Migración
“A Xunta non ten ningún programa específico en temas de inmigración"

As axudas implantadas para aliviar o impacto da crises económica na sociedade volven a deixar desamparado ao sector poboacional máis vulnerable: as migrantes en estado irregularidade.
18M Coruña antirracismo
Manifestación na Coruña contra o racismo institucional e en memoria de Mame Mbaye. Cedida: Rubén Sánchez
11 jun 2020 16:11

Aínda que non sexa tan visible como noutras comunidades do Estado, a situación migratoria en Galiza tamén esixe medidas urxentes para asegurar na presente crises económica unhas condicións de vida dignas para as persoas sen papeis. No entanto, este colectivo non forma parte da axenda da administración autonómica e tampouco pode acceder ás axudas implantadas polo goberno central no contexto do COVID-19. Miguel Fernández, voceiro e coordinador do Foro Galego de Inmigración, organización que se adica a defender os dereitos da poboación migrante. Falamos co el sobre o racismo institucional que deixa en estado de abandono, vulnerabilidade e exclusión social ás persoas en estado de irregularidade. 

Comparando co sur da península ou Cataluña, Galiza non é un lugar de gran fluxo migratorio. Cal é o estado da situación migratoria? É dicir: cal é a súa distribución, orixe?
En Galiza aproximadamente hai cerca de 100 000 persoas estranxeiras. Realmente é unha porcentaxe moi pequena que corresponde ao 3,4% da poboación total. E respecto á distribución por procedencia, hai case unha quinta parte de persoas procedentes de Portugal, mais a maioría proceden de países latinoamericanos. Tamén hai un grupo numeroso de romaneses, pois como son comunitarios, teñen menos dificultades para entrar. Aquí hai pouca xente procedente de África aínda que hai un grupo bastante estable de persoas de orixe marroquí e, do centro e sur de África, o grupo mais significativo son os senegaleses, que non son moitos, en torno a dous mil ou dous mil e pico. Pero si, a procedencia maioritaria sería de latinoamérica.

En Galiza aproximadamente hai cerca de 100 000 persoas estranxeiras. Realmente é unha porcentaxe moi pequena que corresponde ao 3,4% da poboación total. E respecto á distribución por procedencia, hai case unha quinta parte de persoas procedentes de Portugal, mais a maioría proceden de países latinoamericanos.

Ese sería un pouco o tema por procedencia. E se distribúen como o resto da poboación. Por datos estatísticos, a zona que máis poboación ten é a entorna de Vigo con bastante diferencia porque alí se asentan moitas portuguesas. E logo, outra zona importante é a zona de Coruña e as súas contornas. Son as dúas zonas máis destacadas. Logo hai uns enclaves específicos como por exemplo o grupo de Cabo Verde que leva moito tempo en Burela e tamén hai unha zona en Pontevedra que ten desde hai tempo unha colonia de marroquís. Hai incluso algún Concello da provincia de Ourense que, porcentualmente, é o que ten máis poboación migrante, pero iso tamén é porque son Concellos pequenos. Entón, realmente eles se distribúen como resto da poboación porque é lóxico: procuran onde haxa máis posibilidades de desenvolvemento económico. Entón, igual ca nós imos cara a eses lugares, pois eles tamén. 

E en termos de estado legal?
É difícil saber a porcentaxe que pode haber das persoas en situación irregular. Nós, o calculo que estamos a facer é que pode haber en torno a seis mil ou oito mil persoas en situación irregular, mais é complicado de corroborar. Agora vai diminuíndo a porcentaxe porque está resultando máis complicado entrar ao Estado español e a xente que queda aquí normalmente co paso do tempo vai regularizando a súa situación. Agora, por exemplo, temos o colectivo de venezolanos que normalmente solicitan asilo político e eventualmente pasan a unha situación de legalidade aínda que ás veces a súas circunstancias son moi precarias porque ata que lles dan a resolución do trámite pasan un tempo no que en realidade están legais pero non poden traballar.

A Xunta ten deseñado mecanismos de integración?  
Non. A Xunta non ten ningún programa específico en temas de inmigración. Houbo algún momento no que si que tivo algún programa para estas cuestións, pero agora o único deseño que teñen dentro do plan de inclusión social son unha serie de actividades dirixidas aos colectivos en situación de pobreza e de exclusión social e alí hai unha participación importante da poboación migrante, mais non hai unha cuestión que atenda especificamente a este colectivo. Non se fai política de inmigración, en realidade. 

Desde o Foro Galego de Inmigración identificaron as estratexias ou os xeitos nos que as persoas migrantes sen papeis atopan actividade económica?  
O colectivo de persoas migrantes en situación irregular en xeral no Estado español é bastante numeroso porque aquí as formas de economía informal son máis permeables que noutro países europeos. Entón hai unha parte das persoas que atopan actividade  económica ou traballo na economía somerxida como no emprego doméstico no que coidan persoas e traballan nas casas en condicións bastante precarias. Esa sería unha vía. Outra son traballos relacionados coa hostaleira e os servizos. Tamén hai algúns que traballan na agricultura ou nas explotacións agrarias. Aínda que é verdade que cada vez hai máis dificultades para o traballo informal, co cal as persoas que están en situación irregular teñen máis dificultade para acceder a el. 

Durante a crise sanitaria, as migrantes sen papeis tiveron acceso á atención médica?
Aquí si que houbo un problema. En principio, as persoas migrantes en situación irregular, tal e como estaba a funcionar o sistema antes disto, tiñan que esperar a cumprir tres meses de estar empadroadas aquí para ter atención sanitaria. A partir de alí se lles concedía un acceso ao sistema sanitario en condicións máis ou menos de igualdade co resto. E cando apareceu este tema do COVID-19, o problema foi que as persoas que non tiñan tarxeta sanitaria tiveron conflitos porque unha parte do traballo que fixo a sanidade se facía a través dos médicos de cabeceira. As persoas con síntomas tiñan que estar nas súas vivendas illadas e confinadas e recibían diariamente unha chamada do seu médico de cabeceira. O problema que houbo co colectivo de persoas en estado irregular foi que non tiñan un médico de referencia. Son cuestións que como non se resolven antes, quedan alí no medio.

Como lles está a afectar a crise particularmente aos migrantes? 
Pois é moito peor a situación a nivel laboral para todas estas persoas que están traballando na economía informal. Resulta que todas estas axudas que se fixeron con motivo do COVID-19 como os ERTES ou unha prestación especial que se fixo para as empregadas do fogar que non tiñan dereito ao paro antes, deixan fóra a xente sen papeis pola súa situación de irregularidade administrativa. Alí o impacto será máis forte para este colectivo. 

É moito peor a situación a nivel laboral para todas estas persoas que están traballando na economía informal. Resulta que todas estas axudas que se fixeron con motivo do COVID-19 como os ERTES ou unha prestación especial que se fixo para as empregadas do fogar que non tiñan dereito ao paro antes, deixan fóra a xente sen papeis pola súa situación de irregularidade administrativa.

E que alcance ten o Ingreso Mínimo Vital na poboación migrante? 
O Ingreso mínimo vital (IMV) ten dous problemas básicos. Primeiro: deixa fora ás persoas en situación irregular e isto é un problema porque son persoas residentes e quedan fora desta prestación como xa quedaban das outras. E logo: para as migrantes que residen de forma regular, establecen un período de residencia legal dun ano. Co cal as persoas que non cumpran o primeiro ano de residencia legal non poden acceder ao ingreso. 

Entón, dalgunha maneira, o IMV segue a ser unha medida que hai que valorar como positiva e de avance a nivel social en xeral e de dereitos sociais, pero que deixa fora de novo ao colectivo migrante máis vulnerable. 

E a RISGA supón unha boa opción ou tampouco cubre á esa poboación?
Non. A RISGA é moito máis complicada. É moito máis problemático acceder a ela e tamén deixa fóra estas persoas. A vantaxe que ten o IMV é que se fai a través da seguridade social e só valora os ingresos económicos e o patrimonio das persoas. Non ten que ver con outras cuestións como a RISGA, que inclúe programas de integración social e que ao final acaba sendo unha maraña burocrática moi complicada. É dicir que dentro das prestacións, as únicas que no seu momento cubrían e aínda cobren a xente en situación de irregularidade son algunhas rendas sociais que fixeron algúns Concellos na época das Mareas. Esas rendas municipais, que aquí en Santiago cobran cento e pico persoas unicamente, si que permitiron a entrada de persoas en situación irregular aínda sendo tan burocráticas.

E estas axudas extraordinarias en determinados Concellos son contadas, non? 
Si, son moi poucas. E foi nese momento que se fixeron en Galiza un pouco para cubrir o que pretende o IMV e que non cubre a RISGA nin as prestacións autonómicas para persoas en situación de pobreza e de exclusión social. Pero son limitadas e realmente se circunscriben a uns poucos Concellos. 

A narrativa de que hai axudas para os migrantes irregulares está moi arraigada no imaxinario de moita xente. Mais, existe algún tipo de apoio ou soporte administrado polo Estado que protexa á poboación migrante sen papeis en Galiza? Ou que lles garante servizos básicos? 
Nada. Iso é todo falso. Fíxate que é o único partido que se opón ao IMV, VOX —que é un partido con ideas totalmente fascistas— argumenta que o IMV provoca un efecto chamada. A pesar de que o propio goberno, precisamente para evitar eses conflitos, xa puxo a limitación de que o apoio non cubre ás persoas en estado irregular e que as migrantes que poden acceder teñen que levar un ano aquí residindo legais. Ao final é complicado loitar contra ese tipo de tópicos pero normalmente unha persoa estranxeira migrante residente en Galiza ou en calquera parte do Estado, sempre ten as cousas moito máis complicadas que o resto. Non teñen dereito a algunhas cuestións nin coñecemento de como funciona a sociedade, de como se organiza, do funcionamento das institucións… sempre é máis complicado. Hai moitas axudas que en realidade restrinxen os seus dereitos porque lles obrigan a ter unha determinada residencia legal para poder acceder a elas, cousa que ao resto non nos pasa. 

Ao final é complicado loitar contra ese tipo de tópicos pero normalmente unha persoa estranxeira migrante residente en Galiza ou en calquera parte do Estado, sempre ten as cousas moito máis complicadas que o resto.

Cal é o papel que teñen as organización neste contexto de abandono polo Estado? 
Nós desde o Foro Galego de Inmigración o que sempre intentamos facer é defender os dereitos desas persoas, denunciar ao máximo posible as súas situacións, xerar dinámicas de apoio e intentar que os avances que poidan haber nos dereitos das persoas realmente cheguen a este colectivo. Por exemplo, agora retomaremos unha campaña que di: nin RISGA nin IMV, senón unha renda básica para que sexa efectivamente incondicional e que abarque a toda a poboación. É dicir, queremos ir avanzando neste campo, denunciar as inxustizas e os racismos que o colectivo inmigrante sofre porque hai cousas que non se lles deixa facer porque non teñen posibilidade legal, pero tamén non hai acceso aos recursos legais porque moitas veces as administracións ou os funcionarios non están á altura das circunstancias. Entón nós axudamos a denunciar estas situacións e intentamos xerar un movemento para que os dereitos de todos tamén cheguen a este colectivo. 

Entón que opción ten a poboación migrante para sobrevivir a crises? 
Eu creo que no contexto da crises, o colectivo migrante, como todos os colectivos que están en situación de maior vulnerabilidade, teno moito máis complicado porque non poden acceder a estas axudas que implementou o goberno central desde marzo e que son bastante interesantes xa que están destinadas a que as persoas teñan acceso á renda, que é importante para evitar ao máximo posible as situacións de pobreza e de exclusión social. Unha parte das persoas migrantes que están en situación regular van a ter dereito a estas cuestións e as outras... pois seguirán coas mesmas dificultades que xa tiñan antes. Pouco a pouco a actividade se retomará pero o panorama non pinta ben. É difícil de saber como vai evolucionar a cousa nos próximos meses.

Informar de un error
Es necesario tener cuenta y acceder a ella para poder hacer envíos. Regístrate. Entra en tu cuenta.

Relacionadas

CRTVG - Corporación Radio y Televisión de Galicia
CRTVG A Xunta do PP remata o seu plan de control sobre a CRTVG tras escoller á súa nova directora en solitario
A xornalista Concepción Pombo substituirá, co único aval do Partido Popular, a Alfonso Sánchez Izquierdo. O Goberno de Alfonso Rueda modificou a lei de medios para que os votos do seu partido fosen suficientes para elixila.
Altri
Altri A Plataforma Ulloa Viva cambia a súa directiva para os vindeiros anos de loita contra Altri
A veciñanza da comarca máis afectada escolleu entre dúas listas logo de non chegar a un consenso. A gañadora tratará de ampliar a súa base de socias e socios por toda Galiza e abrirá máis as portas ás grandes organizacións do país, como a CIG.
Genocidio
Genocidio Israel asesina a diez niños que esperaban suplementos nutricionales en un hospital
La Unión Europea sigue evitando la imposición de sanciones al régimen de Tel Aviv. Estados Unidos anuncia sanciones contra la relatora de la ONU que ha denunciado el lucro de las empresas colaboradoras de Israel.
Derechos Humanos
Flotilla de la Libertad Yanis Mhamdi: “Israel es el Estado que mata más periodistas en todo el mundo”
Este periodista de Blast fue uno de los integrantes de la Flotilla de la Libertad. En esta entrevista cuenta cómo transcurrieron las horas en las que este grupo de defensores de derechos humanos estuvieron bajo detención ilegal en Israel.
Salud laboral
Salud laboral Ser migrante y cosechar a más de 40 grados: el impacto del calor en un invernadero de Almería
La mitad de los trabajadores de la agricultura encuestados en Almería, Huelva y Lleida admitió haber experimentado al menos tres síntomas relacionados con enfermedades por calor durante las temporadas de verano.
Kenia
Kenia 31 muertos por violencia policial en Kenia en las últimas manifestaciones contra la nueva Ley de Finanzas
La sociedad civil keniana retoma las protestas tras tumbar un proyecto similar hace un año. El país se enfrenta a una crisis fiscal causada por el aumento de pagos de la deuda externa.
Falsos autónomos
Falsos autónomos El juez del caso Glovo carga contra el Estatuto de los Trabajadores y la libre competencia
El texto en el que el magistrado libra a la empresa de reparto de la demanda que le interpuso Just Eat es un ataque a las sentencias del Tribunal Supremo y a la Ley Rider, pero también a la seguridad jurídica que la derecha dice defender.
Gobierno de coalición
Gobierno de coalición Sánchez sale del Congreso escaldado pero vivo tras su comparecencia por el Caso Koldo
El Gobierno anuncia un nuevo Plan Estatal contra la corrupción. Sánchez recuerda en sede parlamentaria las corruptelas pasadas de las administraciones de Felipe González, José María Aznar y Mariano Rajoy.

Últimas

Granada
Personas sin hogar Denuncian en Fiscalía al Ayuntamiento de Granada por la falta de refugios climáticos para personas sin hogar
‘La Calle Mata’ denuncia al Ayuntamiento ante Fiscalía por las graves consecuencias para la vida de las personas sin hogar sin posibilidad de refugiarse de las temperaturas extremas del verano
Análisis
Análisis Debemos actuar contra el fraude del cambio de sexo registral
Miembros de las Fuerzas Armadas, de la Guardia Civil o del Cuerpo de Bomberos han tratado de utilizar el derecho al cambio registral de sexo para obtener ventajas. Tanto los operadores jurídicos como la ciudadanía pueden actuar ante estos casos.
En saco roto (textos de ficción)
En saco roto Lo nuevo
En el horizonte crecen edificios, centros comerciales, gasolineras y carreteras. Y, tras la bruma de contaminación, en los días claros se distingue el perfil de las montañas.
Renta básica
IMV El 55% de los hogares que podrían recibir el IMV no lo han solicitado, según la AIReF
La complejidad administrativa, la brecha digital o la falta de modificaciones estructurales en el diseño de la prestación están entre los motivos que señala el organismo independiente.
Crisis climática
Investigación El cambio climático multiplicó las muertes por doce en Madrid y por seis en Barcelona durante la ola de calor
Un estudio estima en 2.300 las muertes durante la pasada ola de calor en Europa. Barcelona ha sido una de las urbes con más fallecimientos y Madrid, la que más ha visto incrementarse la mortalidad por culpa del cambio climático.
Sanidad pública
Sanidad Más de ocho días de media para conseguir una cita con el médico de familia
Un 24,3% de la población declara haber tenido, en alguna ocasión, problemas para acceder a su médico o médica de familia. De estos casos, más de la mitad acudió finalmente a urgencias.

Recomendadas

Genocidio
Genocidio La segunda consultora más importante del mundo es señalada por su papel en el despiece de Gaza
Boston Consulting Group está considerada una de las “big three” del sector. Ahora, una serie de informaciones señalan cómo ha estado detrás de la fundación antiUnrwa encargada de la distribución de ayuda y de los planes de expansión en la costa.
Unión Europea
Unión Europea La sociedad del miedo al declive
La angustia ante el futuro acompaña a las sociedades europeas desde hace tiempo y precede a la Unión Europea. Se manifiesta con mayor claridad en los períodos de declive económico y las turbulencias políticas y sociales que los acompañan.