Drogas
O retorno da agulla?

Entre diversos colectivos cidadáns existe a percepción do retorno dunha droga de terríbel recordo: a heroína. Pese á dificuldade de recadar datos oficiais sobre o repuntamento deste opiáceo, algunhas asociacións de veciños comezan a preocuparse por este tema. A memoria do sucedido nos anos 80 activa as alarmas nos barrios populares. Unha das cidades que comeza a se preocupar é Compostela.

Agulla 1 Compostela
A finais dos anos oitenta o consumo de heroína golpeaba con dureza varios barrios de Compostela. Jorge Garnelo
4 may 2018 09:00

Dun tempo a esta parte a heroína volta ocupar os titulares dos xornais galegos. Na capital da Galiza varias asociacións de veciños veñen denunciando, de xeito máis ou menos público, a aparición de xeringas en espazos urbanos e o aumento do tráfico de drogas en determinados barrios. A preocupación parece ir en aumento e a memoria do vivido nos anos 80 fai acto de presenza nas rúas de Compostela. Sen ir máis lonxe, en febreiro deste ano, as páxinas de La Voz de Galicia recollían a afirmación do alcalde Martiño Noriega, alertando dun repuntamento da heroína “como non acontecía desde os anos 80 ou 90”.

As últimas estatísticas publicadas polo Plan Nacional sobre Drogas, sen embargo, non permiten falar dun aumento destacado do consumo da heroína. Os datos sobre o consumo desta substancia mantéñense estábeis na última década, aínda que é certo que as últimas cifras son do ano 2015. Un exemplo: se en 1991 o 60% das admisións a tratamento por abuso ou dependencia dalgunha substancia en Galiza o eran por adicción a este opiáceo, en 2012 estaban xa por debaixo do 20%, manténdose esta cifra até a última data na que se realiza o estudo. Outro dato, no conxunto do Estado as urxencias hospitalarias por mor da heroína pasaron de representar o 56% do total no ano 1996 ao 11% no ano 2015, pasando a ocupar a cocaína o primeiro lugar. Vistos estes dous exemplos, moitos expertos advirten do arriscado que é medir o suposto repuntamento atendendo só ás consecuencias na saúde, xa que de estarmos aínda nunha primeira fase, estas non se farían visíbeis tan rápido.

As últimas estatísticas publicadas polo Plan Nacional sobre Drogas non permiten falar dun aumento do consumo da heroína

Durante os días que estivemos recompilando información para realizar esta reportaxe, contactamos con diversas persoas que desenvolven a súa actividade profesional en distintas entidades que no día a día traballan as problemáticas asociadas ás distintas adiccións. Ningunha delas puido confirmar ou desmentir o repuntamento no consumo de heroína na cidade de Santiago. Aínda que varias desas persoas afirmaron non ter detectado até agora ese rebrote, ningunha delas quixo que as súas declaracións fosen recollidas oficialmente. Outras entidades ás que nos diriximos afirmaron non desenvolver traballo na área de Compostela e que os datos que recollen noutros lugares non lles permiten tampouco asegurar nada, nin nun sentido, nin no outro.

“Preocúpanos a convivencia”

A Asociación Veciñal do barrio de San Pedro A Xuntanza, compartíu fai uns meses nas redes sociais a preocupación polo rexurdir do tráfico de drogas a pequena escala e a aparición de xeringas en determinados espazos públicos. Este barrio compostelán, situado no camiño de Santiago na súa entrada á cidade, é unha das zonas co tecido social máis dinámico da capital de Galiza. Unha das responsábeis disto é a asociación veciñal a Xuntanza que, con varios anos de traballo nas súas costas, conseguíu grandes transformacións e melloras para a veciñanza. Á preocupación polo impacto do turismo na zona —coa proliferación de pisos turísticos— súmase na actualidade á do mantemento da convivencia e da diversidade no barrio.

Agulla 2 San Pedro
San Pedro é un barrio herdeiro dos antigos rueiros medievais. Jorge Garnelo

Coro González, educadora social e membro da xunta directiva da asociación veciñal, aténdenos no que foi unha antiga escola unitaria, e agora é un espazo multidisciplinar e colaborativo rehabilitado por unha asociación. Un lugar que, en certo sentido, pode resumir o espírito deste barrio. “De dous anos para aquí comezamos a percibir que se acentúa a situación de trapicheo e de consumo de estupefacientes”, coméntanos. Entre a veciñanza comeza a existir certa preocupación porque “existen puntos onde se están a atopar xeringas”. Desde a asociación veciñal entenden que “o trapicheo e o consumo xeran unha serie de dificuldades para a convivencia, a seguridade e a saúde”.

A memoria urbana

A finais dos anos 80 o consumo de heroína golpeaba con dureza varios barrios de Compostela. Algúns dos máis afectados foron aqueles que naceran nos anos 60 e 70, produto dos distintos plans de desenvolvemento urbanístico. Xosé Constenla, xeógrafo e profesor universitario, sinala que un dos problemas que afectaron a eses polígonos de vivenda foron os “usos segregados”. “Aínda que o deseño funcionalista estaba pensado para dotar á clase obreira duns estándares de vida próximos aos das clases medias, tenderon a seguir un modelo anglosaxón no que non se misturaron usos”, continúa. Isto quere dicir que se separaban moi claramente as áreas de descanso das de servizos ou consumo. Os problemas sociais asociados á década dos 80 afectaron especialmente a ese tipo de polígonos xa que na súa imensa maioría estaban habitados por familias de clase traballadora. Ao seren zonas dormitorio, cando comezan as problemáticas asociadas ás enormes taxas de desemprego daqueles anos “eses espazos con pouco movemento son fabulosos para as actividades marxinais”, continúa Constenla.

O xeógrafo Xosé Constenla pensa que “hai que tomar en serio o tema da infravivenda e o da vivenda baleira”

Porén no caso do barrio de San Pedro na actualidade non podemos falar de que exista unha segregación de usos como nos polígonos de vivenda. Este barrio é herdeiro dos antigos rueiros medievais e nel existe unha diversidade de usos. Constenla apunta a un problema latente “que se coñece pero do que non se fala demasiado: as infravivendas”. Este tipo de vivendas non posúen condicións mínimas de habitabilidade, os seus propietarios non as rehabilitan e, polo tanto, “non poden entrar no mercado oficial nin de compravenda nin de alugueiro”. Segundo este xeógrafo isto fai que se acaben alugando a colectivos marxinais, “a determinadas mafias, ou que incluso entren nun certo mercadeo turístico”.

Agulla 3 rua
Desde a agrupación veciñal perciben un repuntamento no consumo de estupefacientes. Jorge Garnelo

Infravivendas e delincuencia

Basta dar un paseo por determinadas zonas do barrio de San Pedro para darnos conta de que algúns dos problemas apuntados polo xeógrafo compostelán son ben visíbeis. Non só vivendas en mal estado, senón tamén rúas con pouco movemento e sen mais actividade que a residencial. “Existe unha certa sensación de inseguridade en determinadas zonas do barrio”, apunta González. “Desde a asociación levamos denunciando desde fai sete anos un caso de menudeo e trapicheo nesta zona”, continúa. Segundo nos comenta hai varios indicios que indican que pode estar relacionado cunha vivenda en malas condicións. Estas denuncias tratan de evitar distintas situacións de inseguridade xa que desde a asociación, neste caso, entenden que “ninguén debería vivir nesas condicións”.

Desde a agrupación veciñal perciben un repuntamento no consumo de estupefacientes que “está repetindo un patrón de fai moitos anos”. En opinión de González, estes problemas están “vencellados ás consecuencias dunha situación prolongada de crise económica e social”. Neste sentido comenta que os perfís das persoas que percibe que poden estar mergulladas no consumo de drogas “dannos pistas de que están nunha situación de desestruturación persoal e social, tamén polas características das súas vivendas”.

“Existe tamén unha pequena onda de roubos que entendemos que pode ir vencellada a esta situación”, continúa. “Por agora é pouca cousa mais alarman á xente máis maior”, afirma. Neste sentido desde a asociación teñen constancia de que desde o concello se está a traballar neste tema, mais entenden que “no presente, fai falta intervir con máis urxencia”. Como comenta a educadora social “existe unha necesidade de intervir para previr estas situacións e evitar a estigmatización das persoas consumidoras”.

Agulla 4 Compostela
Os problemas de infravivenda e de vivenda baleira son serios en Compostela. Jorge Garnelo

Datos controvertidos

Como comentábamos ao comezo desta reportaxe, conseguir datos obxectivos que permitan falar dun repuntamento da heroína ou incluso do aumento do consumo de substancias por vía parenteral —inxectábel— é moi difícil. En case todos os casos estamos ante unha percepción dalgúns profesionais e da veciñanza de determinados barrios que advirten sobre a presenza, cada vez maior, de focos de tráfico a pequena escala.

Á hora de fechar esta edición foinos imposíbel conseguir ningunha fonte —institucional ou social— vinculada ao traballo coa problemática das adiccións que quixese aparecer co seu nome ou o da súa organización. Falamos, iso si, con varias que desenvolven o seu traballo en Galiza. Todas as persoas coas que contactamos nos advirten sobre o delicado do tema e unha maioria pensan que nos últimos anos existíu unha “relaxación” —en moitos casos por mor dos recortes no sector público— no tema da prevención, sobre todo entre a xente máis nova. Ningunha das fontes puido afirmar que lles constase ningún repuntamento do consumo de heroína e a maioría delas afirmaron que os seus servizos non detectaron tal aumento. Referíndose ao suposto repuntamento, unha desas fontes afirma que “desde o punto de vista do tratamento non hai nada que sustente tal teoría”. Todo o mundo nos advertíu tamén da posibilidade de estarmos no momento de incubación do problema, e, polo tanto, nun intre no que as consecuencias non son aínda moi visíbeis. Do mesmo xeito algunhas das persoas coas que falamos amosaron preocupación por que se poida estar retroalimentando unha bóla que contribúa a unha maior estigmatización de determinados colectivos.

Na mesma liña, organizacións que manteñen programas de intercambio de xeringas noutras zonas de Galiza, ven difícil que se poida falar de aumento de consumo de inxectábeis xa que os seus servizos non están a detectar a aparición de novos perfis de usuarios.

A cidade que se fai desde abaixo

“A título persoal penso que se fixeron moitos esforzos históricos neste tema cando houbo uns patróns de consumo moi bestias”, coméntanos Coro González. Onde esta activista veciñal e educadora social pensa que se despistaron os esforzos por cuestións económicas, foi no tema da prevención. “Loxicamente se paras de previr, estas situacións saen a flote de novo”, conclúe.

A finais dos anos 80 a maior parte do traballo de recuperación dos barrios e de loita contra a droga fíxose desde o movemento veciñal. Boa mostra diso foi o que aconteceu no barrio de Vite, en Compostela. A día de hoxe non parece casual que sexan tamén as organizacións veciñais as que comecen a amosar preocupación por un retorno ás épocas máis duras. Nos barrios populares é onde se perciben en maior medida as consecuencias sociais
dunha crise económica que non parece remitir. Tampouco parece coincidencia que a voz de alarma xurda das mesmas asociacións veciñais que manteñen un traballo continuado de loita contra as causas da marxinalidade desde finais dos anos 80.

“A zona vella de Compostela comeza a mudar a finais dos 80 e comezos dos 90 cando se comeza a falar da rehabilitación dos cascos históricos”. Xosé Constenla lémbranos que acontecía no casco histórico de Compostela antes diso, “cando ninguén quería vivir alí” e existía medo na zona pola abundancia de zonas de consumo de estupefacientes e delincuencia. “Antes do Plan Especial —que foi unha política de xentrificación e de expulsión das camadas populares— desde o ano 87 o 1995 houbo unha recuperación da cidade vella na que foi parte fundamental o asociacionismo veciñal”, afirma o xeógrafo compostelán. Desde a súa opinión son fundamentais a existencia dun tecido asociativo vivo, “a mixicidade de usos e unha complexidade en termos de vida”.

Continuando coa súa análise afirma que o problema que ten Compostela neste sentido é o problema da vivenda: “Durante a crise o prezo da vivenda non baixou, é de moi difícil aceso e o aluguer está a sufrir unha burbulla por culpa do mercado turístico”. Na mesma liña engade que “hai que tomarse en serio o tema da infravivenda e o da vivenda baleira”. Quizais unha das solucións sexa a da arbitraxe e a de potenciar a xestión pública para que a administración poda facer un “censo das vivendas baleiras e incluso pensar na súa compra das mesmas a un prezo xusto para por freo á especulación”, conclúe.

“San Pedro caracterízase por ser un barrio diverso, e para nós é fundamental manter esa diversidade”, di en nome da Xuntanza Coro González. Afirma que desde a asociación veciñal son conscientes de que o Concello está a traballar no tema e que se está a elaborar un plan de prevención. Nesta liña, coméntanos que existe unha “implicación desde as distintas entidades sociais educativas e culturais da contorna que traballan na Rede Sociocomunitaria de San Pedro”. Neste organismo participan tamén profesionais da Unidade Municipal de Atención a Drogodependencias (UMAD) e traballadoras sociais do Concello. Para a Asociación Veciñal A Xuntanza , “o fundamental é a prevención e atallar as causas dos problemas, non só actuar contra as consecuencias”, conclúe. “Hai que traballar con intensidade e urxencia, porque estamos a tempo de buscar solucións”. 

Informar de un error
Es necesario tener cuenta y acceder a ella para poder hacer envíos. Regístrate. Entra en tu cuenta.

Relacionadas

Drogas
Drogas Regular la cocaína para frenar el dolor y la sangre en América Latina
En una Conferencia Internacional sobre Políticas de Drogas celebrada en Barcelona, organizaciones de base, ONG y representantes de instituciones han dibujado consensos hacia la regularización de substancias actualmente ilegalizadas
Psicoactivos
Psicodélicos Iglesias psiquedélicas en Estados Unidos: las contradicciones constitucionales del trumpismo ácido
La nueva administración estadounidense está más abierta a contribuir al renacimiento psicodélico, pero las iglesias que utilizan este tipo de sustancias siguen encontrándose en una zona alegal.
Oriente Medio
Irán El Gobierno de España muestra su “preocupación” por la situación en Irán pero evita señalar a Estados Unidos
El ministro José Manuel Albares ha llamado a la desescalada y anuncia que las embajadas en la zona están plenamente operativas para atender a los ciudadanos españoles ante cualquier eventualidad.
Green European Journal
Green European Journal ¿Por qué los hombres blancos sucumben a la extrema derecha?
Aunque no solo son hombres quienes votan a la extrema derecha, la oleada ultra coge fuerzas a nivel global gracias a ellos. En vez de confrontar las desigualdades, los varones culpan a grupos minorizados de las dificultades económicas.
Sexualidad
Sexualidad feminista Pitu Aparicio: “Yo no he visto en el supermercado productos para el olor a pene”
Pitu Aparicio quiso centrar su formación en los dos tabús con los que creció: el sexo y las drogas. Una vez se hubo formado, decidió que su principal tarea era divulgar todo ese conocimiento que se nos había vetado.
Pensiones
Pensiones Cotizaciones ficticias, ¿un parche en la brecha de género en las jubilaciones?
La compensación por cuidados de hijos y familiares puede llegar a sumar hasta cinco años de cotización, pero no es suficiente para que muchas mujeres logren la pensión digna.
Galicia
Galicia La esperanza de la gestión colectiva frente al expolio: la Comunidad de Montes de Tameiga contra el Celta
Mientras varios proyectos industriales intentan privatizar y destruir los ecosistemas gallegos, algunos grupos de vecinos y vecinas organizadas hacen oposición social construyendo alternativas comunitarias. A veces, también ganan al gigante.
Italia
Enfoques Biocidio: la larga lucha contra la catástrofe ambiental en la Tierra de los Fuegos
Durante tres décadas, empresas, particulares y organizaciones criminales, con el beneplácito del Estado italiano, convirtieron esta región ubicada en Campania en una de las más contaminadas de Europa.

Últimas

Francia
Francia La izquierda francesa revalida sus liderazgos para recomponer la unidad y ganar en 2027
El socialista Faure, la ecologista Tondelier y el comunista Roussel siguen liderando sus respectivos partidos y mantienen el pulso al líder “insumiso” Mélenchon, en un Nuevo Frente Popular debilitado por sus disputas internas.
La vida y ya
La vida y ya Perturbaciones intermedias
En los intervalos intermedios, donde la frecuencia de las perturbaciones no es alta ni baja, parece darse un equilibrio que favorece la biodiversidad.
El Salto Radio
EL SALTO RADIO Da La Nota: la música como herramienta de emancipación
El programa musicosocial, nacido en Lavapiés, cumple diez años brindando formación y acompañamiento psicológico a niñas, niños y jóvenes.
Madrid
Fotogalería Más de 10.000 personas se manifiestan en Madrid por los 20 meses de genocidio en Gaza
La marcha por el centro de la ciudad fue convocada por la plataforma Fin al comercio de armas con Israel y la Red solidaria contra la ocupación de Palestina.
Ayuntamiento de Madrid
Orgullo en Vallecas “Frente a las trampas de la administración, Orgullo de barrio y autogestión”, lema de la manifestación LGTBIQ+
Con la manifestación de Orgullo Vallekano de este sábado, a las 18 horas desde la avenida Buenos Aires, se inician las diversas celebraciones del mes de la diversidad sexual en los barrios de Madrid.
Más noticias
Córdoba
Genocidio Un acto en el centro de Córdoba recordará a los más de 15.000 niñas y niños asesinados por Israel
Se prevé que el acto dure desde las 8 de la mañana hasta la madrugada del domingo por la longitud de la lista. “El recuerdo de estas niñas y niños no puede ser borrado como un número más”, afirman desde el colectivo convocante.
Castellón
Castelló Salvar La Surera de Almedíjar: una llamada a la acción por el futuro del mundo rural
La cooperativa Canopia impulsa una campaña de financiación colectiva para asegurar la propiedad comunitaria y ampliar su base social.

Recomendadas

Pensamiento
Vincent Bevins “Me irrita que se piense que la decisión de usar la violencia la toman los activistas y no el Estado”
El autor de 'El método Yakarta' vuelve con 'Si ardemos', un ensayo sobre las protestas que tuvieron lugar en la primera década de los años diez en muchas partes del mundo.
Río Arriba
Río Arriba Brenda Chávez: “El consumo es un desmovilizador social, es el opio del pueblo”
Segunda entrevista del programa Río Arriba en formato podcast y vídeo donde hablamos de consumismo, Trump, gastos de recursos, economía social, clases medias y mucho más.
Economía social y solidaria
Litigios estratégicos La economía social llega a los tribunales: el auge de los juicios con impacto social y medioambiental
La litigación estratégica va tomando fuerza en España como herramienta de defensa de derechos humanos y de modelos económicos más sostenibles y justos social y medioambientalmente
Sindicatos
CCOO Euskadi Santi Martínez: “Sabemos que si algo molesta a Vox, además del feminismo, es el sindicalismo”
El nuevo secretario general de CCOO Euskadi tiene claro que “cualquier votante del PP o de Junts trabajador por cuenta ajena está a favor de la reducción de jornada”