Movilidad
Soñan os políticos con coches eléctricos?

A promesa do coche eléctrico estase a converter nunha icona da chamada "Transición Enerxética". Mais canto ten de mito irrealizable?

Coche eléctrico_1

Coordinador do Instituto Resiliencia

18 ene 2019 06:00

Parafraseando o título da novela de Philip K. Dick no que se baseara a película Blade Runner, é preciso preguntármonos se os nosos políticos están a soñar con coches eléctricos ou realmente esta "transición" da mobilidade que nos comezaron a vender é algo realizable. Poñendo atrancos por un lado para eliminar paulatinamente (algúns) vehículos movidos a petróleo, mentres comezan a apuntar nos discursos e nas medidas de goberno cara á promoción dos eléctricos, os nosos gobernantes dan a entender que as autovías han estar cheas de coches eléctricos de aquí a poucos anos. Mais imos facer algunhas preguntas necesarias para comprender de que nos están a falar en realidade.

O coche eléctrico é un medio de trasporte que non contamina? Falso. En primeiro lugar, a construción de calquera vehículo, leve motor de combustión ou non, require extraer e traballar os materiais (minaría, fundición, moldeado, plásticos, fibra de carbono, vidro, etc.), transportalos (sumando en total milleiros de quilómetros ao seu lombo), ensamblalos nas factorías, e finalmente facelos chegar aos concesionarios onde se venden. Todo ese proceso implica un gran consumo de enerxía, en boa medida fósil, e polo tanto emisións de gases de efecto invernadoiro. Xa que logo, o coche "neutro en carbono" ou "de emisións 0" non existe, e xa cando sae de fábrica ten consumido a enerxía equivalente a uns 20 barrís de petróleo (máis ou menos o que gastaría un coche en gasolina para percorrer 78.000 km, case 2 voltas completas ao planeta!). E mesmo se ten calculado que esa enerxía é meirande no caso dos coches eléctricos, por culpa da batería e da electrónica. En segundo lugar, e partindo deste gasto inicial, xa se pode entrar a diferenciar en canto á enerxía que consume para circular un tipo de coche e mais o outro. Aquí son coñecidas as emisións dos coches de gasolina e gasóleo, mais non tanto as dos coches eléctricos. Porque o que se ve á primeira vista é que non teñen tubo de escape polo que saia fume ningún; porén, o que si fumea son as centrais térmicas (carbón), de ciclo combinado (gas natural) ou nucleares (uranio) que xeran os electróns cos que se cargan as baterías destes coches supostamente "limpos". Se tomamos a composición media da enerxía que se consume en España en forma eléctrica veremos que menos dun 50% procede de fontes chamadas "renovables". Así pois, o coche eléctrico afasta a contaminación aos lugares onde se produce a electricidade, pero non a elimina.

O coche eléctrico non é "de emisións cero": afasta a contaminación aos lugares onde se produce a electricidade de orixe non renovable.

Si, pero, a mobilidade eléctrica é o futuro, non si? É, e non é. É, porque unha vez se esgoten os combustibles fósiles, o transporte eléctrico poderá seguir tendo un lugar dentro das diversas modalidades de trasporte sostible (outras son vellas coñecidas da nosa especie: a tracción animal, a navegación a vela...; e diversos enxeños relativamente modernos e sostibles: a bicicleta, os dirixibles...). Mais non é "o futuro" no sentido que está implícito en todas as mensaxes que se lanzan desde os gobernos e desde a industria do automóbil: non poderemos ter 1.500 millóns de coches eléctricos como hoxe temos de combustión. E non poderemos, por varias razóns. En primeiro lugar, o custo enerxético e material de fabricalos. Fabricar 1.500 millóns de coches, consumiría aproximadamente 21.000 millóns de barrís de petróleo. E se temos en conta as emisións da súa fabricación, que se poden situar entre 5 e 35 toneladas de CO2 por vehículo, implicaría unhas emisións totais de até 52,5 xigatoneladas de CO2, que é o 141% de todo o CO2 emitido no mundo no 2018!

Seat cadena montaje
Foto:SEAT

Vale, adiantariamos o esgotamento do petróleo e emitiriamos aínda máis CO2, pero... podería compensar facelo, non si? Dificilmente. En primeiro lugar porque a situación da mudanza climática é de tal emerxencia que suporía un erro suicida: no canto de deter as emisións, engadir case 1 ano e medio de emisións adicionais. Iso aceleraría aínda máis a mudanza climática, ¿e non era o coche eléctrico unha solución para a mudanza climática? Á parte do feito de que é dubidoso que existise o material preciso para fabricar 1.500 millóns de baterías e para ilas repoñendo cada poucos anos (as baterías teñen unha vida útil que, loxicamente, depende moito do seu uso, pero que sabemos que é duns poucos anos, no mellor dos casos): se tomamos para o cálculo unha batería con 3 quilos de litio, fabricar ese millardo e medio consumiría, dun golpe, un terzo de todas as reservas mundiais deste estratéxico mineral. En calquera caso, esa enerxía e eses materiais finitos poderían —e deberían— ser utilizados para outras cuestións realmente críticas para a sociedade. E iso lévanos a formular unha pregunta básica: cantos dos nosos desprazamentos actuais son realmente precisos e cantos deles se poderían evitar con medidas de reorganización social?

A enerxía e material finitos precisos para substituír o parque mundial por coches eléctricos sería mellor utilizalos para verdadeiras necesidades.

Pero, facer o trasporte "sustentable" non consiste simplemente en trocar motores de combustión por eléctricos? Falso. Iso non pode ser sustentable, polos problemas de enerxía, contaminación e materiais mencionados. A transición a un trasporte sustentable debe comezar por reducir a hipermobilidade que caracteriza o noso actual e insostible modo de vida. Debemos reducir, e moito, os desprazamentos das persoas e das mercadorías (neste último caso revertendo boa parte da irracional mundialización económica). Iso non se fai trocando un tipo de coche polo outro. Iso implica repensar o comercio a nivel nacional e internacional, e reestruturar as nosas cidades e entornos rurais para que a xente teña que desprazarse menos, para que atope os seus servizos básicos, o seu traballo, o seu alimento e o seu lecer en distancias curtas, maximizando os percorridos a pé ou en vehículos particulares sustentables (principalmente bicicletas). E para cando haxa que percorrer distancias maiores, transporte colectivo público ou vehículos compartidos. A transición cara a unha mobilidade sustentable non é que signifique a fin do coche movido a petróleo, é que significa a fin do coche particular como produto de masas. Seguirá habendo coches despois do petróleo, si, mais só para servizos de urxencias, taxis, e para unha minoría de persoas que o poderán comprar e manter.

Daquela, o coche eléctrico non é para todos? Non, non pode ser un produto de masas. Os seus prezos son prohibitivos hoxe en día para a maioría da poboación e non hai indicios de que vaian baixar até os prezos habituais dos vehículos de motor térmico. Daquela, o coche privado volvería ser un artigo de luxo, como o foi nos inicios da automoción. Isto quere dicir que resultaría inxusto financialo (e, sobre todo, financiar as súas infraestruturas de recarga) desde os gobernos como se está comezando a facer, mesmo os locais, pois implicará un transvase de riqueza dos máis pobres —que nunca o poderán ter— para os máis ricos —que serán quen o gocen—.

Financiar o coche eléctrico desde os gobernos implica un transvase de riqueza da maioría a unha minoría que será a que o goce.

Entón, non teñen futuro os vehículos eléctricos? Teñen, mais non deste tipo nin tantos. É dicir, ten moito máis sentido construír vehículos lixeiros, nos que se aproveite moito mellor a axuda dunha pequena batería eléctrica (patinetes e bicicletas eléctricas, principalmente) e para cuxa fabricación se requira moitísimo menos material e emisións, e non coches de 1 Tn movidos enteiramente por baterías de gran capacidade. E, sobre todo, teñen sentido os vehículos eléctricos colectivos, como curiosamente xa existían nas cidades galegas hai un século: tranvías, trens, trolebuses, etc.

En resumo, non podemos soñar con 1.500 millóns de coches eléctricos: o único futuro realista do trasporte pode ser, ou ben coches eléctricos para uns poucos —que acabariamos pagando entre todos—, ou ben trasporte colectivo eléctrico para todos, complementando con pequenos vehículos, e se cadra tamén con algúns biocombustibles procedentes de residuos. Cal destes dous futuros é o que imos escoller?

Sobre este blog
O Centro de Saberes para a Sustentabilidade (CSS) é un Regional Centre of Expertise on Education for Sustainable Development recoñecido oficialmente pola Universidade das Nacións Unidas. Ten como misión fundacional “informar, sensibilizar e implicar a comunidade educativa e a sociedade no seu conxunto na promoción da transformación social necesaria para o cumprimento dos Obxectivos de Desenvolvemento Sustentable a través de experiencias cos pés na terra que fomenten a conservación, a sustentabilidade, a protección ambiental e a resiliencia“. O goberno do CSS é horizontal e democrático a través dun Consello Reitor formado por representantes de todos os axentes participantes. Máis información: http://www.saberes.eu
Ver todas las entradas
Informar de un error
Es necesario tener cuenta y acceder a ella para poder hacer envíos. Regístrate. Entra en tu cuenta.

Relacionadas

Decrecimiento
Ampliación aeropuerto La insostenible sostenibilidad de Barcelona
La ampliación del aeropuerto de Barcelona es un proyecto impregnado de la cultura del siglo XX, con evidentes implicaciones en la destrucción de una naturaleza y una ciudad que han alcanzado sus límites.
Río Arriba
Río Arriba Luis González Reyes: “Vivimos en un mundo en el que la escasez es un elemento central”
Primera entrevista del programa Río Arriba en formato podcast y vídeo donde hablamos de las nuevas guerras neocoloniales por recursos en la era de Trump y Putin, de la escasez, del decrecimiento y el colapsismo.
Tribuna
Tribuna Decrecimiento azul: un enfoque necesario para mares al límite
Mientras se celebra la UNOC3 y en el contexto de cambio climático y pérdida de biodiversidad al que nos enfrentamos se necesita —también en el mar— un cambio de paradigma donde el crecimiento y la ausencia de límites dejen de ser la norma.
#29297
18/1/2019 13:23

Muy buen artículo, Manuel, yo añadiría sin embargo muchas cosas importantes:
1.- Ahora las baterías de litio tienen entre 5 y 10 kg del mineral, como calculamos nosotras, según las cantidades de las explotaciones a cielo abierto que nos amenazan, una mina a cielo abierto cuyo mineral, ambligonita, tiene como mucho un 0.7 % de litio, daría para menos de 10.000 coches y destruiría para siempre miles de hectareas de suelo fértil, dejando a toda una comarca sin agua potable. ¿Es eso soste- qué? o es extractivismo sucio y devastador.
2.-Todo el oeste de la península ibérica está amenazado de minería de litio por culpa de los malditos coches eléctricos que serán sólo posibles para cuatro, y habría que cambiar la batería en menos de 5 años...como ya se explicó perfectamente en el Blog de Antonio Turiel: http://crashoil.blogspot.com/2016/12/apuntes-sobre-vehiculos-electricos.html
3.- El coche eléctrico necesita cobalto, y según los entendidos las reservas de cobalto son aún mucho más reducidas y localizadas y si se hiciera esa transformación sólo habría para 16 años!!
Bueno, pues qué es lo que están pensando los políticos y los que les asesoran de esa tan cacareada transición energética? Todo mentira. Todo imposición de la Inquisidora UE del norte de Europa, todo para unos pocos y muy pocos..
Y no quiero decir ya nada de las tierras raras y la que están liando. Gracias Manuel

5
0
Sobre este blog
O Centro de Saberes para a Sustentabilidade (CSS) é un Regional Centre of Expertise on Education for Sustainable Development recoñecido oficialmente pola Universidade das Nacións Unidas. Ten como misión fundacional “informar, sensibilizar e implicar a comunidade educativa e a sociedade no seu conxunto na promoción da transformación social necesaria para o cumprimento dos Obxectivos de Desenvolvemento Sustentable a través de experiencias cos pés na terra que fomenten a conservación, a sustentabilidade, a protección ambiental e a resiliencia“. O goberno do CSS é horizontal e democrático a través dun Consello Reitor formado por representantes de todos os axentes participantes. Máis información: http://www.saberes.eu
Ver todas las entradas
Ocupación israelí
Israel Netanyahu viaja a Washington para reunirse con Trump y valorar una posible tregua en Gaza
Hamás ha dado el visto bueno al acuerdo; pero los israelíes quieren peinar algunos flecos pendientes. El grupo islamista pide garantías y la retirada de las FDI del enclave.
Francia
Francia ¿Unas primarias de la izquierda francesa? La idea seduce a socialistas y verdes pero Mélenchon la rechaza
El PS, los Ecologistas y sectores disidentes de la Francia Insumisa defienden recuperar el espíritu de la coalición unitaria del Frente Popular y presentar a un solo candidato en las elecciones presidenciales de 2027.
Cine
Cine Rezad por los viajeros
‘Les voyageurs’, ópera prima del camerunés David Bingong, es un retrato de la vida de los inmigrantes que esperan para cruzar la frontera que separa Marruecos de España.
Fútbol
Fútbol El equipo de fútbol femenino decidido a construir un nuevo Sudán desde el exilio
Un equipo de fútbol de desplazadas sudanesas en El Cairo lucha por continuar con el sueño de jugar. En el exilio, continúan entrenando.
Obituario
Obituario Jane Lazarre (1943-2025)
La escritora neoyorquina, autora de ‘El nudo materno’, falleció el pasado mes de junio. Su obra conectó enseguida con entorno feministas por ofrecer un relato de la experiencia materna más allá de las estrechas paredes del hogar
Extrema derecha
Extrema derecha Estados Unidos declara la guerra contra los pobres con la ley “grande y bella” de Trump
VV.AA.
La norma presupuestaria, que contempla más de un centenar de disposiciones, convierte a ICE en el cuerpo de seguridad del Estado más financiado y es un cheque en blanco para las grandes contaminantes.

Últimas

Comunidad de Madrid
Comunidad de Madrid Una “victoria moral” da alas a la Plataforma STOP Planta de Biogás en Colmenar y Tres Cantos
La aprobación en el último pleno de una moción para revertir la declaración de utilidad pública del proyecto infunde ánimos a la plataforma, que ya ha denunciado el procedimiento ante los tribunales.
Notas a pie de página
Notas a pie de página ¡Parecían tan buenos!
La desaparición de niñas y niños de las calles tuvo lugar a la vez que se construía un relato idílico sobre la infancia. En ‘República luminosa’, Andrés Barba retrata su vuelta como grupo inquietante.
Más noticias
Palestina
Palestina Albanese presenta su informe ante la ONU: “Gaza es el escenario de un crimen”
El Consejo de Derechos Humanos atiende al reporte sobre el lucro de empresas y bancos en el actual genocidio de Gaza. The Guardian califica de “posible crimen de guerra” el ataque contra una cafetería en la que murieron 39 personas.
Opinión
Opinión Sirat y las zonas temporalmente autónomas
En la película de Olivier Laxe prevalece el relato sobre la deserción del mundo que una mirada a la propia creación de la comunidad que surge en torno a las raves.

Recomendadas

Laboral
Laboral Reivindicar los derechos laborales en microempresas, el reto de los sindicatos
Nuevas estrategias hacen frente a realidades como las de los falsos autónomos o los puestos en remoto, mientras el PP quiere restringir aún más los comités de empresa.
En el margen
En el margen Aisetou Kajakeh: “Nosotras no estamos rompiendo techos de cristal, sino sorteando muros”
Esta socióloga española asegura que las asociaciones gambianas en España mantienen un vínculo directo con el lugar de origen, lo que hace que nunca pierdan la conexión con las raíces.
Salud mental
Laura Martín López-Andrade “La psiquiatría es una profesión potencialmente muy peligrosa”
La psiquiatra granadina defiende desde Málaga otro tipo de psiquiatría que huye de los diagnósticos y de la jerarquía y cambia la palabra tratamiento por acompañamiento.