Medio rural
Un verán sen festas

A ausencia pode ser unha oportunidade para re-valorar o que deixamos de mirar pola cotiandade. Velaquí unha meditación sobre as celebracións populares nas parroquias rurais no contexto da pandemia e a crises demográfica.
Festa de Sabaxáns
Festa rural galega Sara Guerrero Alfaro
28 ago 2020 19:16

Justina pasou a corentena soa na súa casa. Deixou de saír á súa horta porque non tiña moi claro se estaba permitido ou non. Cada semana esperaba con ansias que chegase o mércores, día no que seu fillo leváballe a compra. Fora diso, só se contactaba coa súa irmá e co algunha veciña vía teléfono. Nesas conversas adoitaba dicir: “Se me dá (o virus), que me dea forte para non estar enferma moito tempo. Eu nacín para morrer como todo o mundo... teño 70 anos, xa a vida me deu para todo”. 

Durante catro meses, os seus días xiraban en torno ás chamadas, as novas da televisión e as súas lembranzas. Fóra da súa casa, a subida das temperaturas anunciaba a chegada do verán. Os días longos e as noites frescas, mesturados coa soidade e o aburrimento, facíalle estrañar e revivir na mente o tempo das festas. 

Un pasado compartido

“Cando éramos novos íamos ás festas das outras parroquias. Había algún que outro que tiña coche, mais a min gustábame ir andando polo camiño coas miñas amizades: iso era o mellor da festa. Un ano quedei con Carmiña, daquela íamos a calquera sitio sempre xuntas, de ir a festa de Barcia de Mera. Por ir xogando polas fincas rompín unha das cintas das miñas sandalias. Eran as únicas que tiña e aínda me quedaba todo o monte por diante. Por sorte, o pai de Carmiña era cesteiro e cun anaco de herba teceu unha nova cinta. Non sei onde quedaron ao final as sandalias, mais useinas por anos e a herba nunca rompeu”.

Da miña veciñanza, non hai ninguén que non teña unha anécdota relacionada coas festas do verán. Eran momentos nos que un podía esquecer a precariedade e unhas das contadas ocasións nas que dedicarse a divertirse, cantar, danzar e beber non estaba mal visto nunha sociedade que até o día de hoxe enaltece o traballo sobre calquera pracer. 

Polo que teño escoitado, a festa, ademais, era a oportunidade para coñecer posíbeis parellas. Xa sexa para manter o capital e o statu quo, pola comodidade de relacionarse con alguén que viva cerca e así non afastarse moito do seno familiar ou sinxelamente porque non se adoitaba saír moito das aldeas, era común que os casamentos foran entre persoas do mesmo concello. Así, moitas dos relatos das miñas veciñas contan como se fixeron noivas dos seus maridos ou de como rexeitaron pretendentes. 

As festas reforzaban os vínculos dunha comunidade que cooperaba co que tiña en virtude do ben común. Sen as roupas rotas nin as ferramentas ao lombo, a veciñanza xuntábase e mirábase dun xeito distinto. Era o desafogo dun ano de traballo, a antesala da vendima e do inverno. 

A incertidumbre do presente

Cheguei a vivir á aldea xusto a tempo para ir á festa da parroquia. Cando eu preguntaba: “que vai haber?”, as miñas veciñas respondíanme: “unha orquestra”. Inmediatamente eu pensaba nas “fiestas de pueblo”de México. Imaxinaba a unha banda de oito músicos tocando nun escenario pequeno e á xente bailando por toda a praza. 

O día esperado fun contenta polo camiño até a igrexa, pensando que máis ou menos sabía o que me ía atopar. Cando cheguei, non podía crer o que meus ollos miraban. Na que até entón pesaba que era unha pequena praza, tiñan montado un escenario xigante, equipado con luces robóticas e bucinas colgadas nas estruturas metálicas. Era algo digno de calquera artista internacional. Non podía crer que contratasen semellante espectáculo para unha aldea con menos de 400 habitantes.

A orquestra tampouco era a banda de músicos tradicionáis que imaxinara: estaba composta por quince instrumentos e seis voces que, ademais, tocaba merengue, salsa, bachata... música latinoamericana que nunca pensei de escoitar -polo menos dese xeito- no rural galego. 

A xente maior bailaba como sabía, aínda que os pasos non encaixaran co estilo da música. A mocidade miraba o espectáculo un pouco allea ao núcleo de xente na praza que estaba chea de todas aquelas persoas que emigraron á cidade e que só retornaban á aldea por uns días do verán. 

O futuro das festas 

Aquela festa case non se leva a cabo. Normalmente, cada ano un grupo de veciñas toma a iniciativa e conforman unha comisión de festas. Antes sequera de que chegara o verán, escoitaba que quen tiñan sido da comisión o ano pasado xa non quería repetir. Ao parecer, era un traballo cansado no que se tiña que ir casa por casa para a recolleita do diñeiro, chamar ás orquestras para cotizar segundo marcara o orzamento  localizar algún servicio de bar e de chucharías... Todo para que ao final a xente opinara “estivo mellor outros anos”. 

Cando estabamos a escasas dúas semanas do día da festa, unha das miñas veciñas aseguraba que xa non se ía levar a cabo. “Dáme moita pena. Nunca até agora se había cancelado a festa. Pero xa non hai ninguén que queira ser da comisión, xa non hai xente nova que poda facelo... eu creo que é natural que desaparezan se cada vez hai menos xente”. 

Secasí, algunhas veciñas organizáronse e nunha semana conseguiron traer a orquestra e os negocios ambulantes que puideron. 

Ante os maiores obstáculos da organización destes encontros que son a emigración da mocidade e o envellecemento da poboación, a xente que queda somerxese nunha loita anual por conservar a tradición. O meu veciño Antonio, coma tantos outros, hai tempo que non vai á festa ningunha, mais cada ano colabora cos cartos que piden e merca dous ou tres paquetes de rosquillas. É coma se a veciñanza, ao mirar o lento desmantelamento das festas, atopárase de fronte co inminente abandono da súas terras, das súas historias e estilos de vida.

Con todo, ao principios deste ano, un novo aire de entusiasmo e iniciativa recorreu a miña parroquia. Un grupo de mulleres formou unha asociación de veciños e recadou fondos para diversas actividades ao longo do ano. Ao contrario dos anos pasados, a orquestra para a festa estivo contratada desde febreiro. Todo pintaba para un ano no que a aldea recobrase eses espazos de encontro e cohesión que son tan necesarios nas comunidades e que estábanse a perder por falta, entre outras cousas, dunha oferta cultural institucional que realmente chegara a xente que non pode baixar ás vilas.

Non falta dicir que a pandemia soterrou os planes deste ano e foi a primeira vez na historia da miña aldea que non houbo festa. Só queda esperar que o ano que ven se compense a perda deste ano porque se de algo estou segura é de que virá alguén, como sempre sucedeu, a dar alento e forzas para resistir. Porque, aínda que unha festa puidera parecer pouca cousa, na realidade son lugares onde se practica a cooperación e a complicidade. Pero, sobre todo, son lugares nos que a xente que adoita ficar na súa casa ou que non deixa pasar un día sen traballar, se reúne a bailar, celebrar e desfrutar. E sen iso, non hai quen poida vivir. 

Sobre este blog
Espazo literario adicado a difundir a idea de que outros estilos de vida son posibles. Un repertorio que busca dignificar as experiencias e os coñecementos que existen nas zonas rurais a través da observación, reflexión e narración da vida social e cultural dunha aldea galega.
Ver todas las entradas
Informar de un error
Es necesario tener cuenta y acceder a ella para poder hacer envíos. Regístrate. Entra en tu cuenta.

Relacionadas

Ayuntamiento de Madrid
Fiestas Populares de Hortaleza Asociaciones y colectivos vecinales pitan al concejal de Hortaleza, David Pérez, por “maltrato sistemático”
La vecindad hortalina protesta esta tarde noche durante el pregón de las fiestas por lo que consideran una mala gestión así como “el acoso y derribo al tejido asociativo”, por parte del concejal “aguafiestas” de distrito.
El laberinto en ruinas
Opinión “Madrugá” del 2000. Veinticinco años de nada
Hace 25 años la Semana Santa sevillana sufrió quizás la mayor conmoción de su historia. No se sabe qué ocurrió pero sí que a partir de entonces la fiesta ya no sería la de antes.
Movimiento vecinal
Cabalgatas populares Las asociaciones de Vicálvaro se niegan a participar en la cabalgata oficial y preparan una alternativa
La Junta Municipal determinó que saldrían a la calle el 4 de enero, en lugar del día siguiente, y han pasado de 22 carrozas a nueve, por lo que muchas asociaciones se han negado a participar en el sorteo de reparto.
Sobre este blog
Espazo literario adicado a difundir a idea de que outros estilos de vida son posibles. Un repertorio que busca dignificar as experiencias e os coñecementos que existen nas zonas rurais a través da observación, reflexión e narración da vida social e cultural dunha aldea galega.
Ver todas las entradas
Francia
Francia ¿Unas primarias de la izquierda francesa? La idea seduce a socialistas y verdes pero Mélenchon la rechaza
El PS, los Ecologistas y sectores disidentes de la Francia Insumisa defienden recuperar el espíritu de la coalición unitaria del Frente Popular y presentar a un solo candidato en las elecciones presidenciales de 2027.
Extrema derecha
Extrema derecha Estados Unidos declara la guerra contra los pobres con la ley “grande y bella” de Trump
VV.AA.
La norma presupuestaria, que contempla más de un centenar de disposiciones, convierte a ICE en el cuerpo de seguridad del Estado más financiado y es un cheque en blanco para las grandes contaminantes.
Fútbol
Fútbol El equipo de fútbol femenino decidido a construir un nuevo Sudán desde el exilio
Un equipo de fútbol de desplazadas sudanesas en El Cairo lucha por continuar con el sueño de jugar. En el exilio, continúan entrenando.
Obituario
Obituario Jane Lazarre (1943-2025)
La escritora neoyorquina, autora de ‘El nudo materno’, falleció el pasado mes de junio. Su obra conectó enseguida con entorno feministas por ofrecer un relato de la experiencia materna más allá de las estrechas paredes del hogar
La vida y ya
La vida y ya Calma
Pienso en la cotidianidad en una ciudad grande. En la ausencia de calma que cubre casi todos los espacios.
Comunidad de Madrid
Comunidad de Madrid Una “victoria moral” da alas a la Plataforma STOP Planta de Biogás en Colmenar y Tres Cantos
La aprobación en el último pleno de una moción para revertir la declaración de utilidad pública del proyecto infunde ánimos a la plataforma, que ya ha denunciado el procedimiento ante los tribunales.
Notas a pie de página
Notas a pie de página ¡Parecían tan buenos!
La desaparición de niñas y niños de las calles tuvo lugar a la vez que se construía un relato idílico sobre la infancia. En ‘República luminosa’, Andrés Barba retrata su vuelta como grupo inquietante.

Últimas

Laboral
Laboral Yolanda Díaz asegura que el Gobierno tramitará el indulto a las Seis de la Suiza
La ministra de Trabajo reconoce sentirse “escandalizada” tras la reunión con las sindicalistas condenadas y asegura que no va a “aceptar retrocesos” en los derechos laborales
Palestina
Palestina Albanese presenta su informe ante la ONU: “Gaza es el escenario de un crimen”
El Consejo de Derechos Humanos atiende al reporte sobre el lucro de empresas y bancos en el actual genocidio de Gaza. The Guardian califica de “posible crimen de guerra” el ataque contra una cafetería en la que murieron 39 personas.
Más noticias
Opinión
Opinión Sirat y las zonas temporalmente autónomas
En la película de Olivier Laxe prevalece el relato sobre la deserción del mundo que una mirada a la propia creación de la comunidad que surge en torno a las raves.
Política
Política Feijóo radicaliza al Partido Popular en medio del terremoto Cerdán con la vista puesta en las elecciones
Miguel Tellado será el nuevo secretario general del partido. Un movimiento con el que Feijóo consigue el control casi absoluto del PP y le come espacio del discurso ultra a Vox, pero que lo aleja de eventuales pactos con PNV y Junts.
Galicia
Galicia Galicia elige el rumbo de la lucha contra Altri en las elecciones a la directiva de la plataforma Ulloa Viva
Vecinos y vecinas de la comarca más afectada presentan dos listas separadas tras no llegar a una propuesta de consenso. Por un lado concurre una candidatura continuista y, por el otro, una alternativa que se acerca más al nacionalismo institucional.

Recomendadas

Laboral
Laboral Reivindicar los derechos laborales en microempresas, el reto de los sindicatos
Nuevas estrategias hacen frente a realidades como las de los falsos autónomos o los puestos en remoto, mientras el PP quiere restringir aún más los comités de empresa.
En el margen
En el margen Aisetou Kajakeh: “Nosotras no estamos rompiendo techos de cristal, sino sorteando muros”
Esta socióloga española asegura que las asociaciones gambianas en España mantienen un vínculo directo con el lugar de origen, lo que hace que nunca pierdan la conexión con las raíces.
Salud mental
Laura Martín López-Andrade “La psiquiatría es una profesión potencialmente muy peligrosa”
La psiquiatra granadina defiende desde Málaga otro tipo de psiquiatría que huye de los diagnósticos y de la jerarquía y cambia la palabra tratamiento por acompañamiento.