Política
Redes clientelares, falta de autogoberno e consensos neoliberais: as claves do novo Goberno galego sen Feijóo

Políticas e analistas debullan a folla de ruta da primeira lexislatura galega da era post-Feijóo: reforzamento dos fíos de poder locais, falta de vocación autonómica, complexo de inferioridade e a axenda marcada polos grandes consensos neoliberais.
rueda conselleiros y conselleiras
O presidente da Xunta, Alfonso Rueda, acompañado dos seus conselleiros e conselleiras para a nova lexislatura.

A política autonómica galega xa está en marcha tras a celebración das eleccións o pasado 18 de febreiro. Neste mes de abril, comezou a rodar o novo Parlamento, sucedeuse a sesión de investidura e se anunciou a presidencia de Alfonso Rueda. Iniciouse a XII Lexislatura coa sensación de non haber nada novo baixo o Sol: unha maioría absoluta do PPdeG e un déficit na cobertura mediática da deliberación parlamentaria.

Cabe preguntarse se a Galiza autonómica vive inmersa na repetición. Si e non. O Parlamento de hoxe ten ao grupo parlamentario do BNG máis forte da súa historia, un PSdeG que viu reducido os seus apoios electorais e a un deputado procedente da Democracia Ourensana, o partido populista de dereitas do alcalde de Ourense, Gonzalo Pérez Jácome. No referido ao novo executivo, cómpre poñer atención nos cambios na composición das consellerías, onde só cae Elena Rivo, que fóra conselleira de Emprego, e a remodelación das vicepresidencias. Con estas accións, o presidente da Xunta corta o paso a aqueles que teñen certas ambicións na batalla interna e obtén un maior control no imperativo da súa persoa. Obsérvase a intención de proclamarse como un liderado forte a autónomo con respecto ao seu sucesor: Alberto Núñez Feijóo.

Entre esta serie de continuidades renovadas xorden as preguntas polo futuro. Que agardan os partidos da oposición á esquerda do goberno do PPdeG? Cal debería ser a folla de ruta dun Goberno autonómico para os próximos anos? Que aparencia terá o PPdeG nos próximos anos?

Que agardar das políticas do PPdG?

Tanto Olalla Rodil (BNG) como Lara Méndez (PSdG) consideran que o Goberno de Rueda manterá unha continuidade co que leva acontecendo desde que rematara o bipartito en  2009. Para Rodil, o Goberno do PPdeG, en tanto que “brazo executor dun puñado de empresas amigas”, proseguirá coas súas políticas destrutivas e privatizadoras. Mentres que para Méndez o actual executivo reflicte unha “falla de ambición, concreción e estratexia” que presenta todas as papeletas para manter o estado de “deterioro da sanidade e dos servizos públicos”.

Olalla Rodil localiza algún dos continuísmos do Goberno na axenda adoptada cos servizos públicos, onde o PPdeG ven aplicando unha “privatización brutal de cuestións que deberían estar á marxe da lóxica do mercado”. A deputada do BNG sinala que tras 15 anos de recortes o Goberno do PP está abocándonos “a pasar a tarxeta de crédito e pagar a asistencia sanitaria na privada”. Tamén fala do sector dos coidados, especialmente da atención ás persoas maiores: “Un servizo que se atopa totalmente privatizado e que constitúe un asunto de enorme importancia se consideramos que  máis dun 30% da poboación ten máis de 65 anos”.

Dende o BNG afondan na relación directa do PPdeG coas grandes eléctricas: “Aquí hai 4.000 aeroxeradores e non se lle abaratou a factura da luz a ninguén: nin as familias, nin as PEMES, nin a outras grandes onde están en risco os postos de traballo”. Rodil fai énfase no anuncio de Altri, unha fábrica de celulosa que pretende instalarse en Palas de Rei (Lugo) que será, segundo din, ”a alfombra vermella a proxectos que destrúen o medio, territorio e postos de traballo vinculados a sectores produtivos tradicionais como o gandeiro”. E tamén engade: “Os Gobernos do PP poñen os recursos naturais e o territorio en bandexa de prata, tal e como amosa o seu plan eólico depredador”, plan que xa está a ser cuestionado polo mesmo Tribunal Superior de Xustiza de Galicia.

Por outra banda, a exalcaldesa de Lugo e deputada agora no Parlamento galego, Lara Méndez, comenta que o discurso de investidura de Rueda reflicte o continuísmo do PPdeG, un discurso no que o presidente “precisou retrotraerse a 1994 para falar do moito que Galicia avanzou”. Segundo a deputada socialista “parecía que Rueda acababa de chegar á Xunta”, algo que lle resulta sorprendente considerando a súa traxectoria nos gobernos autonómicos dos últimos quince anos. Apunta ás tinguiduras presidencialistas das súas últimas remodelacións, tal como evidencia a supresión das vicepresidencias ou a creación dunha oficina económica específica que o levará a controlar e coordinar todos os proxectos industriais estratéxicos ou a xestión dos fondos Next Generation da UE. Ademais sinala a aposta decidida do equipo de Rueda por atacar ao Goberno central, tal e como amosa a asunción da Dirección Xeral de Asuntos Constitucionais. 

Análisis
Análise A atalaia autonómica: a construción do dominio do PPdeG en Galiza entra en crise
O Partido Popular elaborou durante anos un relato interesado de autonomía como historia do seu propio éxito ao tempo que favorecía o seu desleixo para conseguir o consentemento dun pobo ao que finxe parecerse.

O PPdeG na autonomía: actividade ou pasividade?

Olalla Rodil pon o acento na proactividade do PPdeG en favor das súas empresas amigas, mentres que Lara Méndez sinala a súa falta de ambición de autogoberno. Para Rodil a posición do PPdeG é a de quen ocupa o poder para o seu propio beneficio: “Para manterse no poder en primeira instancia, e para desde esa posición de poder seguir cebando os poderes amigos”. Como exemplos desta relación prístina entre o Goberno e os intereses privados referiuse ao caso Eulen e aos múltiples asentos de representantes do PP en consellos de administración, como o caso da exconselleira de Medio Ambiente, Beatriz Mato, en Greenalia.

A exalcaldesa de Lugo explica que o Goberno de Rueda é un Goberno “sen ambición de autogoberno”, isto é, un Goberno que “en 15 anos nin solicitou novas competencias nin exercitou as competencias propias, por exemplo, en materia de vivenda”. A deputada incide en que a pasividade da Xunta levou a que non se fixese cargo das competencias para “as residencias, os centros de educación de cero a tres anos ou a instalación para a zona de Lugo de equipos de radioterapia nuclear”, asuntos que correron maioritariamente a cargo da Fundación Amancio Ortega. A exalcaldesa lucense tamén amosa a súa preocupación pola falla na execución dos fondos europeos, que en moitos casos “teñen sido desaproveitados e devolvidos sen executar polo goberno da Xunta.

Todas as aspiracións que podería ter un Goberno autonómico

Ámbalas dúas deputadas aluden  aos discursos na sesión de investidura dos seus líderes. Olalla Rodil comenta que os catro asuntos nos que máis incidiu Ana Pontón foron o desenvolvemento enerxético e o aproveitamento da riqueza eléctrica, a blindaxe da sanidade pública, a rexeneración democrática e o rescate dos medios públicos. Por parte do PSdeG de Xosé Ramón Gómez Besteiro, Lara Méndez incide nos cinco acordos de país que se precisan levar adiante: un plan de vivenda pública, o reforzo da sanidade pública, o financiamento local e autonómico, o pulo industrial de Galiza e o compromiso na defensa do galego.

O principal punto en común das declaracións das deputadas foi a defensa da sanidade pública. Para Rodil é necesario realizar un gran pacto para rematar coas listas de espera e coa situación duns “11.000 nenos e nenas que non teñen un pediatra”. Ademais explica a necesidade de blindar o financiamento da Atención Primaria cun 25% dos orzamentos de Sanidade. Esta sensibilidade pola Atención Primaria tamén é compartida por Méndez. A deputada socialista fai énfase na situación precaria dos facultativos e sostén que hoxe “estes non marchan a Francia ou Inglaterra, senón a outras comunidades próximas como Asturias ou Euskadi, onde se exercen as competencias, atraendo e retendo aos facultativos que nós precisamos”.

Lara Méndez insiste en que un goberno autonómico debería apostar por un plan de vivenda pública: “Hai unha falla na vivenda de adquisición e na de alugueiro, especialmente nesta última, a cal afecta á xuventude e ás familias de menos recursos, que dedican máis da metade do salario ao pago do alugueiro, o cal é insostible nunha economía”. Outras políticas que tamén considera prioritarias son a reivindicación do financiamento local e autonómico e da defensa da lingua. Méndez comenta a necesidade de dotar economicamente ás distintas competencias autonómicas derivadas aos concellos, algo que “melloraría as condicións de traballo dos servizos sociais e da administración pública”. Sobre o uso do galego, comenta que o PPdeG ten unha posición pola que se “predica unha cousa e realízase a contraria”, como se exemplifica no caso, xa rectificado, da supresión no Concello de Ferrol do uso do galego nos contratos.

Dende o Partido Socialista ultiman a necesidade dun “pulo industrial” na Galiza orientado á formación dun “ecosistema económico” que aproveite os recursos enerxéticos infrautilizados e que se basee na xeración de riqueza e emprego de calidade. En consonancia con esta folla de ruta, amosa a necesidade de investir en infraestruturas. Para este propósito declara que o PSdeG insistirá coas súas demandas ao Goberno español coas obras da A-54, pero tamén esixirá ao Goberno galego que asuma as competencias propias para mellorar “o transporte de proximidades, a Vía de Alta Capacidade (VAC) Costa Norte ou o corredor Lugo-Monforte”. Para a deputada socialista as comunicacións son imprescindibles e é necesario procurar “unha modernización viaria e ferroviaria, coa electrificación de Ourense e Lugo, o acondicionamento de estruturas obsoletas, as modificacións do ancho de vía ou a inclusión do corredor do norte no Eixo Atlántico”. Tarefas que a deputada socialista considerou como fundamentais se consideramos “a situación periférica de Galicia e a preferencia do desenvolvemento noutros lugares do estado por cuestións poboacionais”.

Pola outra banda, para o Bloque Nacionalista Galego cómpre realizar un desenvolvemento industrial ordenado e respectuoso co medio que veña acompañado por un gran debate de país sobre cal debe ser o modelo enerxético. Ademais, sinala a necesidade tanto dun acordo de rexeneración democrática que veña acompañado por unha auditoría para fiscalizar os contratos autonómicos, como do rescate dos medios públicos para rematar coa situación de control político da CRTVG por parte do Partido Popular. Tamén entenden que “convén lembrar que hai unha maioría social na Galiza que non quere un goberno do Partido Popular”, e sinalou que o obxectivo fundamental dun Goberno autonómico debería ser “mellorar as condicións de vida da xente do país e poñer as políticas públicas ao seu servizo”.

Cal será a aparencia do PPdG nos próximos anos?

O xornalista e analista político, Daniel Salgado, comenta que nestes primeiros compases da lexislatura asistirase á “proclamación da maioría de idade” de Alfonso Rueda. As remodelacións de goberno e as intervencións públicas do presidente revelan a súa intención de romper as amarras que o unían ao anterior líder do PPdeG, como se quixese eliminar todo rastro do anterior. O xornalista comenta que detrás das “declaracións de independencia” de Rueda atópase o “seu gran complexo: o complexo da sombra de Feijoó”. Segundo Salgado, Rueda actúa desde este complexo da sombra, como se tivese que autoafirmarse perante a todos aqueles que o consideraban como un mero sucesor de Feijóo: “Rueda está amosando unha gran inseguridade política, o que lle leva a marcar o territorio dunha maneira moi aparatosa, tal e como acontece coa remodelación dunha Secretaría fundamental para o PPdeG como é a Secretaria Xeral de Medios”.

O xornalista sinala que o liderado de Rueda está ben cimentado: “Durante os dous anos de interinidade, o actual presidente da Xunta reforzou as alianzas cos medios de comunicación dominantes e ostentou un dominio na interna do PPdeG que Feijóo non tivo debido aos conflitos con Baltar”. E tamén engade que a oposición minusvalorou a Rueda e sobrevalorou a Feijoo: “Foi especialmente paradigmático que coa marcha á metade de mandato de Feijoo a Madrid, dada a cuestionable lexitimidade electoral da sucesión dos cargos, a oposición non reclamase eleccións”.

Sobre a posición do PPdeG como Partido-Xunta Salgado observa un corte histórico entre Fraga e Feijóo: “O actual PPdG non cre no sistema autonómico. Que fixo Feijoo? Fraga desenvolveu o autogoberno e apostou por unha política de infraestruturas e obras públicas. En cambio, Feijóo o único que fixo foi cumprir coa estabilidade macroeconómica que ditaron os consensos neoliberais”. Aínda así, o xornalista advirte de que esta é unha crítica que a eles lles resulta indiferente: “Dálles igual non enunciar unha visión de país, non é a súa función política e non lles resulta nun custo electoral”. Tamén aludiu aos traballos de Antón Baamonde e Manuel Barreiro para caracterizar ao goberno autonómico do PPdG como unha “Administración de asuntos cotiás”, algo así como unha “gran Deputación que reparte axudas e pouco mais, onde non hai políticas estratéxicas alén das liñas clave da dereita: reducir o publico na sanidade e a educación“.

Sobre o discurso Salgado sobresae a “perda de singularidade do PPdeG fronte ao PP estatal”. Para Salgado a españolización do PPdeG responde aos cambios sociais operados nas últimas décadas en Galiza e insiste, novamente, en que o PPdeG é un “partido resultadista que aposta por aquilo que lle funciona, e nesta medida, a súa perda de singularidade responde a unha lectura sobre o que lle convén”. Esta lóxica tamén explicaría o gran peso adquirido recentemente polas retóricas contra o goberno central, as cales non atenden a razóns ideolóxicas ou a unha estratexia de país e rexión, senón a mero oportunismo político: mentres goberne o PSOE seguirán coa mesma. Un exemplo da incorporación do receitario madrileño pódese atopar na recente intervención parlamentaria de Silvestre José Balseiros a respecto do debate sobre a proposición para rexistrar as granxas avícolas de autoconsumo: ”Non entendo que en España se liberen violadores e etarras pero haxa que rexistrar galiñas".

Preguntado pola caracterización ideolóxica do Goberno, o xornalista destaca como algo moi significativo que non haxa voces discordantes cos pactos coa extrema dereita: “Desde a posguerra teñen sido poucas as veces que se chega a pactos coa dereita radical por parte da dereita democrática ou a dereita democristiá”. Ao xornalista resúltalle moi interesante que mesmo personalidades como Pedro Puy, que goza dun recoñecemento como perfil cunha certa autonomía, non teña cuestionado esta política de alianzas.

En tempos de incerteza e falta de confianza no futuro o Goberno do PPdeG proporciona unha renovación do continuísmo por partida dobre. Primeiro, porque Rueda, malia a súa dilatada traxectoria nos gobernos autonómicos, trata de proxectarse como un novo liderado na liña de sucesión Fraga-Feijóo. E segundo porque a folla de ruta neoliberal en Galiza, un continuo nas últimas décadas que sempre viu acompañada por un discurso técnico sobre o “sentidiño común” e a “boa xestión”, aparece hoxe investida polos estilos trumpistas e os argumentarios españolistas dos últimos tempos.

Informar de un error
Es necesario tener cuenta y acceder a ella para poder hacer envíos. Regístrate. Entra en tu cuenta.

Relacionadas

Análisis
Análisis del CIS La calma antes de la tormenta: la dimisión de Santos Cerdán como punto de inflexión
El último barómetro del Centro de Investigaciones Sociológicas (CIS) ha muerto pocas horas después de nacer por la dimisión de Santos Cerdán, aunque sirve como foto fija de un escenario que favorece a la derecha.
Galicia
Galicia Dimite el conselleiro do Mar de la Xunta tras ser denunciado por agresión sexual
Alfonso Villares deja su cargo tras ser notificado por el TSXG de su implicación en una investigación por presunta agresión sexual, iniciada a raíz de una denuncia presentada por la presentadora Paloma Lago.
PSOE
Crisis de Gobierno “El Gobierno está en la UCI”: los aliados de Sánchez afilan el discurso en clave electoral
A la espera de nuevas pruebas que puedan afectar directamente al presidente del Gobierno o algún indicio de financiación ilegal del PSOE, Podemos radicaliza su crítica al bipartidismo y Sumar habla de “un cambio de 180 grados”.
Alicante
Alacant Martín Villa y el expolicía Daniel Aroca irán a juicio por un asesinato político durante la transición
El exministro y empresario será investigado por crímenes contra la humanidad cometidos durante la dictadura franquista. Se trata del primer caso de estas características dirigido desde un juzgado español.
Baleares
Un modelo insostenible El rechazo a la turistificación se expande en Canarias, Baleares y Barcelona
Tras la masiva manifestación en las Islas Canarias del pasado mayo, Palma de Mallorca, Barcelona y San Sebastián salen este 15 de junio a la calle contra un modelo de turismo desmedido insostenible para el territorio y sus habitantes.
Consumo
David Sánchez “Shein está diseñado para crear adicción a través de patrones muy oscuros”
David Sánchez Carpio es director de la Federación de Consumidores y Usuarios (CECU), una de las organizaciones que han denunciado al gigante chino de venta de ropa por internet ante la Comisión Europea. “No hay que culpabilizar a los consumidores".
Opinión
Opinión Amor, alienación y nostalgia en la obra de Wong Kar Wai
El cine de Wong Kar Wai logró captar la avalancha de nostalgia que florecía en el capitalismo tardío frente a la desorientación y la enajenación de los propios sujetos sociales.

Últimas

Oriente Medio
Oriente Medio Decenas de muertos en una noche de sirenas y misiles cruzados entre Israel e Irán
Después del ataque israelí contra la infraestructura energética y militar iraní, cientos de misiles iraníes atraviesan el cielo israelí e impactan en Tel Aviv, Bat Yam, Tamra y Haifa.
Crónica
Justicia En la sala de un juicio a una madre protectora
Esta es una crónica de un juicio a una mujer que pidió medidas por sospechar de abusos sexuales a su hija en el domicilio paterno sin que ninguna institución moviera un dedo y, un mes después, cogió un vuelo a su país para intentar protegerla.
Editorial
Editorial Justicia irracional
Por acción o por omisión, las instituciones violentan a las mujeres. Se llama violencia institucional.
Relato
Relato Rendirse
A mi pesar me tocaba compartir mesa con aquellos documentos y, como estaba de los primeros (no lo habría imaginado al llegar), ya no conseguía quedar por encima, con lo que me gusta.
Portugal
Antifascismo Concentraciones en varias ciudades de Portugal en repulsa a la agresión a un actor por un grupo neonazi
Cientos de personas se concentran en distintas ciudades portuguesas en repulsa a la agresión al actor Adérito Lopes por parte de un grupo de neonazis el pasado 10 de junio.
Navarra
Navarra Denuncian la criminalización de menores y falta de recursos en Marcilla
Trabajadoras del COA de Marcilla denuncian criminalización de menores, falta de recursos y condiciones indignas, mientras el Gobierno de Navarra traslada a 23 menores y refuerza la seguridad tras el brote racista.

Recomendadas

Violencia machista
El Estado que revictimiza Violencia institucional: “Si lo hubiera sabido antes, no hubiera denunciado nunca”
Rocío ha sufrido violencia psicológica, física y sexual por parte de su expareja. Y también violencia institucional en todas las puertas de la red de recursos institucionales que ha ido atravesando.
Galicia
Galicia Activistas bloquean una planta de Altri en Portugal y avisan de que frenarán su expansión en Galicia
El grupo atrancó con cadenas y soldadura las entradas de la planta de Celbi en Leirosa, en la mayor acción directa hasta el momento contra la expansión de la multinacional papelera en territorio gallego: “O povo é quem para Altri”.
Rap
Los Chikos del Maíz “La música urbana está llena de fachas y votantes de Vox”
Tras un fin de gira accidentado, Toni y Nega dan una tregua indefinida a su proyecto con dos conciertos en Madrid. Horas antes de llenar la sala en la primera cita, visitan la redacción de El Salto.
Río Arriba
Río Arriba Luis González Reyes: “Vivimos en un mundo en el que la escasez es un elemento central”
Primera entrevista del programa Río Arriba en formato podcast y vídeo donde hablamos de las nuevas guerras neocoloniales por recursos en la era de Trump y Putin, de la escasez, del decrecimiento y el colapsismo.