Ciudadanos
Ciudadanos: non nos entenden, non

O desafío preelectoral entre PP e Cidadáns reabre o conflito lingüístico como arma política no estado español

garrotazos
Ilustración SrPotatus
SOCIÓLOGO EN CIERNES. COLUMNISTA Y COORDINADOR EN NUEVA REVOLUCIÓN
18 feb 2018 09:00

Os cataláns, os galegos e os vascos serían anti-españois se quixesen impor o seu modo de falar á xente de Castela; pero son patriotas cando aman a súa lingua e non se aveñen a cambiala por outra. Nós comprendemos que a un galego, a un vasco ou a un catalán que non queira ser español se lle chame separatista; pero eu pregunto, como debe chamárselle a un galego que non queira ser galego, a un vasco que non queira ser vasco, a un catalán que non queira ser catalán? Estou seguro de que en Castela, a estes compatriotas chámanlles "bos españois", "modelo de patriotas", cando en realidade son traidores a si mesmos e é terra que lles deu o ser. Estes si que son separatistas!”.

Alfonso Daniel Rodríguez Castelao

"¡Muera la inteligencia! ¡Viva la muerte!"
José Millán-Astray

Nunca resultou excesivamente complicado no estado español achar motivos para gozar do máis prezado deporte nacional: o enfrontamento a garrotazos. Políticos, intelectuais e paisanos do común gozan no noso estado dunha facilidade inusitada para transformar o máis sinxelo dos debates nunha interminable lameira na que refregar sen miramentos as nosas miserias e frustracións en busca dun ben maior, o da vitoria incondicional fronte ao adversario. Non atoparán, por moito que busquen nestas terras, rastro algún de grandes pactos ou profundos debates nacionais; tampouco pretendan depositar nas nosas figuras políticas valores morais que os exhorten a ceder nas súas pretensións persoais/partidistas en aras dun ben maior para a cidadanía. En España a política é un "todo ou nada", unha guerra sen cuartel unicamente pacificada cando as maiorías absolutas fallan. É entón cando os pactos se fan indispensables para os partidos. Só así poderán axuntar forzas á hora de enfrontarse a un rival maior, que posiblemente ameace a súa hexemonía...pero, mesmo entón, as treguas resultan fráxiles.

A pesar da dubidosa fiabilidade da cociña estatística moderna, o transvasamento de votantes do Partido Popular a Ciudadanos parece consolidarse finalmente, apoiado polas porras do 1 de outubro e a firme ofensiva reaccionaria dos medios españois a teor do procés. As recentes enquisas anticipan que o partido de Albert Rivera pode chegar mesmo a superar nunhas futuras eleccións ao PSOE de Pedro Sánchez e deixar xa moi atrás a un Unidos Podemos, destinado, se nada o cambia, a fagocitar nese famoso pacto do botellín tamén a eterna irrelevancia parlamentaria da esquerda alternativa en España. O conservadorismo político máis rancio logrou, sen apenas esforzo, rexenerar os seus postulados de sempre -neoliberalismo, nacionalismo e moralidade cristiá- con apenas un lavado de cara que nin tan sequera é tal, bastoulle a Ciudadanos con tornar o azul en laranxa e o estalido dunha crise territorial anunciada para que a cidadanía que hai apenas uns anos poñía o berro no ceo pola crise económica, se lance aos brazos dos seus verdugos ao berro de "Yo soy español, español, español". Poderiamos buscar miles de explicacións sociolóxicas a este curioso fenómeno, pero témome, queridos lectores, que inmersos na lóxica de bandos das dúas españas, simplemente máis españois prefiren ir co de Pozuelo que co condutor da Tuerka, cos vencedores da guerra que cos eternos derrotados.

Pero aínda que aos Tupamaros sempre se lles enfrontaron os propios indios, máis sorprendente, e quizais interesante, resultan en España as disputas no seo da dereita. Nun estado afeito e educado na unidade do movemento conservador, as pugnas internas por ese nicho de voto supoñen para nós unha novidade que observamos ao mesmo tempo con curiosidade e temor, pois se ata agora a cidadanía era a principal perxudicada polas batallas electorais entre esquerda e dereita, nada parece anunciar que non vaia ocorrer exactamente o mesmo con esta nova reinterpretación fratricida da nosa política.

Ciudadanos non supón, de modo algún, unha alternativa viable para o estado español, senón simplemente aprofundizar nos mesmos erros tradicionais do conservadurismo

Economía, corrupción, educación, terrorismo, inmigración, terrorismo machista, pensións, paro, ...calquera tema serviulle á dereita patria para facer campaña electoral arroupada tras o populismo máis elitista e traizoeiro co que lograr acrecentar os seus escanos á vez que diminuía o nivel do debate político no noso país. Podo asegurarlles que non son dos que se alarman ante a entrada de actores e cómicos ao parlamento español, pero si me preocupa profundamente que no seu papel político devanditos individuos perdan a graza á vez que tamén perden a súa cabeza. Entre abrazos ao machismo máis rancio, falanxistas, xenófobos, actorcillos e actorzuelos, a formación laranxa afíxose a medrar politicamente a expensas da polémica e os " outsiders". Non ía desencamiñado o presidente do PNV, Andoni Ortuzar, ao afirmar que Albert Rivera lembráballe a Berlusconi, e atreveríame a engadir que persoalmente o fai tamén ao mesmísimo Trump.

Ciudadanos carece dun proxecto de país diferente ao do Partido Popular, non posúe alternativa económica algunha ao modelo neoliberal que nos levou á quebra social, do mesmo xeito que carece de referente social ou cultural capaz de confraternizar as dúas visións de España que hoxe, tras o procés, se enfrontan nas rúas do estado español. Hai xa tempo que Ciudadanos decidiu simplemente facer da política española un campo de batalla, un todos contra todos no que simplemente a formación teña que permanecer atenta á chegada da súa oportunidade, só así se poden entender os seus pactos en Andalucía e Madrid ou os distintos coqueteos para formar goberno con Rajoy e Pedro Sánchez a pesar da indiferenza mostrada por ambos os líderes coa formación de Rivera. Ciudadanos non supón, de modo algún, unha alternativa viable para o estado español, senón simplemente aprofundizar nos mesmos erros tradicionais do conservadurismo, pero a pesar diso, os resultados en Catalunya e as últimas enquisas parecen outorgarlles a razón.

É, chegados a este punto, no que as bandeiras substitúen á lóxica, cando Albert Rivera decide finalmente que os mariñeiros tomen o barco. Acosados pola corrupción e inmobilizados polo desvarío catalán, os líderes do Partido Popular comezan a ver como o ata agora irrelevante socio que era Ciudadanos, lanzou a súa ofensiva final á hexemonía na dereita, aproveitando que Mariano Rajoy saíu a comer. Catalunya rematou por amosar á formación de Albert Rivera que están capacitados para gobernar a pesar de carecer de discurso, aupados por anos de selección do máis inepto na sucesión política na dereita e décadas de negación do propio discurso na esquerda española, o experimento do Ibex35 ao fin parece listo para recoller os seus froitos. Nada parece xa poder frear a ofensiva laranxa, pero ollo, é tamén agora cando Ciudadanos debe arriscar dando pasos á fronte, e por tanto cando os seus desvaríos incendiarios poden quedar máis ao descuberto para o conxunto da cidadanía.

E non tardaron moito os de Rivera en incendiar o galiñeiro, concretamente fixérono ao presentar no Congreso o pasado martes unha proposición de lei para prohibir que o coñecemento das linguas cooficiais sexa un "requisito" á hora de acceder a un posto público. Unha proposición centralista inmersa no ADN de Ciudadanos, pero curiosamente implementada á calor do balbordo social tras unha pregunta lanzada a Pablo Iglesias no programa "El Objectivo" de La Sexta, por unha cidadá insatisfeita co devandito requisito nas súas oposicións. Oportunismo e nacionalismo español cóllense da man na primeira gran iniciativa dos de Albert Rivera tras o seu pulso a Rajoy, e a resposta do resto de partidos foi, como era de esperar, o silencio. Máis aló de que poida resultar ridículo escoitar o partido de Rivera falando de "barreiras ao emprego" en referencia ao eúscaro, catalán ou galego, calquera líder político con dous dedos de fronte e un chisco de responsabilidade de estado, sabe perfectamente que a situación actual non permite botar máis gasolina ao lume nun tema xa tradicionalmente moi controvertido. Pero a formación laranxa é coñecedora de que, en caso de gobernar, o fará sen dúbida, tras unha política de terra queimada.

Ciudadanos optou por unha confrontación aberta, por un terrorismo cultural ao que pouco importa o dereito innegable de calquera cidadán para ser atendido polos funcionarios públicos do estado no idioma que considere oportuno

A reacción en Génova ante a pugna polo control da dereita parlamentaria española non se fixo esperar, aproveitando un informe do Tribunal de Cuentas publicado a finais de decembro no que se apunta á posible recepción do partido laranxa de pagos ilícitos en relación ao exercicio de 2015, o Partido Popular redrobou os seus esforzos no Senado para, facendo uso da Comisión de Investigación sobre el Financiamento de los Partidos Políticos, lanzar unha nova ofensiva política contra os de Rivera, destinada a enfangar na sombra da corrupción un partido que se presenta como impoluto neste aspecto ante a sociedade. Os movementos dos populares enmárcanse a día de hoxe dentro dunha filosofía Marianista máis interesada na vitoria por desgaste que na confrontación aberta. A dous anos para as eleccións e cun calendario xudicial certamente delicado por diante, Mariano Rajoy non parece disposto a dilapidar un pacto de estabilidade con Albert Rivera, que aínda resulta vital para non alterar en demasía a "orde natural das cousas", cunha esquerda domesticada e unha sociedade atemorizada ante as perspectivas económicas. As disputas de guerrilla no campo ideolóxico e de marca con Ciudadanos parecen totalmente asumibles para unha formación que demostrou en repetidas ocasións poder rexurdir de situacións moito máis comprometidas.

Sen contrapesos efectivos á esquerda, a eterna disputa preelectoral na que se transformou a política en España parece abocarnos sen remedio a un debate exclusivo no seo da dereita que non é en realidade tal. Ciudadanos e Partido Popular actúan aínda hoxe como aliados parlamentarios cun obxectivo común: a transformación social de España nunha sociedade netamente conservadora. Non debemos levarnos a enganos, a proposta presentada por Ciudadanos para modificar o artigo 56 da Lei do Estatuto Básico do Empregado Público, podería inscribirse sen esforzo algún na política lingüística levada a cabo durante a última década polo Partido Popular de Feijóo en Galiza, tan só cambian as formas.

Contrariamente ao estilo do Tzar dos conservadores galegos, Ciudadanos optou por unha confrontación aberta, por un terrorismo cultural ao que pouco importa o dereito innegable de calquera cidadán para ser atendido polos funcionarios públicos do estado no idioma que considere oportuno. Para Albert Rivera e os seus, son os propios galegos, vascos ou cataláns os que deben adoptar o uso do castelán como lingua vehicular, simplemente pola incapacidade de certos individuos para completar a súa preparación para unhas oposicións co idioma propio da cidadanía coa que desexan exercer o seu oficio, unha doma e castración moderna promovida ata agora en Galiza por irrelevantes fanáticos agrupados a redor de Galicia Bilingüe -que non nos engane o nome- de Gloria Lago, e aos que agora Ciudadanos parece de novo querer apoiar desde o seu máis profundo descoñecemento da realidade social galega.

 Pouco ou nada lle importa a Ciudadanos que dende hai anos o galego se sitúe no Atlas da UNESCO como unha lingua en perigo ou que apenas o 18% dos nenos e nenas aprendan a falar en galego, os conservadores españois fixaron na persecución ás identidades culturais alleas a Castela o seu Cabalo de Troia para as eleccións xerais, e para iso non parecen dubidar nin por un instante á hora de fomentar un conflito lingüístico inexistente, polo menos na forma na que os conservadores o interpretan. Tan só os ignorantes ou os duros de cabeza, poderían ver no idioma galego algún tipo de imposición nun contexto onde o número de libros publicados en galego caeu nun 43,80% -chegando a perderse máis de mil títulos en apenas sete anos-, o 40% dos centros de Infantil admiten abertamente non usar o galego ou Universidades como a U. S. C imparten tan só unha de cada cinco horas de docencia en galego. 

A negra sombra do populismo lingüístico da dereita ameaza novamente con redobrar os esforzos por erradicar a cultura nativa dos pobos da península ante a disputa electoral entre Ciudadanos e Partido Popular

Do mesmo xeito que o conxunto social coincidiu plenamente en sinalar como absurdo o intento electoralista que supuxo a formulación política ambiental baseada nos consellos do primo de Rajoy, a lexislación cultural baseada nos estereotipos franquistas do primo de Rivera, supoñen á súa vez, sen dúbida, un absurdo de idénticas proporcións, capaz de arrastrar non só ás diferentes nacionalidades presentes no estado español, senón á propia concepción dese estado a un cisma de complicada resolución.

A negra sombra do populismo lingüístico da dereita ameaza novamente con redobrar os esforzos por erradicar a cultura nativa dos pobos da península ante a disputa electoral entre Ciudadanos e Partido Popular, froito do terremoto catalán, no medio un pobo orgulloso e digno, pero falto de alternativas, orfo de apoio parlamentario ante aqueles que os queren someter simplemente por enorgullecerse da súa identidade, por reclamar os seus dereitos. Pero, pese ao balbordo parlamentario e á inoperancia da esquerda, non parece de modo algún disposta a sociedade galega a ceder terreo ante aqueles que queren facer da nosa terra e a nosa cultura un escenario inerte, do mesmo xeito que nunca cederon ante o sitio de quen os tentou dobregar coa longa noite de pedra do esquecemento orzamentario. Tan só os ignorantes, débiles e duros, imbéciles e escuros poden facer da diversidade cultural dun territorio un problema, do mesmo xeito que tan só un pobo inculto e adoutrinado pode transformar o seu voto nun respaldo a esas políticas. Despois de todo, nunca o ser español debería estar asociado a ser castelán.

"Morreu aquel que eu quería
e para min non hai consolo:
so hai para min, Castilla,
a mala lei que che teño.
Permita Deus, casteláns,
casteláns que aborrezo,
que antes os galegos morran
que ir a pedirvos sustento."
Casteláns de Castela, Rosalía de Castro

"Os elementos de dereita soio conciben unha patria artificial, posta ao servicio do seus interese."

Alfonso Daniel Rodríguez Castelao

Texto: Daniel Seijo

Archivado en: Galicia Idiomas Ciudadanos
Sobre este blog
Periodismo alternativo, opinión política y concienciación social.
Ver todas las entradas
Informar de un error
Es necesario tener cuenta y acceder a ella para poder hacer envíos. Regístrate. Entra en tu cuenta.

Relacionadas

Partidos políticos
Partidos políticos Ciudadanos clausura una etapa de la política española y anuncia que no concurrirá a las elecciones
El partido de Inés Arrimadas cierra el círculo y anuncia que desaparecerá del Congreso de los Diputados después de las elecciones del verano. Se apaga así un partido que llegó a cosechar 4,1 millones de votos.
Gestación subrogada
Violencia contra las mujeres Claves del debate sobre la gestación subrogada, que en España es una forma de violencia machista
La gestación subrogada es ilegal, pero sí se puede inscribir a niños y niñas nacidos en otros países mediante esta práctica. PSOE y Podemos muestran una postura unánime y el PP se abre a regularla por primera vez, como viene pidiendo Ciudadanos.
Sobre este blog
Periodismo alternativo, opinión política y concienciación social.
Ver todas las entradas
Pensamiento
Sarah Jaffe “En realidad tenemos que hacer menos. E impedir que algunas cosas sucedan”
La escritora y periodista Sarah Jaffe aborda el desengaño cotidiano al que nos aboca el mundo laboral e investiga cómo, a pesar de todo, las personas se organizan colectivamente en sus empleos para que “trabajar apeste menos”.
Ocupación israelí
Palestina Vivir en alerta: la resistencia palestina frente la ocupación israelí
La cruda realidad de las feministas palestinas que, ante la represión y las detenciones arbitrarias, continúan su lucha por la libertad, la justicia y los derechos humanos.
Que no te cuenten películas
Comunidad El Salto Suscríbete a El Salto y llévate seis meses de regalo a Filmin
Estas navidades, haz posible que El Salto llegue más lejos con sus contenidos críticos y llévate de regalo medio año de Filmin. Y si ya tienes Filmin, suscríbete a El Salto y regala el acceso a esta plataforma a quien quieras.
Análisis
Análisis El independentismo se reorganiza, pero ¿sigue siendo independentista?
Los partidos independentistas han sufrido la crisis del procés y el posprocés, y todavía no la han resuelto, sino, a lo sumo, la han aplazado. El PSC aparece como el ganador de una carrera con corredores agotados.
Madrid
Ciudades Fake Madrid, un paseo por los hitos del simulacro
Un recorrido por los grandes éxitos de la conversión de Madrid en una ciudad irreal.
Opinión
Opinión Sobrevivir pagando en el Álvaro Cunqueiro
Una de las victorias ideológicas del PP de Feijóo en Galicia ha sido hacernos creer que pagar por servicios esenciales en los hospitales durante el cuidado de nuestros enfermos es lo natural, que no hay otra manera de abordarlo, pero es mentira.

Últimas

Palestina
Eyad Yousef “No cuentes lo que queremos ser, cuenta lo que nunca hemos dejado de ser: un pueblo que quiere la paz"
Eyad Yousef es profesor en la Universidad de Birzeit, Cisjordania, y comparte su experiencia en una universidad que “representa el pluralismo y la libertad que tanto anhela la sociedad palestina”
Siria
Oriente Próximo Israel impone hechos consumados sobre Siria para condicionar la transición según sus intereses
“Está escrito que el futuro de Jerusalén es expandirse hasta Damasco”, dijo este octubre el ministro de Finanzas israelí, Bezalel Smotrich, uno de los exponentes ultras del Ejecutivo.
Ocupación israelí
Ocupación israelí Un tercio de los asesinatos de periodistas en 2024 fueron obra del ejército de Israel
Reporteros Sin Fronteras documenta la muerte de 18 periodistas en Palestina y Líbano este año “asesinados deliberadamente por hacer su trabajo” y habla de una “masacre sin precedentes” de profesionales del periodismo.
Crisis energética
Análisis Los aerogeneradores no son molinos, son gigantes
El megaproyecto eólico del Clúster Maestrazgo, punta de lanza del capitalismo verde, destruirá un área natural de alrededor de 1325 campos de fútbol.
Ecofeminismo
COP29 La brecha de género en las Cumbres del Clima
VV.AA.
Las cumbres del clima no están aisladas del resto de espacios políticos y también están atravesados por las dinámicas patriarcales, pero ¿en qué lo notamos? ¿cómo abordan las negociaciones climáticas las políticas de género?
Más noticias
Galicia
Galicia Activistas de Greenpeace instalan ‘una celulosa’ en la sede de la Xunta en protesta contra Altri
Los ecologistas han realizado una acción en la sede del Gobierno gallego de Alfonso Rueda para animar a gallegos y gallegas a asistir a la manifestación de este domingo en la Praza do Obradoiro, en Santiago de Compostela.
Comunidad de Madrid
Educación pública El Gobierno de Ayuso recula y aplaza hasta junio los despidos masivos en Educación
Integradoras sociales, enfermeras, educadoras, auxiliares y otros perfiles de personal laboral se enfrentaban a la incertidumbre de ser cesados en plenas vacaciones de Navidad.

Recomendadas

Fronteras
Túnez Túnez endurece la represión contra las ONG de ayuda a las personas migrantes
Mientras el presidente Kaïs Saied se prodiga en discursos racistas, el estado persigue a las entidades solidarias con quienes llegan al país, bajo el silencio cómplice de la Unión Europea.
Galicia
Economía ¿Quién lidera el negocio del eucalipto en Galicia al que Altri quiere sumarse?
El estallido social que ha producido el intento de la multinacional Altri y la Xunta de instalar una nueva celulosa en Galicia abre la necesidad de poner el foco en el sector forestal, donde se encuentran algunas de las mayores fortunas del Estado.
Siria
Rojava El rompecabezas sirio que estalló en Alepo
El nuevo escenario sirio se ha gestado bajo la intervención implacable de Turquía, patrocinadora del Ejercito Nacional Sirio y otros grupos yihadistas que libran la guerra de Erdogan contra el pueblo kurdo.