Medio rural
Crise no minifundio: cando a precariedade chega ao monte

A crise económica tamén golpea o rural e, para facerlle fronte, a xente sabe que aínda hai algo que pode vender: as árbores e a terra.
12 feb 2021 22:58

A árbore segue cargando o mesmo letreiro desde que cheguei hai tres anos: “VÉNDESE”. Din que outrora non duraría moito tempo, que quizabes nin facía falta para vender o terreo que non sei se algunha vez foi leira, mais que hoxe é bosque. Xa non hai quen queira mercar as terras, xa ninguén parece querelas.

Con todo, na miña procura dos lindeiros, fun até as casas da xente cuxo nome aparecía nos rexistros catastrais e, antes de ir en busca dos marcos no terreo, as persoas sacaban un cartafol gordo que desbordaba follas amareladas. Eu, nova en todo isto e dona só dun pequeno folleto onde estaban as escrituras que herdara o meu compañeiro, asombreime pola inmensa cantidade de propiedades que se podían chegar a ter.

Pouco a pouco, da man das sabias historias da miña veciña Carme, fun decatándome do valor de posuírmos terras: non eran os bens materiais que puidese chegar a ostentar o que realmente che daba status, senón a cantidade de minifundios que tiveses ti e máis a túa familia. Ese era o capital realmente importante.

A casa de Carme é grande e está rodeada por eidos propios en todas direccións. Desde a fiestra que da cara ao norte, a da súa habitación, pódense ver catro ou cinco aldeas de lonxe. O mesmo desde a fiestra que está na súa cociña e dá cara ao sur.

Cando miramos a través dunha delas, Carme vaime sinalando co dedo os pequenos e diminutos grupos de casas e dime: “Esa aldea de alí é Barcia de Mera, e a que está á dereita é Maceira. E claro, agora xa non podes mirar, mais detrás desas árbores está Piñeiro”. Pregúntolle logo: “Mudou moito a paisaxe?” E ela respóndeme coma se preguntase a cousa máis obvia do mundo: "Boh, todo o que ves eran leiras limpas. Eu podía ver moitas aldeas máis. Agora todo é bosque”.

Segundo me conta, todas as persoas da aldea aproveitaban até o último centímetro de terra que posuían. Un anaco de dous metros, por exemplo, ben podía servir para botar unhas poucas verzas. Logo estaban as leiras para a millarada, o trigo, a herba, as patacas...

O inmeso e interminable traballo que representaba facerse responsable de tantas propiedades era o que determinaba e transformaba a paisaxe; formaba parte dunha cultura forestal naturalizada: “Nas aldeas, o mantemento do monte era algo natural que estaba plenamente integrado á agricultura e á gandería: íase e cortábase o toxo para abonar os eidos ou outros cultivos, para alimentar o gando, cortábanse as polas das árbores para a cociña de lume. Iso foise abandonando e hoxe en día soamente queda a produción da madeira”, comenta Ana Oróns, secretaria xeral da Federación Empresarial de Aserraderos y Rematantes de Madera de Galicia (Fearmaga).

Agora a xente xa case non ten gando, a poboación fíxose maior e non ten moito máis ca unha horta e un eido de patacas ao ano, e a mocidade non acostuma dedicarse á agricultura. Ao deixarse de traballar, as leiras perderon o valor que tiñan de outrora e hoxe fican esquecidas detrás de punxentes muros de silvas. Agás aquelas que aínda teñen algo que ofrecer: madeira.

Cando a economía incide na paisaxe

Logo duns meses do inicio do estado de alarma, cando as implicacións económicas empezaron a facerse patentes, comecei a ver lotes de troncos de árbores ben acomodados ao carón das estradas. A veciñanza, ademais, non paraba de repetirnos: “Vendede esa carballeira que tedes no eido da vosa defunta avoa, que podedes sacar un pouco de diñeiro. Non sexades parvos”.

Nun principio, pensamos que era o efecto dominó: alguén chama ao madeireiro e os veciños, ao velo alí, aproveitan  para venderlle súa madeira. Pero pasaban os meses e seguían aparecendo novos troncos cortados. Comezamos a preguntarnos se era a crise económica a que estaba a alterar a paisaxe e a devolverlle certo valor ás propiedades que ate hai pouco estaban semi-abandonadas?

Segundo Ana Oróns, recorrer á venda de madeira en momentos de dificultades económicas xa era unha práctica usual no rural cando había que afrontar un gasto forte como pagar a boda dun fillo ou a universidade dunha neta. “Non é algo novo, moitos estudamos grazas aos nosos pais, nais ou avós que nos puideron pagar a carreira cos piñeiros que venderon. Pero o que agora si se nota é que se está a volvendo a recorrer á venda de madeira para axudar ás familias a chegar a fin de mes”.

As estatísticas de Fearmaga indican que o ano pasado na Galiza vendeuse un volume de madeira similar aos anos anteriores. No entanto, vendéronse máis lotes de madeira. É dicir que no 2020 non se venderon as hectáreas de árbores que se adoita vender cada ano e a cantidade de venda de madeira foi igualada polos centos de donos de pequenas parcelas particulares. Oróns suxire que isto podería significar que os minifundistas venderon as súas árbores para sortear as dificultades económicas producto da crise.

Pouco tempo despois de falar con Ana Oróns, a comunidade de montes da miña parroquia anunciou que unha empresa canteira acababa de mercar unha gran extensión do monte. Trátase dunha zona que leva anos intentando formar parte da Rede Natura 2000 non só pola súa riqueza natural, senón tamén por resgardar varios elementos históricos medievais. As exixencias de paralizar o proxecto están feitas e só queda esperar a ver que pesa máis na balanza de aqueles que toman a decisión: a vida ou o capital.

É difícil non facer a conexión entre os comúns denominadores: venda-crise. Quizabes non en todos os casos sexa así, mais, con todo, é importante preguntarse: se xa non hai quen queira as súas leiras como outrora, cal é o futuro da paisaxe? Serán vendidos os montes ás canteiras? Que se mirará a través da fiestra de Carme nuns anos? Montes tallados, bosques salvaxes ou as plantas de explotación das canteiras?

Ante este panorama, pregúntome se hai algún xeito de reanimar a cultura do mantemento do monte. De que maneira podemos relacionarnos agora con el para estimalo máis aló do seu posible valor de uso? Como comprender que, ao final de todo e alén do que digan as escrituras, a terra non é unha propiedade e non somos os seus donos? 

Sobre este blog
Espazo literario adicado a difundir a idea de que outros estilos de vida son posibles. Un repertorio que busca dignificar as experiencias e os coñecementos que existen nas zonas rurais a través da observación, reflexión e narración da vida social e cultural dunha aldea galega.
Ver todas las entradas
Informar de un error
Es necesario tener cuenta y acceder a ella para poder hacer envíos. Regístrate. Entra en tu cuenta.

Relacionadas

Galicia
Galicia La esperanza de la gestión colectiva frente al expolio: la Comunidad de Montes de Tameiga contra el Celta
Mientras varios proyectos industriales intentan privatizar y destruir los ecosistemas gallegos, algunos grupos de vecinos y vecinas organizadas hacen oposición social construyendo alternativas comunitarias. A veces, también ganan al gigante.
Galicia
Galicia Ourense se organiza para combatir patrullas de extrema derecha en los barrios más empobrecidos de la ciudad
Vecinas y vecinos y los movimientos sociales responden al discurso del miedo promovido por Frente Obrero y señalan su estrategia de criminalizar la pobreza y sembrar odio en contextos de exclusión y abandono institucional.
Sobre este blog
Espazo literario adicado a difundir a idea de que outros estilos de vida son posibles. Un repertorio que busca dignificar as experiencias e os coñecementos que existen nas zonas rurais a través da observación, reflexión e narración da vida social e cultural dunha aldea galega.
Ver todas las entradas
Política
Política Feijóo radicaliza al Partido Popular en medio del terremoto Cerdán con la vista puesta en las elecciones
Miguel Tellado será el nuevo secretario general del partido. Un movimiento con el que Feijóo consigue el control casi absoluto del PP y le come espacio del discurso ultra a Vox, pero que lo aleja de eventuales pactos con PNV y Junts.
Opinión
Opinión Espejismo España
La descomposición del Gobierno de coalición es un reflejo de la expansión de la ola ultraderechista, pero no implica que los movimientos de transformación no puedan organizarse para contrarrestar esa amenaza.
Córdoba
Turismo El número de pisos turísticos en Córdoba se reduce a los tres meses de la moratoria para nuevas licencias
Otras normas tratan de limitar la proliferación de las viviendas de uso turístico por la ciudad. Un portavoz de Stop Desahucios predice que estos pisos se trasladarán a los barrios no afectados por la moratoria.
Crisis climática
Datos El junio más cálido jamás registrado cierra con 330 fallecimientos por calor
103 personas han muerto en los primeros tres días de la ola de calor, según las estimaciones. Los datos de la Aemet señalan al pasado mes como el junio más caluroso; ha pulverizado la máxima anterior por 0,8 grados de diferencia.

Últimas

Naciones Unidas (ONU)
Genocidio El Informe Albanese denuncia ante la ONU a las empresas que se han lucrado del exterminio en Gaza
La relatora presenta un informe al Consejo de Derechos Humanos en el que detalla la responsabilidad de decenas de empresas en las políticas de ocupación, apartheid y genocidio que está llevando a cabo Israel en Palestina.
Oriente Medio
Oriente Medio La plantilla de EFE en Oriente Medio denuncia salarios por debajo de los mil euros
La delegación, formada por 24 personas, anuncia paros en sus funciones al verse reducida más de un 25% su nómina sin opción a negociar.
Alquiler
Racismo y alquileres Siete de cada diez migrantes se ve en la necesidad de vivir de alquiler frente al 14% de los hogares españoles
“El precio del prejuicio” es el título del más reciente estudio del Instituto de Investigación Urbana de Barcelona, IDRA, en el que disecciona la relación entre las personas migrantes y su acceso a la vivienda.
Comunidad de Madrid
Sanidad privada Inspección propone sancionar a un hospital de Quirón por exponer a la plantilla a sustancias cancerígenas
El organismo inicia un procedimiento administrativo sancionador por infracción grave. Tras una visita al Hospital Quirónsalud Sur, de Madrid, constataron deficiencias en la zona de almacenamiento de los productos farmacéuticos y en el mortuorio.
València
València Una comunidad vecinal lucha para impedir el enésimo proyecto de bajos turísticos en València
El vecindario de un bloque en Aiora se organiza contra la construcción en su patio de luces de catorce alojamientos turísticos en una zona ya saturada de este tipo de negocios.
Más noticias
Sphera
Sphera Nueva convocatoria para medios independientes de Europa
La red Sphera financia con un máximo de siete mil euros vídeos cortos documentales elaborados por medios independientes de todo el continente. El plazo finaliza el 12 de julio.
Tribuna
Tribuna El juicio del siglo contra Greenpeace y el derecho a la protesta
El juicio contra Energy Transfer arranca hoy, 2 de julio, en los Países Bajos, donde Greenpeace busca justicia invocando por primera vez la nueva Directiva anti-SLAPP de la UE.

Recomendadas

Malasia
Malasia Durian, la fruta fétida que triunfa en Asia
El durian es tan maloliente que su consumo está prohibido en interiores, pero la popularidad de esta fruta, considerada un superalimento, no deja de aumentar en China y en el resto de Asia.
Historia
Historia ‘Weimar’, y su eco
‘Tiempos inciertos’, la exposición dedicada a la República de Weimar en el CaixaForum de Barcelona, apenas se deja nada, pero vuelve a incurrir en la idea de las “dos Alemanias” contrapuestas.
Economía social y solidaria
Historia Lo que Franco arrebató al cooperativismo y a la economía social y solidaria
La dictadura franquista combatió de forma cruel el movimiento cooperativo fraguado en la II República, y durante la propia guerra con las denominadas colectividades, y pervirtió la idea de autogestión a través de los ideales falangistas.