Chile
Insistirmos, persistirmos, resistirmos

O rexeitamento en Chile exixe unha lectura que se afaste das antinomías tradicionais e atenda unha memoria americana común.
Chile, pancarta apruebo
Pancarta reivindicativa en Santiago de Chile. Foto de Nicolás Lagos cedida a El Salto.
Tradución: Rodrigo Herrera Alfaia
25 sep 2022 09:08

Desde hai días, preguntámonos por que fracasou a campaña do “Aprobo unha nova constitución” en Chile. Coma unha especie de automatismo incrustado na nosa tradición de esquerdas, as nosas preguntas adoitan vir vencelladas á exixencia dun exame de conciencia. Algunhas voces din que precisamos, unha vez máis, facer unha autocrítica para tentar comprender por que fracasamos. Como foi que unha constitución, que namorara ao progresismo do mundo enteiro, fose rexeitada polo pobo chileno?

Quixese afastarme da luída compracencia na autocrítica, tan oportuna para ensimesmarnos de xeito morriñoso en promesas incumpridas de futuro e tan pouco práctica para inverter as coordenadas da acción no mundo que vivimos.

Alén desa luída compracencia (que non deixa de ser un xeito de mala conciencia), prefiro atender como imos contar este relato do plebiscito constitucional e como, desde alí, podemos encarreirarnos a unha acción. Noutras palabras, que tipo de disputa imos propor nun contexto rexional tan lene como o que estamos a vivir agora mesmo en América latina e o Caribe.

Pois non esquezamos algúns fíos importantes que se están a destecer asemade: no día do peche da campaña polo Aprobo, apuntaron cun arma na cabeza da vicepresidenta de Arxentina, Cristina Fernández de Kirchner. Non hai que esquecer a inquedanza que experimenta a extrema dereita rexional desde os seus cuarteis de Miami trala derrota nas últimas eleccións presidenciais en Colombia e o triunfo de Gustavo Petro, algo que, polo menos, dá pistas para entender por que Álvaro Uribe Vélez celebrou como propio -baile incluído- o triunfo do rexeitamento en Chile. E moito menos temos que esquecer toda a traxicomedia de zarangalladas que a OEA leva organizando ao redor de Nicaragua para entramparnos, unha vez máis, en debates estériles que nos levan a unha canella sen saída que son os cruzamentos de argumentos a favor ou en contra das “ditaduras da esquerda” (con isto non quero descoñecer — ao contrario, condeno abertamente — o atropelo contra os dereitos humanos que acontecen en Nicaragua, senón que quero suxerir a pouca vontade que ten a OEA para destrabar de boa fe a situación naquel país).

Xa que logo, e agardando o que suceda nas próximas eleccións en Brasil, a conxuntura rexional amósanos un escenario tenso e cunha simultaneidade de tramas cuxas conexións narrativas non son sinxelas de precisar.

Perspectiva continental

Lermos os resultados en Chile como unha simple derrota sobre as forzas progresistas e , máis aínda, como unha derrota nacional non alumea sobre aquilo que está a suceder no continente. Este escenario repite un drama histórico chileno cunha longa historia: non esquezamos que a constitución de 1828, creada desde abaixo por unha xunta de asembleas populares, foi trocada por un pacto oligárquico en 1993. Desde entón e ata agora, o que semellaba un problema nacional era, en realidade, un asunto de interese continental. É curioso que nos nosos debates actuais esquezamos este tipo cousas e rematemos por parcelar as discusións en inútiles provincias mentais. Non sería mala idea repetirmos os xeitos do pasado, é dicir, recuperarmos o punto de vista continental para pensarmos os nosos problemas locais, algo que, por certo, as oligarquías rexionais nunca perderon de vista (e, por iso, actúan organizadamente e con conciencia histórica).

Que significa recuperar ese punto de vista americano para pensarmos os nosos problemas locais? Primeiro, supón facer unha pregunta profunda sobre o ethos multiculturalista/identitario que organiza os nosos debates contemporáneos na rexión. E por ethos multiculturalista/identitario refírome a ese punto de vista que, como sentido común de época, delimita unha relación coa linguaxe e unha percepción da realidade social profundamente antidemocrática.

Nste ethos, o mundo social atomízase e disgrégase como a suma de existencias individuais. De xeito que toda a responsabilidade das inxustizas sociais remataría en cada unha delas. Ao se estragar a percepción igualitaria do vencello social vanse desfacendo os significantes democráticos cos que articulamos as exixencias da xustiza nun mundo desigual. É por mor diso que mediante a retórico individualizada que separa o mundo entre a vítima e o agresor, as violencias, despoxos e inxustizas estruturais comezan a ser narradas nun rexistro oligárquico-corporativo da ofensa, o castigo e a reparación persoal. A estrutura da ofensa non é outra que a reactivación daquela vella paixón da conquista do honor nun mundo de amos e vasalos. Se o agravio sufrido nos leva ao lugar do vasalo, a reparación só podería vir mediante unha inversión de polo, é dicir: humillar ao que me humillou para recuperar o estatuto psíquico do amo.

O que queda sen cuestionar é esa mesma forma da estruturación do vencello social: a naturalización da desigualdade como único mecanismo de reparación. É o fío deste paradoxo señorial, para dicilo con Zavaleta Mercado, enraizado nas nosas sociedades gamonais, que o neoliberalismos tira para, por unha banda, desfacer a relación de loitas colectivas e democráticas e, por outra, para construír os novos nós efectivos do neoliberalismo autoritario. Unha consigna clara sería desconfiar da estrutura da ofensa porque hai que sospeitar do tipo de reparación antidemocrática que nos ofrece.

Hai que desconfiar das prácticas punitivistas porque reducen a inxustiza a un individuo particular —como falsa encarnación dunha colectividade vulnerada— e deixan sen tocar as relacións sociais de opresión e despoxo que estruturan as violencias contemporáneas. Pero, por sobre todo, hai que desconfiar do tipo de subxectividade que propician estas formas de activismo alentadas desde a mecánica co-modificada das redes sociais. Levamos un tempo ollando como, desde o interior do activismo que se fai coa lóxica do influencer, van vencellándose formas neoliberais de subxectivación que rematan  por desmembrar os significantes democráticos e colectivos cos que historicamente se estruturou a comprensión mesma da realidade e do seus horizontes emancipatorios.

Por mor diso resulta urxente, en primeiro lugar, cuestionar este núcleo subxectivo que, a pesar da súa apelación  á ética e á comunidade, dan lugar a simulacros do vencello social profundamente antidemocráticos, xusto no corazón dos activismos contemporáneos. E, no segundo lugar, pensarnos máis como americanos e menos como unha identidade particularista dentro dun exclusivo devir minoritario.

 E momento de nos facer cargo dunha verdade incómoda: hai moito tempo que as loitas pola identidade embeleñáronse co complemento do goce capitalista. Hai un bo tempo que os poderes corporativos atoparon o xeito de converter o vencello entre identidade e emancipación nun sistema para “reempaquetar” a mercadoría. Por iso as grandes corporacións dos medios, o mercado editorial ou os sistemas de bolsas nas universidade de elite mundial están tan interesadas en explotar identidades indíxenas, negras, das diversidades sexuais e do feminismo. Entenderon que as reivindicacións dunha loita colectiva podíanse explotar como unha mercadoría encarnada nun tipo de suxeito que ás veces semellan deseñados directamente polo algoritmo.

Cal é diferenza ou o xiro epocal que estamos empezando a descubrir? Que antes estas loitas construían un suxeito colectivo para facer posible unha emancipación para as maiorías. Agora a lóxica inverteuse, e este tipo de reivindicación converteuse nun mecanismo de salvación individual con expresións moi concretas: unha bolsa para facer un doutoramento, un premio no mundo literario ou un filme nunha plataforma como Netflix. Xa que logo, o suxeito que encarna a colectividade historicamente vulnerada  aparece como un exemplo de éxito, resiliencia e de que, en definitiva, o sistema de reparacións xa está en marcha. A reparación histórica como campaña de relacións públicas.

Esta chantaxe que nos ofrece o neoliberalismo agocha algo triste e tráxico da nosa época: as clases dominantes explotan estes significantes de esquerda para os seus usos privados e as maiorías empobrecidas e precarizadas loitan entre si para ver se poden ser seleccionadas e salvadas neste novo e deprimente club da esquerda boutique global.

Quen descubrimos os paradoxos destas prácticas (ou o corazón oligárquico que latexa no interior destas modas “anticapitalistas”)  e conectamos coas diferentes memorias emancipadoras, temos responsabilidade ético-política, pero tamén histórica, de non aceptar estas chantaxes do neoliberalismo autoritario e de nos preguntar que memorias se comezan a reactivar como contrapesos  de toda esta nova operación de suplantación e despoxo.

Pois este drama histórico ao que estamos a asistir esta sendo contrarrestado (aínda que non suficientemente pensado) por unha serie de loitas e experiencias de gobernos populares que desexan a construción da unidade do campo popular. É dicir, formas de negociación que, sen renunciaren á heteroxeneidade do social, asumen a necesidade de articular entre si as diferentes loitas colectivas (indíxena, LGTBIQ+, ambiental, etc.), vencellalas coas institucións republicanas e aspirar a un horizonte común que, sen se esgotar no mero recoñecemento das identidades, evoque unha imaxinación universalistas e situada. Outra consigna, outro sendeiro de traballo podería ser reclamar unha nova conciencia americana que se dirixa máis cara á construción dunha correlación de forzas colectivas que á fixación de identidades específicas, á configuración dun novo horizonte da imaxinación social que á reparación punitivas da ofensa.

Mudar o relato

Agora ben, contemos entón o que acaba de suceder en Chile desde esta conciencia americana, é dicir, desde a aspiración universalista e situada. Mudemos o relato. O primeiro que poderíamos ter presente é que o 40% dos chilenos votou con conciencia por una constitución declaradamente feminista, ambientalista, a favor das diversidades sexuais e cun claro desexo de reverter o suposto “éxito” do laboratorio neoliberal en Chile. Esa porcentaxe supera o número de persoas que votaron por Gabriel Boric para a presidencia na segunda volta. É dicir, 4 860 266 persoas votaron por un novo pacto social que asumía todas as consignas que se atopan na vangarda das novas loitas contra o capitalismo financeiro e o patriarcado milenario.

De verdade criamos que ía ser tan fácil obter unha maioría? En diferentes conversas públicas e privadas levo expoñendo a seguinte pregunta: en que lugar do mundo se aprobaría unha constitución como a que lle ofreceu a convención ao pobo chileno? A pregunta resulta máis pertinente se atendemos a irrupción das forzas fascistas e reaccionarias a nivel mundial que se evidencia, por exemplo,  nos grandes retrocesos da Corte Suprema dos Estados Unidos en temas de dereitos civís ou o vello instinto imperial que espertou a guerra en Ucraína en todos os actores involucrados, un conflito que semella vai prolongarse máis do esperado e que seguramente fará moito dano —como adoita suceder— aos sectores más vulnerables de toda Europa.

É neste escenario mundial tan adverso en que América Latina segue a construír, en contrasentido das forzas da reacción que semellan dominar a nosa época, utopías de futuro. E esta vez, como adoita suceder con tódalas utopía, temos a inxenuidade de confiar en que habería un pobo que desexase naturalmente a súa realización sen tomarnos a molestia de traducir esa utopía nunha linguaxe común.

É nese sentido que me pregunto se o texto da constitución non rematou por priorizar, na súa mesma redacción, unha vocación más vencellada cos imaxinarios particularistas e identitarios, capaces de interpelar a quen xa se recoñecen nesas lóxicas das loitas, isto é, as organización sociais e os colectivos afíns a esas demandas pola identidade, as clases medias e media-altas ilustradas, familiarizadas coas discusións da axenda do progresismo global, forzas políticas e ciudadanías mobilizadas por unha mudanza democrática para Chile.

Porén, é un feito que ás maiorías sociais do pobo chileno esa constitución non as interpelou e podería dicirse que foi recibida como letra morta: unha mera abstracción asociada a unha cadea mediático-corporativa de temores e prexuízos atávicos. Tampouco convén esquecer que algo moi parecido sucedera en Colombia coa derrota do Referéndum pola Paz en 2016: unha desconexión efectiva entre o pobo e o referéndum, unha operación mediática e desapiadada da dereita rexional (mesmo reciclaron varios deses recursos publicitarios para impulsar o rexeitamento en Chile). Daquela, algúns apuráronse a cualificar ás maiorías colombianas como de dereitas, ignorantes, estúpidas. Ao final, como podía ser que un pai preferise a guerra e non a paz?

Do mesmo xeito, moitos pregúntanse hoxe, como pode ser que o pobo chileno preferise a vella constitución de Pinochet a unha fermosa carta constitucional deseñada cun espírito woke? Quizabes estamos a nos facer a pregunta equivocada. E é que, así como no seu momento o rexeitamento do referéndum pola paz non debeu identificarse como unha predilección irracional do pobo colombiano pola guerra, do mesmo xeito é un erro identificar ao rexeitamento da nova constitución como unha morriña por Pinochet ou coma unha mostra do conservadorismo esencial do que Chile non serían quen de abandonar. Pois a realidade adoita ser moito máis sorprendente do que os analistas políticos chegan a ollar. Non por nada. Ese mesmo pobo que rexeitou a paz en Colombia en 2016 é o mesmo que hai poucos meses elixiu, por primeira vez na súa historia republicana, un goberno de esquerda liderado por un ex-guerrilleiro do M-19, cuxa fórmula vicepresidencial era unha recoñecida líder negra.

Insistirmos, persistirmos, resistirmos

Nese sentido, traducirmos o triunfo do Rexeitamento como un repregamento cara a unha política conservadora dos consensos co gran capital sería un dos peores erros históricos que podería cometer o goberno actual de Chile. Como quizais tamén o foi crer que o estalido social de 2019-2020 era unha autopsia plena para a liberación total e a implantación dun réxime de ledicia. É, polo contrario na fenda destas dúas teses apresuradas onde se abre todo o xogo da política. Por iso é tan importante recorrer a esa memoria americana para saber interpretar e traducir esas desconexións afectivas entre os gobernos populares e os seus pobos. Pero, aínda máis importante, para re-conectar con ese vello xeito da afouteza americana que consiste, por unha banda, en non soltar a man do pobo, e, por outra, evitar a chantaxe (conservador) das narrativas da derrota.

Ao final, o segredo de todo proceso emancipador consiste en insistirmos, persistirmos, resistirmos e nunca desistirmos. Porque como non se cansou de repetirnos  Simón Rodríguez ás xeración vindeiras, “ou inventamos ou erramos”.  

Artigo orixinal publicado en Jacobin América Latina o 20 de setembro do 2022. Para consultar a versión orixinal pódese ingresar aquí.

Informar de un error
Es necesario tener cuenta y acceder a ella para poder hacer envíos. Regístrate. Entra en tu cuenta.

Relacionadas

Ley de Amnistía
XV Legislatura Puigdemont pide abandonar “la vía judicial contra el independentismo” para apoyar una investidura
El líder de Junts apuesta por la amnistía y por el final de la vía autonómica en un escenario de nuevas relaciones con el Estado que puede determinar el nuevo ciclo político.
Chile
Chile La constitución a los pies de la ultraderecha
Se había dicho que esta iba a ser recordada como la constitución de los expertos, la de las élites, o la de los partidos tradicionales, pero parece que al final será recordada como la constitución de Kast.
Chile
Irina Karamanos: “No me voy a restar de espacios de militancia por estar donde estoy”
Militante feminista y exprimera dama de Chile por su decisión de acabar con este rol, Irina Karamanos se enfrenta a un equilibrio difícil que transita con respuestas cautelosas.
Que no te cuenten películas
Comunidad El Salto Suscríbete a El Salto y llévate seis meses de regalo a Filmin
Estas navidades, haz posible que El Salto llegue más lejos con sus contenidos críticos y llévate de regalo medio año de Filmin. Y si ya tienes Filmin, suscríbete a El Salto y regala el acceso a esta plataforma a quien quieras.
Siria
Rojava El rompecabezas sirio que estalló en Alepo
El nuevo escenario sirio se ha gestado bajo la intervención implacable de Turquía, patrocinadora del Ejercito Nacional Sirio y otros grupos yihadistas que libran la guerra de Erdogan contra el pueblo kurdo.
Inteligencia artificial
Inteligencia artificial Los creadores rechazan las licencias ampliadas para el uso de sus obras en la IA: “Es un genocidio cultural”
El Real Decreto para regular la concesión de licencias colectivas ampliadas para la explotación masiva de obras protegidas por derechos de propiedad intelectual para el desarrollo de modelos de Inteligencia Artificial recibe el rechazo generalizado.
Galicia
Economía ¿Quién lidera el negocio del eucalipto en Galicia al que Altri quiere sumarse?
El estallido social que ha producido el intento de la multinacional Altri y la Xunta de instalar una nueva celulosa en Galicia abre la necesidad de poner el foco en el sector forestal, donde se encuentran algunas de las mayores fortunas del Estado.
Cine
Ramón Lluis Bande “Asturies tiene sin construir el relato de su tiempo revolucionario”
El cineasta Ramón Lluis Bande entiende la memoria histórica como un “camino de exploración formal infinito” y de reflexión sobre el propio lenguaje cinematográfico “en relación con la realidad, la historia, el arte y la política”.
Opinión
Tratados UE-Mercosur, el acuerdo que acabará con el modelo de agricultura europeo
Toda la producción agroalimentaria familiar, de pequeña escala y que desarrollan la economía local va a salir perdiendo, sea en Europa o los cuatro países latinoamericanos.

Últimas

Personas sin hogar
Personas sin hogar Encierro en el Ayuntamiento de Granada para reclamar albergues para las personas sin hogar
Decenas de activistas exigen tratar, en el Día Internacional de los Derechos Humanos, con la alcaldesa de la ciudad sobre la necesidad de medidas urgentes ante la gravísima situación de las personas sin hogar en plena ola de frío.
Siria
Siria Israel bombardea la transición siria
Mientras el nuevo gobierno del país intenta proyectar legitimidad dentro y fuera de sus fronteras, el ejército sionista expande su control del territorio en los Altos del Golán, y Europa congela miles de solicitudes de asilo de personas sirias.
Derecho a la vivienda
Derecho a la vivienda La moratoria del ‘escudo social’ no ha servido para impedir tres de cada cuatro desahucios
Un redactado poco claro, que deja libertad a los jueces para saltarse la moratoria, limita su alcance. A pocas semanas de su fin, organizaciones de vivienda piden que sea mejorada, ampliada y convertida en permanente.
Baleares
Memoria histórica Acuerdo en Baleares entre la izquierda y el PP para no derogar la ley de memoria histórica
El Govern ya no buscará los apoyos de la ultraderecha en los presupuestos ni cumplirá con uno de los puntos más calientes del programa, como era la derogación de la ley de memoria democrática.
Tribuna
Tribuna El día después del derrocamiento de Al Asad en Siria
El pueblo sirio ha sufrido lo indecible en los últimos años en sus aspiraciones de soberanía y de liberación. La pregunta ahora es ¿cómo se va a reconfigurar el reparto de poder en Siria y en la región?
Más noticias
Tren de alta velocidad
Explotación laboral Huelga en Iryo para los días clave de Navidad: “Solo queremos que respeten el Estatuto de los Trabajadores”
CGT convoca paros los días fuertes de estas vacaciones para, antes de comenzar a negociar un convenio propio, conseguir el abono de dietas a la plantilla de tripulación y el cobro del plus de nocturnidad.
Estados Unidos
Estados Unidos Detenido el presunto autor del asesinato de un CEO: “Parece que tiene mala voluntad hacia las corporaciones”
El presunto asesino del director ejecutivo de UnitedHealth, Brian Thompson, ha elogiado en un manifiesto a Unabomber, el terrorista de la derecha estadounidense que en los 80 cometió varios atentados con fines políticos.
Opinión
Opinión Ante la bancarrota política de la izquierda
Una derecha cada vez más reaccionaria, una izquierda cada vez más débil y desorientada. Este podría ser un buen titular para describir la situación política que se vive en gran parte del mundo, también en Europa y en España.

Recomendadas

Fondos buitre
Madrid Ecosol, la cooperativa agroecológica que lucha por sobrevivir al desalojo del fondo buitre Élix Rent
Este gigante inmobiliario, que ya ha logrado hacerse con la práctica totalidad del edificio que alberga el proyecto, se niega a renovar su contrato de alquiler ya que busca rehabilitar el inmueble y alquilarlo a precios desorbitados.
Siria
Siria Cuando el miedo a la deportación es real: obligados a volver a Siria
Turquía lleva mucho tiempo deportando a los refugiados sirios. Aunque intenta justificar sus prácticas ante la comunidad mundial, estas vulneran el derecho internacional.
Argentina
Extrema derecha Un año del experimento Milei: 12 meses de ajuste y crueldad en Argentina
Este 10 de diciembre se cumple un año de Gobierno de La Libertad Avanza, un año de políticas ultraliberales, de recortes, despidos y privatizaciones que no han encontrado, al menos por ahora, nadie que lo detenga.