Economía
O principio da fin do gasóleo

O conflito bélico na Ucraína veu a acelerar o declive da enerxía fósil que move o capitalismo mundializado.
Camiones en la carretera

Coordinador do Instituto Resiliencia

30 mar 2022 09:00

O combustible dos motores diésel, o gasoil ou gasóleo, é o sangue do noso sistema económico. E estamos a presenciar nestes días o comezo dunha hemorraxia á que se tenta por freo con parches gobernamentais pero que en realidade é imposible de deter, é irreversible, polo simple feito de que cada vez queda menos materia prima coa que fabricar gasóleo e non haberá substituto viable nin a tempo nin na escala necesaria. Numerosos sectores económicos do noso país e de España están en pé de guerra, con protestas e paros debido ao encarecemento dos prezos da enerxía, concretamente da electricidade (vencellado co prezo do gas natural dun xeito forzado e desaxeitado) mais sobre todo do combustible diésel, vital en sectores críticos para un fluído funcionamento do sistema socioeconómico industrializado como é o transporte por estrada.

Barcos que fican no porto porque non lles compensa faenar cos actuais prezos do gasóleo que precisan queimar os seus barcos (centos de milleiros de litros para ir faenar até o Gran Sol, por exemplo); agricultores que pensan en pechar as explotacións porque entre a suba dos pensos, da luz e do gasóleo para os tractores acaban perdendo cartos; camioneiros atrapados entre a parede dos prezos inamovibles que lles pagan os clientes e a espada cada vez máis próxima dos custos crecentes do gasóleo... O sistema enteiro abanea con comercios e empresas desabastecidas de todo tipo de produtos coa ameaza da falta de alimentos pende sobre toda a sociedade, e mesmo a nivel internacional. Mais todo isto que está a acontecer nin é por culpa (soamente) de Vladimir Putin nin se vai amañar subsidiando o gasóleo desde os gobernos.

O problema co diésel non se vai amañar subsidiándoo desde os gobernos, porque vén de atrás e é irreversible.

O problema viña de atrás, e a invasión rusa de Ucraína tan só premeu o botón de fast-forward para adiantar os efectos previsibles dun declive da dispoñibilidade mundial de gasóleo da que xa levaban tempo advertindo analistas como Antonio Turiel. Se o petróleo é un combustible finito que está xa a devalar, un dos seus derivados, o máis vital para diversos modos de transporte e mais para a agricultura, o gasóleo, está a caer a maior velocidade debido a que para a súa elaboración se precisa refinar precisamente o tipo de petróleos que antes comezaron escasear, unha situación que só pode empeorar a partir de agora. Desde 2015 non se dá producido máis diésel, e tras apenas catro anos de produción estancada, a caída da produción está a ser vertixinosa. Isto explica cousas impensables até onte mesmo, coma que, por exemplo, os EUA se volvan achegar agora á Venezuela bolivariana e mesmo ao maléfico Irán, na procura do tipo de petróleo apto para facer diésel e que viñan adquirindo a Rusia (sumando case un cuarto do seu consumo) até pouco despois da súa intervención militar na Ucraína.

Nas últimas semanas os sinais dun desabastecemento inminente de gasóleo non deixan de multiplicarse: importantes petroleiras xa non subministran gasóleo ao contado a países coma Alemaña; Arabia Saudita acaparou por sorpresa cantidades inauditas de gasóleo no mercado internacional, mesmo sendo coma son unha potencia petroleira; China decretou que as súas refinarías deixen de exportar gasolina e gasóleo e se destine todo ao mercado interno a partir de abril; Suráfrica pensa xa en racionar este tipo de combustible, ao igual que Alemaña; Tailandia vén de poñer un tope ao seu prezo; en Austria restrinxíronse as vendas; India enviou de urxencia gasóleo para unha Sri Lanka de repente desabastecida; e Pakistán está a ter enormes problemas para atopar quen lle venda este combustible... Loxicamente tanto os efectos directos da invasión rusa coma os indirectos por medio das sancións económicas impostas por numerosos países contra o Kremlin, explican en boa medida a rapidez e profundidade desta crise de desabastecemento, pero ao mesmo tempo están a agachar que había un grave problema previo de fondo e que, unha vez remate a guerra, o Peak Diesel ha seguir estando aí coma un fenómeno irreversible e de consecuencias incalculables. E daquela non van valer subsidios nin rebaixas de impostos, porque unha cousa é que haxa combustible pero que estea moi caro, situación na que se pode xogar cos parámetros económicos desde o privado (repercusión de prezos aos clientes) ou desde o público (subsidios, bonificacións, rebaixa de impostos); mais outra moi distinta é que non haxa suficiente combustible, situación á que nos diriximos a toda velocidade, e ante a cal a reacción dos gobernos está a ser practicamente nula.

Multiplícanse en todo o mundo os sinais dun inminente desabastecemento de gasóleo.

O pasado día 23 no Congreso dos Deputados un dos parlamentarios máis conscientes da situación do colapso na que vivimos, Albert Botran, volveu sacar o tema nas preguntas ao goberno, como xa fixera antes da guerra, e lanzou á ministra Teresa Ribera a pregunta do millón, lembrándolle as advertencias de declive inminente do petróleo lanzadas desde a Axencia Internacional da Enerxía, e apostando por un “decrecemento xusto e planificado” como resposta a unha “crise enerxética que a guerra acelerou pero que xa viña de antes, e que ten que ver cos límites do crecemento”. O deputado da CUP preguntoulle á ministra de Transición Ecolóxica, “alén das medidas de urxencia, que son precisas” cales eran as “medidas estruturais [que] están a tomar para facer fronte á crise enerxética”. A vicepresidenta Ribera, tras darlle a razón, escorreu o vulto aludindo a plans xenéricos e lugares comúns como a “transición enerxética”, a “descarbonización”, a “electrificación”, o “aforro e eficiencia”, o “consumo enerxético intelixente” (?), que dixo que van buscar agora dun xeito “acelerado”, e que vendeu como estratexias que van traer “industrialización, innovación e emprego”, cando á vista está que cando falta gasóleo (ou combustible fósil en xeral) o efecto é xusto o contrario: as industrias pechan e a xente fica sen emprego, e moi probablemente, se non se abordan medidas drásticas en previsión dos desabastecementos de camións e tractores, tamén sen alimento. Botran replicoulle criticando o carácter puramente “neoliberal” desas medidas e sinalando un dos grandes fallos (hai máis, como xa temos explicado) da estratexia de Transición Enerxética deste e doutros gobernos europeos: non se poden electrificar todos os usos do petróleo e do gasóleo. A ministra, consciente de que non teñen unha resposta a esta grave eiva das súas políticas, evitou facer o máis mínimo comentario ao respecto e o debate parlamentar proseguiu como se tal cousa.

Con todo, Ribera non é a única que non ofrece verdadeiras solucións que vaian ao fondo do problema. Malia ser unha institución que está a advertir dunha maneira medianamente aberta do grave panorama que temos por diante co tema da enerxía fósil, as medidas parche recomendadas pola propia AIE foron duramente criticadas por expertos coma o ex director do INEGA Xoán Doldán (no caso do gas), e tamén polo propio Turiel (as posteriores relativas ao petróleo). Probablemente o goberno español debería ollar máis a medidas de carácter estrutural propostas polo movemento para a concienciación sobre o Peak Oil e polo Decrecemento, formado por persoas de ciencia e activistas, coma as contidas na Guía para o descenso enerxético (2013), os diversos plans publicados pola Asociación Véspera de Nada por unha Galiza sen petróleo para ámbitos coma o galego (a máis recente en 2016), polo grupo EmerCiv para o caso español (2018), ou por un dos economistas máis conscientes do Estado español, Vicent Cucarella (2021), aos que cabería sumar os diversos escenarios para o transporte pospetróleo explorados polo GEEDS (2020).

Se os gobernos non actúan agora indo máis alá dos parches recomendados pola AIE, as consecuencias serán devastadoras.

Do contrario, expoñémonos ás devastadoras consecuencias previstas na devandita Guía, agravadas ademais polos conflitos bélicos presentes e futuros e polo caos climático: “o desabastecemento dos supermercados, consecuencia previsíbel do colapso da cadea alimentar industrial”, a “escaseza de produtos, servizos e estruturas socioeconómicas dependentes do petróleo”, o “fallo dunhas industrias a causa do colapso do transporte de mercadorías [que] irá afectando previsiblemente a outras coas que se relacione, nun efecto dominó de colapsos en cadea”, o “peche de moitas das empresas actualmente existentes, especialmente as máis dependentes do petróleo e máis consumidoras de enerxía”, o “fallo das subministracións de insumos nas granxas, tras un período máis ou menos longo de escaseza e prezos cada vez máis altos: pensos, maquinaria, combustíbeis, plásticos, fitoquímicos, fertilizantes artificiais...”, e un longo etcétera que debería estar sobre a mesa non só da presidencia da Xunta de Galicia e do goberno de España coa súa fracasada oficina de Prospectiva, senón tamén de todos os sindicatos e organizacións patronais do país.

Cando os camións deixan de circular, o colapso dun sistema con tan pouco grao de autosuficiencia local coma o actual é inevitable. Agora circulan en lentas caravanas de protesta, pero aínda circulan; o realmente grave será cando deixen de ter combustible para poder facelo (e non imos poder evitar que ese día chegue) antes de que os gobernos apliquen medidas para transformar urxentemente o sistema cara a unha maior relocalización socioeconómica e, en consecuencia, a unha dependencia moito menor dos combustibles fósiles para os nosos servizos críticos: agricultura, transporte de bens esenciais, servizos públicos, etc. E ese declive terminal podería estar moi preto: Turiel vén de lanzar a alerta na TV pública catalá de que en apenas dúas semanas Europa pode comezar a experimentar desabastecemento de gasóleo.

Nas sociedades industrializadas vivimos tan só “a nove comidas do caos”, como advirtiu no seu día a New Economics Foundation. A dependencia mortal que cómpre corrixir antes de que sexa tarde non é a que temos con respecto a Rusia ou Arxelia ou Arabia ou os EUA, senón a que temos con respecto ás enerxías fósiles veñan de onde viñeren. Ou nos desenganchamos delas a tempo pola única vía posible do decrecemento xusto e ordenado, ou sobrevirá pola forza dos feitos un colapso caótico e brutal cun sufrimento social que apenas podemos alcanzar a albiscar. Fallar no deber de recoñecelo, explicalo e preparar urxentemente a poboación para aumentar a súa resiliencia ante este choque inminente, só pode ser cualificado como unha irresponsabilidade criminal dos nosos gobernantes, da que serían cómplices unhas forzas políticas da oposición que tampouco están a pór as cartas boca arriba. A nosa clase política leva medio século sendo negacionista da existencia dun muro impenetrable co que a nosa civilización está a piques de bater a toda velocidade, e agora xa apenas queda tempo para tentar un arriscado volantazo ou para saltar do coche en marcha.

Sobre este blog
O Centro de Saberes para a Sustentabilidade (CSS) é un Regional Centre of Expertise on Education for Sustainable Development recoñecido oficialmente pola Universidade das Nacións Unidas. Ten como misión fundacional “informar, sensibilizar e implicar a comunidade educativa e a sociedade no seu conxunto na promoción da transformación social necesaria para o cumprimento dos Obxectivos de Desenvolvemento Sustentable a través de experiencias cos pés na terra que fomenten a conservación, a sustentabilidade, a protección ambiental e a resiliencia“. O goberno do CSS é horizontal e democrático a través dun Consello Reitor formado por representantes de todos os axentes participantes. Máis información: http://www.saberes.eu
Ver todas las entradas
Informar de un error
Es necesario tener cuenta y acceder a ella para poder hacer envíos. Regístrate. Entra en tu cuenta.

Relacionadas

Opinión
Guggenheim Urdaibai Respuesta al Agirre Center: no participaremos en este juego con cartas marcadas
VV.AA.
El “proceso de escucha” se invalida a sí mismo al existir un plan ya elaborado y no publicado “de expansión discontinua del Guggenheim de Bilbao en Urdaibai”.
Opinión
Space X Los viajes al espacio y el efecto Katy Perry
El 2024 fue el año más caliente desde que hay registros, mientras que Katy Perry y un puñado de millonarias nos deleitaron con su viaje espacial cortesía de Jeff Bezos.
Opinión
Opinión La coherencia de las políticas de Trump
No se pueden entender los aranceles de Trump sin su lucha por el control de los recursos minerales, sin Groenlandia, Ucrania o la República Democrática de Congo.
Sobre este blog
O Centro de Saberes para a Sustentabilidade (CSS) é un Regional Centre of Expertise on Education for Sustainable Development recoñecido oficialmente pola Universidade das Nacións Unidas. Ten como misión fundacional “informar, sensibilizar e implicar a comunidade educativa e a sociedade no seu conxunto na promoción da transformación social necesaria para o cumprimento dos Obxectivos de Desenvolvemento Sustentable a través de experiencias cos pés na terra que fomenten a conservación, a sustentabilidade, a protección ambiental e a resiliencia“. O goberno do CSS é horizontal e democrático a través dun Consello Reitor formado por representantes de todos os axentes participantes. Máis información: http://www.saberes.eu
Ver todas las entradas
Eléctricas
Oligopolio eléctrico Sánchez no admite responsabilidades en el apagón mientras sus socios piden nacionalizar la red eléctrica
El presidente del Gobierno señala a los “operadores privados”, entre ellos Red Eléctrica, cuyos últimos dos presidentes vienen del PSOE y cuyo principal accionista es el Estado, con el 20%, seguido por el 5% de Amancio Ortega.
Antimilitarismo
Rearme El gasto militar mundial se dispara
El gasto militar en el planeta aumentó en 2024 un 9,4% respecto a 2023, lo que supone el mayor incremento interanual desde la Guerra Fría.
Pobreza energética
Energía Apagón crónico: lugares donde no volverá la luz, a pesar de la restauración del sistema eléctrico
Miles de personas en el Estado español viven día a día apagones y falta de suministro en lugares como Cañada Real (Madrid), la Zona Norte de la ciudad de Granada o los asentamientos de jornaleras y jornaleros migrantes en Huelva y Almería
València
València El tejido social presenta su propuesta de reconstrucción tras la dana
Los Comités Locales de Emergencia y Reconstrucción y las asociaciones de víctimas definen los presupuestos de Mazón y Vox como una declaración de guerra.
Galicia
Galicia La Xunta aprobó la celulosa de Altri argumentando que su chimenea de 75 metros sería “icónica”
El Informe de Patrimonio Cultural, favorable a la multinacional, se emitió en base a dos encargos externos, contratados y pagados por la empresa al ex presidente y al actual tesorero de Icomos-España.

Últimas

Eventos
Evento Un Salto al periodismo desde el barrio: acompáñanos en un directo sobre periodismo situado
El Salto organiza un evento centrado en el potencial de los formatos sonoros para transmitir información veraz y fiable de forma cercana. Para hacer periodismo desde el barrio y barrio desde el periodismo.
Opinión
Opinión Provoquemos la próxima interrupción
Lo que nos resta es gobernar el apagón que habrá de venir, ser la causa colectiva de las próximas interrupciones, aquellas que lleven al fin de este mundo desbocado y sin sentido.
Energía
Energía El gran apagón de abril | El suministro de energía se recupera al 99%
Pedro Sánchez explica que se produjo una “pérdida” del 60% de la electricidad a las 12:33h: “15 gigavatios se han perdido súbitamente del sistema en apenas 5 segundos. Aproximadamente el 60% del sistema eléctrico”.
Energía
Energía La ley marca permisos retribuidos para situaciones como el apagón eléctrico
El Estatuto de los Trabajadores, en su artículo 37.3, protege a la plantilla cuando no es posible llegar a su puesto de trabajo o desarrollar con normalidad su tarea en situaciones como no tener electricidad durante horas.
Electricidad
Apagón ¿Qué le puedo reclamar a la empresa eléctrica y al seguro tras el apagón?
Tras el incidente con la electricidad de este lunes 28 de abril, los consumidores deben conocer qué pueden reclamar a las compañías de la luz o a sus seguros.
El Salto Radio
El Salto Radio Desmantelando E2 I El racismo institucional y sus grietas
Las redes de apoyo mutuo y la actitud de compartir privilegios son herramientas imprescindibles para combatir los impactos del racismo estructural.
Más noticias
València
València La jueza de la dana acorrala al relato político de Mazón
El president viaja a Estados Unidos la semana en la que el PP europeo celebra su congreso en València y no acudirá a la multitudinaria romería de Santa Faz.
Crisis climática
Informe Las diez empresas más contaminantes del país son responsables de un quinto de las emisiones españolas
Repsol mantiene el podio gris de empresa más contaminante que le arrebató a Endesa en 2020. Completan el top 10 de compañías más emisoras energéticas, cementeras y siderúrgicas, que copan entre ellas el 56% de las emisiones del mercado de carbono.
Comunidad de Madrid
Energía El apagón en Madrid, en imágenes
En Madrid, la gran urbe ha permanecido incrédula al pasar de las horas, entre rescates en el Metro, en el Cercanías y en ascensores, donde han quedado atrapadas algunas personas.

Recomendadas

Senegal
Migraciones El mito de la migración ordenada: la denegación de visados por el Consulado de España en Dakar
Maltrato institucional. Estas dos palabras son las más escuchadas cuando se pregunta a personas descontentas con el Consulado de España en Dakar. Cada vez más personas denuncian denegación de visados que no consideran justificados.
Guinea-Bissau
Internacional Guinea-Bissau arranca una ola de represión tras el sabotaje popular de una mina de arena en un parque natural
Una acción liderada por las mujeres del pueblo de Varela provocó un incendio en la bomba de extracción de la mina de arena pesada. El Gobierno ha llevado a cabo la detención de 16 personas, entre las que se encuentran líderes locales.
Galicia
Galicia Vigo, A Coruña y Ourense compraron material policial a Israel por medio millón de euros en solo cuatro años
El alcalde ourensano, Gonzalo P. Jácome, adjudicó un contrato por 70.000 euros días después del siete de octubre. Abel Caballero firmó otro de más de 200.000 euros y la alcaldesa de A Coruña siguió la estela con un contrato de 170.000 euros.