AGANTRO
Testemuña ocular

As fotografías do presente serán os vestixios do noso pasado.
agantro foto 1
Único punto desde onde se ve o campo de retención de persoas en tránsito de Lanzarote, situado no medio dunha autopista entre Arrecife e San Bartolomé. María Abenia
4 may 2022 07:50

A inflación de imaxes que acompaña ao noso século reflicte a interdependencia que temos como sociedades coas fotografías, símbolos, iconas e audiovisuais. Unha relación complexa, e por momentos bulímica, cuxos síntomas a nivel de pensamento caracterízanse, en parte, pola dificultade de lectura que dispoñemos ante calquera imaxe. Esta atrofia da mirada, poderíamos dicir, por sobrexposición, impídenos a maior parte do tempo manter un diálogo coas imaxes que non sexa fragmentado, anestesiado ou superficial.

De feito, a pesar de toda a tradición fotoxornalística que vimos desenvolvendo desde o nacemento da Fotografía no século XIX —así como das nosas ambicións e anhelos tecnolóxicos de capturar “a realidade” e de retela na nosa memoria—, algúns e algunhas historiadores contemporáneos, afectados da hipervisualidade imperante nas nosas comunidades e da estratexia que subxace baixo toda imaxe, cuestionan a Fotografía como método de rexistro documental para as narrativas que elaboran da Historia Presente.  E non é para menos. Mentres os medios de comunicación fan uso da Fotografía ca fin de ilustrar os seus demandados titulares do día; a Historia, redactada a un ritmo máis lento pola xustaposición dos relatos e documentos que ten que investigar e seleccionar, prevense máis de todo aquilo que a poida sacudir en exceso e suscitar un posicionamento ideolóxico ou parcial daquilo que representa.

Con todo, ninguén dubida de que hoxe, tanto a Pintura, o Gravado, o Cine ou a Fotografía, non fan máis que reconstruír a realidade. O corpo fotográfico popular sobrevido da democratización das cámaras dixitais desde finais dos anos 90 —agora todos e todas portamos un móbil económico con capacidade fotográfica— podería aportar, nos seus esforzos por seleccionar o relevante —aínda que isto sexa aínda unha proposta de base—, unha testemuña importante que definiría, polo menos, parte do que no futuro será a marca e as memorias iconográficas dunha época determinada: A nosa.

agantro foto 2
Vista, desde a única rúa transitable, do valo que rodea o campo de retención de persoas en tránsito de Raíces (Tenerife). María Abenia
Porque, que fotografamos? Ou mellor aínda, que podemos fotografar? Se o noso labor como individuos e suxeitos políticos que somos, en democracia, sería idealmente o de recuperar unha soberanía das imaxes —se é real que posuímos a capacidade de xerar un metabolismo (audio)visual enorme á marxe da pericia persoal e da calidade dos nosos dispositivos—; por que teríamos que deternos nas mesmas iconografías xa manidas, e non facer uso daquilo que, aínda que nos escraviza, tamén nos dá a oportunidade de edificar unha noosfera máis rexenerativa e colaborativa?

Que pasaría se coas nosas cámaras, por exemplo, explorásemos as xeografías e fronteiras dos nosos propios territorios? Unha rúa, un polígono, unha praza, un edificio... Pois quizais acontecería que, se vivísemos na illa de Lanzarote e cuestionáramos os límites do traxecto en coche de Arrecife ao municipio de San Bartolomé, repararíamos, con sorte, nunha pequena fisura. Unha apertura á dereita da autopista. Esta apertura —case inapreciable á velocidade dos nosos autos— conduciríanos por un camiño de terra de 4 metros de longo a unha nave, rodeada de camións e autobuses nun dos seus laterais, e de valados e telas escurecidas no outro, onde está a súa entrada.

agantro foto 3
O campo de retención de persoas en situación de tránsito de Lanzarote, situado entre San Bartolomé e Arrecife, desprega, no seu lateral, unha ringleira de autobuses e camións en batería, que obstaculizan a visión das únicas cristaleiras das que dispón a nave cara ao exterior. María Abenia

Unha vez alí, se conseguísemos superar o aburrimento visual da nave —de arquitectura funcional e pouco interesante—, teriamos que seguir a nosa intuición e olfacto —sentidos aos que tamén habería que dotar de maior soberanía— e atrevernos a achegarnos ao valado. Ao facelo, e ao lanzar a mirada a través dunha das súas rañuras, descubririamos, a modo de borrón ou pintura en esfumado pola densidade da tela escurecida, a posibilidade de facer unha foto moi inquietante: Un grupo reducido de homes novos, entre 18 e 30 anos na súa maioría, de orixe africana, semi-espidos, lavando o corpo con caldeiros de auga fría, e rodeados por un cordón policial nacional que os equipara en número. Xunto con eles, outros representantes de FRONTEX —a tan cuestionada Garda Europea polas súas devolucións en quente— e pouco máis. Á dereita, latrinas de plástico; á esquerda, a oficina policial. E poderíamos ir máis aló incluso. Facendo uso do nosos dereito cidadán de participar nas cuestións que atanguen aos nosos territorios demócratas, ficaríamos á espera de ser atendidas e atendidos por estas persoas que conforman o corpo de seguridade do lugar, coa intención de comprender o que acontece alí dentro. Agardaríamos a que o garda de servizo —todo homes— nos entrevise detrás do valado. En cuestión de segundos, e xa avistados, manteríamos unha singular conversa con el: 

—Ola, boas tardes, aquí non pode estar. Isto é unha cuestión estatal.
—Estou quitando fotos do espazo co móbil.
—Xa. Pero, como observa, aquí non hai nada que fotografar. Isto e só o exterior.
—Podo pasar ao interior? Gustaríame saber como xestiona o meu Goberno o asilo das persoas en busca de acollida internacional.
—Dentro non pode pasar máis que o corpo de seguridade, señora. Tampouco deixamos pasar á prensa. É máis, para que vai usar esas fotografía que está a tomar co móbil?
—Para reflexionar sobre aquilo que hai tras o valado e os camións do lateral.
—Pero non ve nada.
—Por iso, precisamente.

agantro foto 4
Novo campo de retención de persoas migrantes, fronte á Comisaría de Policía xunto ao porto de Arrecife. María Abenia

Os procesos de memoria que teñen como obxecto a recuperación dos feitos históricos —os acontecementos traumáticos do noso pasado— para sandar as feridas psicolóxicas e morais dos pobos, conforman hoxe un exercicio fundamental de reactivación para desentumecer as nosas memorias colectivas. Procesos de memoria nos que as testemuñas orais, os textos, os documentos que están e os que se botan en falta, as imaxes desde calquera tipo de disciplina artística, as fábulas e mitos colectivos que aportan ideas, símbolos e valores, producen un movemento social do imaxinario colectivo do que todas e todos somos partícipes. 

Somos, de feito, un instrumento de acción da historia que está por vir. Un instrumento de acción coa capacidade de unir relatos, e de atender e revisar a memoria e a mirada do noso pasado. Por iso, atendendo a estas fotografías actuais que poderíamos aportar dos campos de retención de persoas en tránsito de Canarias, teríamos a capacidade tamén, xuntos as e aos historiadores, de trazar unha ponte temporal nas propias illas, remitíndonos incluso ata os anos 30. Esta remisión non é por unha cuestión de similitude nos feitos históricos —como sabemos, esa era a época da represión franquista en tempos da Guerra Civil española—, senón pola similitude arquitectónica, xestión e censura da mirada sobre os espazos de retención de persoas. Nos anos 30, habilitáronse lugares en terra, así como cárceres flotante no mar, para reter a miles de civís que non claudicaban coa ideoloxía imperante. Homes e mulleres de diferentes profesións, idades, preferencias sexuais e/ou sospeitosos de pertencer ao réxime republicano. As estruturas destes lugares compartían, sorprendentemente, a mesma arquitectura que os campos de retención actuais. Nos campos de concentración dos anos 30, tampouco había acceso visual desde o exterior para aquelas persoas que desexaran saber que estaba sucedendo con descoñecidos e cos seus familiares. Persoas que foran internadas dun día para o outro neses lugares pechados, de costas á poboación, e que permanecerían alí meses e incluso anos —se non se daba o caso de que desapareceran repentinamente, por fusilamento ou lanzamento ao mar—. Nos anos posteriores, os eventos traumáticos que acontecían alí, aínda que non foran vistos directamente polos seus propios ollos, traspasarían os muros e conformarían unha das grandes feridas na vida e memoria das e dos habitantes da illa.

Agora ben, un deses campos de concentración —situado na base militar de Las Raíces, xunto ao aeroporto de Tenerife— serve agora, e aquí a analoxía, como campo de retención de persoas africanas de países como Mozambique, Marrocos, Senegal, Ghana, Nixeria, etc. Segundo testemuñas dos homes que son retidos alí, estes campos non reúnen apenas condicións de coidados e vida dignos. Aínda así, o de Las Raíces é un dos campos máis 'privilexiados', pois permite saír ás persoas que retén durante unhas horas ao día para camiñar e/ou vender pulseiras ou artesanías no exterior. Isto non acontece nos campos de retención ou nos Centros de Internamento de Estranxeiros (CIEs) das illas menores, como El Hierro, La Palma e Lanzarote; con menos mediatización e movementos cidadáns que os acompañen. Alí, os internos, cuxos datos identificativos non son compartidos coa cidadanía, teñen prohibida a saída fóra dos recintos, e sábese que van rotando dun campo a outro cada certo tempo. É dicir, unha persoa retida nun campo de Lanzarote, aos poucos días ou meses irá a outro centro, quizá en Gran Canaria. E así sucesivamente. Isto implica que é separada da súa familia e/ou compañeiros e compañeiras —as mulleres e as crianzas van a outros centros— cada certo tempo, ata que a súa situación se desbloquee. Un proceso que pode tardar meses ou mesmo anos.

agantro foto 5
Co aeroporto de Los Rodeos de fondo, é posible fotografar tras o valado unha nave abandonada no campo de “Destacamento de las Raíces” (como así se denomina en Google Maps este antigo cuartel militar e campo de concentración franquista) en Tenerife. Esta xanela deixa entrever a un grupo de persoas de orixe africana de pé, no interior do recinto. María Abenia

“Máis ou menos durante a última xeración, os historiadores ampliaron considerablemente os seus intereses, ata incluír neles non só os acontecementos políticos, as tendencias económicas e as estruturas sociais, senón tamén a historia das mentalidades, a historia da vida cotiá, a historia da cultura material, a historia do corpo, etc. Non terían podido levar ao cabo as súas investigacións sobre estes campos relativamente novos, se se limitasen ás fontes tradicionais como, por exemplo, os documentos oficiais producidos polas administracións e conservados nos seus arquivos. Por ese motivo, cada vez máis a miúdo estanse a utilizar distintos tipos de documentación, entre os cales, xunto aos textos literarios e as testemuñas orais, tamén as imaxes ocupan un lugar”, escribe o historiador e profesor británico Peter Burke no seu ensaio, Visto e non visto.  O uso da imaxe no documento histórico (2005). Imaxes que, aínda que non espertan en todo o sector simpatías pola súa sobreabundancia e pretensión autoral, engrosan cada vez máis a arca dos recordos que, no futuro, permanecerán —se o soporte tecnolóxico o permite e se fai un uso axeitado das mesmas— arquivadas para a posteridade.

agantro foto 6
agantro foto 7
agantro foto 8
agantro foto 9

A Fotografía, cuxa capacidade de síntese fai visible a súa autosuficiencia discursiva —é dicir, ese detalle concreto que remata sendo retratado no interior das súas marxes e cuxa narrativa exprésase por si mesma—, pasa a formar parte dunha memoria común compartida, que ben pode ser local, nacional ou universal. Unha memoria que, lanzada desde un tempo presente, transitará despois por diferentes épocas e mentalidades, aportando ao seu contido unha lectura diferente a cada tempo, a cada época e a cada persoa. Isto é así porque o seu discurso, ao quedar impreso e embalsamado nun formato físico —en papel fotográfico— e/ou en formato dixital, pervivirá; quedando en contacto coa sensibilidade e os valores de cada época e cada persoa que a contemple. 

Ou, como describira o filósofo alemán Walter Benjamín na súa Tese de Filosofía da Historia, será unha articulación histórica do pasado que non “verdadeiramente foi”, senón máis ben un recordo cun contido que é diferente segundo quen o recorde.  Así, poderíamos preguntarnos e imaxinar como nos sentiremos dentro duns anos, por exemplo, ao contemplar estas fotografías das marxes. Ao recordar estas imaxes que hoxe podemos tomar, difundir e compartir coas nosas cámaras populares en tempo real e a través das redes, das fronteiras 'invisibles' das nosas vilas, e dos muros que neles se alzan. Estas permitirannos cuestionar non só a nosa desinformación e/ou complicidade e/ou inacción ao respecto, senón o uso que fixeron os noso gobernos do territorio, e do substrato humano que profesaron cara a uns pobos determinados. Pobos cuxa vulnerabilidade é, ademais e en gran parte, froito dun intercambio desigual e abusivo que réximes colonialistas exerceron cara a elas e as súas culturas durante séculos. Si, podemos preguntarnos, agora xa, como nos sentiremos ao saber que as fotografías que fagamos do presente —ou que non sacamos— serán os vestixios do noso pasado. Seguro que, a algunhas persoas máis ca outras, nos pesarán demasiado.

Sobre a autora
María Abenia Gracia, realizadora, programadora en Miradas Doc, guionista e profesora de linguaxe audiovisual e fotográfica, con especialización en Teoría de Cine e Medios Audiovisuais Contemporáneos, Dirección de cine e Fotografía Documental.

 

 
Informar de un error
Es necesario tener cuenta y acceder a ella para poder hacer envíos. Regístrate. Entra en tu cuenta.

Relacionadas

Cine
Cine Cien años de Luis Cortés, una oda al cine ‘amateur’
En la obra cinematográfica y fotográfica de Luis Cortés se observa su profundo carácter humanista, su amor por la naturaleza y respeto por los animales, por la historia y las tradiciones populares, por el patrimonio arquitectónico y la literatura.
Fotografía
Fotografía Fiebre Photobook: el universo ilimitado de los libros fotográficos
Fiebre Photobook aglutina una activa plataforma que integra una feria para la compraventa de fotolibros, un festival o una biblioteca virtual y se consagra como un referente en la escena fotográfica nacional.
Fotografía
Opinión Estudiar fotografía en España
El cierre de la escuela EFTI es la culminación del fin de un ciclo para la fotografía en este país, un camino lleno de jóvenes cadáveres.
Literatura
Gustavo Faverón Patriau “Quizá la novela sea ahora mismo más relevante que nunca”
El escritor peruano Gustavo Faverón Patriau quería narrar en su nueva novela la historia de un boxeador que no sabía boxear pero tumbaba a sus rivales recitándoles al oído versos de César Vallejo. ‘Minimosca’ acabó siendo un cuentacuentos inagotable.
Que no te cuenten películas
Comunidad El Salto Suscríbete a El Salto y llévate seis meses de regalo a Filmin
Estas navidades, haz posible que El Salto llegue más lejos con sus contenidos críticos y llévate de regalo medio año de Filmin. Y si ya tienes Filmin, suscríbete a El Salto y regala el acceso a esta plataforma a quien quieras.
Galicia
Memoria histórica Así fue como el Patronato de Protección a la Mujer transformó Galicia en un convento de clausura
Las mujeres que cayeron en las redes del Patronato iniciaron un periplo de encierro, humillaciones, abusos y explotación que es desconocido para la mayor parte de la población. Queda hoy en la impunidad de un silencio que tenemos el deber de romper.
Pensamiento
Sarah Jaffe “En realidad tenemos que hacer menos. E impedir que algunas cosas sucedan”
La escritora y periodista Sarah Jaffe aborda el desengaño cotidiano al que nos aboca el mundo laboral e investiga cómo, a pesar de todo, las personas se organizan colectivamente en sus empleos para que “trabajar apeste menos”.

Últimas

Palestina
Eyad Yousef “No cuentes lo que queremos ser, cuenta lo que nunca hemos dejado de ser: un pueblo que quiere la paz"
Eyad Yousef es profesor en la Universidad de Birzeit, Cisjordania, y comparte su experiencia en una universidad que “representa el pluralismo y la libertad que tanto anhela la sociedad palestina”
Opinión
Tribuna Todas las razones para decir ‘Altri non’
Aquí van unos cuantos motivos para juntarnos este domingo en Compostela y dejar clara nuestra postura frente a un expolio que nos están tratando de imponer disfrazado de progreso, pero que sólo trae beneficio económico a unos cuantos indeseables.
Análisis
Análisis El independentismo se reorganiza, pero ¿sigue siendo independentista?
Los partidos independentistas han sufrido la crisis del procés y el posprocés, y todavía no la han resuelto, sino, a lo sumo, la han aplazado. El PSC aparece como el ganador de una carrera con corredores agotados.
Opinión
Opinión Sobrevivir pagando en el Álvaro Cunqueiro
Una de las victorias ideológicas del PP de Feijóo en Galicia ha sido hacernos creer que pagar por servicios esenciales en los hospitales durante el cuidado de nuestros enfermos es lo natural, que no hay otra manera de abordarlo, pero es mentira.
Más noticias
Siria
Oriente Próximo Israel impone hechos consumados sobre Siria para condicionar la transición según sus intereses
“Está escrito que el futuro de Jerusalén es expandirse hasta Damasco”, dijo este octubre el ministro de Finanzas israelí, Bezalel Smotrich, uno de los exponentes ultras del Ejecutivo.
Ocupación israelí
Ocupación israelí Un tercio de los asesinatos de periodistas en 2024 fueron obra del ejército de Israel
Reporteros Sin Fronteras documenta la muerte de 18 periodistas en Palestina y Líbano este año “asesinados deliberadamente por hacer su trabajo” y habla de una “masacre sin precedentes” de profesionales del periodismo.
Crisis energética
Análisis Los aerogeneradores no son molinos, son gigantes
El megaproyecto eólico del Clúster Maestrazgo, punta de lanza del capitalismo verde, destruirá un área natural de alrededor de 1325 campos de fútbol.

Recomendadas

Ocupación israelí
Palestina Vivir en alerta: la resistencia palestina frente la ocupación israelí
La cruda realidad de las feministas palestinas que, ante la represión y las detenciones arbitrarias, continúan su lucha por la libertad, la justicia y los derechos humanos.
Madrid
Ciudades Fake Madrid, un paseo por los hitos del simulacro
Un recorrido por los grandes éxitos de la conversión de Madrid en una ciudad irreal.
Fronteras
Túnez Túnez endurece la represión contra las ONG de ayuda a las personas migrantes
Mientras el presidente Kaïs Saied se prodiga en discursos racistas, el estado persigue a las entidades solidarias con quienes llegan al país, bajo el silencio cómplice de la Unión Europea.