We can't find the internet
Attempting to reconnect
Something went wrong!
Hang in there while we get back on track
Coronavirus
Os outros virus
Madrid non é España, nin o centro da Coruña é Galicia. Nin os cans son o máis importante que temos que preservar.
Tras case un mes encerrados sen ningún tipo de conflito inusual, hoxe a pequena tivo unha hora moi, moi difícil. Non foi unha perrencha ao uso, senón que estaba autenticamente desesperada. Non vou dar detalles. Quería saír de casa como fora, marchar da casa. Ofrecinlle todo tipo de alternativas, incluso pensei en pedirlle á veciña o seu cadeliño para que o fora pasear. Nada lle valía, só quería saír.
Ela, como a súa irmá maior, entendeu perfectamente porque temos que quedar na casa e, insisto, levouno moi ben ata hoxe. E temos que dicir que somos uns privilexiados, a nosa casa é grande, cómoda, moi luminosa, danos o sol sempre que sae (importante en lugares como Compostela). Na casa non estamos preocupados polo noso futuro económico familiar polo que non hai por ese lado nin medo nin tensión. Non todo o mundo ten esta sorte, nin de lonxe, somos moi afortunados.
Dende o inicio asistimos perplexos como esa lacra moderna e urbanícola que é o mascoterismo goza de privilexios inauditos.
O luns, 13 de abril, reláxanse ás medidas, quizais, non o sei, debido ás presións da xente que realmente manda neste país como determinados bancos ou construtoras porque como dicía un cínico unha cousa é ter o poder e outra o goberno. Creo que é o momento de tomar decisións concretas sobre feitos concretos. O que neste momento penso: sacar ás nenas e nenos a pasear 15 + 15 minutos diarios, como mínimo. Porque me da que isto vai ter repercusións psicolóxicas e físicas en millóns de personiñas. Por suposto, debería facerse con normas lóxicas: de un en un, sen contacto con outros nenos ou outras persoas, alonxados un dos outros, quizais da man, a tecnoloxía ancestral que nais e pais empregamos para controlar aos seus descendentes en espazos públicos.
Creo tamén que o confinamento está unicamente pensado para áreas de gran densidade de poboación como as cidades grandes ou barrios moi concretos. Que a xente non se poda desprazar ao seus hortos por exemplo é absurdo. O autoconsumo, a guerrilla tranquila contra o capitalismo, está a ser sacrificada, en boa medida, sen que os responsables se decaten. Hai, tamén, millóns de persoas neste país que podemos saír a dar un paseo en completa soidade sen cruzarnos con ninguén, e estou escribindo isto dende un barrio de Santiago de Compostela a 15 minutos da praza do Obradoiro.
O confinamento está unicamente pensado para áreas de gran densidade de poboación como as cidades grandes ou barrios moi concretos. Que a xente non se poda desprazar ao seus hortos por exemplo é absurdo.
Pola contra, dende o inicio asistimos perplexos como esa lacra moderna e urbanícola que é o mascoterismo goza de privilexios inauditos: persoas con problemas evidentes que poden saír a alimentar “colonias felinas” (sic), algo que debera estar simplemente prohibido polo que supón de dano á biodiversidade e por un problema de salubridade pública, mesmo, probablemente, viole incluso a lexislación actual. Temos que aguantar que a xente con can na casa poda saír a pasealo directamente a diario cando os donos deberan ter que ser capaces de se facer cargo do seu benestar no interior. Non valen escusas de que é un problema de salubridade. Unha sociedade que pensa máis nos cans ou nos gatos ferais que nos pequenos é unha sociedade enferma. Simplemente. Asusta pensar como o lobi animalista se infiltrou no pensamento dominante, tanto como para que persoas do goberno, ás que lle presupoño intelixencia e preparación, asuman unha perspectiva que debera ser pouco máis que anecdótica.
Madrid non é España, nin o centro da Coruña é Galicia. Nin os cans son o máis importante que temos que preservar. Entendo que isto pillou a todos co paso cambiado, pero tras un mes deberamos ir matizando e modulando ás nosas respostas a toda unha constelación de situacións inéditas que Covid-19 trouxo.
A nosa normalidade non era tal, só era excepcionalidade ultraliberal, que virá a ser un suspiro breve na historia da humanidade, apenas un fragmento dunha proteína dese virus na historia da vida sobre a Terra.
Relacionadas
Opinión
Opinión Por los derechos de la infancia, no a los sacramentos católicos (ni a lo equivalente en otras religiones)
Violencia machista
Convenio de Estambul GREVIO alerta de los sesgos machistas contra las mujeres en los juzgados pese a los intentos de erradicarlos
O prelo
O prelo Unha fábula de luces incógnitas
Teño 2 cadelas., saio 3veces ó día., non sabes canto me gostaría non ter que facelo neste momento.
As hortas tampouco se pode ir, si non están a carón da casa, en moitos rurais.
A cuestión dos nenos, ou outras, pódense defender sin atacar sin conocimento do que dis.
No fallan los gilipollas. Aquí no se carga contra los perros de cuatro patas, sino contra los puñeteros íncivicos de dos.
¿Y quienes son, según este artículo, 'los puñeteros incivicos de dos'?
Supongo que este artículo pretendía ser algo intelectual pero se puede resumir como una pataleta en lo siguiente: odio a los perros, que hagan sus necesidades en casa y que sus dueños se jodan porque los humanos son los dueños de la tierra y los animales solo son un instrumento. Es más, los humanos que cuidan animales y los quieren son "noxentos". No son noxentos los que les abandonan, maltratan...si no los que les cuidan y los consideran miembros de su familia.
Supongo que el autor se considerará a sí mismo como un tipo progre y tolerante, pero aquí ha sacado su verdadera personalidad, vemos que pertenece a ese elevado porcentaje de españoles que cree que para pedir/reclamar algo para ellos debe joder a sus compatriotas: el típico "si no es mía no es de nadie" "si yo no puedo, que no pueda nadie". Empieza con la excusa de que su hija quiere salir. Señor mío, TODOS queremos salir, pero es que no sé si sabe que los niños son un foco importantísimo de contagio, cosa que no son los perros. Y que sacar al perro no es un privilegio del ¿loby mascotístico? si no cumplir unas necesidades básicas de unos seres vivos. Espero que luego usted no vaya de defensor de las libertades, de tolerante, de amante del medio ambiente...
Creo que debería confiar en el criterio de los expertos y que los que sacan a los perros cumplen el distanciamiento social, cosa que no hacen muchos humanos que salen sin perros.
Espero que pronto salgamos todos, incluida su hija y usted. No creo que sea tan dramático estar en casa metidos un mes y medio para preservar la salud de todos, y más con las comodidades de las que usted dice que disfruta (piense menos en lo perros y más en los niños que no tienen internet, viven en pisos de mierda, sus padre en el paro...).
Personalmente pienso que nuestros padres necesitan más salir a estirar las piernas. Que ellos sí cumplirán el distanciamiento social por la cuenta que les tiene, y sería buena para su salud, mucho más delicada que la de los niños.
Cuando se desescale espero que los sectores que no puedan salir no sean tan egoístas como usted y no se dediquen a pedir que no se les deje salir.
Salud a todos y menos egoísmo.
Caramba amigo para interpretar todo esto no sé que tienes en la cabeza, pero nada bueno
Eu estou preocupado polos propietarios das mascotas que repetidas veces ao longo do día están obrigados a abandonar o confinamento poñendo risco a súa saude.
Artigo noxento, vomitivo e dunha ignorancia pasmosa. Empezar defendendo a necesidade dos nenos de sair á rúa e rematar falando de "persoas con problemas evidentes" que saen para alimentar colonias felinas. O autor amosa un descoñecemento total desa actividade, que inclúe tamén a castración das colonias e que por certo, para evitar dúbidas ao respecto, non vulnera a lexislación estatal nin autonómica vixentes.
Meu, #56789 ... eu non me escondo – D. Xavier - como vostede acusa, son Paco na miña zona coñeceme por moitos apelidos, unidos a miña extensa actividade social, un deles é “de Adega” (socio de moitos anos, máis de corenta). Agardo estea situado, solicito a retirada deste artigo por vostede e a solicitude formal de disculpas (todos erramos), aclarando o que “realmente” (se fose o caso) quere dicer. Se non o fai vostede agardo que El Salto o borre por hixiene. D. Xavier entendo (ou quero) a súa frustación, ou nervos pero para rectificar non fai falla ser titulado, pero seguro que é de sabios. Grazas e saúde.
Pero estamos locos??? Yo tengo perro y tengo hijos pequeños
A mi perro lo bajo por higiene que no se mee y cague en mi piso enano,por cierto enano y no tan luminoso como el que tienes suerte de tener....
Sacar a mis hijos a la calle sin ser estrictamente necesario??? Ni se me ocurría... me importa más su salud
Por favor!!!! Ya saldrán....ya entenderán......
Entendo que é uma lacra que um governo pense antes em mascotes
e na inconveniência da gestão das suas fezes
do que em outros seres humanos dependentes e na sua saúde.
Não vejo no texto onde diz eliminar direitos. Diz ser uma barbaridade regular direitos dos cães e não
ter nem pensado hoje um mês depois em regular direitos das crianças
Os teu artigo è insultante. Loby Animalistas? Aguantar a? Etc etc.
Pola mesma podo eu te responder. Tiveches fillos pois aguantaos.
Non entendo porque para defender os nenos temos que malfalar dos cans e das personas que disfrutan compartindo a sua vida con eles. Son nai e sufro pola falta de benestar do meu fillo nestes momentos . Tamén comparto a miña vida con varios cans e gatos. Teño amor dabondo para todos. O mellor día da miña vida foi o día que me puxeron o meu fillo en brazos. Pero sería peor persoa se non houbera compartido gran parte da miña vida con esas"mascotas". Señor biólogo revise a sua mensaje porque somos mellores e non peores por compartir. Podemos reivindicar cambios nas próximas datas para os críos porque ninguén contaba con isto. Procuremos namentres non pisar dereitos dos demais.
Obrigado, o seu artigo expressa uma preocupação partilhada por qualquer pessoa que compreende a importância da saúde infantil como prioridade de qualquer sociedade. Pertinente. Necessária. Um decreto que pensou e continua a pensar antes em regularizar as saídas de animais de estimação e ignora as consequências sociais do isolamento infantil demonstra que tipo de sociedade padecemos.
E sem entrarmos em que nem todas as famílias terão bons comportamentos numa convivência prolongada.
Opinión definitivamente demagóxica e noxenta. Fica moi clariña a calidade científica e intelectual do individuo que asina este indesexábel artigo. Prescindíbel a súa lectura dende calquera ponto de vista ético, aínda que si teremos que agradecer que retrata perfectamenteao ao autor e ao seu pensamento
Coma sempre, os comentarios só se centran en exclamar contra este suposto agravio contra as mascotas. O das infantes, xa logo se tal. Non vaia ser que poñamos o grito no ceo polas nenas. Dende logo a esquerda está tremenda. Eu sinto dicirvos esto, pero os dramas de vidas de inmigrantes, as penurias de precarios e calquer outra cousa relacionada cos seres humanos denero ser moito máis empático e primordial que outros temas. O tema social sempre debe ser o máis importante. Sen menospreciar ningunha outra loita nin revindicación, nom fai falla decir que nos tamen somos animais. Animais sociais.
O señor Pumariño retrátase ao botar merda contra as persoas que estamos a coidar animais indefensos (por certo, descoñecendo totalmente o que é xestionar colonias felinas) e contra quen ten o "privilexio" de sacar o can dez minutos para que cague e mexe (vaia privilexio!), e non cortarse un pelo en dicir que el mesmo usaría o can da veciña para o seu beneficio persoal e o da súa filla (pobre rapaza, quen lle tocou por pai!). Iso son para el os cans, obxectos que se poden usar cando convén. A vena fascista deste fulano pódelle cando arremete contra quen ten un can e ten permitido sacalo dez minutos a que cague e mexe, mentres non está permitido que as crianzas saian (e estou totalmente a favor de que así sexa). Este señor sería dos que chuspiría contra quen ten mellores condicións laborais ca el, en lugar de loitar para mellorar as súas. Sería o esquirol da folga que despois se beneficiaría do que consegue quen dá a cara. Un fascista. Un pobre miserable ao que lle come a envexa. Un tiñoso. Un ninguén.
Gatos ferais nom som animais indefesos, som depredadores que matam milheiros de ratos, paxaros, lagartixas cada ano. E essas vítimas som as indefesas
Si, e os leóns matan gacelas, bisontes e milleiros de outros animais cada ano, tamén vítimas indenfensas. Acabemos con eles! Señor (ou señora), por se o descoñece, os gatos non aparecen nas colonias felinas por arte de maxia, nin os colocamos alí quen miramos por que teñan un mínimo de salubridade e unha vida medianamente digna. Foi o propio ser humano quen atraeu aos gatos cara as poboacións, porque lle interesaba (coma sempre, usando os animais para beneficio propio), precisamente para eliminar esas outras vítimas indefensas das que vostede fala. E hoxe en día, as colonias felinas proveñen na súa maioría do abandono (de novo o ser humano e o seu beneficio). Quen xestionamos colonias felinas o que facemos é, precisamente, evitar que proliferen aplicando métodos de esterilización, e manter uns mínimos coidados para que os gatos que hoxe existen aí (e non porque aparezan por arte de maxia ou porque os poñamos nós) poidan ter unha vida digna como individuos. E alimentamos precisamente para evitar que a fame faga que ataquen máis individuos doutras especies dos que, por instinto, xa atacan.
Non me conte películas, quen ve os gatos de rúa como unha praga, o primeiro que ten que ver é que a maior praga é o ser humano. E artigos coma o deste señor, confírmano.
Lamentábel! Como un biólogo ecoloxista como Pumariño puido caer tan baixo? Unha mágoa que a súa publicación se preste a deixarlle un espazo para expresar unha opinión despeciábel e fascista en relación cun colectivo que se desvive para coidar de seres vivos en situación de desprotección. Noxo profundo señor Pumariño.
Un artigo vergoñento e noxento, máis escrito por un veciño meu... Que en Santiago, que temos algunhas das colonias de gatos ferais millor controladas de Galicia por VOLUNTARIAS que se esforzan e poñen o seu tempo e recursos pra tentar amañar o que outros provocaron....
E como ousas insultalas? Como que con evidentes problemas? De onde carallo sacas iso, ignorante facha?
Se vas difamar a alguen primeiro infórmate
Animalismo de feirón no seu mellor, á vista de quen ataca o texto e ao seu autor. E así estamos.
Es una pena que el covid-19 no sea un virus selectivo y letal para el antropocentrismo y esa ilusión de algunos seres humanos por una supuesta superioridad ante cualquier otra especie que habite el planeta. Así nos va, tan superiores nos creemos y sólo sabemos destruir y matar, nos creemos con derecho a todo. Por suerte la vida pone a todo el mundo en su lugar y la naturaleza es sabia...
Comparar a tu hija con un perro o con con un gato feral, denota que que cuando menos, la persona que escribe el artículo presenta muchas carencias . Sinceramente , siento vergüenza ajena de leer estas cosas. Algunos trabajamos y cuando debemos salir, nos encontramos con papás y mamás que bajan un momento al portal a sus hijos o que los llevan a tirar la basura o a pequeñas salidas breves y no tan breves. Se intenta no juzgar porque cada cual tiene sus circuntancias y si no hay un minimo de tolerancia, vamos muy mal. Por favor, intenta mirar algo más lejos que tu ombligo, porque aglunas personas estamos cansadas de tanta tontería. Quien tiene perro, está jodido porque solo lo puede sacar a hacer sus necesidades y no a satisfacer sus necesidades etológicas y quien cuida a los gatos de la calle, siguen asistiendo a los animales en situación de vulnerabilidad no por placer, que esa gente también tiene vida, como tu y tus hijas y probablemente también tenga ganas de sacar a sus hijos y hacer una vida normal como todos.
Entendo que poida molestar a alguén o dos animais, ainda que eu non considero que se pretendese, con este artigo, quitarlles ningún dereito. Aquí cada un interpreta o que quere.
O que si non podo entender é que se diga que os pais teñen que "trampear" cos seus fillos pequenas saídas. Creo que todos temos dereito a reivindicar que se respecten os seus dereitos como noutros países. Ofrecer ese tipo de solucións iso si que dá un poucoo de vergoña....
Acabo de ler este artigo do biólogo Xabier Vazquez Pumariño no que pretendía defender o dereito dos nenos a sair á rúa durante o confinamento con argumentos en contra dos colectivos animalistas.
Coñezo a Pumariño dende hai anos, non personalmente, pero como bióloga teño compartido sala con el nalgún curso sobre biodiversidade na Universidade de Santiago de Compostela. Hai anos que lle perdera a pista, e a verdade é que atopalo firmando un artigo en “Elsaltodiario.com” deume vontade de ler.
E tamén de vomitar. Causalidades da vida.
Sinto vergonza allea, vergonza por comprobar que, a mesma persona á que escoitei defender á fauna salvaxe, defende agora a prohibición dos cans a pasear. Dame noxo que alguén coma él, estando nunha situación dificil de confinamento cos seus nenos, teña a necesidade de arremeter contra o colectivo animalista.
Son moitas as incongruencias do seu artigo, un suposto alegato de esquerdas de liberación das crianzas que acaba converténdose (en poucas liñas, ademais), nunha apoloxía fascista para recortar as liberdades de persoas e animais. Sinceramente, o señor Pumariño non me da ningunha pena, nin él nin os seus nenos (aínda que si que me inquieta a cadela da veciña).
Él mesmo describe a súa situación de confortable. Se cadra tanto que ten moito tempo para mirar por eses grandes ventanais e ver aos seus veciños pasear cos animais ou alimentar as feras.
Sinceramente sinto carraxe, primeiramente cara él, quen ao meu entender emporca a profesion de biólogo sen argumentos, quen co seu cerebro ben “ilustrado” ten a desfachatez de aremeter contra os seus veciños e a pouca valentía de falar claro.
Porque se os nenos non poden sair, a culpa non é nin dos humanos que comparten vida con cans, nin das protectoras animais, nin do Ku Klus klan. Porque se este colega non comparte o xeito no que se está a xestionar a crise, ben podería empregar a súa figura pública para botarlle valor e falar con fundamento. Pero claro, é moito máis doado deixarse levar pola superficialidade e arremeter contra os veciñ@s que están preto, que ser quen de dar a cara e protestar polo que realmente lle molesta.
Todo isto non quita que non esté dacordo con el en que as crianzas deberían sair, pero de verdade que é penoso que se plantexen argumentos tan mediocres para defender algo que, como pai, debería ser quen de refutar dun xeito ben fundamentado. É máis, que teña razón non quita que os cans deban pasear, mínimo, tres veces ao día, que os gatos sexan merecedores de alimentarse e a xente sexa quen de cultivar as súas terras.
Á marxe de todo isto, o que me parece máis lamentable é que un medio ao que tiña como respetable, publique artigos de opinión tan pouco traballados. Un artigo que sen dúbida foi escrito nun momento de raiba extrema, onde nin os títulos nin as charlas universitarias serviron de moito, unindo afirmacións inconexas que levaron, desgraciadamente, á publicación dun artigo fascista e retrógrado.
Prefiro pensar que, pasada a tormenta, cando o señor Pumariño por fin se reúna cos lobos comprenda, que nin era culpa do can, nin era culpa do dono. Que sexa quen de agradecer as súas comodidades das que ben alardea e, por favor, que ninguén lle dea en adopción ningún bicho non vaia ser que noutra cuarentena nos crucemos polo parque.
Á dirección de “Elsaltodiario” solo quédame dicir, que deberían revisar mellor os artigos que publican, xa que deste xeito a calidade periodística redúcese dun xeito alarmante e que, ainda que haxa quen escriba gratis, iso non xustifica que se faga publicidade de prevaricadores e oportunistas.
Pois a min paréceme moi covarde arremeter desta forma utilizando o anonimato, se tan de preto o chegou coñecer. E eu, que sen coñecelo non vin antropocentrismo nin zoofobia ningunha, que cousas... A propia palabra que escolle, "mascoterismo" é moi gráfica e clarificadora- Trátase dun esaxero, tanto o feito de non pensar na infancia na redacción das excepcións (e si das "mascotas") e como a sociedade atual, e isto si que é antropocentrismo, fai dos animais o seu obxecto de diversión, deixando á parte outras consideracións, de forma abusiva. Ou ven normal que nunha cidade como A Coruña xa haxa censados máis animais que nenos? Pois disto se trata. Tildar de fascista, mencionar o Ku Klux Klan aquí e tantas outras cousas si que é para vomitar.
Meu,... este artigo ten dúas partes a primeira respectábel, vivan as crianzas; a outra pobre e canto máis a leo vaime incrementando o noxo, pois é moi insolidaria e nada "democrática". Agardo que sexa un erro polo que solicito humildemente ao Sr. Xavier Vázquez Pumariño a retirada deste artigo. Grazas.
Antes de que lle comecen a saltar á xugular, un apunte: di "mascoterismo", logo é obvio que fala dun absurdo como é que se marcase como prioridade en base a este posicionamento esaxerado poder sacer o esaxerado número de animais nas cidades á rúa e non se pensase NADA na infancia. El NON fala de lle recurtar dereito a ninguén, pero todos os que dicides que os nenos poden resistir sen saír da casa meses e non asumides que podedes aprender os vosos cans (e so cans) a facer as súas necesidades en casa, se callar o problema tédelo vós. Estase menosprezando o dano e as consecuencias que isto pode tarer á infancia, que lembremos, serán os adultos do futuro. Sociedade que non pensa nos seus nenos e nenas, sociedade enferma. Un mes xa e ninguén pensou neles, no entanto se volve abrir a man para ir traballar e aquí todo cristo pode baixar á compra a se contaxiar as veces que queira, e o paseíño con mascota, que non falte, entendedes do que se fala?
No tienes ninguna razón en lo que escribes. Tampoco tiene este señor excusa alguna para argumentar que más derecho tienes los niños a salir a la calle que un perro, ni tiene nada que ver el que sus hijos estén confinados ante una pandemia donde "los niños" son los mayores transmisores, a que las colonias felinas se sigan gestionando por una persona, siguiendo un protocolo. Mezclar churras con merinas y escribir un artículo, quiero pensar, en un momento de rabia, etc. No hay excusa. Ninguna. Los perros siempre han hecho sus necesidades en la calle, los niños no. Los perros salen como mucho tres veces al día a la calle y en un tiempo X. Los niños, antes de esta situación, podían salir cuando quisieran y cuanto quisieran, siempre dependiendo de sus padres. Y podía seguir durante horas, echando por tierra la opinión de este señor. Pero creo que ya es suficiente. Un último apunte: Leo que no se admiten comentarios insultantes, amenazantes, machistas, homófobos, racistas o discriminatorios de cualquier tipo. Perfecto. Sin embargo en el artículo en cuestión, encuentro de todo eso. Y lo publican.
Pódese entender a frustración que describes, ata que deixas de reclamar un dereito para limitarte a pedir que recorten no dos demais. Limitar o dereito dos demais a baixar o can uns minutos vai mellorar a túa situación?
Las colonias felinas en muchas ciudades mantienen alejadas las plagas de ratas. Es una de las razones por las que se mantienen, de manera controlada, esterilizando a la mayor parte de los animales y controlando su salud. A que no lo sabía. Otra de las coas interesantes es que tener animales de compañía (esa estupidez de "mascotas" no la resisto) es muy bueno para la salud, sobre todo cuando soninteractivos como un gatoo un perro, y sobre todo estos últimos por la actividad física y social al aire libre que conlleva tenerlos. Alguna gente es antiperro, y realmente me cuesta entenderlo. Es una especie de rabia incontrolable hacia estos nobles animales que nos acompañan desde hace por lo menos veinte mil años. Quien no tiene la suerte de tener o haber tenido perro difícilmente lo comprende, y es lo que se pierde. Finalmente, ¿no decían que un niño puede salir, por ejemplo a hacer algún recado, si va acompañado por un adulto?
Hai datos desos efectos sobre as "plagas" de ratas? Sexamos serios. En realidade o que se cuestiona e porque esas persoas poden romper o confinamento, e se esa e unha actividade "esencial". Eu teño cans, antes de que me acusen de antimascota. Pero si que hai xente que aproveita o do can para facer turismo, non hai mais que ver as denuncias. Eu teño amigos noutros paises e poden sair unha hora ao dia, aqui moito "confitamento" pero hai xente que cruzou o pais como si estivese de vacacions. Agardemos que remate cedo, e sen mais picos.
Ola, os nenos poden saír facer un recado se o proxenitor co que vai non ten con quen deixalo. Iso non é atender á súa necesidade de saír.
Concordo com boa parte do que comentas. Parece-me tremendo que se trazem as mesmas normas para gente que vive em "la Castellana" que para gente que vive num lugar com 25 habitantes rodeados de hectáreas e hectáreas de verde. Parece-me tremendo que se trate a toda a sociedade como inconscientes, pilhabáns que só querem mirar polo seu sem considerar a comunidade e parece-me a ostia como se relegarom os direitos das crianças. Chama a atençom também, como parte da "esquerda" aceptou esta realidade sem questionar nada. É tremendo o efectivo que pode ser o medo e o permeáveis que somos aos meia, por mui "revolucionarios" que nos queiramos vender.