Movimiento vecinal
Re-descubrir a política: a comunidade fronte a inxustiza

Os procesos de xestión comunitaria da vida no campo están alí. As veces, sen darnos conta. Cales poden ser as súas posibilidades?
11 abr 2021 11:39

A veces esquecemos como os sistemas políticos se reflicten na nosa vida cotiá, nos nosos xeitos de relacionarnos coas demais persoas. Mais sería iluso pensar que un home que ostenta e usa o seu capital económico para “pagar” as festas da parroquia e así manter unha boa imaxe fronte á comunidade á que logo lle paga tres euros á hora no seu negocio, non ten relación co caciquismo, cunha forma de facer política coa que nos relacionamos desde, polo menos, o século XIX.

A primeira vista, parecese que certos feitos son meras idiosincrasias locais ou aspectos circunstanciais que non gardan relación co algo máis grande ca nós, algo que nos transcende. As veces fai falta a perspectiva outorgada polo paso do tempo e un ollo crítico para decatarnos de que o que outrora pensabamos como algo “normal”, non o era tanto; que, por máis aceptado e reiterado que estivese polas estruturas de poder, non era nin é o mellor nin o único modo en que podíamos ou podemos relacionarnos.

Ficar no costume

Hai pouco houbo na miña parroquia unha xunta da Comunidade de Montes. É unha reunión que convoca ás persoas rexistradas como comuneiras. É dicir, case toda a miña veciñanza. Lembro que, a primeira vez que fun a unha destas xuntanzas, aburrinme moitísimo: apenas alcanzaba a entender a dinámica e estaba lonxe de atopar o sentido do encontro mesmo. 

Por veces, parecíame que había xente que tomaba a reunión como unha escusa para saír un pouco da casa e convivir coas persoas que non vían hai meses. Outras veces, sinxelamente, parecíame que había xente que ía só polo afán de causar algún tipo de polémica, para iniciar discusións que chegaban até o punto en que todo o recinto retumbaba con alegacións, berros, comentarios sarcásticos e saídas dramáticas...

Para a miña maior sorpresa, as tensións desaparecían segundo se mudaba de tema ou se remataba a sesión. Iso si: conforme asistía a máis xuntanzas, decateime de que a xente, en xeral, saía satisfeita destes encontros. Unha vez, logo de saír dun, na andaina de volta á casa, unha das miñas veciñas díxome cun ton que manifestaba certo alivio: “Antigamente nas xuntas non nos deixaban falar”.

Polo que me contaron despois, souben que a miña veciña estaba a facer referencia á antiga mesa directiva da Comunidade de Montes, que se apropiaba do uso da palabra. Pero se impoñer o silencio fose pouca cousa, tampouco explicaban ben os asuntos que se trataban nas “asembleas”, as cales, máis que outra cousa, semellaban rodas de prensa. Esta actitude déspota coa que exercían a súa autoridade, con todo, non podería ser explicada sen o seu contexto histórico. Correspondía á educación que eles recibiran. Estaban imitando o que coñecían. O curioso –e terríbel- do caso é que os tres homes que formaban a mesa directiva lle impoñían unha xerarquía inapelable á súa propia veciñanza. Diso hai seis anos. Por se alguén aínda pensa que os resaibos do franquismo remataron, por arte de maxia, coa transición ou co paso do tempo.

Porén, hoxe o panorama mudou bastante. Eventualmente houbo eleccións e, tanto a mesa directiva como as reunións, deron un xiro. Para comezar, agora o encontro ten, de feito, un cariz asembleario: hai actas e ordes do día, explicación dos puntos complicados de entender, votacións, diálogo e, por suposto, están presentes as discusións de sempre, que non poden faltar, como se serviran para darlle un pouco de “sustancia” a todo.

Aínda así, con todos eses cambios, parecíame que seguía a imperar a idea de que as asembleas non servían de moito, o que se ratificaba coa crecente ausencia de comuneiras e comuneiros cada nova reunión.  Por outra banda, quen asistía se aburría se non había ningún tipo de confrontación e, á hora de votar, adecuábase segundo os votos da maioría. Por máis que a estrutura mudase e estivese disposta para rachar coas vellas dinámicas, o sentido das asembleas seguía sen facerse del todo visible. 

Atopar un sentido

O mes pasado convocouse a unha reunión extraordinaria para informar e determinar as seguintes accións a tomar con respecto á explotación canteira que probablemente farase no monte comunal en calquera momento do ano.

A situación foi a seguinte: hai máis de dez anos, unha empresa chegou coa antiga xunta directiva da Comunidade de Montes para presentarlles un contrato que establecía que a Comunidade lle cedía á empresa todo o monte comunal por dez anos para que esta fixese exploracións e unha posterior explotación mineira. Ían pagar á Comunidade 12.000 euros ao ano. Os da mesa directiva levaron o asunto do contrato á “asemblea” veciñal. Mais non explicaron ren. Non houbo lugar para as dúbidas. Non falaron dos puntos do contrato nin das implicacións ecolóxicas. Só falaron do potencial ingreso económico. O voto foi unánime: o monte quedaba por dez anos a disposición da empresa.

Digresión: Non quero avanzar sen sinalar o modus operandi desta empresa mineira –e que supoño que é unha entre moitas-  que manipula e engana ás labregas para explotar os montes comunais. Ofrecenlles unha suma de cartos que abraiaría a calquera, mais que para eles representa unha ínfima parte das súas potenciais ganancias. Non lles explican o que suporá a explotación en termos ambientais nin como afectará a calidade de vida e recursos das comunidades. É un tipo de espolio legal por parte da iniciativa privada baseado no aproveitamento, manipulación e abuso das comunidades rurais.

Esta vez, na derradeira asemblea explicáronse todos os puntos do contrato e as condicións que, se se len con atención, non favorecen a ninguén máis que á empresa. Falouse das consecuencias medioambientais, da potencial contaminación da auga da traída que abastece á metade da aldea. Ante a sorpresa da veciñanza, a actual mesa directiva respondeu: “Todo isto votárono vostedes no 2006.” Silencio.

Corría na atmosfera unha sensación de desconcerto. Nin sequera é que foran enganados. Sinxelamente non sabían ren. A manipulación dos empresarios concatenouse coa dinámica autoritaria e déspota das antigas “asembleas”.

O mutismo rachouse coa voz do director actual da Comunidade de Montes, quen dixo: “É importante que nos decatemos que o que se decide aquí importa”.  De pronto, algunhas pezas do crebacabezas encaixaron e reconstruíron parte do sentido desas xuntanzas. Foi como se o home lles dixese ás persoas: Tedes voz. 

Dito isto, procedeuse á votación sobre se levantar un recurso contencioso contra á empresa. Era a última esperanza de evitar a explotación do monte. Votouse a favor, aínda que as probabilidades de gañar fosen ínfimas. Niso, un veciño levantou a man e declarou: “Eu penso que, ademais de levar a cabo o recurso, temos que organizarnos, facer unha mobilización social. Non podemos quedarnos cos brazos cruzados a esperar a resolución do xuízo.”

“Boh, a nosa aldea nunca foi unida”, respondeulle unha veciña. Comezou entón unha discusión máis. Pero, máis que un enfrontamento de distintos puntos de vista, era a batalla da comunidade contra o derrotismo, contra o silencio que lles fora imposto. Agora que tiñan voz tiñan a opción de usala.

Voz, poder e responsabilidade

A asemblea é un espazo de encontro onde as persoas se volven a atopar logo de meses, onde falan, rin e discuten. Ao final, é un territorio que forma parte da vida e xustamente niso radica parte da súa importancia: non é unha cámara de deputados onde, a porta pechada, se decide sobre a vida dos que están fóra, lonxe, afastados. Aquí a xente se coñece, sabe que problemáticas hai, lévaas á mesa e chega a un acordo... aínda que este chegue despois de varios momentos de tensión, berros e enfrontamentos. Ao final, fan política: organizan a vida en colectivo.

Así, as reunións veciñais son un lugar onde as persoas poden asumir o seu papel na comunidade e a responsabilidade que supón non só ser parte dela, senón tamén a de ser co-propietarias do monte. Deste xeito, a mesma perspectiva sobre a terra muda. Deixa de ser só un lugar a explotar, un campo de caza, unha fonte de madeira. É fogar, cultura, un patrimonio que ten que ser resgardado, protexido, defendido.

Por iso é fundamental rachar coas pequenas dinámicas que impoñen o silencio. Que xustifican o establecemento de xerarquías e abuso de autoridade co sinalamento dunha suposta “ignorancia”, que non é máis que dicirlle ás persoas: “ti non es capaz de decidir sobre a túa propia vida. Non sabes que che convén.”

Un lugar de diálogo, onde as persoas se saiban con voz e voto é fundamental para asumir con pracer a responsabilidade. É o punto de partida da organización: se temos voz, que podemos facer con ela? É o xerme do cambio. E está en todos nós.

Sobre este blog
Espazo literario adicado a difundir a idea de que outros estilos de vida son posibles. Un repertorio que busca dignificar as experiencias e os coñecementos que existen nas zonas rurais a través da observación, reflexión e narración da vida social e cultural dunha aldea galega.
Ver todas las entradas
Informar de un error
Es necesario tener cuenta y acceder a ella para poder hacer envíos. Regístrate. Entra en tu cuenta.

Relacionadas

Galicia
Galicia Galicia elige el rumbo de la lucha contra Altri en las elecciones a la directiva de la plataforma Ulloa Viva
Vecinos y vecinas de la comarca más afectada presentan dos listas separadas tras no llegar a una propuesta de consenso. Por un lado concurre una candidatura continuista y, por el otro, una alternativa que se acerca más al nacionalismo institucional.
Galicia
Galicia La esperanza de la gestión colectiva frente al expolio: la Comunidad de Montes de Tameiga contra el Celta
Mientras varios proyectos industriales intentan privatizar y destruir los ecosistemas gallegos, algunos grupos de vecinos y vecinas organizadas hacen oposición social construyendo alternativas comunitarias. A veces, también ganan al gigante.
Sobre este blog
Espazo literario adicado a difundir a idea de que outros estilos de vida son posibles. Un repertorio que busca dignificar as experiencias e os coñecementos que existen nas zonas rurais a través da observación, reflexión e narración da vida social e cultural dunha aldea galega.
Ver todas las entradas
Francia
Francia ¿Unas primarias de la izquierda francesa? La idea seduce a socialistas y verdes pero Mélenchon la rechaza
El PS, los Ecologistas y sectores disidentes de la Francia Insumisa defienden recuperar el espíritu de la coalición unitaria del Frente Popular y presentar a un solo candidato en las elecciones presidenciales de 2027.
Extrema derecha
Extrema derecha Estados Unidos declara la guerra contra los pobres con la ley “grande y bella” de Trump
VV.AA.
La norma presupuestaria, que contempla más de un centenar de disposiciones, convierte a ICE en el cuerpo de seguridad del Estado más financiado y es un cheque en blanco para las grandes contaminantes.
Fútbol
Fútbol El equipo de fútbol femenino decidido a construir un nuevo Sudán desde el exilio
Un equipo de fútbol de desplazadas sudanesas en El Cairo lucha por continuar con el sueño de jugar. En el exilio, continúan entrenando.
Obituario
Obituario Jane Lazarre (1943-2025)
La escritora neoyorquina, autora de ‘El nudo materno’, falleció el pasado mes de junio. Su obra conectó enseguida con entorno feministas por ofrecer un relato de la experiencia materna más allá de las estrechas paredes del hogar
La vida y ya
La vida y ya Calma
Pienso en la cotidianidad en una ciudad grande. En la ausencia de calma que cubre casi todos los espacios.
Comunidad de Madrid
Comunidad de Madrid Una “victoria moral” da alas a la Plataforma STOP Planta de Biogás en Colmenar y Tres Cantos
La aprobación en el último pleno de una moción para revertir la declaración de utilidad pública del proyecto infunde ánimos a la plataforma, que ya ha denunciado el procedimiento ante los tribunales.
Notas a pie de página
Notas a pie de página ¡Parecían tan buenos!
La desaparición de niñas y niños de las calles tuvo lugar a la vez que se construía un relato idílico sobre la infancia. En ‘República luminosa’, Andrés Barba retrata su vuelta como grupo inquietante.

Últimas

Laboral
Laboral Yolanda Díaz asegura que el Gobierno tramitará el indulto a las Seis de la Suiza
La ministra de Trabajo reconoce sentirse “escandalizada” tras la reunión con las sindicalistas condenadas y asegura que no va a “aceptar retrocesos” en los derechos laborales
Palestina
Palestina Albanese presenta su informe ante la ONU: “Gaza es el escenario de un crimen”
El Consejo de Derechos Humanos atiende al reporte sobre el lucro de empresas y bancos en el actual genocidio de Gaza. The Guardian califica de “posible crimen de guerra” el ataque contra una cafetería en la que murieron 39 personas.
Más noticias
Opinión
Opinión Sirat y las zonas temporalmente autónomas
En la película de Olivier Laxe prevalece el relato sobre la deserción del mundo que una mirada a la propia creación de la comunidad que surge en torno a las raves.
Política
Política Feijóo radicaliza al Partido Popular en medio del terremoto Cerdán con la vista puesta en las elecciones
Miguel Tellado será el nuevo secretario general del partido. Un movimiento con el que Feijóo consigue el control casi absoluto del PP y le come espacio del discurso ultra a Vox, pero que lo aleja de eventuales pactos con PNV y Junts.
Galicia
Galicia Galicia elige el rumbo de la lucha contra Altri en las elecciones a la directiva de la plataforma Ulloa Viva
Vecinos y vecinas de la comarca más afectada presentan dos listas separadas tras no llegar a una propuesta de consenso. Por un lado concurre una candidatura continuista y, por el otro, una alternativa que se acerca más al nacionalismo institucional.

Recomendadas

Laboral
Laboral Reivindicar los derechos laborales en microempresas, el reto de los sindicatos
Nuevas estrategias hacen frente a realidades como las de los falsos autónomos o los puestos en remoto, mientras el PP quiere restringir aún más los comités de empresa.
En el margen
En el margen Aisetou Kajakeh: “Nosotras no estamos rompiendo techos de cristal, sino sorteando muros”
Esta socióloga española asegura que las asociaciones gambianas en España mantienen un vínculo directo con el lugar de origen, lo que hace que nunca pierdan la conexión con las raíces.
Salud mental
Laura Martín López-Andrade “La psiquiatría es una profesión potencialmente muy peligrosa”
La psiquiatra granadina defiende desde Málaga otro tipo de psiquiatría que huye de los diagnósticos y de la jerarquía y cambia la palabra tratamiento por acompañamiento.