Antropología
A sociedade do risco: aprendizaxes do desastre do Prestige na crise do coronavirus

Hai certas analoxías entre a catástrofe do Prestige e a crise do coronavirus. Conseguiremos aprender delas?

Voluntarios limpian chapapote en la costa gallega procedente del Prestige
Voluntarios limpan chapapote tras o accidente do Prestige. Stéphane M. Grueso

AGANTRO (Asociación Galega de Antropoloxía Social e Cultural)
guadalupe.jimenez@usc.es

25 may 2020 16:24

Os traxes brancos de seguridade empregados para a limpeza do chapapote tras o desastre do Prestige volven ser precisos para enfrontar esta pandemia do COVID-19. Na Costa da Morte concellos e particulares doaron os traxes de protección que tiñan gardados no fondo do armario, polo si ou polo non, ao hospital Virxe da Xunqueira de Cee. Esta analoxía entre o desastre acontecido nas nosas costas, hai agora dezaoito anos, e a actual crisis causada polo coronavirus pode resultar anecdótica pero dende a antropoloxía e as ciencias sociais podemos trazar certas analoxías. Na percepción dos riscos, na xestión das catástrofes e, moi especialmente, nas consecuencias observables no longo prazo hai pautas que se repiten e aprendizaxes que podemos sacar daquelas e que poden axudarnos nesta situación. A cuestión é, estamos dispostas a aprender ou estamos condenadas a repetir?

Sociedade do risco

Diante da Costa da Morte pasan de maneira cotiá obxectos obsoletos como o barco monocasco Prestige, cargado de fuel altamente contaminante, que poden supoñer unha catástrofe en calquera momento. Os seus habitantes sábeno ben pois periodicamente, como se do Xacobeo se tratara, sofren as consecuencias de vivirmos na chamada “sociedade do risco” e mais dunha economía baseada na industria petroleira. De feito hai unha especie de solapamento bizarro entre catástrofes, xuízos e compensacións e a inevitabilidade do seguinte desastre é practicamente unha certeza. Isto é o que Robert Nixon chama “violencia lenta”: unha silenciosa e persistente destrución de zonas periféricas e vulnerables como a Costa da Morte pero que, no cómputo global, é entendida e incluso aceptada como parte dos efectos secundarios do propio proceso de modernización e tecnificación da sociedade. Como analizaran xa nos anos noventa Anthony Giddens e Ulrich Beck, na sociedade actual a produción de riqueza para uns poucos xera unha serie de riscos con enormes custes para a poboación e os lugares que parten dunha situación de fraxilidade soen pagar a maragota. No cómputo global Galiza é un lugar “descartable”, sacrificable en pos da modernidade e o crecemento económico, como hoxe parecen descartables algunhas das persoas máis afectadas pola pandemia.

Pero non sempre. Dende que estes autores lanzaran as súas teorías a sociedade do risco tamén foi mudando pois estes efectos son cada vez máis difusos, globais, con afectacións transnacionais. As verteduras tóxicas pero tamén as pandemias, o cambio climático ou a radiacións nucleares son riscos inespecíficos que afectan máis claramente ás clases baixas, as periferias do mundo e aos sectores vulnerables pero que cada vez máis supoñen unha ameaza crecente para sectores privilexiados que ata non hai moito se sentían seguros, inmunes, protexidos. Este novo contacto coa vulnerabilidade e a incerteza, o pan de cada día para os pobres, toca agora os medos máis profundos das clases altas.

No cómputo global Galiza é un lugar “descartable”, sacrificable en pos da modernidade e o crecemento económico, como hoxe parecen descartables algunhas das persoas máis afectadas pola pandemia.

Ademais nos estudos sobre a sociedade do risco, os aspectos máis relevantes van máis aló da catástrofe puntual pois hai unha serie de transformacións económicas, sociais e culturais só detectables no longo prazo. Un dos exemplos máis claros é a aceptación de fortes medidas de control e vixilancia masiva como forma de prevención dos riscos. Gobernos, pero tamén grandes corporacións tecnolóxicas, acceden a datos das nosas vidas cotiás como forma de garantir o noso suposto ben. Con todo, os sistemas de vixilancia non son garantía da evitación das catástrofes e tampouco os nosos gobernantes pareceran desexalo. Para as miradas curto-prazo da xestión política contemporánea, a predición das futuras consecuencias do sistema produtivo actual e a planificación dun forte sistema público de saúde, educación, ciencia e investigación, parece cousa de meigas. As estratexias pasan por negar e relativizar os indicios que mostran algúns científicos e técnicos avezados ata que, co desastre xa nas nosas costas, a base de capital público, e grazas ao esforzo dos sectores máis precarizados,  terminamos tirando pola rúa do medio e facendo fronte ás consecuencias desastrosas do sistema capitalista de mercado. Os desastres evidencian as íntimas interconexións entre o público e o privado e así os custes pagámolos todas cos nosos impostos ou redobrando os nosos traballos de coidado, servindo de colchón amortecedor a posteriori de catástrofes previsibles.

Pero, ollo, que nas catástrofes tamén se xeran importantes beneficios que, novamente, pasan por diante dos ollos da poboación: socializar as perdas e privatizar as ganancias é un mecanismo ben coñecido.

Algunhas escenas do Prestige para escenarios da pandemia

O Prestige foi o último desta cadea de desastres contaminantes que ten á Costa da Morte como o seu escenario. Este barco representa a absurdeza das prácticas propias da globalización: construído en Xapón, con bandeira de Bahamas, rexistrado en Nassau, propiedade dunha corporación de Liberia, xestionado e capitaneado por unha compañía Grega, asegurado en Inglaterra e cun certificado de navegación vixente expedido nos EEUU, circulando polo mundo para nutrir a industria petroleira. O Prestige é o paradigma da sociedade do risco e o petro-capitalismo: o risco non está delimitado xeograficamente, o perigo pode vir de calquera lugar, pode provocar consecuencias incalculables e incontrolables, pode pasar outra vez e así ata o infinito. Ademais despois dun longo xuízo determinouse simplemente que non existise maneira ningunha de facer ben as cousas, que tanto atallar a vertedura como quedar de brazos cruzados diante dunha catástrofe monumental era igualmente válido, e que o único responsable era o vello capitán grego por desobedecer ás autoridades.

O Prestige é o paradigma da sociedade do risco e o petro-capitalismo: o risco non está delimitado xeograficamente, o perigo pode vir de calquera lugar, pode provocar consecuencias incalculables e incontrolables, pode pasar outra vez e así ata o infinito.

Como agora estamos vendo na crise da Covid-19, dende o comezo optouse por unha campaña de negación e minimización da gravidade da vertedura que a xente estaba vendo cos seus propios ollos e a padecer as consecuencias nos seus propios corpos. As fontes oficiais que falaban deses famosos “hilillos de plastilina” seguían máis as necesidade políticas de chamamento á calma que os criterios científicos, que falaban dunha das peores catástrofes medioambientais da historia polo tipo, volume e extensión da vertedura. Esta pretendida imaxe de normalidade e tranquilidade foi nefasta xa que impediu a reacción inmediata e contención da marea negra e algúns sectores fundamentais quedaron á espera de instrucións e de que os técnicos oficiais viñesen arranxar o problema, mentres que o chapapote tinguía de negro ata o último recuncho. Pero no longo prazo, a nivel social esta parálise é unha das faíscas que seguen a favorecer unha gran corrosión e ruptura do consenso, xa que as distintas definicións e versións do acontecido seguen presentándose como igualmente válidas, impedindo a día de hoxe construírse como unha comunidade de afectados e afrontar de forma colectiva e positiva o trauma.

A capitalización do traballo das demais

Como di o escritor Miguel-Anxo Murado, a idea de Galicia no resto do estado e mesmo para a poboación galega é a dunha terra virxe, verde e pouco industrializada, unha especie de 'paisaxe inocente', a nosa terra nai; e o Prestige representaba unha terrible agresión dunha substancia negra, pegañenta, asoballante. Fronte ao choque producido por esta imaxe o contrapunto máis positivo que temos na nosa memoria colectiva é a de miles de persoas voluntarias que se sentiron afectadas polo desastre e viñeron dende lonxe a retirar chapapote. Estas persoas voluntarias contribuíron a construír a mesma idea de catástrofe para a poboación local e tamén, cara fóra, para que se fixera visible nos medios a súa magnitude fronte á pretendida normalidade.

Pero hai máis. Como agora está ocorrendo coas redes familiares, veciñais e informais que sosteñen a vida cotiá durante o confinamento —e tantas persoas anónimas que cobren as necesidades de coidado, entre 100.000-300.000 persoas prestaran voluntaria e gratuitamente a súa man de obra á recuperación da imaxe da Costa da Morte despois da catástrofe. Este é un dos apartados que tenden a pasar desapercibidos nas contas oficiais pero que son básicos dende a economía feminista. O voluntariado e as mulleres locais que se ocuparon das tarefas de intendencia, cubriron unha parte dos servizos de limpeza que logo desenvolverían empresas cun alto custo de substitución e, con todo, finalmente foi a operación máis cara da historia. O voluntariado puxo a catástrofe e a propia Costa da Morte no mapa e doou a súa forza de traballo contribuíndo á recuperación precoz da aparencia de normalidade, tamén coñecido como restauración medioambiental ou 'branqueamento'. A súa imaxe positiva serviu de maneira involuntaria á terciarización da economía local na senda do chamado 'turismo do desastre', tendo o efecto de reconverter vello sistema produtivo baseado na pesca, agricultura e gandería cara ao sector servizos e o turismo.

Como agora está ocorrendo coas redes familiares, veciñais e informais que sosteñen a vida cotiá durante o confinamento, entre 100.000-300.000 persoas prestaran voluntaria e gratuitamente a súa man de obra á recuperación da imaxe da Costa da Morte.

Capitalismo do desastre

E é agora, despois de dezaoito anos do desastre do Prestige, que no meu traballo de campo como antropóloga na Costa da Morte puiden observar os efectos do que a autora Naomi Klein chama 'capitalismo do desastre'. É ben sabido polos pais da economía política neoliberal que as catástrofes serven como unha especie de 'tabula rasa' xa que nos momentos de choque e incerteza da poboación é moito máis doado desenvolver medidas impopulares e imprevisibles que doutro xeito non serían aceptables, traendo como consecuencia a transformación dos  sistemas económicos tradicionais e novas oportunidades de mercado para uns poucos. Esta autora analiza desastres como o do furacán Katrina que operou transformando completamente a cidade sen que a poboación fose consciente: forzou aos residentes dos barrios asolagados a vender as súas casas a operadores privados, desprazouse á poboación de clase baixa a outros lugares 'máis seguros', o sistema educativo público foi 'rescatado' por empresas privadas, etc. No longo prazo, que é cando se ven os resultados destas medidas desregularizadoras desenvolvidas e presentadas como un marabilloso ben para a sociedade, é que as grandes beneficiadas foron as empresas de limpeza e as construtoras, mentres que a poboación só puido ver incrementada a desigualdade e a súa expulsión dos barrios céntricos.

O desastre do Prestige e a Costa da Morte é un exemplo soberbio desta estratexia da doutrina do choque e capitalismo do desastre. Parece que dezaoito anos máis tarde, despois da pandemia, por fin vai inaugurarse o Parador de Muxía máis coñecido como o Parador do Prestige. Un parador que era parte, xunto ás autoestradas e os portos deportivos que agromaron pola zona, do denominado Plan Galicia: unha serie de infraestruturas prometidas antes das eleccións do 2003 e que tiñan como obxectivo a dinamización económica da Costa da Morte en particular e Galicia en xeral despois do desastre do Prestige.

Dio claramente o que fose alcalde de Muxía nese momento: «O Prestige foi un desastre... e unha oportunidade». Así, na miña investigación de campo, pareceume paradoxal que nas máis de 500 páxinas de diario de campo, 40 horas de entrevistas en profundidade, 2500 fotografías e algunhas horas de vídeo non houbo mencións explícitas nin evidencias de que estaba na que fora a zona cero da catástrofe. Unha parte da miña tese de doutoramento consistiu en analizar os silencios e o esvaecemento do Prestige como evento de consecuencias negativas, como pode transformarse tan profundamente o sentido dunha catástrofe de tal magnitude na nosa historia recente. Dezaoito anos despois pouco queda no noso recordo do que foi o Prestige como feito negativo, mentres que vai se vai impoñendo un discurso maioritario que subliña o 'prestixio' que trouxo o Prestige, as fértiles oportunidades políticas e de mercado que supuxo para sectores minoritarios da poboación.

Mentres van apagándose as voces que reclamaban Nunca Máis agora van aparecendo as voces que reclaman que suceda 'Outro Máis'. Esta expresión que escoitei varias veces, mesmo en persoas das clases máis baixas, paréceme a culminación máis perversa da sociedade do risco e do capitalismo do desastre. Hai unha certa aceptación a ser o vertedoiro do mundo e esperan o seguinte desastre nas súas costas para que, como efecto colateral, caian algunhas migallas en forma de emprego na limpeza dos tóxicos, nas empresas construtoras ou nos negocios turísticos con data de caducidade, mentres a mocidade emigra en desbandada. E así, eternamente, nunha carreira suicida cara adiante e nun loop bizarro de catástrofes, reconstrucións e pobreza.

Mentres van apagándose as voces que reclamaban Nunca Máis agora van aparecendo as voces que reclaman que suceda 'Outro Máis'. Esta expresión paréceme a culminación máis perversa da sociedade do risco e do capitalismo do desastre.

Na catástrofe do Prestige hai unha gran cantidade de aprendizaxes dos que podemos tirar para coñecer como funciona a sociedade do risco, como se xestionan as catástrofes e, moi especialmente que consecuencias poderíamos observar no longo prazo despois desta situación de pandemia que vivimos na actualidade. Ou é que queredes Outra Máis?  

Informar de un error
Es necesario tener cuenta y acceder a ella para poder hacer envíos. Regístrate. Entra en tu cuenta.

Relacionadas

AGANTRO
Agantro Tatuaxe: terapia e tendencia
Da marxinación á moda, o carácter simbólico e ritual da tatuaxe atópase actualmente erosionado polas dinámicas capitalistas.
AGANTRO
Agantro O número 262 dunha rúa no Porto
Nunha casa do Porto estudantes de todo o mundo entrelazan culturas e lembranzas, deixando nas súas paredes un rastro de convivencia e cambio continuo.
AGANTRO
México O mundo en chamas
Escribo dende México sobre a violencia no país e no mundo, pois alén da invención da «narcocultura», compre reflexionarmos sobre o violentamento global do imaxinario, a sociedade e a política.
Tribuna
Tribuna Para acabar de una vez con las nucleares: sobre el último intento de prolongar la vida de las centrales
Los voceros de la nuclear han encontrado la oportunidad ideal para difundir sus bulos con el apagón del 28 de abril. Quieren generar polémica para mantener operativa una infraestructura innecesaria, peligrosa y que genera residuos incontrolables.
Comunidad de Madrid
Luis A. Ruiz Casero “Durante la transición la cárcel de Carabanchel albergó a más presos que en algunos años del franquismo”
De los presos franquistas que construyeron el penal, pasando por los que fueron fusilados, hasta los revolucionarios que pusieron patas arriba el centro penitenciario con iniciativas como la COPEL, Luis A. Ruiz Casero ofrece en 'Carabanchel. La estrella de la muerte del franquismo', un documentado homenaje a las luchas de las personas internas.
Laboral
Laboral Los sindicatos convocan huelga en Mediapro durante las últimas jornadas de la liga de fútbol
El final de la liga de fútbol podría no verse en televisión si la empresa HBS, nueva adjudicataria de la producción de La Liga, no garantiza la subrogación del personal. Los sindicatos han convocado huelga del 13 al 27 de mayo en el grupo Mediapro.
Análisis
Análisis ¿Existe una identidad europea?
El 9 de mayo se celebra el “día de Europa”, que conmemora la paz y la unidad en el continente y que coincide con la declaración presentada en 1950 por Robert Schuman que sentó las bases de la cooperación europea. Pero, ¿qué es Europa realmente?

Últimas

Sanidad
GENOCIDIO EN GAZA 200 trabajadoras del Hospital de Cruces piden vetar los fármacos de Teva Pharm
Las profesionales sanitarias registraron el pasado 2 de mayo una petición ante la Dirección de Osakidetza para exigir la retirada inmediata de todos los productos de la farmacéutica israelí.
Ayuntamiento de Madrid
Fórmula 1 en Madrid Madring: el gran evento de la “marca Madrid” que no respeta trámites ni esperas
El Ayuntamiento ha aprobado la licencia de obras del futuro circuito de Fórmula 1 mientras el plan urbanístico del mismo está recurrido en el Tribunal Superior de Justicia de Madrid y sin resolver a las alegaciones de la oposición ni vecinales.
Madrid
Madrid El grito de ‘Altri Non!’ llega al Congreso de los Diputados
La Plataforma Ulloa Viva y organizaciones ecologistas exigen directamente al Gobierno español que rechace subvencionar el proyecto de la macrofábrica de celulosa y que respete la voluntad del pueblo gallego.
El Salto Radio
El Salto Radio Malismo
Hacerse el “malote” aporta beneficios: entrevista con Mauro Entrialgo, autor de Malismo, un ensayo sobre los mecanismos de ostentación del mal
Más noticias
Libertad de expresión
Libertad de expresión La Justicia da la razón al humorista Héctor de Miguel, Quequé, frente a la denuncia de Abogados Cristianos
La Audiencia Provincial de Madrid estima el recurso de apelación presentado por Héctor de Miguel, imputado por unas declaraciones tras una denuncia de Abogados Cristianos.
Senegal
Senegal El Gobierno senegalés cumple su primer año en el poder con más preguntas que respuestas
El Pastef, el partido panafricanista senegalés, llegó a la presidencia a finales de marzo de 2024 con propuestas radicales de cambio. Un año después, limitado por la deuda externa, mantiene el apoyo popular mientras busca un nuevo acuerdo con el FMI.

Recomendadas

Pensamiento
Lola Olufemi “No me atraen las utopías lejanas, estoy más interesada en el ahora”
La escritora e investigadora británica Lola Olufemi trabaja desde la certeza de que el presente no es una jaula, desde la confianza en que viviremos cosas diferentes aunque no se sepa exactamente de qué tipo van a ser.
Industria armamentística
Genocidio Las relaciones armamentísticas de España e Israel han sido “más lucrativas que nunca” desde octubre de 2023
Un informe del Centre Delàs señala diferencias significativas en las armas que España dice que ha vendido a Israel y las que Israel registra. Las empresas israelíes han firmado 46 contratos con las administraciones por más de mil millones.
Catalunya
Acción directa Las Sublevaciones de la Tierra francesas llegan a Catalunya: “Necesitamos una forma nueva de luchar”
Una acampada de tres días y una acción simbólica han sido el pistoletazo de salida de Revoltes de la Terra. La organización ha sido capaz de unir a ecologistas de campo, de ciudad y campesinado en una dinámica de lucha “nueva”.