Educación
(Des)aprender o Galego

Como se viviu e que repercusións tivo na vida das persoas a educación na ditadura? Unha breve disertación sobre o uso da lingua a partir de diferentes experiencias no ámbito rural.

Mujer rural
22 nov 2020 09:09

Era unha tarde da segunda feira cando Carmen saíu correndo cara á súa casa. Ese día non tivera que traballar así que puido ir á escola. Se fose un día normal, ficaría un pouco a xogar coas súas pequenas amizades, mais non era un día calquera. Apresurada, foi camiño arriba (por sorte a súa casa quedaba preto) e, ao chegar ao seu destino, abriu o portal. A súa familia estaba a esperar por ela para comer os xurelos con patacas que xa estaban dispostos na mesa. Sentou no seu lugar de sempre e aínda non terminara de tragar o primeiro bocado cando soubo que tiña que aproveitar o silencio recen creado:

—Nai, que día é hoxe?- preguntou con picardía.

—Segunda feira.

—Non, ho.- respondeulle Carmen-  Hoxe é lunes. A mestra ensinounos como se teñen que dicir os días da semana: lunes, martes, miércoles, jueves, viernes, sábado y domingo.

Todos deixaron de comer e miraron para ela cos ollos abertos. Tras uns segundos botáronse a rir.

—Ai, non. Vaime a dicir a túa mestra o que ben sei eu...!

Moito lle gusta a Carmen contarme esa historia para despois comentar, con orgullo, que a súa nai non mudou nunca o seu xeito de referirse aos días da semana.

Ríos de tinta levan corrido con respecto á educación durante a ditadura, ferramenta de imposición do castelán en detrimento da lingua galega. Os libros de texto desa época fican testemuñas. Mais como se viviu, o que pasaba nas casas e as repercusións que tivo na vida das persoas están nos xeitos de falar e na memoria da xente.

Primeiras leccións

Por unha banda, a implantación do castelán a través da educación non foi un proceso homoxéneo. Como ben deixa ver a historia de Carmen, as mudanzas non foron aceptadas por unha gran cantidade da xente. Esta tiña que escoller a lingua que mellor lle conviña para usala en cada determinado espazo ou situación. Ben que na escola ou nas institucións se tiña que falar castelán, na aldea, as comunidades do rural aínda falaban galego nos espazos íntimos e entre as leiras. Un pouco como ata hoxe.

Moito se ten reivindicado (e con razón) a xente que continuou falando a súa lingua materna por conviccións políticas explícitas. Mais non hai que esquecer que tamén hai certo grao de implicación política naquelas persoas que resistiron  falar castelán e, ao mesmo tempo, desmarcábanse de partidos e loitas. Despois de todo, o político excede ás normas, leis, colectivos e administracións; está sempre preto da vida, pois fai referencia ao tipo de acordos socias mediante os cales organizamos a nosa vida en común.

Ata o día de hoxe, se algún veciño da miña aldea comeza a falar en castelán, é sinalado do mesmo xeito que sucede á inversa noutros contextos: “Xa se cre un señor”, din nun ton de burla.

Estes reclamos sobreviviron á represión, á transición, ao paso das décadas. Se a cultura e a lingua son intrínsecas ao sentido de pertenza, os sinalamentos aos castelanfalantes no rural están vinculados a un estado de defensa fronte ás narrativas que non deixan de desprestixiar a unha cultura e os seus xeitos de vida. É dicir que, ao afirmar a súa identidade colectiva a través da lingua, describen os “outros” e, inevitablemente, demarcan fronteiras entre si para protexer, entre outras cousas, a súa dignidade.

O que se aprendeu

Carmen baixa a mirada cara ás súas mans. Sempre que falamos da lingua e da súa experiencia na escola da aldea, chegamos ao mesmo punto: “Eu non sei nin escribir nin ler o galego... como me gustaría saber escribir na miña propia lingua”, coméntame resignada, co corazón roto.

Tento de animala a aprender, mais ela sempre di: “Buah, é moi complicado, úsanse moitas cousas que non se usan no castelán”. E con esa frase pecha a conversa. Aínda así, cada día que sintoniza a TVG, le detidamente os titulares dos noticiarios. Mais non quere falar moito do tema. A súa inseguridade e bloqueo datan da ditadura. Hoxe, ademais, percibo certa vergoña. Para ela non é suficiente saber que non foi a súa culpa non aprender a ler e escribir en galego. Non pode evitar sentir certa distancia das súas raíces. Recoñece que lle quitaron algo, un dereito, un pracer, unha ferramenta, unha opción.

Escuela rural galicia

Como sucede en moitos outros escenarios de represión en que o sometemento se alonga bastante tempo,  a ditadura provocou a internalización do opresor e da opresión: unha parte da poboación oprimida desenvolveu certa admiración polos opresores e comezaron a imitalos ata esqueceren a súa identidade orixinaria e convertérense nos propios verdugos. Outra, no entanto, crea diferentes xeitos de resistencia para sobrevivir: preséntanse de xeito submiso e aparentan unha asimilación dos valores do opresor, mentres que na intimidade tratan de manter os seus propios principios.

Mais, que sucede cando a representación da submisión, esa ferramenta para sobrevivir, bota raíces que terminan alimentando as seguintes xeracións?

O que se ensina

No meu barrio, desde tempos ancestrais, os días de verán aprovéitanse baixo unha sombra en compañía da veciñanza. Carmen cóntame que nunha desas tardes, unha das miñas veciñas saíu da súa casa coa súa pequena filla. Reunida, a xente comezou a falarlle con cariño a rapaza. Mais a nai interrompeulles: “Non lle faledes en galego, non quero que o fale”.

Ela dicía que lle preocupaba que a nena non aprendese a falar ben o castelán, mais todos sabían que, na realidade, o que había detrás eran unha serie de prexuízos sociais con respecto ao tipo de persoas que falan galego.

Quizabes, para os proxenitores a decisión non necesariamente está relacionada cunha postura política conservadora. Quizabes pensan nela como un acto produto de amor: a nai non quería transmitirlle á súa filla os mesmos prexuízos e humillacións que ela recibiu na súa vida e ao non ensinarlle o galego pensa que lle quitaría obstáculos da súa vida. Mais iso non xustifica nin que lle neguen ao seus fillos o seu dereito de aprender a lingua galega nin que se tronce o futuro da mesma.

Con todo, como poder culpar a esa xente se nos massmedia non hai suficiente representación de galegofalantes e, pola contra, reitérase que os espazos da lingua galega se limitan á aldea, por un extremo, e á universidade polo outro?

É difícil atopar unha conclusión nunha historia que aínda se está a escribir. Como recuperar o patrimonio que se lle negou a todas as persoas como Carmen durante a ditadura? Como loitar contra unha maquinaria política que, a través de actos, discursos e medios de comunicación perpetúa os estereotipos da lingua galega? Falándoa. Sería o primeiro paso. Os demais, xa non os sei.

Sobre este blog
Espazo literario adicado a difundir a idea de que outros estilos de vida son posibles. Un repertorio que busca dignificar as experiencias e os coñecementos que existen nas zonas rurais a través da observación, reflexión e narración da vida social e cultural dunha aldea galega.
Ver todas las entradas
Informar de un error
Es necesario tener cuenta y acceder a ella para poder hacer envíos. Regístrate. Entra en tu cuenta.

Relacionadas

Galego
Manifestación Miles de persoas enchen Compostela cun berro único en defensa da lingua galega
A plataforma Queremos Galego conseguiu aglutinar voces diversas da Galiza social, política e cultural para “parar a emerxencia lingüística” que sofre a lingua propia e así esixir á Xunta “un cambio de actitude”.
Sobre este blog
Espazo literario adicado a difundir a idea de que outros estilos de vida son posibles. Un repertorio que busca dignificar as experiencias e os coñecementos que existen nas zonas rurais a través da observación, reflexión e narración da vida social e cultural dunha aldea galega.
Ver todas las entradas
Comunidad de Madrid
Sanidad pública Una cita médica para dentro de 20 días: la ciudadanía vuelve a la calle contra las políticas de Ayuso
En la Comunidad de Madrid hay más de un millón de personas en las listas de espera hospitalarias y más de 700.000 sin médico de familia asignado. Este domingo 25 de mayo la ciudadanía vuelve a salir a la calle contra la política sanitaria de Ayuso en una gran manifestación compuesta de cuatro columnas que confluirán en Cibeles a las 13:00 horas.
Sanidad pública
Transparencia La Audiencia Nacional avala la opacidad en los precios que paga Sanidad por los medicamentos
Tres recientes sentencias anulan las decisiones del Consejo de Transparencia para impulsar que se hagan públicos los precios que ha pagado el ministerio por medicamentos de la farmacéutica Novartis.
La vida y ya
La vida y ya La primera vez
Nos confirmaron lo que ya intuíamos pero no supimos hacer. Lo única regla importante es romper el silencio.
Argentina
Argentina Argentina, un año y medio después de Milei
Este investigador profundiza en las claves de la victoria de Milei, las principales medidas de Gobierno, el sustancial apoyo que tiene y sus perspectivas a medio plazo.
Opinión
Opinión Y ahora les duele Gaza: Europa ante el genocidio
Europa no ha dejado de vender armas a Israel, ni de recibir su tecnología militar; sin embargo, ahora no sabe cómo salvar al país de sus propios impulsos autodestructivos.
Pensamiento
Paulo Tavares “La imaginación es el primer acto político”
El arquitecto e investigador brasileño Paulo Tavares cuestiona las ideas fundacionales del pensamiento, el diseño y la ciudad occidentales en el marco de la crisis ecosocial.
Albania
Albania Albania: más de 30 años de democracia corrompida
El Partido Socialista de Edi Rama se mantiene en el poder gracias a un sistema de redes clientelistas y una desilusión que ha hecho que más de la mitad de la población se haya resignado.

Últimas

València
València Víctimas de la dana comparecerán en la investigación del Congreso, pero no en la de Les Corts
Las asociaciones pactaron también en su reunión con Pedro Sánchez un funeral de estado laico y una reunión el próximo jueves con la vicepresidenta y ministra de Transición Ecológica, Sara Aagesen.
Opinión
Opinión Sentido y senilidad
La senilidad que he estado viendo en la industria cinematográfica no se limita a la edad de ciertos directores. Es algo mayor que eso, se ha convertido en una manera de pensar, en un fenómeno cultural.
Galicia
Galicia La lucha por los montes gallegos: incendios, eucaliptos y amenazas a la propiedad colectiva
Galicia concentra un tercio de los incendios forestales registrados en el Estado. Mientras la Xunta apunta a los montes vecinales, comuneros y ecologistas denuncian una estrategia política que favorece la privatización y a la industria maderera.
Navarra
Opinión Diez años de corralito progre en Navarra
VV.AA.
En las elecciones municipales y forales del 24 de mayo de 2015 se propagó la confianza en un futuro en el que la hegemonía conservadora del corralito foral diera paso a algo muy diferente y mejor.
El Salto Radio
EL SALTO RADIO Natalia García Freire: escritora de una generación volcánica
Sexto capítulo de la serie Aleteo sonoro, en el que volamos a los Andes ecuatorianos para conocer la infancia y las motivaciones literarias de la autora.
Opinión
Opinión La hidra de la lucha por la vivienda
Un sector del movimiento de vivienda pone el foco en los grandes propietarios y los fondos de inversión para entender la actual crisis de vivienda. Otro, a la clase media propietaria. Cada enfoque lleva a estrategias distintas.
Más noticias
Comunidad de Madrid
Comunidad de Madrid Imputados dos altos cargos de Ayuso por los protocolos de exclusión sanitaria en las residencias
Por primera vez, un juzgado llama a declarar como investigados a Carlos Mur y a Francisco Javier Martínez Peromingo, ambos colaboradores de los protocolos por los que se impidió el traslado a hospitales de mayores dependientes.
Educación
Educación Ayuso elimina feminismo de selectividad: por una educación que fomente la igualdad
Alumnado y Dirección del posgrado de Género, Masculinidades y Acción Social de la UPV-EHU/UCM denunciamos la decisión de eliminar los temas de feminismo y de Objetivos de Desarrollo Sostenible de la ONU.
Comunidad de Madrid
Pseudomedios Ayuso y Almeida han inyectado más de 400.000 euros a ‘Periodista Digital’ en cuatro años
El medio de Alfonso Rojo que emplea al agitador Bertrand Ndongo ha recibido más dinero que medios con mucho más alcance como ElDiario.es mientras El Salto sigue siendo totalmente discriminado por el Partido Popular.

Recomendadas

México
México Desenterrar el dolor: los desaparecidos de Jalisco
El colectivo Guerreros Buscadores de Jalisco, el mismo que descubrió el campo de exterminio de Teuchitlán, halla un punto de venta de droga activo del Cártel Jalisco Nueva Generación con varios cuerpos enterrados.
Culturas
Bob Pop “Mis poemas son unas croquetas sabrosas y no congeladas”
Escritor y vedete intelectual, acaba de publicar ‘De cuerpo presente’, un poemario donde responde 27 años y un diagnóstico de esclerosis múltiple después a sus miedos ante la enfermedad en la juventud.
Derecho a la vivienda
Derecho a la vivienda KKR y el negocio del ladrillo: de vender pisos en territorios ocupados a gestionar las viviendas de la Sareb
Desde 2022, el fondo proisraelí KKR es el encargado junto a Blackstone de gestionar la cartera residencial del banco malo. En verano vencen sus contratos y los fondos presionan para seguir sacando rédito del patrimonio público.