Cine
Estrea en salas de 'Esquece Monelos'

O documental máis premiado do ano en Galicia chega este mes ás salas comerciais. Esquece Monelos, dirixido por Ángeles Huerta e producido por DangaDanga Audiovisuais, coa participación da CRTVG, proxectarase en cines de todo o país a partir do 27 de outubro. A película de non ficción, ópera prima de Huerta, recibiu tres galardóns na última edición dos Premios Mestre Mateo outorgados pola Academia do Audiovisual Galego: Mellor Documental, Mellor Montaxe (Sandra Sánchez) e Mellor Dirección de Fotografía (Jaime Pérez). Este ano tamén acadou a Mención Especial do Xurado no Festival Internacional de Documentais de Madrid, DocumentaMadrid, entre outros recoñecementos, e estivo presente na sección oficial de festivais como o FIDBA de Bos Aires ou o Festival Alcances.
Desde a súa preestrea o pasado 14 de decembro no Teatro Rosalía de Castro da Coruña, o documental proxectouse en diversos festivais e citas cinematográficas, pero será o venres 27 de outubro cando chegue ás salas comerciais. Esquece Monelos estrearase en A Coruña (Cantones Cines) e Santiago de Compostela (NUMAX) o vindeiro venres, día 27. O filme estará dispoñible na carteleira de ambas salas durante toda a semana. A continuación, desde a fin de semana do 3 de novembro, proxectarase nos Multicines Norte de Vigo e na Cineteca de Madrid. Mentres, en Barcelona, o público poderá ver por vez primeira o traballo de Huerta a partir do día 11 de novembro na sala Zumzeig.
Estas serán algunhas das citas coa gran pantalla dun traballo que, proximamente, se poderá ver noutras cidades como San Sebastián. A película emprega a desaparición do río Monelos baixo a cidade da Coruña para reflexionar sobre a perda da memoria dun lugar e das xentes que o habitaron. Un percorrido polo río que propicia unha viaxe pola vida de quen conta a súa historia. Un retrato colectivo que fala dos medos e inquedanzas que acompañan o paso do tempo. O traballo de Ángeles Huerta une dous modelos de documental aparentemente incompatibles. En canto á estrutura, xoga cun dispositivo argumental no cal os diferentes significados metafóricos dese río soterrado se lle desvelan ao espectador a medida que explora o espazo que hoxe ocupa o río (o real e o lembrado). Con todo, no seu ton trátase dun documental máis próximo á poesía ca ao ensaio. Deste xeito, Esquece Monelos pódese entender como un documental político, unha historia do desarrollismo e do consecuente pacto de silencio sobre a violencia dese proceso e sobre todo o que levou por diante, pero tamén como unha reflexión universal sobre a memoria e as súas trampas, como un discurso médico sobre o deterioro neuronal, ou simplemente como unha historia íntima e persoal do desamparo.
Relacionadas
Asturias
Las Seis de la Suiza consiguen el tercer grado penitenciario a la espera del indulto prometido por el Gobierno
Laboral
Legislación laboral en condiciones de calor extremo: existe pero ¿se aplica?
Portugal
La derecha y la extrema derecha portuguesas acuerdan una ley antimigrantes sin precedentes
El Salto n.79
Galicia dice 'no' al capitalismo verde y en el último número de la Revista El Salto te lo contamos
Opinión
Nunca es tarde: sobre justicia transicional y régimen colonial español en el Franquismo
Euskal Herria
La transferencia a Euskadi de los subsidios de desempleo se atasca
Incendios
El vecindario de la Cañada responsabiliza del incendio a Ayuso y denuncia la actuación de Emergencias
Grecia
Grecia muestra su peor cara ante el aumento de llegadas de personas migrantes a Creta
Torrejón de Ardoz
Torrejón clama justicia por Abderrahim un mes después de que muriera asfixiado por un policía de Madrid
Palestina
El ataque de Israel a una iglesia indigna al Gobierno francés, que sigue sin hacer nada contra el genocidio
Últimas
Comunidad El Salto
El Salto estrena nueva página: una web como una casa
Cómic
Simon Hanselmann y el arte de lo obsceno
Región de Murcia
Más de mil organizaciones piden que se castiguen los discursos de odio que incentivan las agresiones racistas
El Salto Radio
Yupanqui, la música en colectivo
Región de Murcia
Bulos y algaradas: la estrategia internacional para promocionar el supremacismo
Estados Unidos
No es una guerra de Trump contra el fentanilo, es una guerra contra los pobres
Justicia
Organizaciones civiles y de derechos humanos piden protección para el hijo menor de Juana Rivas
Francia
Francia se ensaña con los más desfavorecidos con su nueva batería de recortes
Recomendadas
Pensamiento
Nuria Romo
“Los procesos de medicalización no son neutros, se hacen sobre todo hacia las mujeres”
Comunismo
Jodi Dean
“Sin organización, los movimientos surgen y desaparecen como setas”
Arte contemporáneo
Palabras contra el poder: la vigencia radical de Barbara Kruger
Málaga
Málaga, el punto de inversión para los fondos israelíes a pie de playa
Para comentar en este artículo tienes que estar registrado. Si ya tienes una cuenta, inicia sesión. Si todavía no la tienes, puedes crear una aquí en dos minutos sin coste ni números de cuenta.
Si eres socio/a puedes comentar sin moderación previa y valorar comentarios. El resto de comentarios son moderados y aprobados por la Redacción de El Salto. Para comentar sin moderación, ¡suscríbete!