Decrecimiento
Pactar co lume: a proposta do ‘Green New Deal’

‘¿Qué hacer en caso de incendio?’ ofrece unha introdución a este programa político para o público español

Incendio Windsor
Incendio que acabó con el edificio Windsor, en febrero de 2005. Guillermo Sanz

Coordinador do Instituto Resiliencia

22 jun 2019 10:08

O libro de Héctor Tejero (Madrid, 1981) e Emilio Santiago (Ferrol, 1984), prologado por Íñigo Errejón e recentemente publicado por Capitán Swing, fai unha presentación para todos os públicos —de doada lectura, exenta de notas a pé de páxina ou dunha bibliografía exhaustiva— dun termo que se vén instalando no discurso político e do ámbito ecoloxista, con todos os visos de se converter no renovado pelello dese desenvolvemento sustentable que xa amosa signos de ter esgotado o seu percorrido político e mesmo a súa viabilidade técnica. Ese termo non é outro ca o do Green New Deal, o New Deal verde, en referencia histórica ás medidas adoptadas por Roosevelt entre 1933 e 1936 para sacar os EUA da Gran Depresión, e que pretende aproveitar a súa positiva lembranza, aínda presente no imaxinario socioeconómico daquel país —como explican os autores—, e que foi posto de novo na primeira liña do debate político pola nova congresista estadounidense de orixe portorriqueña Alexandria Ocasio-Cortez, retomando un termo que acuñara Thomas Friedmann en 2007.

Decrecimiento
Adeus sustentabilidade, ola resiliencia

Hai quen apunta que o obxectivo da sustentabilidade xa non é posible e compre substituílo por un novo: a resiliencia.

O libro de Tejero e Santiago ábrese cun repaso pola situación que metaforicamente representa o "incendio" do título, moi nesgada cara ao aspecto unicamente climático, probablemente debido a ser este o foco do activismo de Contra el diluvio, colectivo ao que pertence Tejero, e deixando a cuestión do declive enerxético (na que Santiago Muíño conta con máis experiencia) nun segundo plano (de feito, apenas se menciona ata a p. 66), o cal acaba lastrando a viabilidade de moito do que nos propoñen na parte final do libro, na que entran a describir en que pode consistir un programa político dentro desa denominación de Novo Pacto Verde.

Mais antes de entrar a debullar a proposta deste "manifesto", os autores fan unha defensa de por que ven este como o único camiño viable, entre dous polos que dan por desacreditados: por unha banda a continuidade baixo a fórmula tecnocrática do business-as-usual, e pola outra o que eles cualifican de "catastrofismo", achegando unha descrición del na que dificilmente ningún colectivo nin persoa se podería recoñecer, constituíndo así un evidente home de palla, unha falacia na que asentan boa parte da súa defensa do GND, que non deixa de ser unha reedición progresista (socialdemócratada) daquel "there is no alternative" thatcheriano, o cal —paradoxalmente— eles mesmos critican. Isto é: xa que non é "suficientemente realista" ou "politicamente viable" formular políticas máis radicais, que aposten claramente polo recoñecemento da situación nos seus graves termos e da necesidade do decrecemento (contradicindo así indicios sociolóxicos que apuntan a que en realidade non sería tan difícil de asumir polo propio electorado de esquerdas, e renunciando de antemán a tentar unha estratexia franca), non queda outra alternativa realista que a de apostar polo reformismo paulatino dun capitalismo verde como "prerrequisito" previo a un poscapitalismo que si asuma —por fin— a necesidade de decrecer, o cal eles sitúan a un par de décadas vista. Tal e como recoñecen (p. 217), "o Green New Deal non fai senón regresar a formas de capitalismo socialmente máis razoables que eran predominantes antes dos anos setenta engadíndolles reformismo ecolóxico".

Incendio Edificio Windsor

A cuestión do tempo amósase fundamental para argüír que o GND é unha opción axeitada á crise civilizatoria: malia Santiago Muíño ter repensado as súas posicións e renegar dos prazos, acaba dando igualmente unha referencia temporal como base desta proposta, só que máis dilatada, pois —segundo afirma con Tejero— o GND é basicamente un plan para "gañar tempo". Porén, en ningunha das case 250 páxinas do libro poderemos descubrir mediante que mecanismo concreto as medidas que eles propoñen fornecerían ese tempo extra nin canto tempo se gañaría. Mais ben podemos intuír o efecto contrario, pois unha fuxida cara a diante (máis complexidade —big data, smart cities—, máis extractivismo —para tentar cubrir con renovables o nivel de consumo actual—, etc.) que non acabe de renunciar ao crecemento (e ao que eles recoñecen como a "enfermidade", isto é: o capitalismo), o que vai implicar a nivel metabólico é un máis rápido esgotamento dos combustibles e dos minerais, e un aumento das emisións de gases de efecto invernadoiro. Isto é o que xa levan advertindo os modelos de dinámica de sistemas desde hai máis de 40 anos: alongar a vida deste sistema só provocará unha caída máis brusca, no canto de evitala. Ademais, precisamente por medio desa defensa do extractivismo como mal menor e "transitorio" (pp. 175-176), o GND resulta un pacto fáustico que estira un chisco máis un modelo insustentable a conta de destruír territorio, como se non fósemos precisar cada hectárea de solo para nos alimentarmos cando a agricultura industrializada deixe de ser viable, un aspecto crucial que tampouco incorporan na súa análise.

Con todo, non poucas das medidas propostas neste libro-manifesto (así como da súa análise política e antropolóxica) poden ser compartidas por boa parte do ecoloxismo social, ou mesmo do movemento polo Decrecemento, polo Bo Vivir, a Vía da Simplicidade de Trainer, as propostas dun futuro alternativo de Turiel, ou a rede internacional das Transition Towns, pois non deixan de ser de sentido común. Xunto cunha confianza moito maior por parte dos autores nas capacidades da tecnoloxía ou do alcance termodinámico da eficiencia e da reciclaxe, o principal factor de diverxencia radica en que non se parte dun diagnóstico coincidente (eles asumen que aínda hai tempo para este tipo de rodeos, que non hai unha emerxencia enerxética ás portas, ademais de caer nun evidente antropocentrismo ao xulgaren que a cousa aínda non vai tan mal, como lles reprochou Jorge Riechmann).

Este diagnóstico lévaos a pensar que é factible e axeitado un abandono paulatino e disimulado do capitalismo (no que se busca expresamente ter de "aliadas" as propias empresas capitalistas!), pasando por unha fase intermedia na que se aminoren os seus efectos máis destrutivos nos terreos social e ecolóxico. Polo menos que se aminoren nos países enriquecidos (agás pola cuestión devandita do extractivismo local) pois as implicacións desta carreira a prol dunha electrificación masiva das nosas sociedades (extrapolable a todo o mundo?) alimentada polas mal chamadas "enerxías renovables" pode dar pé a algo sobre o que pasan silandeiramente os autores: o que Carlos de Castro denominaba "colonización renovable" (outros chámano "colonialismo verde") dos países empobrecidos.

Tristemente, a xustiza climática apenas se trata de pasada (pp. 36-38), con declaracións como "a loita contra a mudanza climática non pode ser unha sorte de efecto rebote perverso da dominación colonial ou clasista", para esquecer despois no resto do libro as repercusións que as propostas presentadas terían sobre ese aspecto incómodo da promesa 100% renovable sobre o que tampouco Ocasio-Cortez, Jeremy Corbin ou a socialdemocracia española (PSOE, Podemos, etc.) fan mención nin cálculos. A única "xustiza" presente no resto da obra é a "social", claramente referenciada ás propias sociedades industrializadas na que se aplicaría este plan reverdecedor.

Ás eivas do texto podemos acrecentar a presenza, en diversos apartados do libro, dun notable grao de tecnooptimismo que delata que os autores non se desembarazaron totalmente dos mitos da Modernidade e do Progreso: confianza na tecnoloxía e na "innovación", mito da "economía circular" (como poderiamos xustificar eses pretensiosos termos cando a reciclaxe do metabolismo industrial é tan ridícula e non hai maneira viable de aumentala sen disparar o consumo enerxético varias ordes de magnitude?), mito da desmaterialización da economía por medio das TIC, capacidade da reciclaxe de materiais para soster ela soa a Megamáquina renovable, etc. Outra carencia moi salientable do libro é a apenas perceptible presenza do concepto de resiliencia (as escasas mencións limítanse á "resiliencia climática" ou "ecosistémica"), que segundo algún sobranceiro autor que eles mesmos inclúen nas súas referencias (Dennis Meadows), debería ser a que guiase as políticas para facermos fronte á crise ecosocial, en substitución do paradigma da sustentabilidade, no que aínda pretenden dar outra volta de porca co flamante novo lema do GND, como compañeiro necesario —pola banda esquerda— da axenda dos ODS e da (suposta) 4ª Revolución Industrial.

Decrecimiento
O consumo da economía desmaterializada

A desmaterialización da economía converteuse nun mantra da política moderna que agacha unha gran mentira.

Así e todo, entre os acertos e valores do libro cómpre recoñecer, por exemplo, a necesaria advertencia lanzada (pp. 151-155) a certa póla libertaria do movemento colapsista de que o Estado aínda vai manter moita capacidade de facer (ben ou mal) nas décadas que temos por diante, e que polo tanto sería irresponsable deixar ese campo de xogo político en mans da alternativa nazi (da que levan moito tempo advertindo Susan George, Carl Amery, Carlos Taibo, Fernández Durán & González Reyes, entre outros). Unha alternativa, por certo, que non rexeita a radicalidade antisistémica do discurso nin das propostas, mentres que a esquerda aínda non se dá librado (este libro é unha proba máis) dun tépedo reformismo que non está á altura dos tempos radicalmente diferentes que estamos a vivir. Malia esta advertencia, os autores non desprezan a construción de sementes de poscapitalistmo desde abaixo, e mesmo apostan claramente por unha estratexia dual (p. 136 e outras), aínda que non deixe de renxer o feito de cederen á vangarda da transformación antropolóxica ecosocialista en mans dos proxectos non-estatais, renunciando en boa medida —sen xustificación aparente— á capacidade de comunicación e evanxelización en mans dos medios de comunicación dos que dispón o Estado e os partidos políticos, ou a contribuír dunha maneira decidida á mudanza cultural precisa mediante políticas nidiamente coherentes desde o vértice superior da estratexia dual (predicar co exemplo / propaganda polos feitos).

A impresión final do libro ben podería plasmarse levando a selección do título a unha irónica conclusión que contradí a que pretenden argumentar os seus autores: "Que facer en caso de incendio?" ...Semella claro que o sentido común non nos levaría precisamente a facer un "pacto" co lume ou cos pirómanos que o provocaron. O que cómpre é extinguilo, se aínda é posible e non arriscamos a nosa vida no intento, ou correr cara á saída de emerxencia máis achegada se o edificio (capitalista-industrial) xa non ten salvación.

Decrecimiento
Os concellos contra o caos climático

Un movemento de concellos pelexa por declarar a emerxencia climática mundial ante a inactividade dos estados.

Sobre este blog
O Centro de Saberes para a Sustentabilidade (CSS) é un Regional Centre of Expertise on Education for Sustainable Development recoñecido oficialmente pola Universidade das Nacións Unidas. Ten como misión fundacional “informar, sensibilizar e implicar a comunidade educativa e a sociedade no seu conxunto na promoción da transformación social necesaria para o cumprimento dos Obxectivos de Desenvolvemento Sustentable a través de experiencias cos pés na terra que fomenten a conservación, a sustentabilidade, a protección ambiental e a resiliencia“. O goberno do CSS é horizontal e democrático a través dun Consello Reitor formado por representantes de todos os axentes participantes. Máis información: http://www.saberes.eu
Ver todas las entradas
Informar de un error
Es necesario tener cuenta y acceder a ella para poder hacer envíos. Regístrate. Entra en tu cuenta.

Relacionadas

Decrecimiento
Saber Sustentar 'A Substancia': unha lectura decrecentista
'The Substance', de Coralie Fargeat, unha das películas merecidamente de moda, ten entre outras moitas unha lectura moi necesaria a prol da solidariedade interxeracional como única ferramenta para a supervivencia da nosa especie.
Sobre este blog
O Centro de Saberes para a Sustentabilidade (CSS) é un Regional Centre of Expertise on Education for Sustainable Development recoñecido oficialmente pola Universidade das Nacións Unidas. Ten como misión fundacional “informar, sensibilizar e implicar a comunidade educativa e a sociedade no seu conxunto na promoción da transformación social necesaria para o cumprimento dos Obxectivos de Desenvolvemento Sustentable a través de experiencias cos pés na terra que fomenten a conservación, a sustentabilidade, a protección ambiental e a resiliencia“. O goberno do CSS é horizontal e democrático a través dun Consello Reitor formado por representantes de todos os axentes participantes. Máis información: http://www.saberes.eu
Ver todas las entradas
Oriente Próximo
Oriente próximo La diáspora kurda ante la caída de Bashar al-Assad
Siria enfrenta el fin de un régimen que durante décadas pareció inquebrantable. Desde la diáspora, la esperanza contenida de quien ha vivido demasiadas traiciones y promesas incumplidas.
Análisis
Análisis Rojava en peligro
Las intenciones de Turquía en Siria ponen en peligro no solo la Administración Democrática Autónoma del Norte y Este de Siria (AADNES) sino también la convivencia del resto de minorías presentes en el país.
Amazonía
Caso Chevron Pablo Fajardo: “Sacrificaron la Amazonía y la vida de la gente por racismo y por la ganancia económica”
El activista y abogado Pablo Fajardo fue elegido hace casi 20 años por la Unión de Afectados por Texaco para el juicio más importante contra la petrolera Chevron. Dos décadas después sigue luchando por la justicia ambiental y social en Ecuador.
Especulación inmobiliaria
Especulación en Madrid Las vecinas de Tribulete, 7 denuncian la especulación de Élix Rental Housing con una acción musical “fúnebre”
VV.AA.
30 inquilinas de este bloque resisten en sus hogares pese a que este fondo buitre ya ha adquirido la totalidad del edificio para convertir los pisos en apartamentos turísticos. Este sábado, han vuelto denunciar el proceso de gentrificación del barrio
Que no te cuenten películas
Comunidad El Salto Suscríbete a El Salto y llévate seis meses de regalo a Filmin
Estas navidades, haz posible que El Salto llegue más lejos con sus contenidos críticos y llévate de regalo medio año de Filmin. Y si ya tienes Filmin, suscríbete a El Salto y regala el acceso a esta plataforma a quien quieras.
Ley de Seguridad Ciudadana
Congreso de los diputados Reforma de la Ley Mordaza: ¿esta vez sí se puede?
Una de las mayores deudas de toda la izquierda del Estado español parece que está a punto de saldarse.
La vida y ya
La vida y ya Ya no sé quién vive en el primero
El barrio se ha transformado tanto que pueden pasar semanas sin ver por la calle una sola cara conocida porque los vecinos han sido sustituidos por turistas.

Últimas

Derecho a la vivienda
Vivienda El Sindicato de Vivienda de Euskal Herria propone la “expropiación de pisos turísticos”
Ponen en el punto de mira los intereses del sector inmobiliario y tachan de “falsas” a todas las medidas propuestas por los partidos políticos como la Ley de Vivienda.
Análisis
Análisis El independentismo se reorganiza, pero ¿sigue siendo independentista?
Los partidos independentistas han sufrido la crisis del procés y el posprocés, y todavía no la han resuelto, sino, a lo sumo, la han aplazado. El PSC aparece como el ganador de una carrera con corredores agotados.
Opinión
Tribuna Todas las razones para decir ‘Altri non’
Aquí van unos cuantos motivos para juntarnos este domingo en Compostela y dejar clara nuestra postura frente a un expolio que nos están tratando de imponer disfrazado de progreso, pero que sólo trae beneficio económico a unos cuantos indeseables.
Opinión
Opinión La oportunista invasión israelí de Siria
Desde la caída de Bashar al-Assad, Israel ha llevado a cabo una invasión de Siria sin provocación previa y con el apoyo de Estados Unidos. Los objetivos son claros.
Más noticias
Relato
Relato Descubrirse las manos
Descubres tus manos: el palmar y el dorso, la posibilidad futura de la pinza atrapacosas, dos miembros que te vinculan al chimpancé y al lémur. Aprendes su mecanismo.

Recomendadas

Literatura
Gustavo Faverón Patriau “Quizá la novela sea ahora mismo más relevante que nunca”
El escritor peruano Gustavo Faverón Patriau quería narrar en su nueva novela la historia de un boxeador que no sabía boxear pero tumbaba a sus rivales recitándoles al oído versos de César Vallejo. ‘Minimosca’ acabó siendo un cuentacuentos inagotable.
Galicia
Memoria histórica Así fue como el Patronato de Protección a la Mujer transformó Galicia en un convento de clausura
Las mujeres que cayeron en las redes del Patronato iniciaron un periplo de encierro, humillaciones, abusos y explotación que es desconocido para la mayor parte de la población. Queda hoy en la impunidad de un silencio que tenemos el deber de romper.
Palestina
Eyad Yousef “No cuentes lo que queremos ser, cuenta lo que nunca hemos dejado de ser: un pueblo que quiere la paz"
Eyad Yousef es profesor en la Universidad de Birzeit, Cisjordania, y comparte su experiencia en una universidad que “representa el pluralismo y la libertad que tanto anhela la sociedad palestina”
Pensamiento
Sarah Jaffe “En realidad tenemos que hacer menos. E impedir que algunas cosas sucedan”
La escritora y periodista Sarah Jaffe aborda el desengaño cotidiano al que nos aboca el mundo laboral e investiga cómo, a pesar de todo, las personas se organizan colectivamente en sus empleos para que “trabajar apeste menos”.