Feminismos
Dous anos sen reparación tras sufrir lesbofobia nun Rexistro Civil de Pontevedra cando ían inscribir a seu fillo

Un funcionario dun rexistro de Pontevedra negouse a inscribir ao fillo de Antía e a súa parella. Un erro de redacción na lei trans está detrás dos argumentos que o funcionario esgrime para defender a súa actuación. Elas pediron ao Ministerio de Xustiza que repare o dano causado, pero seguen sen resposta.
Orgullo crítico 2024 - 3
Una imagen de la marcha del Orgullo Crítico de 2024. Dani Gago

“Non me ides dicir que non, pero sodes unha familia anormal”. Son as palabras que un funcionario dun Rexistro Civil da provincia de Pontevedra utilizou para responder a unha parella de dúas mulleres cando foron inscribir ao fillo de ambas, en xuño de 2023, segundo recolle a queixa presentada pola parella.

O neno nacera o sábado e, tras recibir a alta, o luns acudiron ao rexistro da súa localidade, un municipio de menos de 10.000 habitantes da provincia de Pontevedra. Alí déronse de bruzos cunha persoa que dixo ser “quen máis sabe de Rexistro Civil” e que lles ofreceu tres opcións: que a nai xestante inscribise ao neno para iniciar logo un proceso de adopción —que podería ou non ser aceptado, advertiulles—, que casasen nos próximos días e a nai non xestante aceptase á criatura como fillo previo ao matrimonio, ou casar ao día seguinte e inscribir ao neno.

Ningunha das opcións se axustaba aos seus desexos nin ao que di a Lei 4/2023, de 28 de febreiro, para a igualdade real e efectiva das persoas trans e para a garantía dos dereitos das persoas LGTBI, que modificou a lei de rexistro civil para permitir a filiación non matrimonial en parellas de mulleres lesbianas, posto que, ata entón, só se prevía a matrimonial.

“Eu quedei en shock, rota por dentro”, di Antía, unha das nais da crianza, a O Salto. Tras este encontronazo no rexistro, a parella tiña cita coa matroa, a quen informaron do ocorrido. Ela recomendoulles acudir ao Centro de Información da Muller. A parella falou tamén coa alcaldesa do municipio ao tempo que contactaba coa asociación Nós Mesmas, que se ofreceu asesoralas e lles facilitou un argumentario co que acudir de novo ao Rexistro. “Tiñamos argumentos para volver, pero eu non me sentía preparada, estaba cunha cesárea que se me complicou, psicoloxicamente non podía”, di Antía.

Despois de que un rexistro dun municipio de Pontevedra se negara a filiar ao fillo de Antía e a súa parella por non estar casadas, elas acudiron a Vigo, onde non houbo ningún impedimento

Por iso decidiron acudir a inscribir ao seu fillo ao Rexistro de Vigo, localidade onde está o hospital onde nacera o bebé. Alí, o trato foi “esquisito” e, di Antía, ata lles pediron perdón por non ter actualizados os documentos, onde seguía poñendo “pai” e “nai” no lugar onde debía poñer “proxenitor 1” e “proxenitor 2”.

Co apoio de Nós Mesmas, decidiron poñer unha queixa na Dirección Xeral de Xustiza, en xullo de 2023. Na queixa, expóñese como o funcionario lles indicou que “de ningunha maneira podemos rexistrar un bebé sendo dúas mulleres e sen estar casadas” e como, ante tales afirmacións, ambas lle fixeron saber que o dereito as asistía. Entón, conta Antía, o mesmo funcionario dilles que, de se ter producido o embarazo mediante o método ROPA (Recepción de Óvulos da Parella), si podería inscribilo —algo que non contempla a Lei para a igualdade real e efectiva das persoas trans e LGTBI e que tampouco se menciona na Lei de Reprodución Humana Asistida—. Non contento con iso, o funcionario do Rexistro tamén lles asegurou que o neno non podía levar primeiro o apelido da nai non xestante, tal e como elas decidiran.

Na queixa, alegan que este trato supón unha práctica discriminatoria segundo o artigo 14 da Constitución Española —o que proclama a igualdade—, algo que atribúen a “unha clara conduta homofóbica co obxecto de impedir a inscrición do fillo común recén nacido”.

“O denunciado, de forma consciente e deliberada non aplicou a normativa vixente que permite a inscrición de menores entre parellas de mulleres, sen requirir que a nai non xestante adopte o recén nacido ou requirir o matrimonio de ambas mulleres, negándoselles os dereitos de ambas denunciantes e a igualdade de dereitos da familia LGTBI constituída polas denunciantes e o seu fillo”, recolle o escrito.

Un erro que deixa indefensas ás nais lesbianas

O funcionario denunciado respondeu a esta queixa nun escrito no que recoñece que se negou a inscribir ao bebé. Pero “agás a miña negativa a inscribir, o resto é unha sucesión de medias verdades ou directamente falsidades”, responde. O home sinalado na queixa argumentou que de ningunha forma incorreu nunha inaplicación da lei e engadiu que, de existir discriminación, esta tería a súa orixe na lei e non na súa actuación.

“O meu razoamento foi que non, que lle podía dar a negativa por escrito e que a menos que o meu superior mo ordenase, non podía proceder á inscrición, pois a redacción da lei non o permite”. Sobre por que en Vigo se procedeu á inscrición sen problema, asegura na súa resposta que “non me corresponde cualificar as inscricións doutros rexistros”.

Aínda que o espírito da lei trans e LGTBI é permitir a filiación en condicións de igualdade, o texto remite a unha lei de 2006 que vincula este dereito ao matrimonio

O que permitiu esta actuación do funcionario é un erro na redacción da lei LGTBI e trans. O problema é que se da unha incoherencia: o espírito da lei é permitir a filiación de fillos nacidos en parellas de dúas mulleres en igualdade de condicións que as parellas heterosexuais, tal e como recolle de forma explícita no seu preámbulo. Para iso, a Lei 4/2023 modificou o Código Civil para facilitar o acceso igualitario á filiación, pero o artigo 44 da Lei do Rexistro Civil continúa remitindo á Lei de Reprodución Asistida de 2006, que vincula este dereito ao matrimonio. “Esta falta de armonización xurídica perpetúa inseguridades xurídicas e desigualdades, especialmente para parellas non casadas”, alertaba a finais do ano pasado a Federación Estatal de Lesbianas, Gais, Trans, Bisexuais, Intersexuais e máis (FELGTBI+).

Paula Iglesias, presidenta desta organización, explica a O Salto que esta situación “xera inseguridade para a familia que se atopa con esta situación e que quizais non coñece que efectivamente ese requisito se eliminou pola lei”. “A inseguridade xurídica e legal que supón de repente pensar que non podes filiar ao teu fillo, ademais co contexto sociopolítico que estamos vivindo xera moita inseguridade nestas familias e tamén por suposto unha desigualdade”, explica Iglesias. Ao final, lamenta, dáse unha arbitrariedade na que depende do funcionario que che toque que se aplique ou non a lei.

Por iso, a FELGTBI+ comunicou ao Ministerio de Igualdade en decembro este erro, que Igualdade se comprometeu a emendar. Preguntado en marzo deste ano polo percorrido deste compromiso, Igualdade non deu ningunha resposta a este medio. Preguntado de novo a comezos de xuño, tampouco respondeu.

Petición de responsabilidade ao Ministerio de Xustiza

“Todo isto afectoume a nivel emocional e psicolóxico, afectou á lactancia, o meu fillo perdeu moito peso, atopábame nunha vulnerabilidade absoluta”, di Antía. Pero isto non só lle afectou a ela senón que esta nai cre que as consecuencias alcanzaron tamén ao recén nacido: “O meu fillo perdeu moito peso ata o punto de diagnosticarlle desnutrición por parte da pediatra que o atendeu”.

“Ao final, casámonos polo neno para evitar cuestionamentos, e para iso tivemos que ir xunto desa persoa a pedir que iniciase os procesos de matrimonio”. “Este home tivo opcións para rectificar e non o fixo”. Por iso, tras recibir a resposta que despachaba a súa queixa, Antía e a súa parella decidiron acudir a pedir responsabilidades ao Ministerio de Xustiza, de quen dependen os rexistros.

A Reclamación por responsabilidade patrimonial consiste en solicitar unha indemnización por un dano que sexa consecuencia do funcionamento dos servizos públicos. Esta queixa interpúxose en xuño de 2024. A avogada de Nós Mesmas Irene A. Francés explica que nela se pide unha reparación por danos ao entender que hai unha vulneración de dereitos fundamentais —en concreto, do artigo 14 da Constitución— e un incumprimento dunha lei en vigor. Ademais, piden medidas contra o funcionario por entender que se trata dunha falta grave.

A avogada entende ademais que Antía e a súa parella víronse prexudicadas por estratexias de dilación. “O que nos dixo a Dirección Xeral de Xustiza foi que os feitos poderían dar lugar a unha infracción cualificada como leve, pero acordan o prazo de arquivo das dilixencias informativas, por superar un prazo de prescrición. É dicir, cualifican a infracción como leve. Se cualificasen a infracción como grave, non concorrería este prazo de prescrición. Presentamos un recurso potestativo de reposición en marzo de 2024”. Este recurso potestativo interpúxose contra a resolución que acordou o arquivo das dilixencias informativas tras a denuncia presentada pola parella contra o funcionario que negou a filiación non matrimonial e que solicitaba a investigación dos feitos para, no seu caso, a apertura de expediente disciplinario.

Irene A. Francés, avogada de Nós Mesmas: “É unha discriminación institucional total, é LGTBfobia. Temos unhas leis que dan dereitos, pero que non se queren aplicar por parte dunha institución pública”

Ademais deste procedemento, iniciouse unha queixa ante o Ministerio de Xustiza, onde se interpuxo unha solicitude de reclamación de responsabilidade patrimonial por estes feitos.

“Hai unha vulneración do artigo 14 da Constitución porque non se permitiu filiarlle nas mesmas condicións que a unha parella heterosexual, aínda que a lei o permite. É unha discriminación institucional total, é LGTBfobia. Temos unhas leis que dan dereitos, pero que non se queren aplicar por parte dunha institución pública”, razona.

“O dano moral neste caso, é o impacto, un sufrimento psíquico ou espiritual, que desencadea a conduta discriminatoria”, di Irene A. Francés, que forma parte do programa de Nós Mesmas + visibles -violencia, de empoderamento para loitar contra a violencia contra as mulleres LBT e persoas non binarias cofinanciado pola Unión Europea e EuroCentralAsian Lesbian* Community.

A avogada tamén sinala os impedimentos que se están dando para pedir un recoñecemento do dano, xa que unha solicitude que debía ter sido resolta en seis meses non tivera resposta na data do 10 de xuño, mentres se terminaba de escribir este texto, e cando pasou case un ano da súa presentación e dous dos feitos que a motivaron.

Informar de un error
Es necesario tener cuenta y acceder a ella para poder hacer envíos. Regístrate. Entra en tu cuenta.

Relacionadas

Galicia
Discriminación Dos años a la espera de reparación tras sufrir lesbofobia en un registro en Galicia
Un funcionario de un registro de Pontevedra se negó a inscribir al hijo de Antía y su pareja. Un error de redacción en la ley trans está detrás de los argumentos que el funcionario esgrime para defender su actuación.
LGTBIAQ+
Jueves 12 de junio Trans en Lucha convoca por la dignidad de las personas trans fallecidas
La ley da solo a la familia la responsabilidad de velar por la dignidad de sus familiares fallecidos. Pero, ¿qué pasa cuando es la familia quien atenta contra ellos?
LGTBIAQ+
LGTBIAQ+ Unha casualidade, unha resposta masiva e un debate incómodo: a sentenza de Samuel Luiz en contexto
O 22 de maio, o TSXG ratificaba o veredicto do xurado popular e recoñecía que o asasinato de Samuel Luiz foi un crime motivado por LGTBIfobia. O caso supuxo unha mobilización sen precedentes.
Derecho a la vivienda
Jaime Palomera “La vivienda necesita una revolución”
Investigador y uno de los fundadores del Sindicat de Llogateres, Jaime Palomera presenta ‘El secuestro de la vivienda’, un libro sobre el juego amañado en el que los propietarios son cada vez más ricos y los inquilinos cada vez más pobres.
Genocidio
Opinión No lo soportamos más: un alarido por Gaza
Mientras la complicidad con Israel es abierta, obscena y militante, levantarse contra el genocidio es un gesto que a tantas les está costando el futuro y la libertad en cada vez más sitios. Ya no sabemos ni qué escribir al respecto.
Galicia
Crowdfunding O Salto Galiza abre un crowdfunding para empapelar a Altri
Queremos investigar a los responsables políticos y empresariales del que podría ser el mayor atentado ambiental de la historia reciente de Galicia.
Redes sociales
Industria editorial Escritores fantasma: así trabajan los auténticos autores de los libros de éxito que publican los ‘influencers’
Detrás de cada libro firmado por un ‘influencer’ hay otra persona que ha trabajado a destajo para entregar a tiempo un texto en el que su nombre no aparece por ninguna parte y que, además, ha tenido que renunciar a sus derechos como autor.

Últimas

Comunidad El Salto
Comunidad de El Salto Las cuentas de 2024: más impacto que nunca, números rojos otra vez
Los resultados nunca vistos en influencia y visitas de nuestros contenidos no han tenido reflejo en las cuentas del medio, que arrojan en 2024 unas pérdidas de más de 30.000 euros.
Ecofeminismo
Ecofeminismo Turistificación en clave ecofeminista
Con la llegada de los calores, a la mayoría nos entran ganas de “salir de casa”. ¿Cómo afecta el turismo capitalista al imaginario de las vacaciones?¿Y a los territorios?
Kabilas de mesa camilla
Kábilas de mesa camilla Delivery identitario, etiquetas take away
Porque el capitalismo sabe que el consumo identitario (yo, mi colectivo, mi comunidad, mi tribu urbana) fagotiza la resistencia ante el orden establecido de parir con dolor y trabajar con placer
Economía social y solidaria
Cultura Censura, recortes, cierres y debates ideológicos alrededor de la cultura comunitaria en España
Muchos de estos proyectos se han cerrado ante la deriva política a la derecha. El principal instrumento de cambio es el silencio y la expiración de convenios y contratos.
Más noticias
Drogas
Drogas Regular la cocaína para frenar el dolor y la sangre en América Latina
En una Conferencia Internacional sobre Políticas de Drogas celebrada en Barcelona, organizaciones de base, ONG y representantes de instituciones han dibujado consensos hacia la regularización de substancias actualmente ilegalizadas
Argentina
Argentina La oposición a Milei tacha de decisión política la condena contra la expresidenta Cristina Fernández
La ratificación de la condena a la expresidenta argentina de seis años de prisión domiciliaria e inhabilitación de por vida sacude la vida política argentina. Una condena leída por la oposición peronista como un nuevo episodio de ‘lawfare’.
Málaga
Orgullo Queer Disidencia serrana: el orgullo rural de Málaga
En el Burgo, Sierra de las Nieves (Málaga), el fin de semana del 13 y 14 de junio tendrá lugar el orgullo rural de la provincia

Recomendadas

Brasil
Extrema derecha Arte en tiempos de fascismo: cuando enseñar a Goya y Rubens le cuesta el puesto a un profesor
Una clase de Historia en la escuela municipal en una localidad del Estado de São Paulo desemboca en acusaciones contra el profesor y una campaña de difamaciones que encabeza el concejal de educación de la zona, de la extrema derecha bolsonarista.
Literatura
María Agúndez “El trabajo de limpiadora es muy digno, pero nadie quiere hacerlo”
La escritora retrata en ‘Casas limpias’ las contradicciones de quienes considerándose personas igualitarias y progresistas delegan los cuidados y la limpieza para evitar el conflicto y sostener su comodidad.
Educación pública
Alimentación Comedores escolares saludables que no llegan a todo el alumnado
La apuesta por una dieta equilibrada de la mano de un nuevo Real Decreto impulsado por el Ministerio de Derechos Sociales y Consumo no va a llegar a todos los niños y niñas: solo el 36% de las familias que necesitan beca comedor la consiguen.
Filosofía
Laura Llevadot “En este retorno al fascismo hay una nostalgia de la ley”
Su escritura no elude el desgarro, la herida, la vida. Apuesta, en tiempos de una promesa constante de felicidad y autorrealización, por la negatividad. Su posición filosófica es la de quién piensa que “la lengua que hemos heredado nos impide pensar.