Medio rural
A nosa Alexandría

Unha forma de imaxinar a forza das bibliotecas populares nos contextos rurais da Galiza.
17 jul 2021 08:38

No centro do concello, hai unha biblioteca recentemente reformada. É un edificio que destaca no pequeno territorio que habita: dunha moderna cor branca, con muros de cristal e imaxes  de ilustres autores das nosas letras.  Ao entrar, hai unha modesta cantidade de material bibliográfico disposta en alongados libreiros de madeira. No centro, un sofá con varios xornais do día.  Na parte superior, algúns equipos de computo. O edificio está case completamente baleiro.

A biblioteca municipal ten un horario limitado: pola mañá un par de horas e pola tarde catro horas máis, dirixidas aos estudantes da escola local. Aínda no horario vesperal, a biblioteca loce apenas habitada. As veces, os mozos dedican a tarde a empregar os computadores: xogan, conversan ou escriben traballos escolares. Mesmo así, a biblioteca é unha nave silenciosa que se impón na paisaxe rural.

O escenario desta biblioteca invita a unha pregunta importante: que significa a súa presenza nos nosos espazos rurais? Ou que podería significar?

A moderna biblioteca do concello é a representación dun proxecto intelectual. As súas impoñentes paredes brancas de concreto e os enormes lemas impostos nas fiestras indican a súa distinción vital: unha illa letrada diferenciada da súa realidade inmediata. De alí, xorde a súa anomalía paisaxística moderna que fractura  a orde visual da vila. Esta biblioteca, ao igual que moitas outras, son construídas co aspecto dun templo contemporáneo. Os seus deseños vangardistas son a súa marca característica. A través del, anúncianse como centros de progreso e innovación.

Xa que logo, estes espazos non só son singulares pola súa arquitectura suxestiva -aínda que este trazo cumpre unha función clave-.  Senón pola súa propia dinámica cerimonial: o silencio, o trato profundamente respectuoso co entorno e o rigoroso horario. O visitante experimenta unha forma de se achegar ao coñecemento a través dunha estrita norma performática. A biblioteca semella un templo silencioso e impoñente.

A biblioteca dispón unha forma de se achegar ao saber e tamén configura unha certa forma de conceptualizalo. Os discursos que alí se despregan parecen suspendidos do mundo das palabras terrenais: todas están organizados en volumes aos que se accede en silencio, nunha estraña soidade compartida. O saber pasa a ser una relación de enunciados almacenados nun artefacto ao que se accede pola mera iniciativa individual. Ti e o libro, sos. Alguén pensara algunha vez na construción da vontade solitaria que nos permite achegarnos ao libro? na sutil valentía de quen se convoca en soidade para atender as palabras alleas? Todo iso é o exercicio que posibilita a biblioteca  herdeira das máis altas pretensións ilustradas. Tampouco teríamos que esquecer que as bibliotecas das nosas cidades son adaptacións -máis ou menos logradas- das bibliotecas escolares e universitarias.

Con todo, aquí do que se trata non é de subestimar un proxecto intelectual ao que lle debemos tanto. Certamente, a biblioteca de muros anchos e libros de difícil acceso foi o niño dos máis importantes encontros intelectuais  -presenciais e simbólicos- e tamén un importante refuxio -palabra que retomaremos máis adiante- en tempos de crise. Basta lembrar a marabillosa historia de Erich Auerbach na biblioteca pública de Estambul  durante a guerra escribindo un libro clave na historia das nosas filoloxías. 

As biblioteca sempre son máis que almacenes organizados de obras bibliográficas. As súas funcións secretas aparecían xa en Alexandría. Ao mesmo que tempo que resgardaba o rexistro dun impoñente pasado escrito, tamén servía para recuperar, coidar e imaxinar formas xustas de recuperar textos e palabras perdidas. Había na labor de Zenódoto unha gran fame creativa que se facía responsable do paso do tempo, da organización da historia e de honrar aos mortos. A biblioteca demostra que tamén pode producir compromisos que exceden ese ritual que oscila entre o paseo polos estantes e a visita dos computadores que levan un fondo de pantalla da Xunta de Galicia.

Entón, que relación poden gardar as bibliotecas cos noso espazos rurais? Cal é a súa forza nun lugar onde a maior parte da xente maior presenta dificultades para ler ou, no peor do casos, non son capaces de facelo na súa primeira lingua? Nese horizonte, paga a pena regresar a dimensión práctica de Alexandría, pero tamén a proxectos menos ambiciosos: bibliotecas populares e anarquistas, bibliotecas móbiles, pequenos teatros de monicreques,  trobadores, bancos de ferramentas.

Ao igual que a biblioteca, todos eses espazos sitúanse nun terreo límite que nos interesa visitar. É a fronteira entre a palabra como fósil e como suspiro. Ambas posibilidades aparecen nesas primeiras bibliotecas. Na tarefa de Zenódoto había un profundo respecto pola palabra rexistrada. Aínda que só fose interpretable para un grupo de sabios, a palabra merecía ser conservada e recuperada na súa lingua orixinal. Nese mesmo movemento, o famoso gramático conservaba un certo compromiso co mundo colectivo: a organización e coidado dos textos serviría para dar sentido a unha historia que involucraba a pobos enteiros e tamén animaba un exercicio vital na práctica filolóxica: aprender a honrar aos mortos. Esa dimensión do traballo filolóxico anima  á palabra e pode convertela nunha fonte da vida colectiva, un suspiro.

A palabra, entendida nese dobre sentido (fosil-suspiro), está presente en moitas organizacións de base ou de traballo popular. As biblioteca do noso rural poderían escoitar certas experiencias que suxiren  respostas para o noso contexto.

Unha ferramenta básica de traballo podería ser a recuperación da palabra falada na biblioteca. As lecturas en voz alta, os recitais de poesía ou o teatro presentan plataformas para iniciar unha conversación. Máis alá do seu atractivo estético, a activación da oralidade que supoñen estas prácticas leva implícita unha invitación  a escoitar e  participar nun intercambio de palabras. Isto parece propoñer un exercicio oposto ao da biblioteca tradicional: atrevernos a encher de ruído eses espazos silencioso. Ao contrario do que se pensa, as conversas derivadas destes encontros non deberían atopar unha finalidade plenamente intelectual. Non se trata de chegar a grandes conclusións ou de publicar sofisticadas actas. Aquí apenas interesa a celebración da nosa presenza.

Isto lévanos a outro recurso marabilloso: a biblioteca que se presenta fóra das súas catro paredes. Hai moita literatura relacionada coas bibliotecas montadas en vehículos diversos. Do que aquí se trata é de tomar en consideración que moitos dos nosos maiores viven confinados en casas illadas. A biblioteca pode asumir o compromiso de acompañalos e acompañalas. As humanidades son capaces de cumprir esa función primordial na preservación da vida: o acompañamento. Ao respecto, hai rexistro de diversos proxectos que se dedican a ler a persoas en situacións de emerxencia ou dunha crise persoal. 

Ao igual que a biblioteca de Alexandría, as nosas bibliotecas tamén se poderían converter en bancos da memoria. Alí hai ferramentas suficiente para imaxinar un arquivo local que recolla as experiencias das nosas aldeas.  As aportacións poderían ser diversas -fotografías, cartas, libros, obxectos- e poderían ser propostas por todo tipo de persoas. Apenas algúns responsables terían que facer un traballo de organización e exhibición que facilitase este proceso. Países con historias de xustiza transicional recorreron en diversas ocasións a prácticas desta natureza.

A biblioteca que imaxinamos neste breve exercicio esta comprometida cos dereitos da colectividade. Non é en ningún sentido unha “nova” biblioteca, senón todo o contrario. É unha biblioteca que se alimenta da súa historia perdida e da historia perdida do lugar onde habita. Ao igual que un gran amigo imaxinou a lectura como refuxio durante a crise sanitaria e creou un fermoso proxecto on-line, as bibliotecas poden recuperar esa palabra tan maltratada nos últimos anos e converterse, de novo, en refuxios marabillosos.

Sobre este blog
Espazo literario adicado a difundir a idea de que outros estilos de vida son posibles. Un repertorio que busca dignificar as experiencias e os coñecementos que existen nas zonas rurais a través da observación, reflexión e narración da vida social e cultural dunha aldea galega.
Ver todas las entradas
Informar de un error
Es necesario tener cuenta y acceder a ella para poder hacer envíos. Regístrate. Entra en tu cuenta.

Relacionadas

Literatura
Luis Carlos Barragán “Lo más preciado que tenemos, las memorias que atesoramos, de repente son solo un producto más”
Luis Carlos Barragán desafía las narrativas hegemónicas de género y sexualidad a partir de la construcción de identidades híbridas entre lo humano y no humano que trascienden las limitaciones impuestas por las estructuras normativas de poder.
Notas a pie de página
Notas a pie de página La fantasía de las esposas perfectas
Hace mucho tiempo que la figura de la abnegada esposa tiene cuota de pantalla. Una obra literaria de ciencia ficción, escrita en los años 70, ha sido adaptada hasta tres veces al cine, en cada ocasión según la atmósfera de la época.
Palestina
Semana de Lectura por Palestina Literatura palestina toma el Metro de Madrid
Tuneando la campaña “Libros a la calle” activistas distribuyen poesía de autores palestinos en el transporte público madrileño en la semana de lectura por Palestina.
Sobre este blog
Espazo literario adicado a difundir a idea de que outros estilos de vida son posibles. Un repertorio que busca dignificar as experiencias e os coñecementos que existen nas zonas rurais a través da observación, reflexión e narración da vida social e cultural dunha aldea galega.
Ver todas las entradas
Pensamiento
Sarah Jaffe “En realidad tenemos que hacer menos. E impedir que algunas cosas sucedan”
La escritora y periodista Sarah Jaffe aborda el desengaño cotidiano al que nos aboca el mundo laboral e investiga cómo, a pesar de todo, las personas se organizan colectivamente en sus empleos para que “trabajar apeste menos”.
Ocupación israelí
Palestina Vivir en alerta: la resistencia palestina frente la ocupación israelí
La cruda realidad de las feministas palestinas que, ante la represión y las detenciones arbitrarias, continúan su lucha por la libertad, la justicia y los derechos humanos.
Que no te cuenten películas
Comunidad El Salto Suscríbete a El Salto y llévate seis meses de regalo a Filmin
Estas navidades, haz posible que El Salto llegue más lejos con sus contenidos críticos y llévate de regalo medio año de Filmin. Y si ya tienes Filmin, suscríbete a El Salto y regala el acceso a esta plataforma a quien quieras.
Análisis
Análisis El independentismo se reorganiza, pero ¿sigue siendo independentista?
Los partidos independentistas han sufrido la crisis del procés y el posprocés, y todavía no la han resuelto, sino, a lo sumo, la han aplazado. El PSC aparece como el ganador de una carrera con corredores agotados.
Madrid
Ciudades Fake Madrid, un paseo por los hitos del simulacro
Un recorrido por los grandes éxitos de la conversión de Madrid en una ciudad irreal.
Opinión
Opinión Sobrevivir pagando en el Álvaro Cunqueiro
Una de las victorias ideológicas del PP de Feijóo en Galicia ha sido hacernos creer que pagar por servicios esenciales en los hospitales durante el cuidado de nuestros enfermos es lo natural, que no hay otra manera de abordarlo, pero es mentira.

Últimas

Palestina
Eyad Yousef “No cuentes lo que queremos ser, cuenta lo que nunca hemos dejado de ser: un pueblo que quiere la paz"
Eyad Yousef es profesor en la Universidad de Birzeit, Cisjordania, y comparte su experiencia en una universidad que “representa el pluralismo y la libertad que tanto anhela la sociedad palestina”
Siria
Oriente Próximo Israel impone hechos consumados sobre Siria para condicionar la transición según sus intereses
“Está escrito que el futuro de Jerusalén es expandirse hasta Damasco”, dijo este octubre el ministro de Finanzas israelí, Bezalel Smotrich, uno de los exponentes ultras del Ejecutivo.
Ocupación israelí
Ocupación israelí Un tercio de los asesinatos de periodistas en 2024 fueron obra del ejército de Israel
Reporteros Sin Fronteras documenta la muerte de 18 periodistas en Palestina y Líbano este año “asesinados deliberadamente por hacer su trabajo” y habla de una “masacre sin precedentes” de profesionales del periodismo.
Crisis energética
Análisis Los aerogeneradores no son molinos, son gigantes
El megaproyecto eólico del Clúster Maestrazgo, punta de lanza del capitalismo verde, destruirá un área natural de alrededor de 1325 campos de fútbol.
Ecofeminismo
COP29 La brecha de género en las Cumbres del Clima
VV.AA.
Las cumbres del clima no están aisladas del resto de espacios políticos y también están atravesados por las dinámicas patriarcales, pero ¿en qué lo notamos? ¿cómo abordan las negociaciones climáticas las políticas de género?
Más noticias
Galicia
Galicia Activistas de Greenpeace instalan ‘una celulosa’ en la sede de la Xunta en protesta contra Altri
Los ecologistas han realizado una acción en la sede del Gobierno gallego de Alfonso Rueda para animar a gallegos y gallegas a asistir a la manifestación de este domingo en la Praza do Obradoiro, en Santiago de Compostela.
Comunidad de Madrid
Educación pública El Gobierno de Ayuso recula y aplaza hasta junio los despidos masivos en Educación
Integradoras sociales, enfermeras, educadoras, auxiliares y otros perfiles de personal laboral se enfrentaban a la incertidumbre de ser cesados en plenas vacaciones de Navidad.

Recomendadas

Fronteras
Túnez Túnez endurece la represión contra las ONG de ayuda a las personas migrantes
Mientras el presidente Kaïs Saied se prodiga en discursos racistas, el estado persigue a las entidades solidarias con quienes llegan al país, bajo el silencio cómplice de la Unión Europea.
Galicia
Economía ¿Quién lidera el negocio del eucalipto en Galicia al que Altri quiere sumarse?
El estallido social que ha producido el intento de la multinacional Altri y la Xunta de instalar una nueva celulosa en Galicia abre la necesidad de poner el foco en el sector forestal, donde se encuentran algunas de las mayores fortunas del Estado.
Siria
Rojava El rompecabezas sirio que estalló en Alepo
El nuevo escenario sirio se ha gestado bajo la intervención implacable de Turquía, patrocinadora del Ejercito Nacional Sirio y otros grupos yihadistas que libran la guerra de Erdogan contra el pueblo kurdo.