Medio rural
Unha epidemia indetectable: o alcoholismo nas mulleres maiores nas zonas rurais

Oculto tras a precariedade económica e a crise demográfica do medio rural galego, o consumo abusivo de alcohol silenciosamente acrecenta a vulnerabilidade das mulleres da terceira idade.


Alcoholismo no rural
25 may 2020 11:30

Aos 71 anos, cada un ou dous días, María sae da súa casa e baixa pola estrada. As persoas, que dende as súas fiestras a miran andar, notan como a muller apenas se pode soster nas súas pernas e voltean os ollos porque saben que María non tardará en tocar á porta para pedir que lle regalen unha xerra de viño. Algunhas veces non di para que o quere e outras, dirá que o precisa para cociñar. Nalgunhas casas daranlle o que pide con incomodidade, mais noutras non. Nese caso, María baixará cambaleándose cara ao bar da aldea para probar sorte alí. Ninguén adoita ver máis nada. A única pegada que María deixa detrás son os cartóns de viño agachados ao longo dun camiño solitario.

María é só unha das tres mulleres maiores que sofren de alcoholismo nun barrio de dez casas. Os tabús, os mitos e o machismo son os principais factores que ocultan unha problemática latente dende hai décadas.

O CONSUMO DO ALCOHOL NA TERCEIRA IDADE

O uso de bebidas alcohólicas comeza a considerarse un problema segundo as circunstancias sociais e culturais. Os xeitos do consumo de alcohol e as súas consecuencias dependen da constitución cultural dunha poboación que varía conforme os seus propios valores morais a través da historia.

Nas décadas dos 70 e 80 distintas investigacións concluían que o abuso do alcohol na terceira idade era, en xeral, pouco frecuente. Mais no 2012, nun estudo realizado pola principal organización profesional de psiquiatras do Reino Unido, o Royal College of Psychiatrists, advertíase do incremento do consumo a partir dos 65 anos.

No 2015, as estatísticas do Observatorio Español das Drogas e as Toxicomanías (OEDT), revelaron a tendencia a beber máis alcohol conforme se alcanza a terceira idade. Case o 20% da poboación que chega aos 64 anos sofre alcoholismo.

No 2015, as estatísticas do Observatorio Español das Drogas e as Toxicomanías (OEDT), revelaron a tendencia a beber máis alcohol cando se alcanza a terceira idade.

Detectar un problema do alcoholismo nas poboacións que manteñen unha cultura do alcohol dende hai séculos, pode ser complicado. Aínda que o tempo avance e os patróns sociais e os costumes muden, os cambios non chegan ao mesmo tempo nin da mesma maneira a todas as rexións. Nas zonas rurais onde se vive nunha cotiandade delimitada pola exclusión territorial e a precariedade económica e cultural, é onde o choque entre o presente e o ideario máis arraigado sole ser maior que nos territorios urbanizados.

Jesica Rodriguez Czaplicki, psicóloga da asociación que axuda ao proceso de rehabilitación dos enfermos alcohólicos (Areva), opina que “nos medios rurais, sobre todo cando máis pequenos son os núcleos poboacionais, o que quizais podemos observar é que o consumo de alcohol é moito máis de casa e susténtase moitas veces en crenzas populares. Por exemplo, no caso do consumo do viño, escoitamos moitísimas veces que se di que o viño da casa non ten alcohol, que non fai dano”.

As motivacións para beber, a percepción social do alcoholismo e os xeitos e os lugares nos que se bebe no medio rural son diferentes aos das cidades. Jesica agrega que no campo “o consumo está máis normalizado e é máis inconsciente. Se ti no rural dis que o alcohol é unha droga non o admitirían baixo ningún concepto. E ademais que é un consumo máis de cara dentro, máis interno. Máis que un consumo social coma o que podemos atopar nas urbes”.

O ALCOHOLISMO NAS MULLERES MAIORES

Dende o 2015, os informes anuais da OEDT detectaron que o consumo diario de alcohol está moito máis estendido entre as mulleres de maior idade en comparación coas máis novas. E dicir, que a pesar de que a maioría dos casos de alcoholismo en xeral empecen dende a infancia, no caso das mulleres en moitas ocasións é un hábito que se adquire coa idade.

Segundo estatísticas do INE, máis do 10% da poboación española son mulleres de máis de 65 anos, o que sustentaría a tendencia de feminizar o envellecemento, mais hai moi pouca información sobre os casos do alcoholismo nas mulleres maiores no rural.

Para algunhas traballadoras sociais dos concellos de menos de 3.000 habitantes, o problema é inexistente. No entanto, no estudio Estigma e invisibilidad: alcoholismo y procesos de envejecimiento en mujeres, Rosario Pazo deixa claro que o alcoholismo feminino na franxa de idade de máis de 55 anos é un fenómeno oculto e invisibilizado.

No estudio Estigma e invisibilidad: alcoholismo y procesos de envejecimiento en mujeres, Rosario Pazo deixa claro que o alcoholismo feminino na franxa de idade de máis de 55 anos é un fenómeno oculto e invisibilizado.

Mesmo as mostras poboacionais establecidas para facer as estatísticas da OEDT chegan só ata os 64 anos. No traballo do observatorio español, non hai datos sobre o estado da terceira idade.

Con todo, Jesica Rodríguez engade que os padróns de consumo nas enfermas de alcoholismo mudan dependendo da idade. Moitas das mulleres maiores que recorren ao consumo excesivo do alcohol adoioten ter sido vítimas de violencia de xénero exercida polas súas parellas.

José Rafael Antela Alfaya, cura da parroquia de San Martiño de Barcia de Mera, ten observado nas parroquias onde traballa a propensión ao alcoholismo nas mulleres de “65 anos para arriba”. Para el, hai varios desencadeantes da adición: “Por un lado o machismo e por outro a ignorancia, a falta de información. Ao estar sempre pendentes da casa e dos animais, aínda que os homes axuden co gando no monte, as que sempre se fan cargo de todo son as mulleres. Eu penso que hai un certo grado de frustración psicolóxica nelas, digamos que non ven saída, saben mais ou menos que a súa vida é esa. Non ven moito futuro”.

Do mesmo xeito, as portavoces da asociación Areva, en Vilagarcía de Arousa, explican que a incomprensión do alcoholismo feminino está moi estendido: “A muller ten un xeito característico de beber marcado pola soidade e os sentimentos de culpa”. Emporiso, deixa de ser unha cuestión menor que no Estado español o 25,7% de mulleres maiores de 65 anos vivan soas e alerta sobre as posibles consecuencias da desatención deste sector poboacioal.

A ENFERMIDADE NO CONTEXTO RURAL

Sen dúbida, o contexto e as condicións nas que se vive, son factores determinantes que poden, en situacións e subxectividades específicas, disparar a propensión ao alcoholismo polo seu efecto placebo. A crise demográfica en Galiza e a falta de emprego provocaron o abandono sistemático do campo. Moitas mulleres maiores foron abandonadas física e emocionalmente polas familias que tiveron que marchar ás cidades para buscar unha vida máis afastada da precariedade económica, case inherente ao rural.

Desde a súa experiencia traballando nas aldeas, o sacerdote Rafael Antela engade que, “a precariedade, non só material, senón cultural e incluso física” son elementos a ter en conta cando se pensa en posibles causas do achegamento ao alcohol. Do mesmo xeito, Antela comenta que nese contexto as expectativas e presións sociais que lles son impostas especificamente ás mulleres en materia de maternidade forman parte da particularidade do consumo das mulleres: “Penso que, ao mellor o feito de que chega un momento en que xa non poden ter fillos, ou que os que tiveron xa marcharon, dalgunha maneira inflúe tamén, pois en elas se xera unha sensación de inutilidade”.

O PESO DO MACHISMO

Aínda que dende mediados do século pasado quedou comprobado que os índices de consumo de alcohol nas mulleres son os mesmos que os dos homes, o imaxinario social ten construído a percepción de que son os homes os principais afectados pola adicción ao alcohol. 

Sobre iso, a asociación Areva invita a que teñamos presente que “por moito tempo na nosa sociedade o alcoholismo foi considerado algo ‘de homes’, de xeito que hoxe a muller alcohólica sofre dobremente: por unha banda pola súa propia enfermidade, e pola outra, por ser considerada como ‘inmoral’, cando temos que comprender que unha muller alcohólica padece unha enfermidade”.

Para a psicóloga Jésica Rodriguez Czaplicki, o xeito de consumir alcohol das mulleres está relacionado con estas repetitivas narrativas: “Sabemos que existen moitos estereotipos e crenzas de que ver a unha muller bébeda é moito peor que ver a un home borracho. Por eses motivos, ás mulleres adóitalles custar un pouquiño máis recoñecer o seu alcoholismo. E quizais as consideracións sociais causan que a muller sexa unha bebedora máis solitaria, máis da casa, máis ás agachadas e cunha valoración social máis negativa. Porque sobre as mulleres ademais hai todos eses estereotipos (de xénero) que as fan responsables de sustentar unha serie de coidados e unha serie de tarefas na súa casa. Beber non lles podería estar permitido. É como se dixesen: como ademais de todo o que ten que facer, vai ser unha muller que bebe?”.

“Sabemos que existen moitos estereotipos e crenzas de que ver a unha muller bébeda é moito peor que ver a un home borracho. Por eses motivos, ás mulleres adóitalles custar un pouquiño máis recoñecer o seu alcoholismo”

UNHA ADICCIÓN INDETECTABLE

As formas nas que as narrativas machistas e os estereotipos de xénero que prevaleceron nas comunidades pechadas e cun índice poboacional reducido como son as dos medios rurais, foron na súa gran parte os factores responsables do alcoholismo nas mulleres maiores, fique invisibilizado.

“Pois eu penso que ninguén fala disto seguramente polo machismo. Porque está moito máis aceptado socialmente no rural que un home beba. Teño visto que se un home é violento, ten certa xustificación se é por culpa do alcohol. Non se admite ideoloxicamente que iso lle pase a unha muller. Penso que é algo que está moi metido na entraña da xente e que está moi aceptado socialmente entre os homes. Nas mulleres non, entón faise máis invisible”, reflexiona o padre Antela.

Máis para Jesica Rodríguez tamén é importante matizar: “Non estamos dicindo que por ser muller maior se teña unha tendencia a consumir alcohol, pero o que si diriamos é que quizais o consumo do alcohol nas mulleres maiores é máis solitario, máis dentro do fogar e máis calado, por dicilo dalgunha maneira; polo que adoitan ocultalo moitísimo máis e ese consumo de alcohol fica agochado.”

Os prexuízos sociais e o mesmo consumo sen consciencia, fixeron que tanto ás mulleres como ás súas familias, lles sexa máis complicado acudir por axuda ás clínicas especializadas ou aos servizos sociais da entidade na que habitan.

Á pregunta sobre o xeito no que se decatou da problemática nas mulleres da parroquia na que traballa, Rafael Antela responde que foi xustamente porque vai ata a aldea e convive cos seus fregueses. “O malo é que (as mulleres con problemas de alcoholismo) non piden axuda para saír desa situación. Porque normalmente non son elas soas as que o padecen. Hai casos nos que máis membros da familia teñen a mesma enfermidade e co tempo se torna coma algo endémico da familia, por así dicilo.”

Dende a súa oficina, as traballadoras sociais da aldea que habita María non teñen detectado ningún problema, ao contrario do cura que vai ata a parroquia e pode decatarse da situación co seus propios ollos. Quedaría repensar o alcance e o funcionamento das políticas de intervención social do Estado nas comunidades rurais que precisan con urxencia un plan de acción que se adapte as súas condicións materiais e culturais.

Informar de un error
Es necesario tener cuenta y acceder a ella para poder hacer envíos. Regístrate. Entra en tu cuenta.

Relacionadas

Medio rural
Medio rural A esperanza da xestión colectiva fronte ao espolio: os comuneiros de Tameiga contra o Celta
Mentres varios proxectos industriais tentan privatizar e destruír os ecosistemas galegos, algúns grupos de veciños e veciñas organizadas fan oposición social construíndo alternativas comunitarias. Ás veces, tamén gañan ao xigante.
Galicia
Galicia Ourense se organiza para combatir patrullas de extrema derecha en los barrios más empobrecidos de la ciudad
Vecinas y vecinos y los movimientos sociales responden al discurso del miedo promovido por Frente Obrero y señalan su estrategia de criminalizar la pobreza y sembrar odio en contextos de exclusión y abandono institucional.
Naciones Unidas (ONU)
Genocidio El Informe Albanese denuncia ante la ONU a las empresas que se han lucrado del exterminio en Gaza
La relatora presenta un informe al Consejo de Derechos Humanos en el que detalla la responsabilidad de decenas de empresas en las políticas de ocupación, apartheid y genocidio que está llevando a cabo Israel en Palestina.
Movimiento BDS
Movimiento BDS Sidenor cede a la presión y anuncia que dejará de vender acero para las armas israelíes
La acerera vasca toma esta decisión después de que los sindicatos ESK, LAB y ELA requiriesen información y exigiesen acciones para frenar la complicidad con el genocidio.
Palestina
Palestina Israel bombardea un cumpleaños infantil y asesina a 39 personas en otra jornada mortífera en Gaza
Las Fuerzas Armadas de Israel siguen extendiendo la muerte por todo el territorio de Gaza. Un ataque contra una cafetería frecuentada por periodistas acaba con la vida de varios niños y niñas, un fotoperiodista y una artista plástica.
Fiscalidad
Impuestos España y Brasil se unen para proponer mayores impuestos a los superricos
La propuesta ha sido presentada en la IV Conferencia Internacional de Financiación para el Desarrollo de la ONU que se celebra en Sevilla.
Justicia
Justicia Huelga de jueces y magistrados: ni servicios mínimos ni descuento de salario
Las asociaciones conservadoras convocan por primera vez un paro de tres días, una situación sin sustento legal según el Consejo General del Poder Judicial.
República Democrática del Congo
República Democrática del Congo La RD del Congo y Ruanda, mediados por Estados Unidos, firman un acuerdo de paz incierto
El acuerdo busca crear cadenas de valor en las que intervengan ambos países, con una mayor presencia de los Estados Unidos en la zona. La poca presencia de las víctimas del conflicto en las conversaciones genera dudas en la sociedad civil congoleña.

Últimas

Corrupción
Corrupción El juez decreta prisión provisional sin fianza para Santos Cerdán
El juez acepta la propuesta del fiscal y decreta cárcel contra el ex secretario de organización socialista por integración en organización criminal, cohecho y tráfico de influencias.
Análisis
Análisis Negar, polarizar, avanzar: el asalto de la ultraderecha a las políticas climáticas
El llamado Pacto Verde Europeo se ha convertido en el principal caballo de batalla de la guerra cultural del negacionismo climático, sobre el que anudar los diferentes discursos negacionistas de la extrema derecha.
Opinión
Opinión Feminismo de clase y lucha por la hegemonía cultural
Muchos espacios feministas suelen incorporar códigos simbólicos y culturales burgueses que deslegitiman a los de la clase obrera. Aparte de las condiciones materiales, es necesario abordar la hegemonía cultural que estructura esta exclusión.
València
València La Audiencia de Valencia confirma la imputación a Argüeso en el juicio de la dana
La Sección Segunda de la Audiencia Provincial concluye que la resolución de la instructora “no es irrazonable ni arbitraria”, ratificando la imputación del ex secretario autonómico de Emergencias.

Recomendadas

Historia
Historia ‘Weimar’, y su eco
‘Tiempos inciertos’, la exposición dedicada a la República de Weimar en el CaixaForum de Barcelona, apenas se deja nada, pero vuelve a incurrir en la idea de las “dos Alemanias” contrapuestas.
Economía social y solidaria
Historia Lo que Franco arrebató al cooperativismo y a la economía social y solidaria
La dictadura franquista combatió de forma cruel el movimiento cooperativo fraguado en la II República, y durante la propia guerra con las denominadas colectividades, y pervirtió la idea de autogestión a través de los ideales falangistas.
Río Arriba
Río Arriba Yayo Herrero: “El holocausto nazi no es una excepcionalidad en la historia de Europa, es un modus operandi”
Nueva entrevista de Río Arriba en formato podcast y vídeo en el que hablamos de ecofeminismo, transiciones ecosociales justas, decrecimiento, colapso, poner la vida en el centro y mucho más.