We can't find the internet
Attempting to reconnect
Something went wrong!
Hang in there while we get back on track
Sector del juego
As casas de apostas, un novo ataque á clase obreira
A xuventude obreira e inmigrante, no punto de mira das casas de apostas. Máis de 3600 máquinas comecartos enchen bares e cafeterías galegas.
Dende o ano 2011, coa regulación do xogo realizada pola Xunta de Galiza, vense producindo un boom dos locais de apostas deportivas, así como dos terminais de xogo instalados en bares e cafetarías. Tanto é así, que o cupo establecido inicialmente en 2000 terminais, foi elevado polo goberno de Feijoo no ano 2017 até fixar á cifra máxima en 3600 unidades. A día de hoxe, e se ben as cifras flutúan, o cupo está virtualmente completo.
A súa principal fonte de ingresos é a explotación da necesidade das persoas que ven nas apostas unha vía para complementar, cando non directamente substituír, uns salarios de miseria
Esta expansión do xogo ten un especial impacto nos barrios obreiros das cidades, así como nas zonas de ocio e lecer da xuventude. Barrios populares da Coruña como o de Monte Alto, A Agra do Orzan ou Os Mallos, habitados principalmente por obreiros e nalgúns dos cales a poboación inmigrante ten un gran peso, son algunhas das zonas con maior implantación dos locais de apostas, ocupando amplos locais. O mesmo acontece nas zonas de lecer nocturno, con establecementos que permanecen abertos até a madrugada.
As casas de apostas teñen como obxectivo á xove clase traballadora, aa persoas migrantes... En resumo, a súa principal fonte de ingresos é a explotación da necesidade e esperanza daqueles que ven nas apostas unha vía rápida para conseguir uns ingresos que complementen, cando non directamente substitúan, uns salarios de miseria. Para o que non escatiman en publicidade e ofertas difundidas en tódolos formatos dispoñibles, bombardeando á xuventude coa súa mensaxe de “aposta e gaña”.
Unión Anarcosindicalista da Coruña únese á denuncia que se está a realizar tanto a nivel nacional como estatal deste ataque á clase obreira, cunha campaña que ten como obxectivo visibilizar e xerar conciencia sobre a realidade que se atopa agochada tras os anuncios de televisión e as estrelas deportivas que enmascaran un simple feito: E é que as casas de apostas sempre gañan, mentres que a clase obreira sempre perde.
Sector del juego
Vivir fuera de juego, antes de que sea demasiado tarde
Las casas de apuestas continúan creciendo Euskal Herria al mismo tiempo que se incrementan los casos de ludopatía.