Medio rural
Lucía Rodríguez: “O mellor para coñecer un territorio é saber como se vive, a partir das testemuñas que habitan nel”

Esta estudante de Publicidade e Relacións Públicas converteuse na gardiá da memoria dos Ancares e o que empezara coma un Traballo de Fin de Grao converteuse nun proxecto de autodefinición da identidade rural.
Os Ancares Lucía Rodríguez
Lucía Rodríguez
10 jun 2021 08:51

O que contamos sobre un lugar importa. Importa porque é a partir desas narrativas que se crean discursos, que construímos os xeitos cos que nos relacionamos cos espazos, coas persoas e até cos obxectos. Hoxe, son bastantes as zonas rurais que, desde o exterior urbano, son vistas como lugares detidos no tempo, como se nestes espazos labregos non houbese máis ca natureza e ruínas dun conxunto de culturas superpostas desde hai milenios, até os últimos anos antes do éxodo, antes de que todo ficara abandonado. E, entón, son ocupados dese xeito, coma un lugar para facer sendeirismo e non para habitar.

Con todo, a pesar de que semella que a mesma administración tamén se esquece, o rural está vivo e está habitado por xente que sobrevive malia a falta de servizos básicos. Os Ancares lucenses é un dos grandes paradigmas destes territorios. O alto índice de despoboamento é un dos maiores de toda Galiza e a maioría das súas poboacións non contan nin sequera con cobertura telefónica.

Alí, nesa terra desterrada, Lucía Rodríguez, unha estudante da Universidade de Vigo natural de Salgueiras (Navia e Suarna), creou O Argueiro dos Ancares, unha plataforma nas redes sociais que divulga proxectos e historias da xente que habita Os Ancares, para darlles valor, para darlles voz, para mudar as narrativas que invisibilizan esta zona. Falamos con ela sobre o seu proxecto, que tivo un gran alcance e está a desencadear unha re-construción colectiva do espazo en que vive.

O Argueiro dos Ancares xurde como o teu proxecto de TFG do grao en Publicidade e Relacións Públicas. Cal era túa premisa? Que procurabas co proxecto?
Tiña claro que quería facer algo sobre Os Ancares porque en Pontevedra, onde estudo, a xente non nos coñece moito e quería aproximar ós meus profesores e compañeiras a esa parte do noso territorio. Despois, coa a pandemia, tiven a idea de crear unha marca comarcal e empecei a facer entrevistas: falei coas produtoras da zona para saber sobre os problemas que había e analicei as súas redes sociais para saber cal era a súa dinámica de traballo. Pero dinme de conta de que non había moita cooperación da súa parte para facer unha marca comarcal na que, ao mellor, todos vendesen na mesma páxina web, na que se traballase en conxunto.

Entón dinlle voltas á cabeza até que me xurdiu a idea de facer O Argueiro dos Ancares. Ao final é parecido á primeira idea, pero moi diferente porque antes íame centrar na produción local e agora nas persoas. No principio, a miña premisa era visibilizar Os Ancares. Agora segue sendo a mesma pero, ao mesmo tempo que os visibilizo, quero que a xente que vive alí, a xente da que falo, medre un pouco a autoestima e síntase importante porque o seu papel dentro do territorio é fundamental. Son eles quen o mantén vivo. 

Canto tempo levas co proxecto?
Lanceino nas redes a primeiros de maio. Pero detrás diso hai traballo que levaba a facer desde outubro, como todo o que é a investigación da zona, de buscar onde está a xente... Mais en redes sociais levo só un mes.

Porque cres que é importante recoller e documentar o patrimonio cultural e as voces das persoas dun territorio como Os Ancares?
Porque non se coñece o que se fai. Nin a propia xente que vivimos alí sabemos todo o que temos ao redor. Penso que o mellor para coñecer un territorio é saber como se vive, a partir das testemuñas que habitan nel. Nos anos 60, houbera o documental “Ancares: a terra esquecía”. E, cando o vin quedei en shock, a pesar de que moitas desas cousas as escoitaba na miña casa. O documental supuxo un cambio na miña mentalidade e comecei a reflexionar sobre o que está a pasar agora, no 2021, en termos de despoboamento. Xustamente, hai poucos días saíu nos medios que na zona da montaña lucense só hai catro ou cinco persoas por quilómetro cadrado. Eses datos preocúpanme moito e teño medo de que esta realidade quede esquecida, que se perda a nosa cultura, porque cada vez que morre unha persoa, vaise perdendo un anaco da identidade, da cultura dos Ancares e non quero que se perda. 

“Quero que a xente que vive alí, a xente da que falo, medre un pouco a autoestima e síntase importante porque o seu papel dentro do territorio é fundamental porque son eles quen o mantén vivo”

Entón, ademais de facer este traballo do Argueiro, cando os meus avós ou calquera outra persoa maior conta-me unha historia ou me canta cancións tradicionais, sempre as gardo para telas, para escoitalas despois e resgardalas. E o mesmo pasa coas palabras, xa que a nosa variación dialectal ten moitos trazos lingüísticos e moito vocabulario que se non se usa, se ninguén o recolle, tamén vai desaparecer. Así que tamén teño un dicionario ao que eu lle chamo “O dicionario dos avós”.  Eu fágoo para gardar a nosa historia, para que non se perda.

Noutras entrevistas falaras da maneira na que se admita mirar o rural. Como cres que afectan os estereotipos á vida nestes espazos?
Normalmente acostúmase escoitar que no rural só se pode vivir da gandería ou da agricultura, que é para o único que as administracións adiotan dar subvencións e axudas. Eu quero demostrar que se pode vivir de todo, que podes facer o que queiras. Igual leva un pouco máis de esforzo, pero de poder,  podes facer o que queiras. Eu creo que co Argueiro o estou demostrando porque hai perfís moi diferentes de xente que fai moitas cousas distintas vivindo no rural. Mais penso que o que é realmente importante é que che guste e que creas no que fas

Coas túas publicacións nas redes sociais do teu proxecto, o que estás a construír é unha relación entre as comunidades que viven nos Ancares...
A verdade é que non me esperaba tanta acollida por parte da xente. Eu tiña as expectativas de chegar ás 500 seguidoras entre Facebook e Instagram para, de cara á presentación do TFG, poder amosar un proxecto “decente”, por así dicilo. E ós tres días de empezar a publicar, cheguei ás 400 seguidoras en Facebook. Foi moi forte para min que en tan pouco tempo alcanzara un gran número de seguidores e moitísimos comentarios e compartidos. Aínda non deixa de sorprenderme o nivel e alcance. Hai unha publicación na que falo de como se fai o pan artesán e engado as fotos e só esa publicación chegou a case cen mil persoas.

“Fixen un dicionario ó que eu lle chamo “O dicionario dos avós”.  Eu fágoo para gardar a nosa historia, para que non se perda”. 

A que cres que se deba? 
Penso que a xente o acolle ben porque, ao final, gustalle que lles contes historias que a interpelen. Non había nada parecido nos Ancares. Refírome a que non había ninguén contando historias da xente.

Nese sentido, mencionaras noutros medios que o Argueiro dos Ancares é un xeito de dar voz a quen non ten, a quen estiveron silenciados. É unha maneira de democratizar o espazo dos discursos...
Si, paréceme fundamental que todos teñamos a oportunidade de ter a mesma voz. Sobre todo porque a base destas entrevistas que lle vou facendo á xente da zona, nas que lles pregunto, por exemplo, como imaxinan o futuro dos Ancares, é dicir, preguntas un pouco máis de reflexionar, todas as persoas coinciden que fai falta un pouco máis de cooperación entre todas as aldeas, mais non só dentro do mesmo concello, senón de todos Os Ancares. Isto só se pode conseguir se se coñecen e poden expresar o que pensan porque se cada unha fai unha cousa illada no seu sitio... pois non imos chegar moi lonxe. Se traballamos todas xuntas, é todo moito máis doado. 

O Argueiro dos Ancares agora mesmo funciona, ademais de como un espazo de divulgación, como unha plataforma de encontro. Tes pensado outras dinámicas ó futuro? Para onde che gustaría levar o proxecto?
Nun primeiro momento, gustaríame seguir facendo o que estou a facer agora pero cun ritmo de publicacións máis baixo porque facer unha publicación diaria supón moitísimo esforzo para min, xa que vou até ás aldeas para sacar fotos e facer as entrevistas de forma persoal para así coñecer mellor ás persoas. En total, entre idas e voltas á miña casa, levo 600 quilómetros. O tempo invertido é moitísimo, no sabería dicir canto. Quero seguir a facer isto pero só facer dúas publicacións na semana.

“Normalmente acostúmase escoitar que no rural só se pode vivir da gandería ou da agricultura, que é para o único que as administracións adoitan dar subvencións e axudas. Eu quero demostrar que se pode vivir de todo”

Despois, quero crear unha páxina web na cal recompilar os datos e as historias que publicó e así lograr que sexan da miña propiedade, que non se perda a autoría, pois ao final, nas redes sociais o que pasa é que todo se vai perdendo... todo viaxa tan lonxe que é imposible saber a onde chegou. Ademais, quero organizar unha feira na que se recollan todos os temas dos que fun falando no Argueiro, na que haxa produtoras locais, poesía, música, tradición e un oco para que a xente maior conte as historias.

Esas son as cousas máis factibles. Logo, para poder chegar a máis xente alén dos Ancares e se alguén quixese financiar ou colaborar, pois interésame facer un xornal anual onde puidese escribir e contar todas estas historias ás persoas.

Ademais de demostrar o moito que se pode facer no rural, O Argueiro dos Ancares tamén ten un espazo no que visibilice a falta de servizos básicos?
De momento só fixen unha publicación falando da falta dos servizos. Nese caso denunciei o tema da vivenda, porque hai moitas casas valeiras e, ó mesmo tempo, moita xente que busca casa nos Ancares pero que non pode compralas por tema de herdanzas e problemas burocráticos. Ó mellor é preciso algunha lei ou decreto que expropiase casas e terras que levan moito tempo en condición de abandono. O Grupo de Desenvolvemento Rural da zona dos Ancares lanzou un proxecto de banco de casas. Non sei canto éxito está a ter, pero xa é unha primeira iniciativa.

Nun futuro tamén quero falar das malas estradas e sobre a falta de cobertura, pois non a hai en todos os pobos e a min iso paréceme algo indignante. Sobre todo agora que sen internet case non fas nada. Falei unha vez dito, pero teño pensado facer más publicacións.

Medio rural
FEMINISMO A faciana rural do feminismo
As mulleres labregas non teñen os mesmos ideais nin os mesmos xeitos de organizarse, mais iso non quere dicir que non loirten contra a violencia machista.

Na túa opinión, que precisan con urxencia as zonas rurais para continuar existindo?
Fai falta, sobre todo, axuda das administracións, dun modo en que che axuden e guíen no tema das subvencións dos proxectos que queiras facer ou tamén no caso de querer mercar unha casa nestes territorios. Que motiven e ofrezan cousas concretas á xente nova que estamos a decidir se vivir na cidade ou no rural. Porque, aínda que nos guste moito o rural, necesitamos incentivos para determinar a nosa decisión.

Informar de un error
Es necesario tener cuenta y acceder a ella para poder hacer envíos. Regístrate. Entra en tu cuenta.

Relacionadas

Culturas
Cultura Máis de 30 artistas esixen aos catro festivais galegos de KKR que cumpran coas demandas do pobo palestino
Bandas como Bala, Highpaw, O Leo de Matamá, Dakidarria, Zénit, Hugo Guezeta ou Teresa Ferreiro apoian publicamente as demandas da maior coalición da sociedade palestina contra o fondo proisraelí.
Granada
Cómic 'La Revística': el caso de Juana Rivas, Remama contra el cáncer y más historias de la Granada rebelde en cómic
La asociación ‘La Tebeoteca’ publica el número 9 de su revista gráfica que incluye el caso de Juana Rivas, la iniciativa ‘Remama’ de mujeres pacientes oncológicas o el mítico festival granadino ‘Espárrago Rock’, entre otros temas
Euskera
Aresti 50 urte Mailukadaren oihartzuna Arestiren ahotsan
Ekidak bederatzi artisten abestiak bildu ditu disko batean, 'Bigarrenez Aresti' egitasmoaren baitan. Ez da omenaldi soila, ezta bilduma hutsa ere: Gabriel Arestiren berrirakurketa eta berreskuratze saiakera da. Poetaren heriotzaren urteurrenean aurkeztu zuten lana Bilboko Bira espazioan.
Opinión
Opinión Pedro Sánchez, final de partida
El presidente del Gobierno se irá sin haber hecho nada para evitar que el circuito que ya estaba ahí cuando llegó siga funcionando.
Oriente Próximo
Oriente Próximo Israel pone la región al borde del abismo
La región vive una escalada de la tensión tras el ataque de Israel a Irán y la respuesta de este. El intercambio de ataques no ha cesado en todo el fin de semana.
Alicante
Alacant Martín Villa y el expolicía Daniel Aroca irán a juicio por un asesinato político durante la transición
El exministro y empresario será investigado por crímenes contra la humanidad cometidos durante la dictadura franquista. Se trata del primer caso de estas características dirigido desde un juzgado español.
Baleares
Un modelo insostenible El rechazo a la turistificación se expande en Canarias, Baleares y Barcelona
Tras la masiva manifestación en las Islas Canarias del pasado mayo, Palma de Mallorca, Barcelona y San Sebastián salen este 15 de junio a la calle contra un modelo de turismo desmedido insostenible para el territorio y sus habitantes.

Últimas

Oriente Medio
Oriente Medio Decenas de muertos en una noche de sirenas y misiles cruzados entre Israel e Irán
Después del ataque israelí contra la infraestructura energética y militar iraní, cientos de misiles iraníes atraviesan el cielo israelí e impactan en Tel Aviv, Bat Yam, Tamra y Haifa.
Opinión
Opinión Amor, alienación y nostalgia en la obra de Wong Kar Wai
El cine de Wong Kar Wai logró captar la avalancha de nostalgia que florecía en el capitalismo tardío frente a la desorientación y la enajenación de los propios sujetos sociales.
Crónica
Justicia En la sala de un juicio a una madre protectora
Esta es una crónica de un juicio a una mujer que pidió medidas por sospechar de abusos sexuales a su hija en el domicilio paterno sin que ninguna institución moviera un dedo y, un mes después, cogió un vuelo a su país para intentar protegerla.
Editorial
Editorial Justicia irracional
Por acción o por omisión, las instituciones violentan a las mujeres. Se llama violencia institucional.
Relato
Relato Rendirse
A mi pesar me tocaba compartir mesa con aquellos documentos y, como estaba de los primeros (no lo habría imaginado al llegar), ya no conseguía quedar por encima, con lo que me gusta.
Portugal
Antifascismo Concentraciones en varias ciudades de Portugal en repulsa a la agresión a un actor por un grupo neonazi
Cientos de personas se concentran en distintas ciudades portuguesas en repulsa a la agresión al actor Adérito Lopes por parte de un grupo de neonazis el pasado 10 de junio.

Recomendadas

Consumo
David Sánchez “Shein está diseñado para crear adicción a través de patrones muy oscuros”
David Sánchez Carpio es director de la Federación de Consumidores y Usuarios (CECU), una de las organizaciones que han denunciado al gigante chino de venta de ropa por internet ante la Comisión Europea. “No hay que culpabilizar a los consumidores".
Violencia machista
El Estado que revictimiza Violencia institucional: “Si lo hubiera sabido antes, no hubiera denunciado nunca”
Rocío ha sufrido violencia psicológica, física y sexual por parte de su expareja. Y también violencia institucional en todas las puertas de la red de recursos institucionales que ha ido atravesando.
Galicia
Galicia Activistas bloquean una planta de Altri en Portugal y avisan de que frenarán su expansión en Galicia
El grupo atrancó con cadenas y soldadura las entradas de la planta de Celbi en Leirosa, en la mayor acción directa hasta el momento contra la expansión de la multinacional papelera en territorio gallego: “O povo é quem para Altri”.
Rap
Los Chikos del Maíz “La música urbana está llena de fachas y votantes de Vox”
Tras un fin de gira accidentado, Toni y Nega dan una tregua indefinida a su proyecto con dos conciertos en Madrid. Horas antes de llenar la sala en la primera cita, visitan la redacción de El Salto.