Arte
“Ver ‘Manoliño Nguema’ na TVG sería súper bonito”

A historia de Marcelo Ndong é un dos audiovisuais galegos máis premiados do ano. Un documental feito entre Galiza e Guinea Ecuatorial; dirixido por Antonio Grunfeld e guionizado por Rocío Cadahía, que agardan a chamada da televisión pública: “Quen de verdade pode desfrutar do documental son as galegas”

rodaxe manoliño 5
Imaxe da rodaxe en Guinea, con Grunfeld e Marcelo Ndong (arriba á esquerda) e Rocío Cadahía (no centro abaixo).

Hai un documental percorrendo o país que non deixa de gañar premios. Conta a historia Marcelo Ndong, un cativo de Guinea Ecuatorial que chegou a Bemposta cunha bolsa de arte. Xa coñecía Galiza, onde nace o Miño e os seus afluentes, froito da educación da daquela Guinea Española. Ao chegar papou o frío, medrou, foi ‘o mimo negro de Santiago’, foi de xira polo mundo adiante, formou unha familia e fixo súas as ideas do Padre Silva, que lle serviron para volver a Guinea Ecuatorial e formar novas xeracións de artistas.

Diso vai o docu, que tamén aborda a cuestión colonial, a experiencia na cidade dos muchachos e amosa unha cara de migración sempre agochada, a do retorno. En Guinea, en África, Manoliño fala galego, canta en galego, representa Os vellos non deben de namorarse... Con todo, non é suficiente para que a TVG se interese en emitir esta historia. Nin sequera despois do Mestre Mateo e dos premios en Ourense (á obra teatral), Vigo, León ou Tenerife. Ninguén o entende, tampouco a guionista Rocío Cadahía e o director Antonio Grunfeld.

Chama a atención ver imaxes de Guinea Ecuatorial, os carteis en español, a vida nos barrios, non sabemos nada. Segue sendo Guinea –de facto– materia reservada?
Rocío Cadahía: A ver, é certo que hai que ter coidado co que se di de Guinea Ecuatorial...

Obiang escoita...
Antonio Grunfeld: Xa non están Franco e Fraga, que foron quen pensaron esa lei, pero de aí xurdiron unhas relacións políticas moi complicadas. No documental amosamos a Guinea do pobo, a de Marcelo, lonxe dos estereotipos e do poder político. Vese no coche que ten, na gardería, todo moi austero. Queriamos amosar esa outra Guinea, a que ve Aquí no hay quien viva e coñece España perfectamente, e que a ve como parte do seu pasado. En cambio, as relacións políticas son complexas: cando Obiang dá o golpe de estado a Macías, que rompera toda relación con España, ábrelle os brazos a España, porque viña de estar no exército español, de ser coronel. En cambio, desde España ven unha Guinea pobre, ou que non sabe explotar, e deixou de interesarlle. E pouco despois, descóbrese o petróleo en Guinea, Obiang pasa de España e ofrécello aos americanos e aos franceses.

Se Obiang tivera permitido a España extraer petróleo alí seguro que teriamos a Guinea moito máis presente.

R.C: Agora segue habendo políticos españoles que van por Guinea pero non se sabe que van facer exactamente. A lei de materia reservada fixo que a xente en España se esquecera de Guinea, e agora directamente non saben nin que existe. Cando viviamos alí preguntábannos, cando viñamos aquí, que que falaban, e nin sabían que falaban español. Unha ignorancia que non é casual.

É dicir, que non interesa Guinea Ecuatorial como non interesa Namibia, por exemplo.

R.C: Xusto. O que pasa que Guinea foi unha provincia de España, os cidadáns tiñan documentación española.

A.G: Se Obiang tivera permitido a España extraer petróleo alí seguro que teriamos a Guinea moito máis presente.

nenos guinea manoliño
Imaxe: Arquivo La Región


Naquela altura, sen Whatsapp e demais, dez anos sen saber nada da túa terra, nin da familia...
R.C: Imaxina. Non tiñan nin pasaporte, de súpeto era como unha especie de refuxiado. El ía á oficina de CEAR a mirar as listas onde rexistraban os mortos de Guinea, e cada visita alí era horrible, e aínda por riba hai apelidos moi comúns, entón non sabes con certeza se morría alguén da túa familia ou non.


Manoliño bota raíces en Galiza. Medra en Bemposta, fai xiras co circo por todo o mundo, forma unha familia... pero no 90 decide volver e crear iniciativas culturais en Guinea. Como seguen estas iniciativas hoxe? Tiveron percorrido?
A.G: Cando volve, está motivado e monta un centro cultural nunha vila moi pequena e moi danada tras a época de Macías, así que era moi difícil que fose adiante. Ademais íanlle acusar de bruxería, ía ter problemas por falar de política no seu espectáculo con Tobías [o seu mono monicreque e amigo]. Aí coñéceno da cooperación española, cando aínda era centro cultural hispano guineano, e agora hai un español e un ecuatoguineano. Esa cooperación cultural mantense. Pero onde máis presente está Marcelo é nos seus alumnos. No docu saen algúns, pero realmente hai moitos, porque na xeración de Gorsy [alumno de Marcelo] hai moitos ‘gorsys’ que seguen facendo cousas e seguen formando á xeración seguinte, a de Russo. E agora Russo ten 30 anos e tamén ten unha compañía de teatro. O que teñen en común todos é moita humildade e moito traballo colectivo.

manoliño 2
Os símbolos das tres xeracións: Russo, Marcelo e Gorsy.

R.C: Marcelo é moi diferente a outros ecuatoguineanos e tamén moi diferente a todos galegos. Penso que aínda ten moi presente o que aprendeu na Cidade dos Muchachos, toda esa solidariedade, esa idea de dar, compartir, de vivir sen cartos... Uns valores que por desgraza nós xa non temos.

É importante que haxa documentais que dean outra imaxe de África, achégannos un pouco a esas realidades. Por exemplo, cando vemos a Marcelo contando en galego cousas sobre Guinea, ou alí cando contaba cousas de Galiza.

A.G: Ti pensa que Guinea é un país moi pequeno e hai cartos, polo petróleo, e cando alguén ten moitos, acostuma presumir. Pois Marcelo e toda a súa escola non son para nada así, con todo o que conseguiron.

A súa é unha historia de emigración amable, e positiva se se lle quere chamar así. Credes que en xeral sempre se constrúe unha imaxe de África e dos países do sur moi negativa, asociada sempre á pobreza e á fame? Non abondan os audiovisuais onde se vexa a vida real nos países empobrecidos.

R.C: É importante que haxa documentais que dean outra imaxe de África, achégannos un pouco a esas realidades. Por exemplo, cando vemos a Marcelo contando en galego cousas sobre Guinea, ou alí cando contaba cousas de Galiza. No centro cultural de Malabo representaron Os vellos non deben de namorarse. Normalmente só se ve a pobreza, ou migrantes por hambruna, que existen, pero hai outro tipo de migración máis alá das imaxes da patera. As persoas de Guinea que van a España chegan en avión, e despois cando chegan teñen as cousas complicadas como calquera.

A.G: Algo que digo sempre é que todo migrante vai querer volver á súa terra en canto poida. Teñen un lazo invisible, como temos todas, que fai que como Marcelo, queiran devolver o que aprenderon. Penso que é útil ver esa parte de cando Marcelo volve a Guinea, porque sempre vemos como chegan, as dificultades de cando están aquí, pero nunca vemos as historias das persoas migrantes cando volven aos seus países de orixe e montan algo como o que montou Marcelo.

manoliño 3
Marcelo e Tobías, antes de ser operado.

Outra parte do proxecto é máis de incidencia. Queredes que se reactiven as bolsas entre o Estado Español e Guinea. Como vai o tema?
A.G: Estamos avanzando, pouco a pouco. Marcelo ao principio non quería facer un documental sobre el mesmo, pero cando pensamos e lle dixemos que tamén queriamos sacar a todos os alumnos e alumnas, o teatro e a creación que había en Guinea, xa aceptou. Era o seu soño, el quería reabrir esa liña de bolsas.

R.C.: Agora Russo está en Ourense pero dun xeito moi informal, despois de gañar coa obra de teatro a MITEU o ano pasado, e tamén polo vínculo que tiña Marcelo alí. Está formándose en teatro coa xente da MITEU pero sen bolsa ningunha. En Guinea existe a UNED, estúdase español, hai cousiñas e certo vínculo, pero estas liñas de bolsas que había xa non chegan a Guinea, polo que falabamos, porque está esquecida.

Teatro
“Retirar os orzamentos culturais acaba cos discursos”
A Mostra Internacional de Teatro Universitario de Ourense cumpre 25 anos en medio dun proceso de desmantelamento cultural por parte do Concello de Ourense.
A.G: Dicía que avanzamos algo porque desde a MITEU xa están falando para facer un acordo de verdade, e que ademais de persoas de Guinea a Ourense, tamén vaia xente de aquí formarse a Guinea, onde hai moita cultura tradicional do teatro. O que nos falta é o financiamento.

Facer e financiar o docu tamén foi difícil. Custa moito facer estes documentais sociais?

A.G: Moito. A Marcelo dixémoslle: “como esperemos a conseguir 200.000€ para facer o documental, non o imos facer nunca”. A nosa opción foi: como Rocío está aquí, temos casas onde durmir en Malabo, un colega cámara, están Russo e Gorsy por aquí; pois gravamos este verán con cartos ou sen eles. E Marcelo díxonos: “Levo facendo proxectos así toda a vida”. E realmente foi moi complicado, o equipo decidiu non cobrar e gardar para os gastos os 30.000€ da bolsa da AGADIC. É dicir, non cobramos e despois decidimos repartir o que puidera sobrar, e somos moitos. Con todo, non sei se por influencia de Marcelo, funcionou moitísimo e fíxose un equipo moi bo, con moito corazón, sen intereses, e aprendemos moitísimo. Evidentemente, non quero que o seguinte proxecto sexa así, porque as persoas do equipo debemos cobrar. Agardo que Manoliño sirva para que cheguen novos proxectos.

R.C: Deixáronnos casas, deixáronnos coches, fixéronnos de comer, axudáronnos coas transcricións, coa difusión... Moitísimas persoas axudaron e colaboraron con isto.

A.G: Non temos moita pasta pero temos moitísimas aliadas enganchadas ao proxecto.

manoliño 4
A equipa Manoliño despois da presentación da obra “Ngoan Ntangan”.
Nese sentido, parece que a TVG non está interesada en mercar o docu, malia gañar o Mestre Mateo e unha morea de premios máis. Seguen nas mesmas?
A.G: Nada. Todo o mundo daba e dabamos por feito que nolo ían comprar, porque mesmo mercaron outros -aínda que por dous pesos- que eran cañeros, como Angrois no Esquecemento. Ao non chamar, o produtor escribiulles, tamén o montador... pero nada. E despois enterámonos por Facebook que mercaron sete documentais e que algúns eran dos nominados aos Mestre que gañamos nós. Se a excusa é que o documental non é íntegro en galego, eu síntoo, pero en Guinea Ecuatorial non falan galego.

A CRTVG debería complementar á AGADIC e apoiar futuros talentos da cultura e do audiovisual en Galiza.

R.C: Cando pensamos no docu, sabiamos que en Galiza ía interesar, pero tiñamos medo de que non interesase fóra. Pero mira, en Tenerife déronnos o premio do público, en León tamén... Pero quen de verdade pode desfrutar realmente do docu son as galegas e os galegos, e velo na televisión pública sería súper bonito.

A.G: Se Netflix non nos quere mercar eu non digo nin mu, pero cando ves que hai tanto interese por aí fóra e que na tele pública nin sequera contesten aos mails... Ao final fan que exploremos outras vías, xa que a galega non quere. Roi [produtor], cando recibimos o Mestre, agradeceu as axudas do talento do AGADIC en plan “mira, con 30.000€ fixemos isto” e tamén para que servise de ventá para futuros proxectos. E aí a CRTVG debería complementar á AGADIC e apoiar futuros talentos da cultura e do audiovisual en Galiza.

Informar de un error
Es necesario tener cuenta y acceder a ella para poder hacer envíos. Regístrate. Entra en tu cuenta.

Relacionadas

Grecia
Grecia Las familias de los ahogados en el naufragio de Pylos en 2023 continúan buscando respuestas
Se cumplen dos años de uno de los peores naufragios en las costas griegas. La madrugada del 14 de junio de 2023, un pesquero en el que viajaban unas 750 personas, colapsó. Solo hubo 104 supervivientes.
Instituciones culturales
Protesta Las editoriales migrantes exigen su lugar en la Feria del Libro de Madrid y en la industria cultural española
Una acción de protesta en la Feria del Libro de Madrid reclama más atención y apoyo a las editoriales impulsadas por personas migrantes y racializadas, que sobreviven pese a los obstáculos que reciben de las administraciones, según denuncian.
Estados Unidos
Estados Unidos “Provocación”: Trump despliega 700 marines en Los Ángeles
El gobierno estadounidense sigue tensando la cuerda en California. A las redadas masivas se le suma el despliegue de soldados, sin precedentes desde 1992. Los sindicatos de trabajadores migrantes llaman a la resistencia no violenta.
#71322
3/10/2020 17:56

Qué pena que la Televisión Gallega no se interese por un documental tan premiado... yo lo he visto y merece muchísimo la pena, espero que recapaciten.

0
0
PSOE
Crisis de Gobierno “El Gobierno está en la UCI”: los aliados de Sánchez afilan el discurso en clave electoral
A la espera de nuevas pruebas que puedan afectar directamente al presidente del Gobierno o algún indicio de financiación ilegal del PSOE, Podemos radicaliza su crítica al bipartidismo y Sumar habla de “un cambio de 180 grados”.
Alicante
Alacant Martín Villa y el expolicía Daniel Aroca irán a juicio por un asesinato político durante la transición
El exministro y empresario será investigado por crímenes contra la humanidad cometidos durante la dictadura franquista. Se trata del primer caso de estas características dirigido desde un juzgado español.
Baleares
Un modelo insostenible El rechazo a la turistificación se expande en Canarias, Baleares y Barcelona
Tras la masiva manifestación en las Islas Canarias del pasado mayo, Palma de Mallorca, Barcelona y San Sebastián salen este 15 de junio a la calle contra un modelo de turismo desmedido insostenible para el territorio y sus habitantes.
Consumo
David Sánchez “Shein está diseñado para crear adicción a través de patrones muy oscuros”
David Sánchez Carpio es director de la Federación de Consumidores y Usuarios (CECU), una de las organizaciones que han denunciado al gigante chino de venta de ropa por internet ante la Comisión Europea. “No hay que culpabilizar a los consumidores".
Opinión
Opinión Amor, alienación y nostalgia en la obra de Wong Kar Wai
El cine de Wong Kar Wai logró captar la avalancha de nostalgia que florecía en el capitalismo tardío frente a la desorientación y la enajenación de los propios sujetos sociales.

Últimas

Oriente Medio
Oriente Medio Decenas de muertos en una noche de sirenas y misiles cruzados entre Israel e Irán
Después del ataque israelí contra la infraestructura energética y militar iraní, cientos de misiles iraníes atraviesan el cielo israelí e impactan en Tel Aviv, Bat Yam, Tamra y Haifa.
Crónica
Justicia En la sala de un juicio a una madre protectora
Esta es una crónica de un juicio a una mujer que pidió medidas por sospechar de abusos sexuales a su hija en el domicilio paterno sin que ninguna institución moviera un dedo y, un mes después, cogió un vuelo a su país para intentar protegerla.
Editorial
Editorial Justicia irracional
Por acción o por omisión, las instituciones violentan a las mujeres. Se llama violencia institucional.
Relato
Relato Rendirse
A mi pesar me tocaba compartir mesa con aquellos documentos y, como estaba de los primeros (no lo habría imaginado al llegar), ya no conseguía quedar por encima, con lo que me gusta.
Portugal
Antifascismo Concentraciones en varias ciudades de Portugal en repulsa a la agresión a un actor por un grupo neonazi
Cientos de personas se concentran en distintas ciudades portuguesas en repulsa a la agresión al actor Adérito Lopes por parte de un grupo de neonazis el pasado 10 de junio.
Navarra
Navarra Denuncian la criminalización de menores y falta de recursos en Marcilla
Trabajadoras del COA de Marcilla denuncian criminalización de menores, falta de recursos y condiciones indignas, mientras el Gobierno de Navarra traslada a 23 menores y refuerza la seguridad tras el brote racista.

Recomendadas

Violencia machista
El Estado que revictimiza Violencia institucional: “Si lo hubiera sabido antes, no hubiera denunciado nunca”
Rocío ha sufrido violencia psicológica, física y sexual por parte de su expareja. Y también violencia institucional en todas las puertas de la red de recursos institucionales que ha ido atravesando.
Galicia
Galicia Activistas bloquean una planta de Altri en Portugal y avisan de que frenarán su expansión en Galicia
El grupo atrancó con cadenas y soldadura las entradas de la planta de Celbi en Leirosa, en la mayor acción directa hasta el momento contra la expansión de la multinacional papelera en territorio gallego: “O povo é quem para Altri”.
Rap
Los Chikos del Maíz “La música urbana está llena de fachas y votantes de Vox”
Tras un fin de gira accidentado, Toni y Nega dan una tregua indefinida a su proyecto con dos conciertos en Madrid. Horas antes de llenar la sala en la primera cita, visitan la redacción de El Salto.
Río Arriba
Río Arriba Luis González Reyes: “Vivimos en un mundo en el que la escasez es un elemento central”
Primera entrevista del programa Río Arriba en formato podcast y vídeo donde hablamos de las nuevas guerras neocoloniales por recursos en la era de Trump y Putin, de la escasez, del decrecimiento y el colapsismo.