Medio rural
O rural á procura dunha identidade política

As plataformas Soria Ya e Teruel Existe convocan unha manifestación en Madrid o vindeiro domingo 31 baixo o chamado de “A Revolta da España Vaciada”. Pese ao seu lema transformador, a proposta non vai máis alá dunha visibilización sectorial que non consegue explicar a exclusión dos labregos e labregas da esfera pública.

30 mar 2019 08:25

O mundo rural (e o voto rural) segue a ser disputado como aquel voto do señor Cayo con parámetros diferentes e cun escenario de globalización no que avanza unha crise demográfica que é unha das causas das vagas de lume que, outra vez, desfánnos o país, e que precisa de solucións urxentes.

O vindeiro 31 de marzo unha mobilización do mundo rural (as entidades convocantes agardan 100.000 persoas) en Madrid, baixo o lema #31M, La Revuelta de la España Vaciada, está suscitando algunha que outra polémica entre activistas do mundo rural, e colocando na axenda política dalgúns partidos a crise demográfica e o abandono do rural ante o inteso periodo electoral que se avecina. Como se na axenda política do bipartidismo clásico non estivera desde sempre o voto rural, de onde saen as maiorías que nos gobernan grazas a un sistema de circunscripcións electorais ben coñecido que proporciona escanos suficientes para ter o control do Senado e avulta os resultados no Congreso.

Despoblación
La ‘España vaciada’ lleva su revuelta a la gran urbe

Ochenta organizaciones rurales tomarán Madrid el domingo 31 de marzo para exigir políticas que fomenten el desarrollo de las zonas con menos densidad de población y reviertan el éxodo rural.

Para comezar, o mundo rural sempre está na axenda política do Partido Popular, nunha campaña electoral silenciosa e penetrante como un verquido tóxico que impregna caladamente cada bar e cada feira, que se fai porta a porta e cara a cara e onde se colocan mensaxes que nada teñen que ver coa campaña pública, esa que sae nos medios. Unha campaña electoral privada (e polo tanto clientelista) onde se alenta unha identidade rural resistente ao hexemónico urbano, onde o PP se coloca como o defensor local ante as políticas emanadas non se sabe se de Madrid ou de Bruxelas que abafan as nosas aldeas, como se a administración da Xunta de Galicia non fose responsable do desmantelamento dos nosos servicios públicos, da falta de apoio os tecido económico, da crise do sector lácteo e das gandeirías de montaña.

O filósofo francés Alain Badiou definía a noción de “acontecemento” para que poda iniciar un proceso revolucionario (a propósito dos fenómenos das primaveras árabes, o 15M e aquelas explosións das que Slavov Zizek falou como do “ano que soñamos perigosamente”), como aquelas convocatorias que eran quen de suscitar un consenso tan amplo entre os perdedores do mundo neoliberal, tal que as rúas se encheran de persoas capaces de esquecer as súas identidades grupais para convertirse nun todo homoxéneo que os recoñecera e que aumentara a súa potencia transformadora. E tal é a pretensión desta revolta na que xentes de ata 22 provincias, con apoio de organizacións vecinais, plataformas diversas, grupos de acción local e asociacións labregas de todo o estado, apelando aos fillos e netos emigrados a Madrid desde os seus territorios, únense baixo o obxectivo común de visibilizar a realidade rural. E ben certo é que o primeiro paso para o sometimento dun colectivo pasa pola súa invisibilización previa. A visibilización é necesaria, pero non suficiente.

Demándase urbanizar máis as nosas aldeas para que sigan sendo habitables, a mesma vía "desarrollista" que as baleirou nos últimos 80 anos

Pero non estamos, desde logo, ante unha proposta aglutinadora senón, máis ben, usurpadora, que se pretende emancipadora e que esquece o cerne dos problemas que padecen estes territorios, nomeadamente a crise ou morte demográfica e a carencia de servicios básicos, entre os que sobresaen a sanidade e a educación. Unha proposta que abunda na insistencia do deficitario (wi-fi, infraestructuras de comunicación, etc.), cando este modelo de défict, según o cal o mundo rural está despoboado porque é menos que o urbano, reforza precisamente a idea hexemónica de que o futuro ha ser, forzosamente, urbano e, por suposto, neoliberal. Parece que se demanda urbanizar máis as nosas aldeas para que sigan sendo habitables, a mesma vía desarrollista que as baleirou nos últimos 80 anos. Unha proposta que pretende isolar ao mundo rural, creando un compartimento estanco (á maneira, por exemplo, das asociacións de autónomos), e esquecendo que a crise do rural ten que ver coa precarización dos traballadores urbanos e que ten como base as políticas neoliberais que aquí e alá, no invisibilizado rural e no hexemónico urbano, repercuten as perdas da globalización nos débiles e reparten os seus beneficios entre os poderosos.

E así, a lexislación medioambiental recae sobre pequenos productores, xunto coa burocracia asociada á trazabilidade alimentar, mentras a PAC reparte beneficios a grandes tenedores de terras, continuamos a promocionar macrogranxas que contaminan de nitratos os acuíferos da Limia e continuamos a poñer trabas ás proibicións de neonicotinoides que matan as nosas abellas ou ó glifosato. Proponse comercializar a carne de xabarín como se os xabaríns se alimentasen de puro osíxeno: proponse o de sempre, facer negocio para uns poucos a base das perdas dos moitos.

PBA Galiza

Faránse fotos en Madrid, baixo o lema público de reclamar inversións para o rural, mentras en cada bar e en cada feira os cadros do Partido Popular continúan suscitando o consenso co mantra que tan bós resultados ten dado en convocatorias anteriores: “a culpa é da merda do medioambiente”. Non das políticas que fixeron desaparecer as nosas pequenas explotacións, non dunha falta de xestión de políticas forestais que fan o monte improductivo excepto para os xabaríns, non da falta de pediatras ou dunha educación de calidade, non dos xuros que arruinan ao sector leiteiro, senón do medio ambiente, ese ente maléfico que encarna a supremacía urbana e que chega de ignotos despachos de Madrid ou Bruxelas e pretende arruinar o noso. Un chamado identitario potente para defenderse da devastadora modernidade. É certo que o rural está invisibilizado na axenda política, pero existe un sentimento de orgullo paisano, de resistencia que ás veces toma forma de desobediencia civil aceptada socialmente (alambiques, matanzas, etc) que a dereita soubo sempre aproveitar.

O manifesto que se difundiu en redes para esta convocatoria deixaba claro que era unha convocatoria “apartidista”, término que xa daba unha idea da súa orientación. Sen embargo, tras o apoio explícito de Albert Rivera e da FEMP a petición do PP, o requisito apartidista desapareceu das webs das entidades promotoras Soria Ya e Teruel Existe. Trátase, xa que logo, dun movemento de base localista (escenario de novo propicio ao clientelismo ao que, polo reducido tamaño das nosas comunidades, estamos perigosamente expostas) na que está ausente unha análise política que identifique claramente que o mundo rural sobra nun sistema de produción capitalista e neoliberal onde a proposta de aldea, un sistema económico precapitalista, ten a súa oportunidade no postcapitalismo colaborativo e non en fórmulas "desarrollistas" que deron, ata o de agora, resultados nefastos.

A contaminación nas cidades e expansión incontrolada do xabarín poden verse como dúas manifestacións dun mesmo problema de insostibilidade do actual sistema productivo

Unha auténtica revolta do mundo rural pasaría por entender que a economía liberal, baseada no binomio produción-consumo e no seu correlato traballo-lecer produce pobreza, exclusión das persoas adicadas á economía do coidado, problemas medioambientais e falta de acceso de amplas capas de poboación á sanidade e a educación, no mundo rural e no urbano, e que estes disfuncións estructurais producen efectos dispares nun ou noutro medio. Non só se pechan escolas rurais, senón que as urbanas están masificadas. A contaminación nas cidades e expansión incontrolada do xabarín poden verse como dúas manifestacións dun mesmo problema de insostibilidade do actual sistema productivo. E pasaría tamén por entender que cada unha das realidades rurais, en Galicia, en Asturias, en Jaén ou Guadalajara, pero tamén as realidades rurais dos países da UE (si, o mundo rural en Europa existe, como Teruel) comparten unha identidade común, a pesar das aparentes diferencias lingüísticas, paisaxísticas, climáticas e culturais, todas son territorios excluídos da axenda política por ofrecer un modelo económico que non acaba de entrar no mundo do gran consumo, que, en suma, non é adaptativo no escenario neoliberal.

Medio rural
Tronceda: un rural cheo de vida é posible, e desexable
As aldeas abandonadas derrúbanse mais tamén hai persoas dispostas a retornar a unha vida en contacto coa natureza. Este é o caso de Tronceda.

Estaremos ante unha verdadeiro acontecemento, tal como o entende Alain Badiou, cando se incorporen ás mobilizacións do mundo rural as voces urbanas non en tanto que fillas ou netas dunha terra, senón en tanto que víctimas dunha orde económica e política que dificulta ás cidadás acceder aos productos de calidade que se producen nas nosas hortas tanto como ás labregas facerllos chegar, que deixa os nosos montes no abandono mentras unha planta de celulosas continúa impunemente contaminando, cando se aproveita o abandono rural para facer negocio para uns poucos inversores.

As nosas aldeas precapitalistas poden ser o modelo postcapitalista e colaborativo que asegura ás familias, sobre todo ás de rendas máis baixas, unha calidade de vida mellor, que considera que a satisfacción das necesidades básicas de alimentación son un gasto importante e que as producións de autoconsumo son un seguro que salvagarda á máis vulnerables en tempos de crise do mesmo xeito que contribuiu ao desenvolovemento dos nos 60 e 70 enchendo cada domingo os maleteiros daqueles traballadores urbanos que volvían á aldea na fin de semana. Aldeas nas que o problema non sexa “o medio ambiente”, senón unha modernización mal entendida que expulsa e exclúe á poboación máis nova.

E máis que visibilizar o rural, precisamos propor políticas que aseguren a calidade ambiental, a seguridade alimentar e a atención aos cuidados para as capas máis desfavorecidas nas cidades e nas aldeas, precisamos unha política de transición enerxética que contemple a xestión da biomasa que aquel modelo tan supostamente ineficaz deixou abandonada. Un modelo de prevención de incendios que reduza a dependencia do petróleo. Que sexa quen de volver sacar partido a toda a riqueza dos nosos montes tal como fixeron os devanceiros sen medios nin maquinaria pero cun respecto absoluto ao medio ambiente que lles daba calor e alimento.

Informar de un error
Es necesario tener cuenta y acceder a ella para poder hacer envíos. Regístrate. Entra en tu cuenta.

Relacionadas

Medio rural
Rural A Escola dos Pobos chega a Lugo para reivindicar un mundo rural con futuro
A iniciativa, que impulsa a transformación dunha antiga casa solariega das Merindades nun espazo de formación e encontro, preséntase este mércores en Lugo co apoio do Sindicato Labrego Galego.
Segovia
Mujeres rurales Maribel y sus amigas o cómo sobrevivir sin servicios públicos
Maribel lleva trabajando en el campo desde que era pequeña pero no ha podido cotizar nunca. Junto a sus amigas resiste en un medio rural que envejece sin sanidad, educación o transporte.
Medio ambiente
Opinión De los necios, los mastines y los lobos en los tiempos sombríos
Paseando con mastines, frente a la barbarie, una reivindicación del lobo y, con él, de la comunidad, de la fraternidad, de la esperanza y de la voluntad superviviente de la belleza.
València
València El peaje de Vox para apoyar las cuentas de Mazón
La ultraderecha aprovecha la debilidad política del president para imponer más recortes en áreas como memoria democrática, emergencia climática, lengua propia o migración, entre otras.
Genocidio
Genocidio Israel mata a 153 personas en 24 horas mientras se prepara para su lavado de cara anual en Eurovisión
Se cierra una de las semanas más mortíferas del año, en la que Israel ha bombardeado hospitales e infraestructuras civiles. La hambruna se extiende por el territorio de Gaza.
Gobierno de coalición
Reducción de jornada Yolanda Díaz apuesta todo a quebrar el ‘no’ de Junts mientras el PSOE mira de lejos
Desde el PSOE y también en Sumar aseguran que el sprint final de la negociación con Junts está a cargo de la vicepresidenta, que se muestra optimista. Los socialistas, entre la equidistancia y el interés electoral.
Portugal
Elecciones Portugal: derecha para todos los gustos
Todos los sondeos dan por segura una victoria conservadora en un país en el que los buenos datos económicos contrastan con salarios estancados y alquileres por las nubes.
Culturas
Cultura As Letras Galegas e a pregunta pendente: que tradición queremos?
Baixo o lema “De ser BIC, non así”, colectivos e persoas vinculadas á cultura tradicional galega reclamaron transparencia, coidado e participación nun proceso que, neste Día das Letras Galegas, convida á reflexión.
Comunidad de Madrid
Huertopías Ecourbanismo o cómo combatir la crisis climática en las ciudades y desde lo comunitario
En los últimos años han ido floreciendo, en su mayoría desde organizaciones de base anticapitalista, numerosos proyectos sociales basados en la agricultura urbana. Todos ellos ofrecen alternativas sostenibles y cooperativas frente al sistema actual.

Últimas

Eventos
Evento Un Salto al periodismo desde el barrio: acompáñanos en un directo sobre periodismo situado
El Salto organiza un evento centrado en el potencial de los formatos sonoros para transmitir información veraz y fiable de forma cercana. Para hacer periodismo desde el barrio y barrio desde el periodismo.
LGTBIAQ+
Petición Una iniciativa europea para prohibir las terapias de conversión necesita 100.000 firmas
La iniciativa ha conseguido ya casi 900.000, pero necesita llegar al millón antes de este sábado. En las últimas horas se han conseguido hasta 200.000 firmas.
Pensiones
Pensiones Europa considera que el complemento a las pensiones contra la brecha de género sigue siendo discriminatorio
La Seguridad Social asegura que los pensionistas seguirán recibiendo el plus y CCOO propone estudiar urgentemente medidas alternativas ante la sentencia del Tribunal de Justicia de la Unión Europea.
Laboral
Laboral Inspección de Trabajo sancionará a El Corte Inglés por incumplimiento de los descansos
CGT denuncia que, en noviembre y diciembre, la dirección de los grandes almacenes se salta la legislación y obliga a hacer jornadas seguidas de hasta 15 horas con descansos de menos de siete horas en algunos casos.
Catalunya
Catalunya El juzgado rechaza investigar el caso de la infiltrada policial en Girona
La jueza ha tardado año y medio en rechazar la querella y lo hace en un auto de solo cuatro páginas, en donde concluye que la infiltrada no se extralimitó.
Energía nuclear
Opinión Dos preguntas impertinentes (y unas coletillas innecesarias)
Con Almaraz de telón de fondo, siempre presente, algunos cuestionamientos radiactivos y con eco nuclear antimilitarista formulados desde Extremadura.
Israel
Día de la Nakba Ex Libris, la empresa israelí que provee tecnología a las bibliotecas del mundo
Los principales productos de gestión y servicios bibliotecarios provienen de una empresa cuya sede principal se encuentra en el Malha Tecnology Park, sito en el territorio ocupado donde antes se levantaba la aldea palestina de Al Maliha.

Recomendadas