Culturas
As Letras Galegas e a pregunta pendente: que tradición queremos?

A finais de 2024 e comezos de 2025, reabríase a demanda para frear a declaración do baile tradicional como Ben de Interese Cultural. Baixo o lema “De ser BIC, non así”, colectivos e persoas vinculadas á cultura tradicional galega reclamaron transparencia, coidado e participación nun proceso que, neste Día das Letras Galegas, convida á reflexión.
Letras galegas 25 noelia - 3
Adolfina e Rosa Casás na Vila da Igrexa (Cerceda) retratadas por Dorothé Schubarth. Fonte: Fondo Schubarth-Santamarina. Arquivo do Patrimonio Oral da Identidade (APOI) do Museo do Pobo Galego. Imaxe extraída da páxina web da Real Academia Galega.
17 may 2025 05:30

A Real Academia Galega adica o Día das Letras Galegas de 2025 á poesía popular oral, personificada en Adolfina e Rosa Casás Rama, de Cerceda, Eva Castiñeira Santos, de Múxía, e Manuela Lema, Teresa García Prieto, Prudencia e Asunción Garrido Ameixenda, integrantes das Pandereteiras de Mens (Malpica).

Esta homenaxe, que destaca a continuidade e a presenza da nosa tradición, tamén nos invita a reflexionar sobre os procesos de transmisión deste patrimonio inmaterial. A finais de 2024 e principios de 2025, xurdiu unha demanda social que interpelaba sobre as condicións e as intencións detrás da declaración do baile tradicional galego como BIC (Ben de Interese Cultural). “De ser BIC, non así” foi o lema lanzado dende Andar cos tempos a través das súas redes sociais e outros espazos para denunciar as irregularidades no procedemento de incoación e esixir maior transparencia e participación nos procesos de recoñecemento do noso patrimonio.

Literatura
Letras Galegas Da Sección Feminina do franquismo ao Cancioneiro Popular Galego: o pobo é quen canta e baila
As cantareiras protagonizarán o Día das Letras Galegas de 2025. Beatriz Busto e Richi Casás fálannos delas, de Dorothé Schubarth, do Cancioneiro Popular Galego e da dificultade de acceder aos arquivos sonoros que conservan as súas voces.

Este proceso ten os seus inicios no ano 2018, cando a entón Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria iniciou o proceso para declarar o baile tradicional galego como ben de interese cultural do patrimonio inmaterial. O que de primeiras pode soar algo positivo provocou a mobilización de parte da comunidade que, a través de alegacións, chegou a paralizar o proceso.

As alegacións presentadas rexeitaban a proposta por basearse nunha concepción excesivamente pormenorizada e ríxida do baile tradicional. A resolución, que non contemplaba a música, reducía a tradición a un listado pechado de bailes descritos paso a paso, dando a entender que se trataban de fórmulas estancas. Esta visión “fosilizada, folclorizada e xeneralizada”, como explica Beatriz Bustos, musicóloga e antropóloga social, partía de ideas extraídas de cancioneiros do século XIX e do agrupacionismo folclórico, un enfoque pensado para a representación escénica.

“Non transmitía naquel momento a realidade viva e dinámica do patrimonio inmaterial galego. Era unha concepción moi dicotómica e binarista”, di Bustos. No seu desenvolvemento técnico, evidénciase unha clara diferenciación de xénero: fálase de parellas formadas obrigatoriamente por homes e mulleres, marcándose unha clara diferenza entre o papel do home —que guía— e o da muller —que segue—.

Tras a paralización do proceso por mor das alegacións, foi a propia Xunta, a través da súa Dirección de Patrimonio, quen o reactivou, asumindo finalmente unha das principais demandas: contar cun equipo profesional. A proposta inicial carecía do rigor necesario para abordar o patrimonio inmaterial con criterios musicolóxicos e antropolóxicos sólidos.

Así, no novo intento, a Xunta solicitou asesoramento á Asociación Galega de Antropoloxía (Agantro), recoñecendo implicitamente as carencias do primeiro proxecto. Foron Xulia Feixóo, Beatriz Bustos, Rafa Quintía e Felis Castro as persoas encargadas de redactar un informe técnico para a incoación da foliada como BIC. No documento, defínese a foliada como a manifestación musical, festiva e popular específica de Galiza e da súa xente, caracterizada pola súa natureza participativa, comunitaria e espontánea. Con este enfoque, os especialistas atenderon ás críticas formuladas nas alegacións e sentaron as bases para unha declaración máis rigorosa e acorde coa realidade viva do patrimonio inmaterial galego.

A pesar do esforzo investido no informe, a resposta institucional non estivo á altura das necesidades. “Fixemos con moitísimo esforzo e agarimo aquel informe e entregámolo na Xunta”, explica Xulia Feixóo, etnomusicóloga e percusionista. Con todo, dous anos despois, en outubro de 2024, a Xunta reiniciou o proceso cun novo texto que, aínda que recollía algunhas formas de pensar do informe técnico e mesmo partes literais do seu contido, non alcanzaba a vislumbrar os conceptos nin intencións que alegaba a comunidade e os especialistas. O resultado foi un documento cheo de imprecisións e falta de rigor. “O que vén agora é unha mestura de conceptos sen sentido”, critica Bustos. O informe está público e pode contrastarse toda esta información.

Que foi o que pasou para traernos ata estas divisións ou formas de ver distintas?

Tal e como nos explica Feixóo, a partir da creación dos Coros Históricos a comezos do século XX, seguidos pola Sección Femenina durante o franquismo e as asociacións folclóricas xa en democracia, a música e o baile tradicional fóronse adaptando á lóxica do escenario. Durante o século XIX, no contexto do rexurdimento dos estados-nación e a Revolución Industrial, xorde o medo á desaparición das tradicións populares, o que leva a un grupo de intelectuais da burguesía a apropiarse deste patrimonio e a buscar a súa conservación a través da espectacularización. “O que se fixo foi espectacularizar algúns elementos e levalos á escena. É algo perfectamente lícito e, nalgúns momentos históricos, mesmo cumpriu un papel importante para manter o imaxinario colectivo do que era a nosa tradición”, apunta.

A partir dos anos noventa, comezou a reivindicarse o contexto espontáneo e autoorganizado do baile comunal, profundamente arraigado na cultura popular e presente en diferentes zonas de Galiza baixo múltiples nomes: serán, ruada, foliada… “Naquel informe que fixemos sobre a foliada recollimos millóns de nomes”, lembra Feixóo. A consecuencia deste proceso histórico acaba por superpoñer estas dúas capas, que non son contrapostas nin contrarias, senón que conviven: por unha banda, a recuperación do baile comunal no seu contexto cultural propio, que é o que elas defenden; pola outra, a consolidación de produtos escénicos que, malia inspirarse na tradición, responden a unha dinámica distinta.

Unha das consecuencias desta visión sesgada e pormenorizada é a perda da identidade. Bustos explica que, en moitas ocacións, non sabemos quen somos. “Hai moitas persoas no noso país que non teñen nin idea de como era a nosa tradición oral. Non a recibiron de xeito directo, e as imaxes que teñen son folcloristas, estereotipadas… O primeiro problema que se nos presenta é determinar quen somos musicalmente, e iso non está a ser nada fácil.“, engade.

Esta adaptación ao escenario estivo moi influenciada pola ideoloxía da época, especialmente en clave de xénero, onde a muller foi representada como un icono do fogar e a tradición se uniformiza tanto na súa estética como nos modos de bailar. Estas representacións fixeron que se construíse unha imaxe de tradición como algo estanco e inmutable, cando en realidade os espazos nos que se transmite este patrimonio, tanto no baile como na música, son espazos vivos e dinámicos, explica Carme Campos, quen estivo detrás do chamamento e difusión das alegacións a través do colectivo Andar cos Tempos.

Carme Campos, xunto a Ana García e Chus Caramés, son as impulsoras de Andar cos Tempos, unha asociación cuxo traballo está centrado, principalmente, na revisión das formas en que se ensina e se transmite o baile tradicional galego desde unha perspectiva que entende a tradición como un patrimonio vivo e en constante transformación. ”Nós mesmas, como mestras, demos en conta de que tamén recibimos unha serie de estereotipos que, ás veces, sen querer, reproducimos nas aulas. Igual que deconstruímos outros aspectos das nosas vidas, por que non deconstruír tamén isto?“, expón Campos.

O propio termo “tradición” esperta certas resistencias, precisamente porque moitas veces se interpreta como algo fixo e inmutable. Por iso, Andar cos Tempos traballa para xerar unha reflexión crítica arredor da transmisión da tradición, recoñecendo ás persoas portadoras deste patrimonio como axentes activas do cambio. ”Nós non temos que dicir como debe transmitirse. Iso é algo que lle corresponde á comunidade", explican. O seu obxectivo non é ditar regras, senón abrir espazos de debate para que, colectivamente, se cuestione e decida que legado se quere deixar ás próximas xeracións.

Tal e como nos explican dende Andar cos Tempos, dende fai dez anos existe un rexurdir das foliadas tal e como se entenderon históricamente. Antes disto, vintecinto anos atrás, xa se iniciou esta evolución da espectacularización ate novos espazos, pero neses momentos as foliadas seguían consistindo en encontros de agrupacións, non daban lugar a estes encontros momentáneos, participativos e espontáneos.

Hoxe en día os propios grupos folclóricos imparten aulas para a xente que non ten ningunha intención de subir ao escenario. Trátase dun proceso moi natural no que foi o propio pobo quen foi demandando as súas necesidades. Dende que nos anos noventa as persoas activas dos grupos folclóricos descubriron que iso que ían recoller ás aldeas tíñano na casa, que era o que cantaban e bailaban as súas avoas e avós, ata hoxe en día que o que buscamos é recuperar eses espazos de foliada como o que son: espazos de encontro, comunicación, intercambio, expresión. O baile, explica Campos, é unha linguaxe en si mesma: igual que se ensinan palabras para formar frases con distintas entonacións, tamén o corpo pode expresarse de forma directa e espontánea, adaptándose ao momento e ao estado de quen baila. “As novas xeracións están demandando que as aulas se orienten ao momento espontáneo”, sinalan Ana García e Chus Caramés, quen ven na adaptación dos grupos folclóricos ás foliadas unha transformación que parte da base social e implica tamén un cambio no discurso de xénero.

O baile e a música tradicional galega nacen do pobo, son unha manifestación popular que atende e comunica dende os contextos e procesos vitais nos que se xenera. Foi popular, deixou de ser popular e pasou a ter unha utilidade escenificada e de espectáculo e, agora, estase a facer un esforzo por que volva a ser popular. “Non é só a música ou o baile”, sinala Feixóo. “É tamén todo o que os acompaña: a autoxestión, os espazos de encontro e culturación, a lingua, a transmisión entre xeracións, todos os saberes que se mobilizan arredor deles. Creo que é un dos poucos elementos culturais que nos permiten imaxinar futuros fóra do capitalismo, formas de relación non capitalizadas que aínda están vivas aquí, en Galiza, grazas á implicación de moita xente nova. E iso non o podemos deixar morrer”.

Na nosa tradición, baile e música son dúas caras da mesma moeda. As cantigas e a música foron, historicamente, un dos principais vehículos da lingua e da nosa memoria colectiva. O proceso de alegacións contra a declaración do BIC invítanos a reflexionar desde onde queremos recibir este ano as Letras Galegas e a comprender mellor a orixe do noso patrimonio.

Na actualidade, organizacións e espazos como Andar cos Tempos ou Arredor da Tradición defenden un modelo de transmisión popular, en contraposición a enfoques máis académicos ou folclorizantes. É evidente que nos atopamos nun bo momento para reconectar co pasado e decidir como queremos encarar a transmisión deste patrimonio no futuro.

“Quen existe, resiste”, afirma Beatriz Bustos. “Véxonos aí, resistindo a un proceso de globalización que é xeral e do que agora temos certa capacidade para decatarnos. Non estamos nun mal momento, pero si existen ameazas: turistificación, mercantilización, usos con fins extractivistas, falta de apoio á investigación…”

As Letras Galegas 2025 teñen tamén un forte compoñente de presente. Na propia candidatura fálase das novas figuras e grupos que transcenden os ritmos tradicionais a través da fusión con músicas contemporáneas: Baiuca, Tanxugueiras, Mondra, Caamaño & Ameixeiras, Fillas de Cassandra, De Ninghures… Esta nova escena evidencia o agromar de formas renovadas de expresión cultural e un rexeitamento cada vez máis claro da visión da tradición como algo arqueolóxico ou pechado.

Informar de un error
Es necesario tener cuenta y acceder a ella para poder hacer envíos. Regístrate. Entra en tu cuenta.
València
València El peaje de Vox para apoyar las cuentas de Mazón
La ultraderecha aprovecha la debilidad política del president para imponer más recortes en áreas como memoria democrática, emergencia climática, lengua propia o migración, entre otras.
Pensiones
Pensiones Europa considera que el complemento a las pensiones contra la brecha de género sigue siendo discriminatorio
La Seguridad Social asegura que los pensionistas seguirán recibiendo el plus y CCOO propone estudiar urgentemente medidas alternativas ante la sentencia del Tribunal de Justicia de la Unión Europea.
Laboral
Laboral Inspección de Trabajo sancionará a El Corte Inglés por incumplimiento de los descansos
CGT denuncia que, en noviembre y diciembre, la dirección de los grandes almacenes se salta la legislación y obliga a hacer jornadas seguidas de hasta 15 horas con descansos de menos de siete horas en algunos casos.

Últimas

Eventos
Evento Un Salto al periodismo desde el barrio: acompáñanos en un directo sobre periodismo situado
El Salto organiza un evento centrado en el potencial de los formatos sonoros para transmitir información veraz y fiable de forma cercana. Para hacer periodismo desde el barrio y barrio desde el periodismo.
LGTBIAQ+
Petición Una iniciativa europea para prohibir las terapias de conversión necesita 100.000 firmas
La iniciativa ha conseguido ya casi 900.000, pero necesita llegar al millón antes de este sábado. En las últimas horas se han conseguido hasta 200.000 firmas.
Energía nuclear
Opinión Dos preguntas impertinentes (y unas coletillas innecesarias)
Con Almaraz de telón de fondo, siempre presente, algunos cuestionamientos radiactivos y con eco nuclear antimilitarista formulados desde Extremadura.
Israel
Día de la Nakba Ex Libris, la empresa israelí que provee tecnología a las bibliotecas del mundo
Los principales productos de gestión y servicios bibliotecarios provienen de una empresa cuya sede principal se encuentra en el Malha Tecnology Park, sito en el territorio ocupado donde antes se levantaba la aldea palestina de Al Maliha.
Comunidad de Madrid
Bloques en lucha Una familia de rentistas amenaza con vaciar 24 casas del bloque Mesón de Paredes 88 en Lavapiés
Benjamín lleva 12 años en su casa, Lorena comparte piso con su hija y dos nietos de cinco y once años. Jesús lleva 50 años en un piso que ha adaptado para su discapacidad. Todo el vecindario está siendo presionado para que abandonen sus casas.
Palestina
Palestina Miles de personas se manifiestan en recuerdo de la Nakba
A pesar de la lluvia, las gentes de Euskal Herria han vuelto a movilizarse en memoria del aniversario de la Nakba, de la que se cumplen ahora 77 años.
Más noticias
Madrid
Movimiento estudiantil Vuelve la acampada universitaria por Palestina y contra el asedio de Gaza por parte del Estado de Israel
Los estudiantes vuelven a acampar en el campus de la Universidad Complutense en protesta y contra el genocidio palestino que “ha continuado y se ha intensificado”. Acusan de “inacción” al Gobierno español y exigen detener el rearme europeo.
Análisis
Análisis Después del apagón, la normalidad: crisis a la izquierda, Gobierno a la derecha
El Gobierno de coalición está cada vez más exhausto, el PP vence pero no convence, Vox permanece estático y en la izquierda ‘alternativa’ prevalece el estado de descomposición, según los datos del último CIS.
Reducción de jornada
Reducción de jornada ¿Vivir mejor o más trabajo para todos? Las diferentes vías para llegar a la reducción de la jornada laboral
Situar el empleo fuera del eje central de la vida de las personas trabajadoras enfrenta la visión clásica de los sindicatos para lograr el pleno empleo al de asociaciones que buscan la conciliación y el autocuidado.

Recomendadas

Irlanda
Caelainn Hogan “Las madres ‘descarriadas’ y sus criaturas eran un desafío a la autoridad de la Iglesia”
Caelainn Hogan, periodista irlandesa nacida en 1988, es autora de ‘La república de la vergüenza’, donde revela los abusos en las instituciones para mujeres que se desviaban de la norma en Irlanda.