Memoria histórica
O PP desmantela o departamento de Memoria Histórica da Deputación de Pontevedra

Desde as eleccións municipais, o PP paralizou a práctica totalidade das actividades relacionadas coa materia a pesar de ter ao deputado Rafael Domínguez asignado para iso. Reduciu o orzamento dedicado a memoria en máis dun 66%.
Luis López  Rafa Domínguez Diputación de Pontevedra
O presidente da Deputación de Pontevedra, Luís López xunto ao vicepresidente segundo e responsable do Museo de Pontevedra, Rafa Domínguez e outros membros do seu equipo, na visita ao convento de Santa Clara. Foto: Deputación de Pontevedra

Desde que houbo o intercambio de chaves, tras as eleccións municipais, entre PSOE e BNG e o Partido Popular o 14 de xullo, un par de reunións con asociacións. En catro meses, esa foi toda a actividade coñecida da área de Memoria Histórica da Deputación de Pontevedra. E a perspectiva para o ano que vén non parece ser moito mellor. O Goberno provincial de Luis López Diéguez reduciu en máis dun 66% a partida orzamentaria dedicada a dignificar a memoria de persoas represaliadas da ditadura franquista e a de todas as vítimas do golpe de Estado de 1936. Para 2024, en función dos orzamentos presentados ante o resto de deputadas e deputados provinciais, soamente se van destinar 50.000 euros a este traballo.

Memoria histórica
Memoria histórica Arquivada a querela contra o crime franquista de Moncho Reboiras
O asasinato do sindicalista galego Moncho Reboiras continúa impune porque a xustiza considera que os crimes do franquismo non poden ser xulgados pola súa prescrición e a Lei de Amnistía, pese aos cambios introducidos pola nova norma.

A redución é tremendamente significativa se se compara co orzamento do último exercicio, o do 2023. Para este ano, aínda en curso, o goberno bipartito de PSOE e BNG destinou 150.000 euros para esa mesma partida e contratou a dúas persoas, unha técnico e unha auxiliar administrativa. Ademais, reservou 100.000 euros extra para que a propia Deputación e os concellos pontevedreses puidesen retirar toda a simboloxía franquista que aínda hoxe vive en edificios, rúas e prazas por toda Galiza. É un imperativo legal. O artigo 35 da lei de Memoria Democrática establece claramente que “cando os elementos contrarios á memoria democrática estean situados ou colocados en edificios de carácter público, as institucións ou persoas xurídicas titulares dos mesmos serán responsables da súa retirada ou eliminación”. En cambio, este novo Goberno provincial decidiu eliminar tamén esta partida. O equipo do deputado Rafael Domínguez (PP), encargado desta área na nova lexislatura, non tivo a ben contestar as preguntas desta redacción.

A estratexia do PP de Galiza segue o rumbo que marcou Feijóo chamando “pelexa entre avós” á Guerra Civil ou promocionando retiros de ioga no campo de concentración franquista da illa de San Simón

A estratexia do Partido Popular en Galiza segue o ronsel do rumbo que veu marcando o seu presidente, Alberto Núñez Feijóo, que catalogou de “vergoña” a lei de Memoria Democrática e prometeu por activa e por pasiva que a derrogaría se algún día se convertese en presidente do Goberno do Estado. Algo cada vez máis improbable, polo menos no curto prazo. Da súa boca tamén saíron algunhas das maneiras máis equidistantes de dirixentes do PP para referirse á Guerra Civil: “Hai 80 anos os nosos avós e bisavós pelexáronse”. Un eufemismo sen parangón. Pero é que antes de ocupar a cadeira do seu despacho en Génova 13, como presidente da Xunta de Galiza, apenas se lle lembran accións para honrar a memoria das 4.699 persoas asasinadas e as 28.234 galegas e galegos que sufriron algún tipo de persecución xudicial polas autoridades militares da ditadura. Todo o contrario.

Desde a Xunta, especialmente nos 13 anos de Goberno de Núñez Feijóo, afanáronse mesmo en resignificar espazos tan simbólicos para a memoria histórica de Galiza como a illa de San Simón (Redondela, Pontevedra), un dos maiores campos de concentración en territorio galego durante o Franquismo e por onde pasaron máis de 6.000 presos republicanos de todo o territorio español entre 1936 e 1943. Moitos deles foron fusilados alí mesmo, na tapia do cemiterio, pero historiadores e historiadoras aínda non foron quen de concretar cuantos. A promoción financiada pola Xunta dese espazo chegou a rozar a infamia coa organización de retiros de ioga, festivais de música ou festas de Samaín.

Adeus a un oasis ante a amnesia institucional

Tanto no breve período do bipartito do PSOE e o BNG na Xunta de Galiza como no agora extinto goberno de coalición progresista na Deputación de Pontevedra tentáronse paliar as estratexias da dereita galega para difuminar o contido simbólico e político destes espazos de represión e, moito máis, propuxéronse axendas ambiciosas, as primeiras, para traballar en pos dunha reparación aínda moi afastada. Unha das persoas clave no traballo dos últimos anos desde a Deputación foi a xornalista Montse Fajardo. Especializada en historia e feminismos, Fajardo comisariou exposicións, coordinou a publicación de libros sobre a materia e dirixiu durante anos equipos que se centraron en traballar en memoria histórica. “Temos medo de que se retroceda en todo o avanzado e de que se levan a cabo accións arredor de figuras como Alexandre Bóveda ou Castelao, se difuminen os seus perfís políticos”, explica ao Salto a até agora técnica especializada en memoria da institución.

Entre a deputada María Ortega e a xornalista Montse Fajardo levouse a cabo unha das axendas institucionais máis ambiciosas da historia da democracia en Galiza en materia de memoria

Baixo a súa batuta e a de María Ortega, deputada do BNG na anterior lexislatura, levou a cabo una das axendas institucionais máis ambiciosas da historia da democracia en Galicia en materia de documentación, recoñecemento e concienciación. Publicáronse 16 libros con varias derivadas arredor da historia da provincia, dous documentais, exposicións con intervencións nas rúas pontevedresas, eventos de música represaliada, teatro, preto de 200 actividades divulgativas polos concellos da provincia e outras tantas charlas monográficas por persoas de recoñecido prestixio na área memorialista. Tamén tiveron a ocasión de colaborar desde o departamento e coa Comisión pola Recuperación da Memoria Histórica de Salvaterra na realización de traballos previos á recuperación da foxa de Pastora (Salvaterra).

“Non podo facer ningunha valoración do que se fixo neste catro meses porque non se fixo nada en absoluto. Non sabemos ningún detalle da súa folla de ruta se é que a teñen”, denuncia a deputada María Ortega. “O que si que vemos é este recorte desproporcionado e que deixa moi claro que o que se vai a facer nesta área é totalmente limitado”, engade.

Como parte do Servizo de Patrimonio Documental e Bibliográfico da Deputación, adquiriu especial relevancia outro proxecto auspiciado polo departamento de Memoria Histórica: a creación dun arquivo de documentos, fotografías e publicacións relacionadas coas vítimas da represión, o propio funcionamento da ditadura ou a loita contra ela. “Esa foi a faísca que prendeu a posta en marcha, no Nadal de 2022, do programa Cae de Caixón, que anima a particulares e entidades a ceder o material que puideran gardar de maneira persoal, co fin de facelo público a través do noso buscador na rede, Atopo”, explican desde o antigo equipo.

A colección Memoria Histórica supuxo integrar nos fondos do Servizo de Patrimonio Documental e Bibliográfico achegas tan importantes como a colección fotográfica de Os fillos do Sol, cedida pola filla de Natalio Abad, un dos promotores desta iniciativa de principios do século XX; a documentación da historia do nacionalismo galego na clandestinidade, a través do fondo Reboiras; fotografías inéditas da presenza de nazis no Val Miñor e Pontevedra ou a primeira fotografía que se fixo a marinense Neves Martínez tras recuperar o pelo rapado polos fascistas en 1936; listaxes manuscritas de persoas fusiladas; ou unha carta a Cruz Gallástegui informando dunha folga de traballadoras da Misión Biolóxica en pleno franquismo.

Informar de un error
Es necesario tener cuenta y acceder a ella para poder hacer envíos. Regístrate. Entra en tu cuenta.

Relacionadas

Activismo
Activismo Activistas bloquean unha planta de Altri en Portugal e avisan de que frearán a súa expansión en Galiza
O grupo atrancou con cadeas e soldadura as entradas da planta de Celbi en Leirosa, na maior acción directa ata o momento contra a expansión da multinacional papeleira en territorio galego: “O povo é quem para Altri”.
O Teleclube
O Teleclube 'O Teleclube' alucina no deserto con Óliver Laxe e 'Sirat'
Laxe leva o seu cuarto premio de Cannes, esta vez en competitición, polo seu novo filme que explosiona na gran pantalla.
Feminismos
Feminismo Dous anos sen reparación tras sufrir lesbofobia nun Rexistro Civil de Pontevedra cando ían inscribir a seu fillo
Un funcionario negouse a inscribir ao fillo de Antía e a súa parella. Un erro de redacción na lei trans está detrás dos argumentos que o funcionario esgrime para defender a súa actuación.
Opinión
Opinión Pedro Sánchez, final de partida
El presidente del Gobierno se irá sin haber hecho nada para evitar que el circuito que ya estaba ahí cuando llegó siga funcionando.
Alicante
Alacant Martín Villa y el expolicía Daniel Aroca irán a juicio por un asesinato político durante la transición
El exministro y empresario será investigado por crímenes contra la humanidad cometidos durante la dictadura franquista. Se trata del primer caso de estas características dirigido desde un juzgado español.
Baleares
Un modelo insostenible El rechazo a la turistificación se expande en Canarias, Baleares y Barcelona
Tras la masiva manifestación en las Islas Canarias del pasado mayo, Palma de Mallorca, Barcelona y San Sebastián salen este 15 de junio a la calle contra un modelo de turismo desmedido insostenible para el territorio y sus habitantes.

Últimas

Oriente Medio
Oriente Medio Decenas de muertos en una noche de sirenas y misiles cruzados entre Israel e Irán
Después del ataque israelí contra la infraestructura energética y militar iraní, cientos de misiles iraníes atraviesan el cielo israelí e impactan en Tel Aviv, Bat Yam, Tamra y Haifa.
Opinión
Opinión Amor, alienación y nostalgia en la obra de Wong Kar Wai
El cine de Wong Kar Wai logró captar la avalancha de nostalgia que florecía en el capitalismo tardío frente a la desorientación y la enajenación de los propios sujetos sociales.
Crónica
Justicia En la sala de un juicio a una madre protectora
Esta es una crónica de un juicio a una mujer que pidió medidas por sospechar de abusos sexuales a su hija en el domicilio paterno sin que ninguna institución moviera un dedo y, un mes después, cogió un vuelo a su país para intentar protegerla.
Editorial
Editorial Justicia irracional
Por acción o por omisión, las instituciones violentan a las mujeres. Se llama violencia institucional.
Relato
Relato Rendirse
A mi pesar me tocaba compartir mesa con aquellos documentos y, como estaba de los primeros (no lo habría imaginado al llegar), ya no conseguía quedar por encima, con lo que me gusta.
Portugal
Antifascismo Concentraciones en varias ciudades de Portugal en repulsa a la agresión a un actor por un grupo neonazi
Cientos de personas se concentran en distintas ciudades portuguesas en repulsa a la agresión al actor Adérito Lopes por parte de un grupo de neonazis el pasado 10 de junio.

Recomendadas

Consumo
David Sánchez “Shein está diseñado para crear adicción a través de patrones muy oscuros”
David Sánchez Carpio es director de la Federación de Consumidores y Usuarios (CECU), una de las organizaciones que han denunciado al gigante chino de venta de ropa por internet ante la Comisión Europea. “No hay que culpabilizar a los consumidores".
Violencia machista
El Estado que revictimiza Violencia institucional: “Si lo hubiera sabido antes, no hubiera denunciado nunca”
Rocío ha sufrido violencia psicológica, física y sexual por parte de su expareja. Y también violencia institucional en todas las puertas de la red de recursos institucionales que ha ido atravesando.
Galicia
Galicia Activistas bloquean una planta de Altri en Portugal y avisan de que frenarán su expansión en Galicia
El grupo atrancó con cadenas y soldadura las entradas de la planta de Celbi en Leirosa, en la mayor acción directa hasta el momento contra la expansión de la multinacional papelera en territorio gallego: “O povo é quem para Altri”.
Rap
Los Chikos del Maíz “La música urbana está llena de fachas y votantes de Vox”
Tras un fin de gira accidentado, Toni y Nega dan una tregua indefinida a su proyecto con dos conciertos en Madrid. Horas antes de llenar la sala en la primera cita, visitan la redacción de El Salto.