Decrecimiento
Os concellos contra o caos climático

Un movemento de concellos pelexa por declarar a emerxencia climática mundial ante a inactividade dos estados.

Decrecimiento_1

Membro do Consello Director do Instituto Resiliencia

8 mar 2019 06:03

Tras rematar outro cumio contra o cambio climático (o COP24 de Katowice) que, como era visto, non serviu para nada, fica claro que os grandes organismos internacionais proseguen a enredar sen chegar a ningunha solución.

As declaracións dos responsábeis internacionais e estatais tras o cumio, "seguen a ser vagas, confusas, solteiras de compromiso, xenéricas, [...] e mesmo falan do clima como se a mudanza do clima fose a causa de todos os nosos males", de acordo coa certeira predición que fixera Pedro Prieto nun artigo da revista 15/15\15 antes de comezar a xuntanza.

Os organismos internacionais están dirixidos polos países enriquecidos que manteñen a súa fe imposíbel nun crecemento económico perpetuo compatíbel coa sustentabilidade da vida polo que só poden chegar a pactos de mínimos, esencialmente inútiles por falla de afouteza nun intre no que toda actuación require urxencia.

Ademais, eses organismos son instrumentos que non teñen máis que unha certa autoridade (técnica ou mesmo moral) pero pouca ou ningunha potestade (entendida como o facultade de facer realidade as súas decisións e resolucións) de tal xeito que aqueles pactos tímidos non chegan a cumprilos moitos dos seus impulsores. Nalgunhas ocasións os estados máis fortes mesmo boicotean os acordos, usando a emotividade nacionalista para resucitar o proteccionismo económico e social e para se enfrontaren a aqueles acordos internacionais que pretenden unha certa descarbonización.

Os axentes infra-estatais contribúen de maneira importante ás medidas de acción contra o cambio climático.

Cos gobernos estatais centrados nun crecemento económico modelo século XIX e confiando en que o colapso non chegue durante o seu mandato, poucas posibilidades de actuación restan dentro das institucións públicas máis alá das administracións infra-estatais (rexións e municipios, por empregar termos xenéricos) sobre as que a ONU, no seu informe sobre a fenda de emisións de 2018, sinala: "as medidas subnacionais son importantes para o cumprimento dos compromisos nacionais [...] e inflúen para que se establezan obxectivos nacionais máis ambiciosos. Ofrecen un espazo para a experimentación ou exercen de organizadores, coordinándose cos gobernos nacionais na aplicación das políticas sobre o cambio climático. As iniciativas e os axentes tamén incentivan, apoian e inspiran outras accións contra o cambio climático ao intercambiar coñecementos e boas prácticas. [...] O número de axentes que fan parte medra con rapidez: máis de 7.000 cidades de 133 países, e 245 rexións de 42 países [...]".

Esas administracións teñen dúas vantaxes fronte ás súas maiores: a súa organización política (nos países organizados como democracias liberais) adoita estar máis preto da democracia directa e os seus mandatarios teñen un contacto máis próximo coa cidadanía e son, polo menos na teoría, máis influenciábeis pola xente do común. Destas premisas parte o movemento pola declaración dunha emerxencia climática que pretende crear pequenos grupos que consigan no eido local unha declaración de emerxencia climática con forza xurídica que acabe influíndo nas organizacións estatais. Unha declaración da que comecen a xurdir normas aplicábeis e efectivas para a descarbonización. Esta iniciativa estendeuse fundamentalmente nos países anglosaxóns, onde, por certo, as comunidades locais teñen unha especial relevancia na organización territorial e fan parte del concellos como: Berkeley, Richmond, New Britain, nos E.U.A.; Totnes, Bristol, Oxford, no Reino Unido; Basel e Liestal na Confederación Helvética ou Vancouver, Quebec e Montreal no Canadá.

Decrecimiento_2

Unha das últimas cidades importantes (tiña 412 040 habitantes en 2016) en facer parte dese movemento é Oakland (California, E.U.A.) que o 30 de outubro de 2018 aprobou unha resolución a prol da declaración de emerxencia climática na que, tras describir a situación de emerxencia actual, non se detén, como adoitan facer os grandes pactos internacionais, nos últimos efectos (o caos climático e o quecemento global) senón que identifica a causa cuxa eliminación ten que ser o obxectivo das normas: "[c]onsiderando que, recuperar un clima seguro e estábel require unha actuación de emerxencia coas seguintes finalidades: alcanzar cero emisións de gases de efecto invernadoiro en todos os sectores; reducir ou eliminar de maneira rápida e segura todo o exceso de carbono da atmosfera e adoptar medidas que protexan a todas as persoas e especies das consecuencias dun cambio climático abrupto". O concello de Oakland, como moitos dos outros concellos que aprobaron resolucións similares, sabe que o aumento da temperatura no planeta se debe ao aumento de CO2 e de metano na nosa atmosfera e pretende adoptar medidas para conseguir a redución dos gases de efecto invernadoiro de acordo coas seguintes liñas básicas de actuación: deter inmediatamente o desenvolvemento de calquera nova infraestrutura de combustíbeis fósiles, eliminar rapidamente todos os combustíbeis fósiles e as tecnoloxías que dependen deles, poñer fin ás emisións de gases de efecto invernadoiro inducidas o máis rápido posíbel e iniciar un proceso para extraer con seguridade o carbono da atmosfera, para adoptar a agricultura rexenerativa, e para evitar a eventual sexta extinción masiva.

Oakland sabe que o aumento da temperatura no planeta se debe ao aumento de CO2 e de metano na nosa atmosfera.

Oakland asume na súa resolución a súa responsabilidade como sociedade enriquecida, di: "os Estados Unidos de América contribuíron de maneira desproporcionada á crise climática e ecolóxica e obstaculizaron repetidamente os procesos mundiais para a transición cara a unha economía sustentábel, e polo tanto teñen unha responsabilidade extraordinaria de resolver rapidamente estas crises". Parte da premisa de que as sociedades máis capitalizadas teñen maiores obrigas para que, dunha vez por todas, o reparto dos escasos recursos se faga con xustiza, e estabelece como principios inspiradores "a equidade, a autodeterminación, a cultura, a tradición, a democracia profunda e a crenza de que as persoas de todo o mundo teñen o dereito fundamental a un aire, unha auga, unha terra, uns alimentos, unha educación e unha vivenda limpos, saudábeis e adecuados".

A cidade californiana, coa resolución de outubro, quere poñer o punto final a aquelas políticas inútiles (por tímidas) inspiradas polas organizacións internacionais e decreta a diminución das "emisións de gases de efecto invernadoiro en toda a cidade o máis rápido posíbel ata alcanzar as cero emisións netas e iniciar de inmediato un proceso para extraer con seguridade carbono da atmosfera e acelerar as estratexias de adaptación e resiliencia para prepararse para a intensificación das impactos do clima".

Aínda fica por comprobar como o alcalde e o concello de Oakland desenvolven esa resolución pero o que é claro e que aqueles políticos californianos escoitaron á cidadanía e, no canto de enganala, decidiron describir a situación como a emerxencia que é, e comprometéronse cos seus votantes a actuar en consecuencia.

Sobre este blog
O Centro de Saberes para a Sustentabilidade (CSS) é un Regional Centre of Expertise on Education for Sustainable Development recoñecido oficialmente pola Universidade das Nacións Unidas. Ten como misión fundacional “informar, sensibilizar e implicar a comunidade educativa e a sociedade no seu conxunto na promoción da transformación social necesaria para o cumprimento dos Obxectivos de Desenvolvemento Sustentable a través de experiencias cos pés na terra que fomenten a conservación, a sustentabilidade, a protección ambiental e a resiliencia“. O goberno do CSS é horizontal e democrático a través dun Consello Reitor formado por representantes de todos os axentes participantes. Máis información: http://www.saberes.eu
Ver todas las entradas
Informar de un error
Es necesario tener cuenta y acceder a ella para poder hacer envíos. Regístrate. Entra en tu cuenta.

Relacionadas

Río Arriba
Río Arriba Luis González Reyes: “Vivimos en un mundo en el que la escasez es un elemento central”
Primera entrevista del programa Río Arriba en formato podcast y vídeo donde hablamos de las nuevas guerras neocoloniales por recursos en la era de Trump y Putin, de la escasez, del decrecimiento y el colapsismo.
Tribuna
Tribuna Decrecimiento azul: un enfoque necesario para mares al límite
Mientras se celebra la UNOC3 y en el contexto de cambio climático y pérdida de biodiversidad al que nos enfrentamos se necesita —también en el mar— un cambio de paradigma donde el crecimiento y la ausencia de límites dejen de ser la norma.
Decrecimiento
Opinión Cómo crear colectivos resilientes y justos en tiempos de emergencias constantes
Un equipo multidisciplinar ha desarrollado una herramienta web con un doble objetivo: evaluar la resiliencia y el funcionamiento de los colectivos sociales ante la crisis ecosocial en marcha.
Sobre este blog
O Centro de Saberes para a Sustentabilidade (CSS) é un Regional Centre of Expertise on Education for Sustainable Development recoñecido oficialmente pola Universidade das Nacións Unidas. Ten como misión fundacional “informar, sensibilizar e implicar a comunidade educativa e a sociedade no seu conxunto na promoción da transformación social necesaria para o cumprimento dos Obxectivos de Desenvolvemento Sustentable a través de experiencias cos pés na terra que fomenten a conservación, a sustentabilidade, a protección ambiental e a resiliencia“. O goberno do CSS é horizontal e democrático a través dun Consello Reitor formado por representantes de todos os axentes participantes. Máis información: http://www.saberes.eu
Ver todas las entradas
Corrupción
Corrupción El juez decreta prisión provisional sin fianza para Santos Cerdán
El juez acepta la propuesta del fiscal y decreta cárcel contra el ex secretario de organización socialista por integración en organización criminal, cohecho y tráfico de influencias.
València
València La Audiencia de Valencia confirma la imputación a Argüeso en el juicio de la dana
La Sección Segunda de la Audiencia Provincial concluye que la resolución de la instructora “no es irrazonable ni arbitraria”, ratificando la imputación del ex secretario autonómico de Emergencias.
Barcelona
Derecho a la vivienda Amenazas de violencia extrema y una paliza a los habitantes de un bloque okupado de Barcelona
El Salto accede a las llamadas y mensajes de audio amenazadores que un grupo de desokupa envía al vecindario del bloque Llenguadoc, donde confirma cumplir con el mandato del propietario del edificio.

Últimas

Palestina
Tribuna Tres o cuatro días sin comer en Gaza
El drama de no poder dar suficiente comida a tus hijos es inmenso, sobre todo cuando sabes que a pocos kilómetros hay camiones llenos de ayuda. Parados. Bloqueados.
Gobierno de coalición
Gobierno de coalición La fuga de más diputados de Sumar, en manos de Sánchez
Más representantes de las confluencias aguardan a la comparecencia del presidente del Gobierno del 9 de julio como la última señal para no saltar al grupo Mixto.
Más noticias
Medio ambiente
Tribuna Mapa de los conflictos del agua: una herramienta para la defensa de los ríos, acuíferos y humedales
A pesar del grado y extensión del daño que sufren los ríos, acuíferos y humedales, las administraciones públicas no están tomando las medidas necesarias para frenar el deterioro y responsabilizar a las entidades que lo causan.

Recomendadas

Economía social y solidaria
Historia Lo que Franco arrebató al cooperativismo y a la economía social y solidaria
La dictadura franquista combatió de forma cruel el movimiento cooperativo fraguado en la II República, y durante la propia guerra con las denominadas colectividades, y pervirtió la idea de autogestión a través de los ideales falangistas.
Río Arriba
Río Arriba Yayo Herrero: “El holocausto nazi no es una excepcionalidad en la historia de Europa, es un modus operandi”
Nueva entrevista de Río Arriba en formato podcast y vídeo en el que hablamos de ecofeminismo, transiciones ecosociales justas, decrecimiento, colapso, poner la vida en el centro y mucho más.
En el margen
Cécile C. Eveng “Perdemos amigues y es una pena porque las personas LGTBIQ pueden ayudar a desarrollar África”
La filóloga camerunesa reside actualmente en España y estudia un doctorado en migraciones, cuerpos, negrofobia y vulnerabilidad de personas. Investigar sobre identidades disidentes en su país le ha traído críticas, hasta desde la propia academia.