Balea Cultural
‘Luzes’ pola cultura
Luzes de Galiza xorde no ano 1985. A consciencia e os ideais comúns de todos os integrantes e colaboradores da revista, levou a crear un medio cultural que acompañou unha época chea de movementos que loitaban pola liberdade.

A prensa moi a miúdo responde a uns intereses concretos e afástase de informar, aproximándose incluso ao adoutrinamento. Ao redor de 1985 viña seguíndose no tempo unha longa ditadura e a transición, que marcou o ámbito cultural en gran medida e a todos os niveis. Hai que sinalar, ademais, que naqueles, e tamén nestes anos, o galego con gran frecuencia foi atacado incluso cunha belixerancia palpable, converténdose así nunha lingua desprezada e marxinada, e incluso perseguida na súa globalidade, no seu propio territorio. Desprezar unha lingua é desprezar unha cultura na súa meirande parte.
Nese 1985 xorde Luzes de Galiza, fundada por Xavier Seoane, Antón Baamonde, Lino Braxe e Manuel Rivas. O último pasará a ser quen dirixa a revista, mentres que os outros –xunto con moitos máis autores– van ser os encargados de escribir nesta publicación. Tamén o facía Manuel Rivas, a pesar de ser quen dirixía. Fundouse coa intención de intervir e de ter acción na sociedade, para que servise para dicir certas cousas que nos medios de comunicación convencionais non se dicían. Potenciaba unha visión avanzada, moderna e actualizada da cultura galega. Podía considerarse un factor de intervención.
Por isto, Luzes de Galiza convértese nunha forma de loita, de recordar que a cultura galega segue presente, no idioma galego, e que se está desprezando. A revista buscaba reivindicar todos estes feitos para os que a sociedade tiña os ollos pechados.

En Galicia, como en todo o Estado español, viviuse baixo as gadoupas da ditadura franquista entre os anos 1939 e 1975. E non pode esquecerse o panorama mundial, indisoluble en calquera contexto xeral, con feitos coma a liberación terceiromundista, o neocolonialismo económico e cultural, o imperialismo norteamericano, e por suposto, a Segunda Guerra Mundial, que tiveron unha incidencia notable na sociedade.
No ámbito estatal, o goberno totalitario do xeneral Franco, desde a autarquía foi abríndose paso moi lentamente cara a unha integración europea que se foi concretizando co Plan de Estabilización do ano 1959. Foi un proceso tardío e custoso, e as consecuencias sociais e culturais eran evidentes: perdéronse modelos e pautas, acentuáronse as relacións de dependencia, un empobrecemento xeralizado, etc.
Os sucesivos plans de desenvolvemento non foron capaces de atallar a crise, e nos anos sesenta e setenta a emigración a Europa converteuse na válvula de escape das clases populares. Tamén foron cobrando cada vez máis forza os movementos obreiros, baleirando progresivamente de contido os sindicatos verticais. Destaca tamén a elaboración paulatina dunha oposición política conxunta e democrática, e dos movementos de liberación nacional. Todo este activismo fixo aumentar e diversificou as formas de represión do Estado, dende o control e a censura das publicacións e da información ata a violencia policial.
Isto consegue que se entre nos anos setenta cun Rexime que mantén as todas as súas capacidades represoras baixo unha aparencia de modernidade. O descontento social estaba a medrar en diversos sectores, e morto o xeneral Franco no 1975, ábrese un período de debate entre os sectores inmobilistas, os grupos reformistas do franquismo e a oposición moderada, e a esquerda e os nacionalismos defensores dunha alternativa rupturista. Os grupos reformistas pactaron, creando unha alianza estable no ano 1977, que permitiu que se aprobase a Lei da Reforma Política, e no ano 1978 a Constitución.
No anos setenta, tras a profunda crise económica que sobrevén a Galicia –e sobre todo a partir do 1975– o nacionalismo vai ser protagonista na meirande parte dos conflitos sociais, xa que buscaba a transformación total con respecto ao réxime anterior. Non obstante, a pesar do intenso activismo, Galicia non apoia electoralmente este movemento e pasa a aceptar a alternativa autonómica que vai reforzar a presenza dos partidos estatais.
Luzes de Galiza era unha revista escrita integramente en idioma galego, o que nese momento provocaba unha gran chamada de atención á sociedade, xa que non eran demasiado comúns os medios de comunicación no propio idioma do territorio galego en tempos posfranquistas. Si é certo que non era a primeira publicación en galego dende a morte do xeneral Franco, mais si era un referente, tanto do idioma como político, e especialmente cultural.
Esta é a primeira das razóns: destacar o idioma galego como lingua propia, e lingua para todo. Especialmente lingua cultural, que era o campo de Luzes de Galiza. Cultura propia, e cultura no idioma propio. Créase, polo tanto, para dicir certas cousas que non se dicían. Para, como o seu propio nome indicaba, dar luz sobre unha serie de temas que, aínda que estaban a diario na sociedade, non recibían a atención merecida, ou eran esquivados tentando que a poboación se mantivese silenciosa.
Luzes de Galiza créase cunha clara intención reivindicativa de todas estas cuestións. A consciencia e ideais comúns de todos os integrantes e colaboradores da revista levou a crear unha revista cultural chea de trasfondos de protestas que unicamente buscaban a liberación de todo tipo. Buscaban que os galegos deixasen de estar inmersos nunha cegueira. Nun momento no que a sociedade pasa por unha grande inestabilidade política: a correcta información, sen manipulacións, é fundamental para que os cidadáns saiban o que ocorre ao seu redor.
A nova revista Luzes, que aparece no ano 2013 da man de Manuel Rivas e Xosé Manuel Pereiro, mantén as directrices principais de revista cultural centrada en política e nun contexto socio-cultural no que pretende abrir un camiño á sociedade para un máis amplo coñecemento cultural. A pesar de ter moitas máis facilidades de publicación e difusión que a súa predecesora, non abandona o seu carácter reivindicativo.
Con isto, pode entenderse que as semellanzas de contido son moitas, pero a miúdo tratadas de formas diferentes. As directrices principais cambian, hai que pensar que por cuestións de modernidade derivadas do paso do tempo. Con todo, segue sendo un exemplo da importancia da presenza dos medios non hexemónicos como forma de apertura e ao mesmo tempo de fuxida.
Este tipo de medios son esenciais na sociedade na que nos atopamos, chea dunha censura xa intrínseca que incluso pasa desapercibida. Os medios que se afastan de seguir as forzas hexemónicas tenden a amosar unha realidade social e a achegar apertura cultural. É a información que cumpre, que de verdade se necesita. “Hai que potenciar unha visión moderna, actualizada e veraz da cultura, e da cultura galega” en palabras de Xavier Seoane.
Relacionadas
Murcia
Extrema derecha
La Fiscalía de Murcia investigará si el presidente de Vox Murcia ha incurrido en delitos de odio
Opinión
Integración, valores europeos, y otros grandes chistes racistas
Opinión
Lo de Torre Pacheco tiene un nombre: terrorismo supremacista blanco
Comunidad de Madrid
Los bomberos forestales madrileños inician una huelga de un mes
Economía
¿Cómo funciona el mecanismo de defensa que Europa podría activar contra los aranceles de Trump?
El Salto n.79
La celulosa o la vida: periodismo situado y lucha social para frenar un ecocidio
Dependencia
El Gobierno reduce al 27% la inversión en el sistema de dependencia
Maternidad
La discriminación de las familias monoparentales por los permisos de nacimiento llega al TEDH
Fronteras
Las devoluciones en caliente de solicitantes de asilo pasan a ser política oficial en Alemania
Últimas
Comunidad El Salto
El Salto estrena nueva página: una web como una casa
Palestina
Israel despeja la zona de Rafah para su “ciudad humanitaria”, denunciada como un futuro campo de concentración
Alicante
Denuncian cortes de suministro en pleno verano por parte de Aguas de Alicante
Junta de Andalucía
La Audiencia de Sevilla eleva a la UE la sentencia absolutoria del Constitucional del caso ERE
Sindicatos
Extremadura con Las Seis de La Suiza
Opinión
Redes sociales
Todos vivimos ahora en el castillo del vampiro
Palestina
La coordinadora europea contra el antisemitismo dice que los informes sobre la hambruna en Gaza “son rumores”
Euskal Herria
“No matan los ríos, mares ni montañas, matan las políticas migratorias”
Palestina
Más de mil caras conocidas de la cultura exigen al Gobierno que cese la venta de armas a Israel
Recomendadas
Málaga
Málaga, el punto de inversión para los fondos israelíes a pie de playa
Feminismos
Patricia Reguero
“Mis relatos están escritos al lado de otras, arropada por la escucha de otras”
LGTBIAQ+
Mana Muscarsel
“La amistad da más juego para salir de la lógica de la familia porque tiene menos reglas"
Barcelona
El reciclaje invisible: la relación entre la chatarra y la ciudad de Barcelona
Para comentar en este artículo tienes que estar registrado. Si ya tienes una cuenta, inicia sesión. Si todavía no la tienes, puedes crear una aquí en dos minutos sin coste ni números de cuenta.
Si eres socio/a puedes comentar sin moderación previa y valorar comentarios. El resto de comentarios son moderados y aprobados por la Redacción de El Salto. Para comentar sin moderación, ¡suscríbete!