Antropología
Non somos un virus: Leccións da pandemia para a emerxencia climática

A comparación entre a crise climática e a do coronavirus pode ser unha oportunidade de cambio.

By2020 we rise up Compostela II
Activistas alertan da inminencia do colapso ecolóxico. Elena Martín

AGANTRO (Asociación Galega de Antropoloxía Social e Cultural)

22 jun 2020 10:00

Debido ao seu carácter rupturista, cada nova crise adoita vir acompañada dunha febre polas comparacións. Comparamos a súa orixe, os seus antecedentes, a súa xestión, os seus gañadores e as súas vítimas coas doutras crises, pasadas e presentes. A antropoloxía, pola súa condición de ciencia social e humanística construída sobre o exercicio de comparación, ten unha larguísima experiencia neste eido. Comparámolas para indagar nas diversas experiencias individuais e colectivas e mostrar así as súas historias oculta(da)s, sinalando os pasos, decisións e argumentos que nos levaron a elas. Pero tal exercicio non é patrimonio exclusivo de antropólogas e antropólogos, senón un recurso moi común a través do que, desde moitos sitios e con distintos intereses, inténtase condicionar a nosa visión da realidade.

Unha das comparacións máis repetidas que vimos durante esta pandemia foi coa crise ecolóxica e climática. As imaxes de Madrid libre da súa boina gris de gases contaminantes ou as de Barcelona tomada por xabaríns, correron como a pólvora baixo o eslogan: ¡O verdadeiro virus somos nós! Véndoo deste xeito, parecese que houbese algo innato ás persoas que nos fixese antepoñer o crecemento económico e a xeración de riqueza á degradación do noso medio e nosas propias condicións de existencia, así como as doutros seres non-humanos con quen compartimos o planeta.

Segundo esta visión, ao parar(nos) estariamos dando un respiro á terra, que mostraría a súa gran capacidade para curarse e rexenerarse. Grazas ao noso estado de alarma global, a terra estaría vivindo a súa propia corentena. Con todo, esa non é a realidade dos seres humanos. Sabemos dabondo que é só unha minoría, poderosa e privilexiada, a que estivo vivindo por encima da capacidade de carga do planeta, privatizando as ganancias e socializando as perdas (a emisión de gases e residuos contaminantes ao medio é sencillamente iso).

Aproveitar a pandemia do coronavirus para diluír a responsabilidade da crise ecolóxica no conxunto da poboación mundial oculta os verdadeiros responsables da crise ecolóxica. As persoas non somos un virus (polo menos non todas o son). Urxe polo tanto buscar outro tipo de comparacións que nos permitan extraer leccións desta pandemia para afrontar mellor e de forma máis xusta a urxencia climática.

As persoas non somos un virus (polo menos non todas o son). Urxe polo tanto buscar outro tipo de comparacións que nos permitan extraer leccións desta pandemia para afrontar mellor e de forma máis xusta a urxencia climática

Así, propoño que miremos as similitudes e diferenzas entre ambas crises de tres formas distintas, pero interconectadas: como un ensaio, un reflexo e unha oportunidade. Para velo como un ensaio debemos facernos a seguinte pregunta: Que di do noso sistema a crise do coronavirus? Dinos, ante todo, que o crecemento económico e a produción de riqueza depende das e os traballadores e traballadoras, non dos donos dos medios de produción. Durante a pandemia non é que faltasen consumidores (de feito, empresas como Amazon multiplicaron os seus beneficios durante o estado de alarma grazas á venda online). O que faltaba era man de obra, que estaba recluída na casa ou ateigada na UCI dalgún hospital.

A suposta paralización da economía por mor da pandemia ensinounos outra cousa máis: que non lle damos valor ao que máis o ten. Vivimos nun sistema no que só unha parte mínima da produción de riqueza págase a quen a xera (as e os traballadores/as) a través de empregos remunerados e mal pagos. Hai ademais outra parte enorme da xeración de riqueza que non se paga e que queda deste xeito directamente nos petos duns poucos. É o caso dos traballos non remunerados, que abundan principalmente no ámbito dos coidados e da reprodución dentro do ámbito doméstico e veciñal. Son traballos maiormente realizados por mulleres, que non se consideran parte da economía (non se cuantifica no PIB) pero que, paradoxalmente, sosteñen o sistema no que vivimos. De feito, estes traballos de coidado foron chave para lidar coa pandemia.

Algo parecido sucede coa crise climática, de modo que podemos ver a pandemia como un ensaio do que virá nun futuro próximo. A crise climática revélanos que, xunto co traballo, a xeración de riqueza depende tamén do medio ambiente, como provedor de materias e recursos e como vertedoiro de residuos sólidos, líquidos e gaseosos. Precisamente non pagar o que se debera pola degradación ambiental que se xera na extracción de recursos e no vertido de residuos (do mesmo xeito que non pagar o que se debese ás e ós traballadores e traballadoras do ámbito produtivo e dos coidados) permite o enriquecemento descomunal dunha minoría poderosa e privilexiada.

Vendo o que sucedeu coa pandemia, podemos entón anticipar que a crise climática terá uns efectos moi parecidos. Primeiro, suporá unha paralización do sistema económico no que vivimos. Segundo, as principais vítimas non serán os maiores responsables desta crise, senón as persoas máis vulnerables, social, económica e ecolóxicamente. Para rematar, poñerá de manifesto o papel crucial dos traballos de coidado (ambiental) para o sostemento do sistema; traballos polo xeral non remunerados e realizados principalmente por comunidades locais, indíxenas e campesiñas.

A crise climática revélanos que, xunto co traballo, a xeración de riqueza depende tamén do medio ambiente, como provedor de materias e recursos e como vertedoiro de residuos sólidos, líquidos e gaseosos

Que faremos ante tal situación? Propoño agora ver as dúas crises como un reflexo unha da outra, tomando a testemuña de Paul B. Preciado. Se botamos outra ollada rápida aos titulares de prensa e aos comentarios vertidos en redes sociais ao longo destas semanas de encerro, podemos chegar á conclusión de que a preocupación principal deixou fai tempo de ser a de enfermar e pasou a ser a de como volver á “normalidade”, entendendo por esta un sistema explotador (de recursos naturais e de man de obra asalariada e non asalariada). De feito, algúns gobernos autonómicos, como o de Andalucía, Madrid ou Murcia, xa se lanzaron a rebaixar os requisitos ambientais á industria e ao urbanismo coa escusa da recuperación económica, imitando a estratexia iniciada coa anterior crise de 2008 noutras comunidades, como Galicia.

A nivel histórico podemos tomar precisamente a crise financeira de fai algo máis dunha década como o antecedente máis claro para ver que a obsesión pola volta a esa “normalidade explotadora” durante a pandemia é o reflexo de como nos estamos enfrontando á crise ecolóxica e climática. Durante o longo periodo posterior ao crack de 2008, as políticas ambientais (como calquera outra política en teoría baseada nos coidados) sufriron fortes recortes orzamentarios e de persoal. Desde a perspectiva hexemónica, o coidado do medio ambiente non podía supoñer un impedimento ao crecemento económico. Se quería ser tomado en conta e non morrer baixo o imperio da austeridade, debía demostrar que podía contribuír ao crecemento económico, a través de mecanismos financeiros como pagos por servizos ecosistémicos, cotas de emisión ou bancos de hábitats. Un falso dilema (producir ou morrer) que de novo reactívase durante a crise do coronavirus.

Se atendemos á historia, non nos faltan motivos para ser pesimistas e intuír que, no tema ambiental, desta crise sanitaria sairemos algo peor de como a comezamos. É probable que, como xa estamos vendo nalgunhas autonomías, supoña un retroceso nos logros (insuficientes, pero notables) alcanzados ata agora no terreo climático. Pero, aínda que debemos ser pesimistas por motivos históricos, á vez temos tamén que ser optimistas, pero por motivos políticos. É aquí onde podemos ver a comparación entre a crise do coronavirus e a climática como unha oportunidade.

Tim Ingold, un dos referentes no estudo antropolóxico da percepción ambiental, suxería xa nos anos 90 do século pasado o problema que carrexaba usar conceptos como quecemento global para mobilizar á cidadanía. O reto estaría en que, ao aproximarnos á cuestión climática na súa escala global, subtráenos do problema, converténdoo no de “outros” (doutros lugares e doutros momentos futuros). O cambio climático sería así demasiado abstracto e demasiado global para que tomásemos cartas no asunto.

Pero, aínda que debemos ser pesimistas por motivos históricos, á vez temos tamén que ser optimistas, pero por motivos políticos. É aquí onde podemos ver a comparación entre a crise do coronavirus e a climática como unha oportunidade

Con todo, a pandemia, aínda que tamén é global, experiméntase a nivel persoal, atravesa os nosos corpos e as nosas prácticas cotiás. É aí onde considero que radica a oportunidade para suscitarnos novas formas de abordar a cuestión climática e dar protagonismo á experiencia e ao corpo como espazos de concienciación e mobilización política. Esta formulación non é nova: xa a veñen poñendo en práctica desde fai anos os movementos de xustiza climática. O mellor que poderiamos facer, polo tanto, é escoitalos e aprender deles.

Inspirados nos principios de xustiza ambiental e na loita contra o racismo ambiental iniciada polos movementos polos dereitos civís (eses mesmos que hoxe se manifestan nas rúas de todo o mundo tralo asasinato de George Floyd), os movementos de xustiza climática suscitan -entre outras moitas cousas- que non existe un só cambio climático, senón moitos cambios climáticos, pois os seus impactos séntense de forma desigual no día a día de moitas persoas, sendo especialmente prexudiciais para colectivos vulnerables (ou vulnerabilizados) por cuestións económicas, de xénero, racial ou de nacionalidade. É precisamente a experiencia persoal das inxustizas climáticas a que máis se asemella a como experimentamos a crise sanitaria do coronavirus nos nosos propios corpos e hábitos diarios. Así, non sorprende que o traballo de moitos destes movementos estea detrás dos grandes avances políticos que se lograron estes anos, por exemplo a Folga Climática de -un non tan distante como parece- outono de 2019.

Insisto en que debemos ser optimistas por motivos políticos porque da crenza de que outros mundos son posibles xorde a posibilidade de calquera movemento social deste tipo. Estariamos así dando o apoio e o recoñecemento máis que merecido ao enorme traballo realizado por estes movementos e animando a máis persoas a sumarse á súa labor de concienciación e movilización ante a que, sen ningunha dúbida, supón a maior e máis dramática crise á que nos enfrontaremos nun futuro próximo: a climática. A pandemia pode ser, polo tanto, unha oportunidade para empezar a facer as cousas de forma distinta, por e para esa inmensa maioría de persoas que non parasitan este planeta.

Informar de un error
Es necesario tener cuenta y acceder a ella para poder hacer envíos. Regístrate. Entra en tu cuenta.

Relacionadas

AGANTRO
Agantro Tatuaxe: terapia e tendencia
Da marxinación á moda, o carácter simbólico e ritual da tatuaxe atópase actualmente erosionado polas dinámicas capitalistas.
AGANTRO
Agantro O número 262 dunha rúa no Porto
Nunha casa do Porto estudantes de todo o mundo entrelazan culturas e lembranzas, deixando nas súas paredes un rastro de convivencia e cambio continuo.
AGANTRO
México O mundo en chamas
Escribo dende México sobre a violencia no país e no mundo, pois alén da invención da «narcocultura», compre reflexionarmos sobre o violentamento global do imaxinario, a sociedade e a política.
PSOE
Crisis de Gobierno “El Gobierno está en la UCI”: los aliados de Sánchez afilan el discurso en clave electoral
A la espera de nuevas pruebas que puedan afectar directamente al presidente del Gobierno o algún indicio de financiación ilegal del PSOE, Podemos radicaliza su crítica al bipartidismo y Sumar habla de “un cambio de 180 grados”.
Alicante
Alacant Martín Villa y el expolicía Daniel Aroca irán a juicio por un asesinato político durante la transición
El exministro y empresario será investigado por crímenes contra la humanidad cometidos durante la dictadura franquista. Se trata del primer caso de estas características dirigido desde un juzgado español.
Baleares
Un modelo insostenible El rechazo a la turistificación se expande en Canarias, Baleares y Barcelona
Tras la masiva manifestación en las Islas Canarias del pasado mayo, Palma de Mallorca, Barcelona y San Sebastián salen este 15 de junio a la calle contra un modelo de turismo desmedido insostenible para el territorio y sus habitantes.
Consumo
David Sánchez “Shein está diseñado para crear adicción a través de patrones muy oscuros”
David Sánchez Carpio es director de la Federación de Consumidores y Usuarios (CECU), una de las organizaciones que han denunciado al gigante chino de venta de ropa por internet ante la Comisión Europea. “No hay que culpabilizar a los consumidores".
Opinión
Opinión Amor, alienación y nostalgia en la obra de Wong Kar Wai
El cine de Wong Kar Wai logró captar la avalancha de nostalgia que florecía en el capitalismo tardío frente a la desorientación y la enajenación de los propios sujetos sociales.

Últimas

Oriente Medio
Oriente Medio Decenas de muertos en una noche de sirenas y misiles cruzados entre Israel e Irán
Después del ataque israelí contra la infraestructura energética y militar iraní, cientos de misiles iraníes atraviesan el cielo israelí e impactan en Tel Aviv, Bat Yam, Tamra y Haifa.
Crónica
Justicia En la sala de un juicio a una madre protectora
Esta es una crónica de un juicio a una mujer que pidió medidas por sospechar de abusos sexuales a su hija en el domicilio paterno sin que ninguna institución moviera un dedo y, un mes después, cogió un vuelo a su país para intentar protegerla.
Editorial
Editorial Justicia irracional
Por acción o por omisión, las instituciones violentan a las mujeres. Se llama violencia institucional.
Relato
Relato Rendirse
A mi pesar me tocaba compartir mesa con aquellos documentos y, como estaba de los primeros (no lo habría imaginado al llegar), ya no conseguía quedar por encima, con lo que me gusta.
Portugal
Antifascismo Concentraciones en varias ciudades de Portugal en repulsa a la agresión a un actor por un grupo neonazi
Cientos de personas se concentran en distintas ciudades portuguesas en repulsa a la agresión al actor Adérito Lopes por parte de un grupo de neonazis el pasado 10 de junio.
Navarra
Navarra Denuncian la criminalización de menores y falta de recursos en Marcilla
Trabajadoras del COA de Marcilla denuncian criminalización de menores, falta de recursos y condiciones indignas, mientras el Gobierno de Navarra traslada a 23 menores y refuerza la seguridad tras el brote racista.

Recomendadas

Violencia machista
El Estado que revictimiza Violencia institucional: “Si lo hubiera sabido antes, no hubiera denunciado nunca”
Rocío ha sufrido violencia psicológica, física y sexual por parte de su expareja. Y también violencia institucional en todas las puertas de la red de recursos institucionales que ha ido atravesando.
Galicia
Galicia Activistas bloquean una planta de Altri en Portugal y avisan de que frenarán su expansión en Galicia
El grupo atrancó con cadenas y soldadura las entradas de la planta de Celbi en Leirosa, en la mayor acción directa hasta el momento contra la expansión de la multinacional papelera en territorio gallego: “O povo é quem para Altri”.
Rap
Los Chikos del Maíz “La música urbana está llena de fachas y votantes de Vox”
Tras un fin de gira accidentado, Toni y Nega dan una tregua indefinida a su proyecto con dos conciertos en Madrid. Horas antes de llenar la sala en la primera cita, visitan la redacción de El Salto.
Río Arriba
Río Arriba Luis González Reyes: “Vivimos en un mundo en el que la escasez es un elemento central”
Primera entrevista del programa Río Arriba en formato podcast y vídeo donde hablamos de las nuevas guerras neocoloniales por recursos en la era de Trump y Putin, de la escasez, del decrecimiento y el colapsismo.