We can't find the internet
Attempting to reconnect
Something went wrong!
Hang in there while we get back on track
A estas alturas ninguén defende que o obxectivo no plano enerxético das nosas sociedades poida ser outro que empregar unicamente as chamadas enerxías renovables. Apenas hai algúns acérrimos defensores da enerxía nuclear que insisten en que esta debe non só acompañar ás renovables no proceso de abandono das fósiles senón que mesmo lle auguran un longo futuro, obviando que dependen dun combustible tamén finito (o uranio). Mais deixando esa excepción a unha beira, e recoñecendo que a fusión nuclear —o santo graal da investigación enerxética— leva décadas estando "á volta da esquina" e que o máis probable é que non chegue a desenvolverse nunca (por diversos motivos, comezando polo obrigado proceso de simplificación civilizatoria ao que nos encamiñamos, porque xa chegaría tarde e polos límites materiais), o consenso é case absoluto en torno a un obxectivo que xa se ten convertido en todo un lema que atravesa toda a nosa cultura política e social, signo dos tempos que corren: 100% renovable.
Así, non soamente ofrecería unha saída ao irremediable devalar da enerxía fósil (suceda no seu conxunto cando suceder; lembremos que o do petróleo cru xa comezou hai case 15 anos), senón que sería unha vía proposta por numerosas institucións, colectivos sociais e mesmo a clase empresarial, para reducir as emisións que causan o efecto invernadeiro, é dicir, o caos climático. Deixaremos agora de lado a cuestión de se son unha auténtica solución a esas cuestións, e partiremos da hipótese de que o poidan ser, para fixarnos nunha das consecuencias que tería conseguir ese obxectivo, unha implicación dunha futura sociedade soportada unicamente con base ás enerxías solares, eólica, hidroeléctrica, xeotérmica, maremotriz, undimotriz, biomasa, etc. da que apenas ninguén está a falar, malia ser da máxima relevancia para deseñarmos colectivamente ese futuro e, sobre todo, para irmos preparando o noso metabolismo socioeconómico.
De canta enerxía falamos cando dicimos '100% renovable'? Porque a Galiza dos s. XVII ou I tamén eran '100% renovables'.
Mas para chegarmos a esa implicación é preciso botar algunhas contas, porque non é tan obvia. En primeiro lugar, cando falamos de sociedades que funcionan con enerxías exclusivamente renovables sempre se omite un dato fundamental, que sería o que nos permitiría saber realmente do que falamos e diferencialas das sociedades preindustriais, prefosilistas, que tamén eran, por se o temos esquecido, 100% renovables, por exemplo a Galiza do século XVII, a Hispania do século I ou a Mesopotamia do XVII a. C. Xa que logo, é preciso determinar a magnitude desa enerxía, é dicir, de cánta enerxía total primaria estamos a falar. A enerxía primaria que gasta actualmente a Humanidade no seu conxunto é de 162.494 TWh cada ano (cifras de 2017), das cales unicamente proceden de fontes renovables o 11%. É dicir, se eliminásemos hoxe en día as outras enerxías (fósiles+nuclear), quedaríamos co 11% da enerxía dispoñible e, polo tanto, poderíamos manter —grosso modo—, unicamente o 11% da nosa actividade económica mundial. Claro que na realidade dependería moito do sector de actividade concreto; así, o transporte mundial ficaría practicamente paralizado pois a súa dependencia das enerxías fósiles está moi preto do 100%. Ben, este cálculo hanos servir para comprender o razoamento que segue.
Ninguén fala de que a captación de enerxías renovables tamén ten, por razóns físicas, un máximo que non se pode superar.
Energías renovables
O mito das enerxías renovables
As enerxías renovables son o futuro, disque. Mais que tipo de futuro poden sustentar?
Diante disto, os paladíns do futuro 100% renovable reclaman que se incrementen as instalacións de captación de enerxía renovable (instalacións, por certo, que non son renovables, é dicir, que se deben construir en boa medida a partir da queima de combustibles fósiles, reparar empregando esa mesma enerxía, e seren substituídos ao cabo dun par de décadas —ou antes— por outros dispositivos tamén dependentes do petróleo... mais ese é outro aspecto agachado das renovables do que xa temos tamén falado). Precisamente sobre esa cuestión de até onde pode incrementarse ese actual 11% renovable, é a pregunta crucial: cántos TWh nos poden chegar a fornecer estes modernos sistemas de captación de enerxías, e até qué punto poden substituír co seu carácter exclusivamente eléctrico usos hoxe en día eminentemente non electrificados (transporte, minaría, moitas industrias...)? Aínda que non imos adentrarnos hoxe con profundidade nese debate, apuntaremos un dato achegado por un estudoso da cuestión, Antonio Turiel, que estima en torno ao un 30-40% do consumo actual de enerxía primaria o punto máximo ao que poden chegar estas enerxías, habida conta das súas numerosas limitacións, que el ten analizado. A cuestión, tamén apuntada por investigadores como Turiel, é que chegar onde chegar a capacidade destes sistemas, hai algo sobre o que non cabe debate: ese límite non podería ser permanentemente elevado. Isto é: tanto se chegamos preto dos 50.000-65.000 TWh anuais, como estima Turiel, como se damos alimentado o total dos 162.000 actuais, como estiman implicitamente a maioría de defensores do 100% renovable, o seu potencial tería un tope que non podería ser superado. Por que? A razón reside nunhas limitacións de carácter físico (termodinámicas, xeográficas) á cantidade máxima de enerxía solar, eólica, xeotérmica, etc. que pode ser captada, por moito que elevemos a eficiencia dos sistemas de captación, algo que tamén ten a súa propia curva de mellora decrecente, consecuencia das propias leis da Física. Co carbón, petróleo e gas natural tamén existe un límite, loxicamente, pero como fomos acumulando unha tras outra, isto agachou o seu carácter de fontes limitadas. Nunca experimentamos un devalar na súa dispoñibilidade, polo menos até o de agora, e así foi que sufrimos o espellismo social, cultural e económico de que a enerxía é algo que sempre pode aumentar (algo que até a Revolución Industrial non lle daría a ninguén por pensar en sociedades que dependían principalmente da biomasa, que se sabía chegaba onde chegaba, e que non se podía sacar leña de onde non a había por moi eficientes que foren as machadas ou as serras).
Se a enerxía renovable non pode medrar indefinidamente, tampouco o poderá facer o metabolismo socieconómico que esta enerxía alimentar.
Mais se a enerxía renovable non pode medrar, tampouco poderá seguir a medrar unha economía que só se alimente dela, pois xa sabemos que a redución da intensidade enerxética ten uns límites e a correlación entre enerxía e PIB non se pode borrar dun plumazo coa mítica desmaterialización (dirían mellor desenerxización) da economía. Din os científicos do grupo Emerciv: "Nunha economía estacionaria precisaríase que a intensidade enerxética caese a un ritmo do 3,5% anual para producir un aforro da enerxía primaria do 35% [en 12 anos] (...). Pero, se ademais se pretende manter o crecimiento do PIB, daquela o devandito obxectivo de redución do consumo semella sinxelamente imposible".
Xa que logo, a conclusión que ninguén quere pór sobre a mesa cando se fala e se propoñen con entusiasmo sociedades que funcionen con enerxía 100% renovable, é que deberán ser sociedades que deixen de medrar indefinidamente. Isto é, serán sociedades onde buscar —como facemos agora— o aumento perpetuo do PIB será inviable. E se sabemos que ese é o futuro cara ao que camiñamos, cara ao que debemos camiñar para sobrevivir, non irá sendo hora de nos prepararmos para abandonar a obsesión por ese imposible crecemento perpetuo? Non será hora de repensar as economías, os sistemas monetarios, o crédito, o sistema de mercado capitalista, o mercado laboral, o Estado do Benestar, as pensións... todos e cada un dos elementos que hoxe compoñen as nosas sociedades e que están pensados para funcionaren soamente en contextos de crecemento permanente do Produto Interior Bruto? Citando de novo o grupo Emerciv, "Nunca se fixo unha transición enerxética desta importancia na historia da humanidade sen unha mudanza profunda simultánea da mesma estrutura social". Se queremos un futuro 100% renovable, deberemos asumir e preparar un futuro sen crecemento.
Relacionadas
Energía nuclear
Análisis ¿Qué hay detrás de las presiones para evitar el cierre de Almaraz?
Ecologismo
MACROPROYECTOS Cultura popular, formación y conocimiento contra los macropoyectos de Gorbeialdea
Energía nuclear
Clasificados Clasificados. Los archivos secretos sobre radiación I
É triste que xa mesmo no comezo do artigo tildes as centrais de limitadas no tempo pola dependencia do Uranio, obviando que hai recursos incluso mellores que este, coma o Torio, que as cantidades de productos para a fisión que temos darían para moitísimo tempo e que a enerxía nuclear que se desexaría fose de futuro é a de fusión