Decrecimiento
Atrancos para comunicar o colapso

Como transmitirlle a unha sociedade dominada polo mito do progreso perpetuo a mensaxe de que vai colapsar?

Colapso_2

Coordinador do Instituto Resiliencia

1 mar 2019 06:03

As persoas que estamos implicadas na divulgación do colapso ecosocial afrontamos o reto de resolver unha cuestión básica: de que maneira comunicar a mensaxe de que a nosa civilización está a chegar a unha situación de colapso, e —sobre todo— como facelo dunha maneira efectiva, que teña unha repercusión práctica, que active unha resposta na sociedade á altura deste excepcional intre histórico. Tentaremos apuntar brevemente neste texto as claves deste problema comunicativo no que nos xogamos literalmente o futuro.

O primeiro, se queremos comunicar que hai —ou vai haber nas vindeiras décadas— un colapso civilizatorio, é, sen dúbida, achegar unha definición o máis clara posible do que é, e do que non é, un colapso. Cando falamos do colapso falamos simplemente da redución rápida, en termos históricos, da complexidade dun sistema, neste caso, dunha sociedade. Nin máis nin menos. É dicir: en primeiro lugar, é un proceso, non un instante. Segundo: non é a apocalipse, non é a fin dos tempos... e, de feito, nin ten por que ser tan sequera unha traxedia, nin implicar escenarios tipo Mad Max. É dicir, cabe falar de colapsos máis tráxicos e menos tráxicos... ou mesmo de colapsos liberadores. Como lembra o estudoso dos colapsos das civilizacións ao longo da Historia Joseph Tainter, na obra de referencia The Collapse of Complex Socities, o colapso só adoita ser unha auténtica traxedia para as elites, que ven esborrallarse as súas estruturas de poder, e por iso, ao ser elas as que escriben as crónicas históricas, seméllannos as caídas dos imperios algo terrible e repleto de sangue, lume e bágoas. Mais para boa parte do pobo, os colapsos poden ser, na realidade, unha liberación, sobre todo porque o poder, nas fases derradeiras dos procesos de colapso civilizatorio, adoita exercer, nas súas fuxidas cara a adiante, unha presión insufrible sobre o pobo, a base de impostos, desvalorizacións monetarias, guerras desesperadas ou represión militar, por poñer algúns exemplos.

Cabe falar de colapsos tráxicos, menos malos, e mesmo de colapsos liberadores para o pobo.

Sermos conscientes desa marxe de posibles colapsos bos, malos e menos malos, é imprescindible para motivar a cidadanía e escollermos colectivamente o camiño polo que facer ese descenso da montaña da complexidade que representaba a ilustración na capa do libro Guía para o descenso enerxético: Preparando unha Galiza pospetróleo.

Outro punto importante que cómpre discernirmos neste proceso comunicativo do que estamos a falar, é até que punto falamos dun colapso como posibilidade ou como certeza. Aquí existen diverxencias mesmo dentro do mundo académico e do movemento ecoloxista, e por suposto no político, moito máis remiso a aceptar que este mundo industrial e consumista toca á súa fin, aínda que haxa algún mandatario que recoñeza estar "obsesionado" pola posibilidade do colapso. Así, nin tan sequera toda a xente que participa dos movementos polo Decrecemento ou pola Transición pospetróleo acepta que estamos xa nas primeiras fases do colapso ou que este sexa ineludible.

Casandra
"Cassandra", de Dante Gabriel Rossetti - Art Renewal Center

Así e todo, aceptar o colapso como unha realidade inevitable (isto significa tan só —lembremos— aceptar que imos axiña cara a sociedades moito máis simples) facilita tomarmos decisións como persoas, familias, comunidades, organizacións ou país para ir preparando eses novos modelos socioeconómicos máis sinxelos. Esta aceptación, ademais, axúdanos a ilo facendo o antes posible. En calquera caso, quen non o acabe de ver claro, pode simplemente formular escenarios como axuda para tomar unha decisión responsable: que é o que sucedería se o colapso xa o temos enriba e non facemos nada?; que sucedería se nos adiantamos coa nosa adaptación nuns anos, nunha década, ao seu comezo...? E, así, a partir das respostas que obteña en cada caso, ha ter máis doado decidir a súa folla de ruta persoal ou colectiva.

A mensaxe de que imos colapsar bate frontalmente contra o mito do progreso perpetuo.

Evidentemente todo isto choca con importantes barreiras a nivel psicolóxico, pois esta información bate frontalmente contra o mito do progreso perpetuo, peta duramente contra os muros da cultura da modernidade. E, en consecuencia, quen recibe esta mensaxe do colapso adoita sufrir o que chamamos un proceso de disonancia cognitiva, moi difícil de superar. Por unha banda, tes todo un marco mental de crenzas moi solidamente alicerzadas, sobre como é o mundo e como funciona, e cara a onde vai... e por outro recibes unha información sobre o colapso do mundo actual que non ten encaixe, de ningunha das maneiras, dentro dese marco mental. Por dicilo en palabras de Jorge Riechmann: "Non cremos o que sabemos". Isto relaciónase tamén co coñecido proceso que seguimos no plano psicolóxico cando recibimos unha noticia traumática, descrito pola doutora Elisabeth Kübler-Ross: primeiro negámolo; despois sentimos ira; despois tentamos negociar, buscar un punto de mellora dentro do malo; despois deprimímonos; e finalmente aceptámolo e damos superado o trauma. Coa nova do colapso case todo o mundo comeza pola negación, e así a comunicación do colapso debe procurar axudar esas persoas a iren avanzando de fase en fase até a aceptación final, o cal resulta liberador e permite poñerse mans á obra dun xeito construtivo para preparar o mellor colapso posible. E precisamente aí é onde encaixa o obxectivo que algúns propoñemos de facer todo o posible por mellorar a nosa resiliencia como sociedades.

Decrecimiento
Adeus sustentabilidade, ola resiliencia

Hai quen apunta que o obxectivo da sustentabilidade xa non é posible e compre substituílo por un novo: a resiliencia.

E abofé que non é doado. Por se fosen poucos os atrancos descritos, existe tamén outro fenómeno chamado o efecto Casandra, baseado neste personaxe da mitoloxía grega, dotada polos deuses do poder de predicir o futuro, mais maldita co feito de que ninguén había crer nunca as súas predicións. E isto é o que lles pasa a moitas persoas do mundo da ciencia e da divulgación que tentan advertir á Humanidade do camiño suicida que levamos, mais que sofren dun eco nulo, cando non do total descrédito ou do ostracismo mediático e social.

As creacións artísticas facilitan loitar no mesmo plano contra o relato mítico do progreso.

Tamén poderiamos relacionar isto co clásico conto de Pedro e o lobo, aquel pastor que de tanto dicir na súa aldea, de brincadeira, que viña o lobo, ao final ninguén o cre cando tenta dar o aviso ante un ataque real. E así é que as persoas e os colectivos que hoxe tentamos advertir de que a enerxía fósil sobre a que se alicerza esta civilización vai esvaecerse axiña, pagamos por predicións erradas do pasado ou mesmo por predicións que realmente acertaron, pero que aínda así existe a percepción xeneralizada de que foron erradas, como é o caso do libro dos Límites do Crecemento, publicado en 1972 e actualizado dúas veces máis desde aquela, que malia ter demostrado repetidamente ser o modelo matemático que máis acertou predicindo como ía evolucionar a sociedade industrial cara ao colapso, nada menos que a 40 anos vista!... moita xente segue a pensar que se trabucara. Isto demostra que, ao final, por moitos datos científicos que acheguemos, por moitas demostracións empíricas que poñamos enriba da mesa de que estamos abocados a colapsar ou de que temos unha mudanza climática disparada, e que debemos actuar urxente e drasticamente, a loita non está nese plano senón no plano do mito, das crenzas, da fe, do irracional... E contra a fe, contra a superstición de que imos superar con tecnoloxía ou mediante as máxicas leis do mercado, calquera atranco enerxético ou ecolóxico... de pouco serven os datos que nos achega a ciencia. De aí a importancia das creacións culturais que facilitan a construción dun novo relato cultural, un relato mítico alternativo, un mito que, creado a partir de sólidas bases científicas, poida loitar no mesmo plano contra o relato mítico do progreso continuo.

Literatura
Contar o mañá

Cando as narradoras afrontan o reto de inventar como vai ser o mundo tras o colapso da civilización industrial.

E non podemos rematar sen mencionar unha cuestión crítica: se non queremos que o coñecemento do colapso nos paralice —outra cousa que nos botan en cara cando falamos de cuestións tan graves: que seica provocamos medo na xente— pois daquela temos que tomar o lado positivo do medo, esa reacción que nos pode paralizar mais que tamén nos pode salvar (ante un perigo que nos ameaza é vital sentir un medo que nos leve a evitalo ou a fuxir del!). Como adoita dicir Yayo Herrero, outra gran divulgadora ecofeminista da cuestión do colapso, "o medo só te paraliza se non sabes cara a onde correr". E así, as obras de ficción ou os proxectos políticos que nos debuxan cara a onde podemos camiñar para facer un colapso construtivo de novas civilizacións máis sinxelas, pero tamén máis libres e desfrutables, son guías fundamentais para atoparmos colectiva e individualmente o camiño.

Decrecimiento
El cénit del petróleo

¿Cuál debe ser la pedagogía que sigamos para comunicar el inevitable decrecimiento?

Sobre este blog
O Centro de Saberes para a Sustentabilidade (CSS) é un Regional Centre of Expertise on Education for Sustainable Development recoñecido oficialmente pola Universidade das Nacións Unidas. Ten como misión fundacional “informar, sensibilizar e implicar a comunidade educativa e a sociedade no seu conxunto na promoción da transformación social necesaria para o cumprimento dos Obxectivos de Desenvolvemento Sustentable a través de experiencias cos pés na terra que fomenten a conservación, a sustentabilidade, a protección ambiental e a resiliencia“. O goberno do CSS é horizontal e democrático a través dun Consello Reitor formado por representantes de todos os axentes participantes. Máis información: http://www.saberes.eu
Ver todas las entradas
Informar de un error
Es necesario tener cuenta y acceder a ella para poder hacer envíos. Regístrate. Entra en tu cuenta.

Relacionadas

Decrecimiento
Ampliación aeropuerto La insostenible sostenibilidad de Barcelona
La ampliación del aeropuerto de Barcelona es un proyecto impregnado de la cultura del siglo XX, con evidentes implicaciones en la destrucción de una naturaleza y una ciudad que han alcanzado sus límites.
Río Arriba
Río Arriba Luis González Reyes: “Vivimos en un mundo en el que la escasez es un elemento central”
Primera entrevista del programa Río Arriba en formato podcast y vídeo donde hablamos de las nuevas guerras neocoloniales por recursos en la era de Trump y Putin, de la escasez, del decrecimiento y el colapsismo.
Tribuna
Tribuna Decrecimiento azul: un enfoque necesario para mares al límite
Mientras se celebra la UNOC3 y en el contexto de cambio climático y pérdida de biodiversidad al que nos enfrentamos se necesita —también en el mar— un cambio de paradigma donde el crecimiento y la ausencia de límites dejen de ser la norma.
Sobre este blog
O Centro de Saberes para a Sustentabilidade (CSS) é un Regional Centre of Expertise on Education for Sustainable Development recoñecido oficialmente pola Universidade das Nacións Unidas. Ten como misión fundacional “informar, sensibilizar e implicar a comunidade educativa e a sociedade no seu conxunto na promoción da transformación social necesaria para o cumprimento dos Obxectivos de Desenvolvemento Sustentable a través de experiencias cos pés na terra que fomenten a conservación, a sustentabilidade, a protección ambiental e a resiliencia“. O goberno do CSS é horizontal e democrático a través dun Consello Reitor formado por representantes de todos os axentes participantes. Máis información: http://www.saberes.eu
Ver todas las entradas
Salud laboral
Salud laboral Ser migrante y cosechar a más de 40 grados: el impacto del calor en un invernadero de Almería
La mitad de los trabajadores de la agricultura encuestados en Almería, Huelva y Lleida admitió haber experimentado al menos tres síntomas relacionados con enfermedades por calor durante las temporadas de verano.
Kenia
Kenia 31 muertos por violencia policial en Kenia en las últimas manifestaciones contra la nueva Ley de Finanzas
La sociedad civil keniana retoma las protestas tras tumbar un proyecto similar hace un año. El país se enfrenta a una crisis fiscal causada por el aumento de pagos de la deuda externa.
Falsos autónomos
Falsos autónomos El juez del caso Glovo carga contra el Estatuto de los Trabajadores y la libre competencia
El texto en el que el magistrado libra a la empresa de reparto de la demanda que le interpuso Just Eat es un ataque a las sentencias del Tribunal Supremo y a la Ley Rider, pero también a la seguridad jurídica que la derecha dice defender.

Últimas

Dependencia
Dependencia Denuncian “olvidos” y errores en los datos de Dependencia
Desde la asociación de directoras y gerentes de Servicios Sociales apuntan a que no se tratan de “listas de espera” si no de “listas de incumplimiento de la Ley”.
Granada
Personas sin hogar Denuncian en Fiscalía al Ayuntamiento de Granada por la falta de refugios climáticos para personas sin hogar
‘La Calle Mata’ denuncia al Ayuntamiento ante Fiscalía por las graves consecuencias para la vida de las personas sin hogar sin posibilidad de refugiarse de las temperaturas extremas del verano
Análisis
Análisis Debemos actuar contra el fraude del cambio de sexo registral
Miembros de las Fuerzas Armadas, de la Guardia Civil o del Cuerpo de Bomberos han tratado de utilizar el derecho al cambio registral de sexo para obtener ventajas. Tanto los operadores jurídicos como la ciudadanía pueden actuar ante estos casos.
En saco roto (textos de ficción)
En saco roto Lo nuevo
En el horizonte crecen edificios, centros comerciales, gasolineras y carreteras. Y, tras la bruma de contaminación, en los días claros se distingue el perfil de las montañas.
Renta básica
IMV El 55% de los hogares que podrían recibir el IMV no lo han solicitado, según la AIReF
La complejidad administrativa, la brecha digital o la falta de modificaciones estructurales en el diseño de la prestación están entre los motivos que señala el organismo independiente.
Más noticias
Crisis climática
Investigación El cambio climático multiplicó las muertes por doce en Madrid y por seis en Barcelona durante la ola de calor
Un estudio estima en 2.300 las muertes durante la pasada ola de calor en Europa. Barcelona ha sido una de las urbes con más fallecimientos y Madrid, la que más ha visto incrementarse la mortalidad por culpa del cambio climático.
Sanidad pública
Sanidad Más de ocho días de media para conseguir una cita con el médico de familia
Un 24,3% de la población declara haber tenido, en alguna ocasión, problemas para acceder a su médico o médica de familia. De estos casos, más de la mitad acudió finalmente a urgencias.
Instituciones culturales
Real Decreto Ley El BOE nombra varios “acontecimientos de excepcional interés público” y los patrocinadores se frotan las manos
El nombramiento como acontecimientos de excepcional interés público concede beneficios fiscales a patrocinadores, donantes y mecenas de eventos como el BBK Live o el Barcelona Mobile World Capital.

Recomendadas

Genocidio
Genocidio La segunda consultora más importante del mundo es señalada por su papel en el despiece de Gaza
Boston Consulting Group está considerada una de las “big three” del sector. Ahora, una serie de informaciones señalan cómo ha estado detrás de la fundación antiUnrwa encargada de la distribución de ayuda y de los planes de expansión en la costa.
Unión Europea
Unión Europea La sociedad del miedo al declive
La angustia ante el futuro acompaña a las sociedades europeas desde hace tiempo y precede a la Unión Europea. Se manifiesta con mayor claridad en los períodos de declive económico y las turbulencias políticas y sociales que los acompañan.