? A que tipo de discursos poden acceder as comunidades que están excluídas territorialmente? O mero exercicio de indagación e reflexión das nosas comunidades é fundamental, pero tamén pode abrir un camiño para comezar a pensar en resolucións e modos de actuar.

A forza dos vínculos comunitarios no rural pode ser un factor facilite a visibilización da problemática e a súa resolución. Eu, pola miña banda, crendo firmemente nas relacións sociais comunitarias da miña contorna, comezarei a dicir explicitamente que non me sinto cómoda con ese tipo de condutas, esperando que a estrañeza que poida causar o meu comentario, no mellor dos casos leve ao meu interlocutor a reflexionar por que me molestou o seu comentario e, finalmente, por que o fixo. Pero iso sería só o principio.

Sobre este blog
Espazo literario adicado a difundir a idea de que outros estilos de vida son posibles. Un repertorio que busca dignificar as experiencias e os coñecementos que existen nas zonas rurais a través da observación, reflexión e narración da vida social e cultural dunha aldea galega.
Ver todas las entradas
Informar de un error
Es necesario tener cuenta y acceder a ella para poder hacer envíos. Regístrate. Entra en tu cuenta.

Relacionadas

Madrid
Violencia machista Almeida elimina los Espacios de Igualdad y los transforma en centros especializados en violencia de género
Trabajadoras y oposición denuncian un cambio de un modelo participativo hacia otro asistencialista, en el que no se atenderá a todas las mujeres y se perderán actividades de prevención y sensibilización.
Justicia
Juana Rivas Francesco Arcuri, exmarido de Juana Rivas, irá a juicio en Italia por maltrato habitual a sus hijos
Arcuri ha perdido el último recurso previo a la vista oral en la audiencia celebrada este martes, el juez italiano competente ha fijado la fecha del juicio para el próximo 18 de septiembre.
Crónica
Justicia En la sala de un juicio a una madre protectora
Esta es una crónica de un juicio a una mujer que pidió medidas por sospechar de abusos sexuales a su hija en el domicilio paterno sin que ninguna institución moviera un dedo y, un mes después, cogió un vuelo a su país para intentar protegerla.
#44497
11/12/2019 14:23

Deixo por aqui uma série de artigos com referências que encontro de muito interesse em relaçom à mulher galega:
- Un meigalho feminista: https://praza.gal/opinion/un-meigalho-feminista
- Cando a cabeza dunha muller movía o mundo: https://praza.gal/cultura/cando-a-cabeza-dunha-muller-movia-o-mundo
- “O mito do matriarcado galego é totalmente falso: https://praza.gal/cultura/lo-mito-do-matriarcado-galego-e-totalmente-falsor
- A fin do matriarcado: http://culturagalega.gal/noticia.php?id=29989

0
0
#44496
11/12/2019 14:09

Provavelmente nom seja de forma intencionada mas por favor revisade os erros ortográficos e grmaticais.

Pelo resto um artigo muito bom.

0
0
Sobre este blog
Espazo literario adicado a difundir a idea de que outros estilos de vida son posibles. Un repertorio que busca dignificar as experiencias e os coñecementos que existen nas zonas rurais a través da observación, reflexión e narración da vida social e cultural dunha aldea galega.
Ver todas las entradas
Córdoba
Disidencias Córdoba vive su primer orgullo crítico LGTBIAQ+ con una agenda de actividades y la mirada en Palestina
La plataforma convocante no ha organizado una manifestación por ser un movimiento recién nacido, pero la promete para 2026. El manifiesto publicado en redes pone en primer plano la “urgencia” de denunciar el genocidio en Palestina.
Asturias
Lucha sindical El Gobierno asturiano pedirá el indulto para Las 6 de la Suiza el próximo lunes
El ejecutivo de PSOE-IU-Convocatoria por Asturies dirigido por Adrián Barbón discutirá este lunes en su Consejo de Gobierno el indulto para estas trabajadoras, condenadas a penas de cárcel por un piquete.
Opinión
Opinión Algunas claves para hacer un análisis feminista de las masculinidades y el patriarcado
Aunque el repunte patriarcal que estamos viviendo lleva tiempo consolidándose, ahora se le está otorgando la importancia que merece en el debate público, también en Euskal Herria.
Camino al paraíso
Camino al paraíso Lógica para un futuro
Cómo hacer que quienes vienen detrás luchen por un planeta habitable y escapen de la espiral actual de individualismo, polarización y consumo.

Últimas

Laboral
Laboral Huelga contra “el peor convenio de la historia de Correos”
CGT convoca paros estatales este viernes y sábado cuando se acaba el plazo para negociar el acuerdo marco que, según el sindicato, trae “recortes y desregulación” pero que ha sido apoyado por otros como CCOO y UGT
Laboral
Laboral Europa confirma que las indemnizaciones por despido improcedente en España son insuficientes
El dictamen, que se conoció en febrero pero se hace público este viernes 27, debe ser para CCOO el arranque de una negociación a tres bandas entre gobierno, patronal y sindicatos.
Opinión
Opinión Pisarse la lengua
Orgullo Crítico Madrid difundió en redes un nuevo posicionamiento contra la psicología que se ha saldado con la salida de varios colectivos históricos de este espacio. ¿Por qué se llenó la publicación de comentarios de reproche?
Cádiz
Genocidio en Palestina Colectivos educativos de Jerez se niegan a que el fondo proisraelí KKR utilice espacios municipales
Asociaciones de Familias y otros colectivos pro educación pública se han manifestado frente al Ayuntamiento para denunciar que KKR, a través de la empresa de formación MEDAC, utiliza el espacio municipal del Chapín para su labor económica.
Más noticias
Tribuna
Tribuna La licencia social de las renovables, en la cuerda floja
España tiene que avanzar en sus obligaciones de implementación de renovables, pero debe hacerlo garantizando la licencia social de todos los nuevos proyectos. Para ello, hay que mantener comunicación fluida y tener en cuenta a cada comunidad.

Recomendadas

En el margen
Cécile C. Eveng “Perdemos amigues y es una pena porque las personas LGTBIQ pueden ayudar a desarrollar África”
La filóloga camerunesa reside actualmente en España y estudia un doctorado en migraciones, cuerpos, negrofobia y vulnerabilidad de personas. Investigar sobre identidades disidentes en su país le ha traído críticas, hasta desde la propia academia.
Feminismos
Jule Goikoetxea “Los genocidios se sustentan en prácticas micro que legitiman una manera de vivir delirante”
Jule Goikoetxea es una de las filósofas más reconocidas del Estado Español. El año pasado acompañó a Angela Davis en su visita a la Fira Literal de Barcelona. De aquellos cuatro días nace su primera novela, ‘Politeísmo bastardo’.
Federación Regional de Asociaciones Vecinales de Madrid (FRAVM)
Jorge Nacarino “El movimiento vecinal tiene que seguir siendo punta de lanza de la presión social”
Vivienda, turistificación, gestión de residuos, la masificación de eventos así como reimpulsar la participación ciudadana, son solo algunos de los retos que observa, como prioridades, el joven presidente de la FRAVM.
Madrid
Violencia machista Almeida elimina los Espacios de Igualdad y los transforma en centros especializados en violencia de género
Trabajadoras y oposición denuncian un cambio de un modelo participativo hacia otro asistencialista, en el que no se atenderá a todas las mujeres y se perderán actividades de prevención y sensibilización.