Medio rural
O canon do rural: as mulleres e a división sexual do traballo

En Galicia o campo ten cara de muller. Como é que as labregas, que sosteñen a vida coas súas mans, viven a división sexual do traballo na cotiandade? 

Xornalista
12 mar 2020 20:05

As mans de Isolina son grandes, fortes, de pel grosa. Con elas escachiza unha barra de pan nunha cunca de café con leite todas as mañás desde que ten memoria. Tamén con elas calza as súas botas de goma cada que fai bo día e aproveita para ir á finca. Son esas mesmas mans, que poden ser delicadas ou agrestes segundo o decida, as que preservan a vida a través do seu traballo no campo e na casa.  

*** 

Empeza marzo inaugurando as primeiras sementas da verdura que estará lista para o verán. Hai que preparar a terra: limpar o terreo, debruzalo e cavalo.  

Na aldea na que vivo, antes dos tomates, os pementos e as leitugas, plántanse as cebolas, os allos, as verzas e as patacas.  

Esta vez, chamáronme para axudar a botar estas últimas. Aconselláronme levar botas de goma, guantes e o meu propio sacho. Citáronme cedo porque é mellor traballar cando fai un pouco de fresco, antes de ter que facelo debaixo dos raios do sol no mediodía.   

Cando chego á finca, atopo a sete mulleres. Todas levan a súa ferramenta e móvense, a diferenza de min, seguras e relaxadas. De súpeto, paréceme que somos demasiadas para o traballo que hai que facer. (Despois me decatarei de que á maioría delas non as chamaron para axudar, senón que, vendo que outras ían cara á finca coa ferramenta na man, colleron a propia e uníronse á xornada).  

Ata ese momento é cando me decáto conscientemente de que non hai homes. Cando empezamos a cavar a terra, aproveito un momento de silencio para preguntar por eles. Por que non hai ningún? Pensaría que cavar e sementar un traballo que precisa sobre todo de forza e resistencia e que a división sexual do traballo dos séculos pasados lle houbera outorgado a tarefa ao sexo masculino. Mais non.   

“O sacho tornouse unha ferramenta para mulleres. Nós levámolo mellor ca os homes, eles non o collen para nada”, di Isolina. “Os homes van máis coas cousas con motor. Bo, Luzdivina é das poucas mulleres que vai coa desbruzadora, pero eu non son capaz, nunca collín unha”, remata.  

Deseguido, a voz estridente de Felicia resoa de tal xeito que toda a xente na finca é capaz de escoitala “Ah, pero cando antigamente non había desas máquinas de motor e íamos arar cos bois e co carro, nós levábamos sempre máis traballo. Eles só botaban o esterco por enriba ou tiraban dos carros”.  

“Ai non, replica María, iso na túa casa, mais na miña meu pai sempre se apañou co fouciño como calquera muller”.  

Ningunha interrompe o traballo por manter a discusión. Unhas abren os foxos e outras depositan patacas cheas da cinza que se sacou da cociña de ferro.   

“Sempre temos sido nós as mulleres as que fomos pala finca. Claro, como os homes tiñan que saír a traballar, sempre eramos quenes facíamos todo o traballo da casa. E cando eles viñan pola noite, xa chegaban tarde”, agrega Isolina cun ton conciliador e ninguén parece mostrarse en desacordo.   

Lamentándose, cun rastro de tenrura y nostalxia, María lembra o que foi medrar no campo na precariedade do século pasado:  

“Ai, eu xa ía pala finca desde que era unha rapaciña. Había días nos que os meus pais non me deixaban ir á escola porque tíñamos que lles axudar nas fincas. Logo, cando tiña 13 anos ou así xa saía a gañar o xornal coa miña nai. Alí tiven que aprender a traballar porque tiña que aprender e ollo!  Facelo ben porque se non,  non me chamaban máis a traballar”.  

Entón doume conta de que, sen ter a menor intención de facelo, caín na trampa dos relatos únicos sobre as mulleres labregas, así como nos da vellez.  

Da mesma maneira que me tiñan demostrado cando cheguei á aldea, que non era necesario ler O apoio mutuo para entender a importancia de actuar a partir dun profundo sentido de cooperación, tampouco foi necesario que leran O segundo sexo para que recoñeceran o lugar que ocupan na estrutura social da vida no rural ou o valor do traballo que fan. Nas súas palabras puiden notar que elas tiñan clara a desproporción de esforzos e a falta de recoñecemento.  

Mais tamén é certo que, nalgunha medida, tanto Kropotkin como De Beauvoir, poden brindarnos conceptos que nos axudan a esquematizar e a reforzar os nosos pensamentos; dan pé a que se establezan diálogos. Mais de ningún xeito son imprescindibles para a toma de consciencia. Podo escoitar no seu discurso o diamante en bruto do pensamento crítico, como se lle pode dar brillo e forma?   

  

Cando as patacas están todas na terra arroupadas baixo un manto de esterco, María grita para todas:  

“Bo, abur! Eu marcho que deixei a roupa toda estarricada e non vaia a ser que chova”.  

Isolina fai un xesto de enfado e insiste ás mulleres a que pasen a súa casa para comer un bocadillo de chouriza.    

“Non, que teño que ir a preparar a comida á miña nai que está maliña”, responde unha e as demais tamén se negan, todas teñen labores que atender.  

Entón, escóitase o ruído dun motor achegarse e, ao pouco tempo, aparece o marido de Isolina no seu chimpín, que ven a levar os cubos e as patacas sobrantes de volta á casa.   

As mulleres recíbeno con “a boa hora, apareces ti, eh” ou “deberías estar ti aquí e facer coma nós que boa ximnasia che fai falta... ti sempre sentado que no coche, que no tractor, que no chimpín... Ai, non!”.  

O home deféndese das acusacións amigables das mulleres cun “bo, carallo, que eu non estiven a pintar a mona, eh?” A finca queda sementada e baleira antes do mediodía.   

Así como as mulleres poden recoñecer a inxustiza que hai detrás do feito de que a norma dite que elas quedan traballando en casa e que os homes sexan quenes teñan a oportunidade de saír; de que iso signifique depender economicamente de alguén máis toda a vida e non poder ter acceso a unha pensión, poden organizarse para exixir e construír outro tipo de condiciones de vida, como algunhas xa o fixeron a través da Secretaría da Muller do Sindicato Labrego Galego.   

Como pasar do recoñecemento e a crítica, á acción? Escoitei no seu enfado e a súa ironía un rastro de resignación como quen di “é o que hai” para logo desembarazarse do conflito e así normalizalo. É que a costume, as tradicións ou a inercia social son os principais obstáculos para imaxinar que as cousas poden mudar? É que tamén elas creron unha parte do que conta a historia única sobre elas?   

Eu marcho a casa tamén e polo camiño penso nas mans de todas as mulleres coas que traballei hoxe. Esas grandes e fortes mans son as que ten coidado e preservado este monte que me resgarda. Son as que sosteñen, sementan e alimentan. Mais tamén son as que calcetan, acarician e coidan.    

As mans de Isolina son unha extensión do monte. Son delicadas. Con elas protexe e acaricia docemente os pequenos brotes verdes que nacen na terra. Son esas mesmas mans as que preservan a vida. 

Archivado en: Galicia Medio rural
Sobre este blog
Espazo literario adicado a difundir a idea de que outros estilos de vida son posibles. Un repertorio que busca dignificar as experiencias e os coñecementos que existen nas zonas rurais a través da observación, reflexión e narración da vida social e cultural dunha aldea galega.
Ver todas las entradas
Informar de un error
Es necesario tener cuenta y acceder a ella para poder hacer envíos. Regístrate. Entra en tu cuenta.

Relacionadas

Filosofía
Brais Arribas, filósofo “Non se trata de empoderar senón de disolver o poder”
Durante a conversa, o profesor reflexiona sobre a saúde da filosofía galega, o poshumanismo, as novas masculinidades ou a experiencia da pandemia.
LGTBIAQ+
LGTBIAQ+ Unha casualidade, unha resposta masiva e un debate incómodo: a sentenza de Samuel Luiz en contexto
O 22 de maio, o TSXG ratificaba o veredicto do xurado popular e recoñecía que o asasinato de Samuel Luiz foi un crime motivado por LGTBIfobia. O caso supuxo unha mobilización sen precedentes.
Galicia
Análisis Una casualidad, una respuesta masiva y un debate incómodo: la sentencia de Samuel Luiz en contexto
El 22 de mayo, el TSXG ratificaba el veredicto del jurado popular y reconocía que el asesinato de Samuel Luiz fue un crimen motivado por LGTBIfobia. El caso ha supuesto una movilización sin precedentes.
Sobre este blog
Espazo literario adicado a difundir a idea de que outros estilos de vida son posibles. Un repertorio que busca dignificar as experiencias e os coñecementos que existen nas zonas rurais a través da observación, reflexión e narración da vida social e cultural dunha aldea galega.
Ver todas las entradas
Educación
Estudio Así impacta el ciberacoso en la salud mental en adolescentes
Puede perpetrarse de forma anónima o mediante cuentas falsas, ocurrir fuera del horario escolar, llegar a una audiencia más amplia y permanecer almacenado en los oscuros recovecos de la red.
Fronteras
Migraciones La patria efímera del metro
Cada día, el metro de Madrid ofrece un espacio para buscarse la vida a cientos de personas que recorren sus vagones vendiendo caramelos y pañuelos, o haciendo música entre los pasajeros.
Asturias
Educación pública Educación en pie de guerra: crónica de la huelga que ha sacudido el final de curso en Asturias
Recursos insuficientes, sobrecarga docente y reformas sin inversión han desatado una de las mayores huelgas educativas en Asturias, con implicaciones que van más allá del curso escolar.
Antimilitarismo
Rearme La sociedad española rompe con el tabú del gasto militar… o no
La cantidad de eufemismos utilizados por los gobiernos para vender las bondades del aumento en el gasto militar es un buen termómetro para sospechar que el debate no está tan decidido como pareciera.
Medios de comunicación
Kike García “El Mundo Today ha preferido el espíritu fanzinero al empresarial”
Kike García es cofundador y cara reconocible de ‘El Mundo Today’, diario satírico que cada día afronta el reto de superar en disparates a la actualidad.
Galicia
Crowdfunding O Salto Galiza abre un crowdfunding para empapelar a Altri
Queremos investigar a los responsables políticos y empresariales del que podría ser el mayor atentado ambiental de la historia reciente de Galicia.
Pensamiento
Pensamiento Jason W. Moore: “La crisis climática es una lucha de clases”
El autor de 'La gran implosión' y 'El Capitalismo en la trama de la vida' critica “el ecologismo de los ricos” y propone una vuelta a la centralidad del trabajo como solución a la actual crisis climática.
Palestina
Genocidio Más de 100 gazatíes asesinados cuando iban a recoger alimentos de la ONG apoyada por Israel
La Fundación Humanitaria de Gaza comenzó a operar en la Franja el 27 de mayo y desde ese día los bombardeos del ejército sionista han acabado con la vida de 115 palestinos y palestinas que iban a por víveres.
La vida y ya
La vida y ya Un ciervo de carboncillo
Su dibujo había quedado fuera del concurso. Le dio rabia no haber sido capaz de entregarlo a tiempo.

Últimas

Hazlo Posible
Hazlo posible Un año de investigaciones en El Salto: más impacto y visitas que nunca
En el último año El Salto ha publicado decenas de trabajos de investigación, con más impacto y visitas que nunca: desde la exclusiva de los festivales de KKR a la foto manipulada de Mazón, pasando por los agentes infiltrados en colectivos sociales.
Análisis
Estados Unidos Musk, Trump y las líneas de fractura en el trumpismo
Detrás de la bronca entre Trump y Musk se encuentra la realidad de que el primero tiene el arma por la empuñadura y el segundo la puerta de salida de EEUU abierta de par en par. La motosierra de los anarco-capitalistas se gripa.
València
València La Generalitat usa la ley de transparencia para denegar el acceso a las imágenes de Mazón llegando al Cecopi
Compromís ha presentado un recurso al TSJCV en el que exige a la Generalitat que revele si conserva las grabaciones de los accesos a L'Eliana que se niega a facilitar.
Cantabria
Piquetes y barricadas La huelga del metal sacude Cantabria con 22.000 trabajadores convocados y un 90% de seguimiento
Piden recuperar el poder adquisitivo y se enfrentan a una patronal que lanza discursos incendiarios en medios. Un huelguista ha sido detenido en lo que el PCPE califica de acto “represivo”.
Partidos políticos
Partidos políticos Los satélites de Sumar activan la “operación Bustinduy”
El ministro de Derechos Sociales es el elegido por muchos dentro de la coalición electoral para sustituir a Yolanda Díaz, a quien dan por amortizada. Ya cuenta con apoyo simbólico de Mas Madrid, IU y los ‘comuns’.
Economía social y solidaria
Economía Social 30 años de REAS: un camino de lucha social y política por la sostenibilidad de la vida frente al capital
La Red de Economía Alternativa y Solidaria ha llegado a gestionar 1.300 millones de euros anuales bajo los criterios de la economía social y solidaria. Uno de sus fundadores y dos jóvenes activistas ponen voz a los logros y aspiraciones de la red.
Más noticias
Argentina
Argentina Diez años de Ni Una Menos, el movimiento que desbordó el feminismo para hacerlo enorme
El 3 de junio de 2015 se produjo la primera convocaría de Ni Una Menos en Argentina. El llamamiento contra la violencia machista traspasó el nicho feminista y la respuesta fue masiva. Hoy, se enfrenta a las políticas reaccionarias de Milei.
Galicia
Análisis Una casualidad, una respuesta masiva y un debate incómodo: la sentencia de Samuel Luiz en contexto
El 22 de mayo, el TSXG ratificaba el veredicto del jurado popular y reconocía que el asesinato de Samuel Luiz fue un crimen motivado por LGTBIfobia. El caso ha supuesto una movilización sin precedentes.

Recomendadas

Economía social y solidaria
Economía social La Pantera Rossa, 15 años pintando el mundo de su color en Zaragoza
El Centro Social Librería La Pantera Rossa de Zaragoza enfrenta deudas históricas con una campaña colectiva que busca mantener viva la cultura independiente y el activismo social.
Racismo
Racismo Gitanas a Escena: “Nuestra Lisístrata Montoya lucha contra el racismo”
Coco Reyes (directora y actriz) y Susana Muñoz (actriz) invitan a acudir al Teatro Bellas Artes de Madrid a ver su apropiación del mito feminista de la Grecia clásica escenificado por ocho mujeres gitanas.
Palestina
Shahd Abusalama “La Shoah se ha convertido en un arma ideológica de la que se ha abusado”
Afincada en Barcelona, la familia Abusalama, de origen gazatí, lidia con el horror diario pegada a un móvil, mientras espera noticias de los familiares que aún quedan en el enclave palestino.
Galicia
Galicia Dimite el conselleiro do Mar de la Xunta tras ser denunciado por agresión sexual
Alfonso Villares deja su cargo tras ser notificado por el TSXG de su implicación en una investigación por presunta agresión sexual, iniciada a raíz de una denuncia presentada por la presentadora Paloma Lago.