Okupación
As naves da Comandancia, un espazo liberado para a cidade

Temos a oportunidade de contrastar modelos e crear algo novo diferente e único, un lugar que está por imaxinar, e cremos que hai sitio para todas.

23 ene 2018 11:10

No ano 1984 o Concello da Coruña asinou un convenio co Ministerio de Defensa, en virtude do cal este devolvía á cidade 90.000 metros cadrados de terreo e gañaba en contrapartida uns 30.000 metros cadrados de edificabilidade en tres parcelas dentro de este ámbito da Maestranza.

En calquera caso, nun exemplo máis da mala praxe urbanística sufrida durante décadas nesta cidade, a cesión definitiva dos terreos ao Concello non foi materializada, deixando o solo nunha situación irregular e fráxil, ao ser bens patrimoniais do Ministerio de Defensa.

Despois de meses de traballo intenso, o día 18 de xaneiro de este ano, conseguimos asinar a acta de cesión dos terreos e as distintas parcelas e as edificacións pasaron a ser por fin Municipais convertíndose en Ben de Dominio Público, o maior nivel de blindaxe posible do patrimonio público.

O ámbito obxecto do convenio abrangue o solo situado dende o Hospital Militar ata a rúa Veramar, o que inclúe os viais e xardíns da contorna da Reitoría, o solo da Fundación Luís Seoane e a antiga Comandancia de Obras. Nesta última parcela, entre a Avd. do Metrosidero e o Paseo Marítimo, atópanse unha serie de edificacións, abandonadas durante décadas.

No ano 2013, o anterior goberno municipal anunciou un proxecto de recuperación do complexo, o CIDEA, unha sorte de pequena Cidade da Cultura Municipal. Para desenvolvelo asinou con Defensa unha acta de entrega provisional da parcela e comprometeu un investimento co Ministerio de Fomento de algo máis de 1 millón de euros para a rehabilitación de parte dos edificios existentes.

Coa chegada da Marea Atlántica ao goberno da cidade, o investimento previsto por Fomento paralizouse sen xustificación e as naves volveron quedar perdidas á súa sorte a pesar da desconformidade municipal, que non tiña a titularidade do solo nin a posibilidade de rehabilitalas, e que reclamou ao Goberno do Estado que mantivese o seu compromiso coa cidade.

É nese período, hai agora máis dun ano, cando un grupo de persoas libera as edificacións propiedade de Defensa para dotalas de vida e actividade; feito que o PP, co apoio de certos medios de comunicación, utilizou para tentar poñer contra as cordas ao goberno municipal, que non era titular dos terreos pero afrontou a situación desde o respecto ao traballo das persoas que liberaran o espazo. Naquel momento, o Concello podería ter renunciado á acta de cesión provisional asinada con Defensa no ano 2013, xa que o investimento de Fomento non estaba sobre a mesa, e quedar así libre de calquera responsabilidade sobre o inmoble pero decidiu asumir o risco e manter a acta, para poñer o corpo entre Defensa e as persoas ocupantes e, ao tempo, instar ao Ministerio, aínda titular, a demoler unha edificación ruinosa contigua ás naves que poñía en perigo a seguridade das persoas usuarias do espazo.

Seguramente a okupación influíu no desbloqueo da situación do inmoble dende o Goberno central, pois pouco despois o Ministerio de Fomento desatrancou a licitación das obras. Saber se o fixo para presionar ao Concello sempre será un misterio, pero o certo é que o futuro do edificio como equipamento público municipal volveu estar sobre a mesa.

As obras adxudicadas o 20 de decembro do ano pasado por Fomento contemplan a rehabilitación integral das tres naves a carón da avenida do Metrosidero, o cal as dotará das condicións óptimas de seguridade e accesibilidade. O obxectivo da intervención é xerar espazos diáfanos e polivalentes que poidan albergar usos públicos en condicións de habitabilidade e confort.

Aproveitando a oportunidade, o Concello pretende conseguir un novo espazo público para a cidade, un equipamento municipal dedicado á mocidade onde poder experimentar novos modelos de xestión.

En marzo de 2008, un grupo de máis de 40 persoas, eu entre elas, liberamos unha propiedade privada en situación de abandono sita na zona das Atochas coa finalidade de crear un espazo de cultura aberta na cidade e contra a especulación no barrio de Monte Alto. A Casa das Atochas foi unha experiencia inclusiva e integradora que actuaba sobre un inmoble privado abandonado, abríndoo á participación de tódolos axentes que compartiran o desexo dunha cidade mellor.

Recordo aquel período con grande orgullo. As persoas que participamos naquel proxecto tiñamos a certeza de estar traballando polo ben do barrio en primeiro termo e, finalmente, da cidade. Ese era o noso motor. Que fermoso tería sido ter do outro lado un Concello que escoitara e que nos recoñecera como interlocutoras. Seguramente, o Plan Xeral de Ordenación Urbana que se xestaba naquel momento e se aprobaría no 2013 tería sido outro.

Cando, no 2015, desde a Marea Atlántica decidimos embarcarnos no desafío municipalista foi coa convicción de que era posible transformar a institución municipal, facela evolucionar cara a lugares onde non estivo e debería ter estado. Cremos que é posible convertela nun axente transformador máis horizontal e próximo, nunha ferramenta accesible e inclusiva ao alcance de todas as persoas. A creación dun novo equipamento público cun sistema de xestión diverso, que fomente a autonomía das persoas usuarias, é unha grandísima oportunidade para seguir transformando a institución e cremos que o CSO a Insumisa ten moito que aportar na construción deste novo espazo. Modelos como La Harinera en Zaragoza ou o Ateneu de 9 Barris en Barcelona amosan que é viable. Por iso estamos tentando achegarnos de todas as maneiras posibles ás persoas usuarias das naves para que participen, co resto da cidadanía interesada, no deseño do equipamento e nos seus mecanismos de xestión.

Se existen dous enclaves onde este goberno está loitando polo espazo público eses son os terreos portuarios e a Comandancia de Obras. Neste último, a recente cesión das parcelas por parte de Defensa supón unha vitoria para a cidade, que agora ten o reto de conseguir un equipamento que responda ás necesidades do maior número de persoas e colectivos.

Cómpre non esquecer tampouco que a lei dispón que nunha parcela de titularidade municipal, o Concello ten a obriga legal de exercer as “accións necesarias” para a súa defensa, tal e como sinala, entre outros, o artigo 68.1 do Regulamento de bens das entidades locais.

Permite incluso que sexa a veciñanza, ante unha eventual inactividade municipal, a que exerza as accións de defensa. De aí que o Concello, como titular do ben, deba exercitar as potestades e obrigas que lle corresponden, que neste caso supoñen realizar as accións necesarias para garantir o seu destino como rúas, espazos verdes e equipamentos, sen descartar que a omisión consciente das mesmas pode traer aparelladas responsabilidades.

Para min, a ocupación é unha ferramenta e non un fin, e ten como obxectivo a transformación da realidade a través da liberación para o uso público de espazos abandonados. O CSO A Insumisa okupa un espazo destinado a ser Ben de Dominio Público, un espazo onde o Concello está obrigado a defender a súa lexitimidade como garante dos intereses da cidadanía no seu conxunto. Esperamos que as súas xentes nos axuden a construír unha cidade máis diversa e inclusiva e colaboren para protexer das incertas dinámicas electorais un espazo gañado para o ben común.

Temos a oportunidade de contrastar modelos e crear algo novo diferente e único, un lugar que está por imaxinar, e cremos que hai sitio para todas.

A oportunidade é agora.

Informar de un error
Es necesario tener cuenta y acceder a ella para poder hacer envíos. Regístrate. Entra en tu cuenta.

Relacionadas

Okupación
Desalojo Miles de personas piden “encender la lucha” por los gaztetxes tras el desalojo de Etxarri
Denunciaron que la Ertzaintza hirió a varios manifestantes y uno de ellos tuvo que ser operado de urgencia por un balazo de foam. Señalaron la alianza entre Ayuntamiento de Bilbao y Amenabar.
Bilbao
Bilbao La Ertzaintza desaloja el gaztetxe Etxarri II en el barrio bilbaino de Rekalde
Noche de cargas policiales en Bilbao. Cinco personas fueron detenidas cuando trataban de evitar el desalojo del edificio, que se ha producido hoy a las 11h. A las 19h hay convocada una manifestación desde el parque de Amezola.
El Salto Radio
El Salto Radio Criminalizar la okupación, perseguir la movilización
Los "18 de la Macarena” se enfrentan a una petición de 77 años de prisión por ejercer su derecho a la protesta. De ello y del derecho a la vivienda hablamos con Macarena Olid, vicecoordinadora de la Asociación pro Derechos Humanos de Andalucía.
Pre-okupada
27/1/2018 16:08

As ocupacións de espazos hainas de mil formas e maneiras, poden ser ferramentas, denuncias urbanísticas ou un fin en sí mesmas de dotar dun espazo multidisciplinar á un barrio. Nos exemplos de de CS que foron previamente okupas e logo pasaron a unha xestión municipal (A Tabacalera ou A Casa Encendida en Madrid) vese que se converten en outras cousas, igual de válidas e interesantes pero non comparables. De feito é una boas saída para manter un espazo, pero se algo está claro é que muta a súa dinámica orixinal.
Se o empeño é por manter unha filosofía clásica (e tamen necesaria) contra a propedade privada (ainda que sexa do concello é propiedade) e a autorganización da xente (ou autoxestión) para considerarse a cada un de nós como suxeito político para xerar cambios, ten sentido que se defenda o lugar tal como está.
O argumentario do marco lexislativo, que nos leva a este estado de dereito e por ende á aplicación da constitución e demáis leis, vai ser sempre un cortapisas para a vontade de cambios máis profundos e ruturistas no panorama actual por forzas institucionalizadas. Penso que se a parcela pasa a mans do concello, poderíanse facer mil argucias legais para salvagardar un espazo fora dos marcos normativos. Arriscarse. Non se pode defender o ben común rexeitando iniciativas xurdidas pola xente fora das canles oficiais. Desta outra forma, ainda que o que se pretenda é unha dotación pública para a cidade, estase a facer con danos colaterais e hipocresía. Porque se só se pode facer o que se pode facer, que nos queda para mudar a nosa realidade? (aplicable tamén a Catalunya)

Polo mínimo, facer un consulta popular invitando a xente a que coñeza o espazo, e saber se quere deixalo na actual dinámica. (con resultados obvios, pero polo menos dar esa chance)

1
0
Jose
24/1/2018 11:52

Hola, pienso que el debate debería llevarse en términos de argumentación y contraargumentación, no de enfrentamiento ni en tono ofensivo. Desde mi punto de vista es cierto que hay una mayoría de gente que respalda el gobierno de la democracia representativa y eso tiene un valor. Otro grupo de gente, igualmente legítimo, se dispone a no reconocer las autoridades por considerarlas constructos sociales promovidos históricamente desde y para las élites. Confiamos más en una gestión directa de los asuntos políticos, lo que nos convierte en una minoría tachada de poco realista. Esa idea de que no es posible una alternativa a la institución actual para garantizar un buen funcionamiento de la sociedad es el que más conviene a las personas que quieren mantener un régimen de privilegios. El caso de la Comandancia es un ejemplo de ello, puesto que el Gobierno (al cual reconozco la dificultad de gestionar situaciones tan diversas) está utilizando términos de liberación de espacios y de "hacerlos públicos" cuando, desde una perspectiva no legalista, podemos asegurar que ya son espacios de uso público y liberados de la propiedad única o uso exclusivo de una entidad o persona. En cuanto a la responsabilidad penal sobre el espacio, también es necesario hacer pedagogía sobre las circunstancias que nos han llevado a este punto: El gobierno no ha iniciado este proceso como consecuencia de su propio interés la recuperación de espacios en desuso para un uso social, sino que se ha encontrado una situación y ha tomado una posición al respecto. La firma del acta que les confiere verdadera responsabilidad penal ha sido esta semana, siendo plenamente conscientes ya de la situación y el lugar en el que les posiciona. Si realmente respeta un proceso autónomo como es el que se ha dado en la Insumisa, quiere decir que respeta la no intervención del Estado en el mismo. Que el Gobierno instigue a la Insumisa a un cambio de gestión, justificándose (1) en su responsabilidad penal adquirida de forma consciente, o (2) en la apertura del espacio como bien público cuando ya lo es en esencia, quiere decir que realmente no respeta los procesos de creación de instituciones autónomas por parte de la gente sin intervenciones estatales, sino que se trata de electoralismo, no?

12
1
dia
25/1/2018 0:27

me ha parecido una reflexión brillante. gracias por el aporte.

2
0
#7295
24/1/2018 15:42

Se de electoralismo se tratase, penso que un despexo polas bravas, sen proceso de diálogo previo daría máis votos á Marea. Hai que recordar que a okupación non goza da popularidade que debería, e polo tanto, o electorado menos propenso ao voto mareante podería interpretar esta dialéctica como unha aposta clara do Goberno por manter o status quo. En segundo lugar, non parece rigoroso reducir todas as variábeis deste conflito á dualidade; repecto non-repecto aos procesos autónomos. O Goberno ben podería manter o respecto á autonomía pero non estar disposto a arriscarse a verse imputado por un delito de prevaricación por unha xente (cómpre ser claros) que lles difama, insulta, minte, calumnia... e que ademais non se conta con máis de 7 ou 8 integrantes. É unha cuestión de racionalización da decisión final. Que ganas e que perdes con cada posibilidade.

Por outra banda, gostaba tamén de ver algunha proposta de solución por parte da xente da okupa e dos MMSS, que até agora tan so teñen expresado valoracións sobre os feitos, pero sen pasar nunca á dimensión propositiva.

7
4
Unninguén
23/1/2018 16:02

Todas as semanas aparece algún persoaxe peculiar que dende a burbulla teórica e o postureo pseudoesqerdista dedícase a darlle leccións a aqueles que intentan gobernar a cidade para todos e non para os empeñados en presentar a súa candidatura a esquerdista do ano.
36842 votos Marea Atlàntica CSO 6 ou 7.
Hai alguén que aínda non sabe a quién representa a Marea Atlàntica?

16
17
Atención al cliente Marineda
24/1/2018 1:15

Querido Unninguen, me confirman de recepción que los 3684929292 votantes de la Marea están haciendo asamblea en el Marineda. Quizás haya un sitio para ti entre el puesto de albóndigas de Ikea y los probadores del Decathlon. Besis.

10
4
#7245
23/1/2018 16:26

Uau! O argumento dos votos contra un espaço libertàrio #roturismo_extremo

16
9
#7251
23/1/2018 18:16

A los centros libertarios no se le pueden aplicar argumentos de votos... solo los argumentos asamblearios pueden ser escuchados. Asi que hasta que no se junten esos treinta seis mil coruñeses en una asamblea.. nos da igual lo que digan.

7
5
#7261
24/1/2018 0:05

A dictadura da asemblea??

3
1
Anemona
24/1/2018 8:11

Socialdemocracia, votos, son terminos caducos, opresores e de gente que vive engañada en los mundos de yupi. Anarkia, libertario y asambleario en cambio son los pilares de un nuevo mundo ideal, donde todos somos iguales y se acabara la explitacion de los seres humanos sobre ellos mismos... yupi!!

0
1
Mediamarkt Atlántica
23/1/2018 14:10

Todas las semanas hay rebajas en la socialdemocracia: hasta el 80% en los departamentos de hipocresía, discursos vacíos, demagogia, tono paternalista y condescendiente, no te lo pierdas. #yonosoytonto

29
19
#7236
23/1/2018 14:40

Parabéns por tan intelixente comentario. Cal é a proposta desde o outro lugar? que o Concello se chupe un delito para que podades seguir como até agora? Non asumides un acordo con o Concello pero si que cargue coas responsabilidades penais da vosa okupación? Non ves unha contradición aí? Coñeces o significado da palabra "socialdemocracia"?

26
25
República Dominicana
República Dominicana El Gobierno de Abinader desafía a la ONU expulsando mujeres embarazadas y recién paridas desde los hospitales
La campaña contra las migrantes haitianas del Gobierno de República Dominicana ha llegado a las maternidades. Decenas de mujeres embarazadas o con sus bebés en brazos han sufrido esta política.
Reducción de jornada
Trabajo El Gobierno aprueba el proyecto de ley para reducir la jornada laboral a 37,5 horas
La norma pasará al Congreso donde no cuenta con los apoyos necesarios de todos los socios de Gobierno, por lo que la Ministra de Trabajo ha apelado a la responsabilidad del Partido Popular para que esta nueva jornada laboral salga adelante.
Israel
Israel Netanyahu acelera los planes de ocupación total de una Gaza diezmada por el hambre
El ejército israelí quiere movilizar a 30.000 reservistas para una nueva expansión de la ofensiva sobre Gaza. Las organizaciones dependientes de la ONU alertan de la hambruna y las enfermedades en un enclave en el que escasea el agua potable.
Comunidad de Madrid
Comunidad de Madrid Madres organizadas contra los arrancamientos piden una reunión con Infancia
Pamela L.C. ve a su bebé dos horas a la semana después de que se lo retiraran dos días después de su nacimiento. Ella y otras madres han decidido organizarse para pedir medidas que frenen los arrancamientos.

Últimas

Eventos
Evento Un Salto al periodismo desde el barrio: acompáñanos en un directo sobre periodismo situado
El Salto organiza un evento centrado en el potencial de los formatos sonoros para transmitir información veraz y fiable de forma cercana. Para hacer periodismo desde el barrio y barrio desde el periodismo.
Madrid
Madrid Sareb amenaza con desahuciar el centro social La Animosa, en Hortaleza
Los colectivos que participan del centro social okupado, y que han dado vida a este espacio durante los últimos cuatro años, convocan a defender su permanencia aunque se ha retrasado la fecha de desalojo hasta el 26 de mayo.
Opinión
Opinión España ya roza el 2,5% en gasto militar
Según el autor, investigador del Centre Delàs, el gasto militar real del Estado español será de 40.457 millones de euros y representará respecto al PIB el 2,48%. A esto se sumarán las inversiones comprometidas en programas de armamento.
Opinión
Opinión El rentismo es racismo
La posición de las personas migrantes y racializadas en el conflicto del alquiler nos coloca como sujetos esenciales e imprescindibles en la lucha por la vivienda.
Más noticias
Rumanía
Rumanía La ultraderechista Alianza para la Unión de los Rumanos de George Simion se destaca para la segunda vuelta
La extrema derecha rumana sale de nuevo reforzada pese a la eliminación de la carrera electoral de su otro representante, Calin Georgescu. La segunda vuelta de las elecciones será el 18 de mayo.
València
València Rechazada la querella por tortura contra Ramón, policía infiltrado en València
Un juzgado de València desestima el recurso presentado por Alerta Solidària contra la inadmisión de la querella criminal por torturas contra el agente que pasó dos años infiltrado.

Recomendadas

Alemania
Alemania Ines Schwerdtner: “Los conservadores tienen esta estrategia de normalizar la AfD, pero eso ha salido muy mal”
De profesión periodista, Ines Schwerdtner ha sido una de las responsables del ascenso de Die Linke, un partido que pasó de no aparecer en las encuestas a superar el 8% en las elecciones de febrero.
Tren de alta velocidad
Problemas ferroviarios Llegar a tu casa a las cuatro de la madrugada o cómo pasar la tarde del domingo atrapados en un tren
La línea de Iryo Sevilla-Madrid Puerta de Atocha fue uno de los 30 trenes afectados por las fuertes demoras. Su llegada, programada a las 20:50hrs, se produjo a las 3:05hrs de la madrugada sin apenas haber dado información a sus viajeros