3 abr 2020 16:37

Era comezos de primavera, facía un sol radiante e a herba estaba quentiña polos primeiros raios do sol. Estabamos, como cada mañá na eira coas galiñas e non esperabamos o rebumbio que se ía armar.

Pola beira do Sarela viña camiñando, como outras tantas mañás, o veciño. Era un home tremendamente barrigudo, cos seus calcetíns de cores diferentes, un sombreiro branco e o fume da súa pipa. Pero, o que máis destacaba, era o can que acompañaba, un San Bernardo pachorrento. Cantaba como todos os días: 

“Fun polo Rueiro, fun por Figueiriñas, 
fun e no camiño unha moza atopei,
non sei se unha fada ou unha meiga sería
pois daquela moza eu me namorei.” (Foliada do rueiro, Cantiga popular) 

Mais aquela mañá apareceu outro can pola beira, que viña acompañando… dous gardas civís. Ao principio non lle dimos importancia, pero o outro can púxose moi nervioso e botouse ao señor. Os gardas déronse conta do cheiro moi peculiar da pipa do veciño e pedíronlle os datos. O San Bernardo de repente tirouse enriba do outro can, e co peso dos dous acabaron rompendo a sebe da nosa eira e entraron nela pelexando. Nós saímos correndo cara o camiño, querendo escapar daqueles demos de cans e dos gardas, e cando nos demos conta rematamos nunha rúa descoñecida. 

Seguimos camiñando un bo anaco por unha cidade deserta. Camiñando e camiñando chegamos a uns edificios altos e cheos de estatuas, unha parte da cidade feita toda en pedra que parecía máis antiga. Non se vía un humano en toda a cidade, cousa ben rara. 

Chegamos ao medio dunha praza enorme e vimos contedores ciscados. Alí, atopámonos cunha familia de xabaríns pelexando cunhas gaivotas e un mundo de animais que estaban a comer todos tranquilos. Nós decidimos unirnos tamén.

De repente, un estrondo asustounos e vimos un camión do que saía auga a borbotóns. Escapamos correndo de volta ao noso cortello e mentres marchabamos escoitamos unha voz que saía do camión:

“Oíches Benigno, dende que estamos na cuarentena vexo ata pavos na praza do Obradoiro”.



Este relato foi escrito por Alba Chantada e Artai Fernández. Xa sabes que podes enviar o teu a osaltogaliza@gmail.com co asunto “Un Salto de Contos” ou como mensaxe privada ao noso Facebook. Anímate! :)

Sobre este blog
En O Salto Galiza queremos axudar a amenizar esta corentena, e que mellor forma de facelo que lendo e axilizando a imaxinación nestes días de peche? Para iso, neste blogue publicaremos os relatos que nos envíen as nosas lectoras, para así poder compartir coas demais as historias que xurdan nestes tempos estraños.
Ver todas las entradas
0 Comentarios
Sobre este blog
En O Salto Galiza queremos axudar a amenizar esta corentena, e que mellor forma de facelo que lendo e axilizando a imaxinación nestes días de peche? Para iso, neste blogue publicaremos os relatos que nos envíen as nosas lectoras, para así poder compartir coas demais as historias que xurdan nestes tempos estraños.
Ver todas las entradas

Destacadas

Industria armamentística
Disparando dólares: cuando la paz no sale a cuenta

Andrew Feinstein trabajó para el primer gobierno democrático de Sudáfrica. Cuando descubrió la corrupción que se escondía en el negocio de compraventa de armas, tuvo que abandonar el país. Autor de 'The Shadow World', donde entrevista a varias traficantes de armas, este ex político se ha dedicado a seguir el rastro de los señores de la guerra y los estados que les cobijan.

Corrupción
Juan Carlos I sigue la tradición familiar y anuncia que se va de España

El monarca emérito comunica a su sucesor que abandona el país para facilitar a Felipe VI el ejercicio de sus funciones.

Laboral
Horas extra: nunca trabajamos más de más
Según los datos del segundo trimestre de la Encuesta de Población Activa de 2020, se han trabajado en España 7,2 millones de horas extraordinarias por semana, máximo de la serie histórica del registro. El 59%, 3,8 millones a la semana o 15,2 al mes, son horas extra no remuneradas.
Violencia machista
Confinamiento y violencia de género en La Rioja
Seguimiento integral de 446 casos de violencia de género, servicios de apoyo presencial cerrados y las llamadas para pedir ayuda aumentaron al triple.
Educación pública
Acordes y desacuerdos en los conservatorios de Andalucía
La decisión de la Junta de Andalucía de no contabilizar el tiempo de servicios prestados por muchos de los docentes de los conservatorios superiores dejará fuera este curso a profesorado cualificado y experimentado.
Plano Maestro
De Jujuy a Chengdu. Otro ladrillo en el muro

Un resumen visual de la actualidad mundial. Todo imagen, sin comentarios.