Feminismos
O seu papel na nosa loita: a batalla contra o ‘gaslighting’ mediático e os acompañamentos errados

O feminismo está en boca de todo o mundo, as estatísticas son máis favorábeis que nunca e cada vez máis homes se autoproclaman feministas. Mais, cal é o verdadeiro estado no que se atopan as mulleres alén das cifras? Teñen os homes un lugar na loita feminista?

Non é de estrañar que esta expansión do feminismo, que deu visibilidade ao xeito patriarcal no que está organizado o noso mundo, ás súas consecuencias na vida humana e do planeta, e que propón novas formas de crear comunidade, rematara contando co acompañamento dalgúns homes. Con todo, aínda que non hai ninguén que poida negar o avance das reivindicacións do movemento feminista, moitas mulleres teñen levantado a cella cando ven o discurso feminista nos beizos dos homes que din representalas ou apoialas.

Débese negar a súa participación? Cal é o seu lugar na loita feminista? De que xeito queren as mulleres que as acompañen? Que pasou cos espazos que gañaron as mulleres hai tempo? Como funcionaron as leis que as protexen?

Neste momento, paga a pena parar un momento para reflexionar se os ‘avances’ tiveron un verdadeiro impacto, para saber que cousas haberá que reorganizar e de que xeito.

GASLIGHTING MEDIÁTICO

É unha realidade. Os números das mulleres no poder son os máis altos da historia. Segundo a axencia de datos EPDATA, no Estado español das 350 cadeiras que algunha vez foron só para os deputados, 156 son hoxe usadas por mulleres. Na Galiza, das 52 listas electorais presentadas nas catro circunscricións galegas no ano 2019, o 67% estaban encabezadas por unha muller.

Non é tan sorprendente que o papel social siga poñendo nas costas femininas o peso dos traballos de coidados. As iniciativas institucionais e legais non teñen repercusión se na sociedade as mulleres continúan acoutadas a certos traballos e espazos.

Cantas desas mulleres pertencen ao 77,5% de mulleres que realizan traballo doméstico diario fronte ao 32% dos homes que tamén o fan? Avaliar o estado do papel das mulleres traballadoras, tomar como única referencia os números das integradas na clase política suporía ceder a unha especie de gaslighting mediático que pretende facernos crer con números que xa non temos razóns para loitar e que acadamos a igualdade.

En especial porque se ben ás mulleres teñen máis acceso ao traballo asalariado que nunca antes na historia, a fenda de oportunidades para ter unha vida digna entre homes e mulleres aínda se pode ver no feito de que no Estado español, hai máis de dous millóns de mulleres traballando a tempo parcial fronte a 762.000 homes.

arte a súa loita 2

Non é tan sorprendente, entón, que o papel social siga poñendo nas costas femininas o peso dos traballos de coidados. As iniciativas institucionais e legais non teñen repercusión se na sociedade as mulleres continúan acoutadas a certos traballos e espazos.

ACOMPAÑAMENTO ERRADO

María Ferreiro é gandeira e a responsábel da Secretaría da Muller do Sindicato Labrego Galego. A secretaría xurdiu a nivel sindical a modo de autoorganización das mulleres labregas cando comezaron a detectar a necesidade de loitar e defender os seus dereitos profesionais, tales como ter o dereito de poder cotizar ou seren donas e titulares das explotacións. María acha que, no medio dos avances, os espazos de discriminación están patentes, sobre todo nos relacionados co uso da palabra.

“Temos que ter certo coidado co tema das voces. Hai sectores que aínda hoxe seguen sendo na súa maioría masculinos e a participación nunha unha xuntanza ou reunión é na súa maioría masculina, como pasa no sector de produción do leite. Entón, temos que seguir preocupándonos e tendo en conta que as palabras das compañeiras que participan se escoiten e sexan tomadas en conta con igualdade”, comenta Ferreiro.

A pesar dos moitos premios e programas dirixidos ás mulleres, as únicas iniciativas comprometidas para traballar os conflitos de xénero veñen da autoorganización das mulleres

A testemuña de María Ferreiro dá fe de que a nivel estrutural, aínda estamos baixo a sombra da división de traballo e de espazos nos que cada xénero está delimitado por unha suposta afinidade.

No campo das ciencias, por exemplo, a proporción de investigadoras no estado mantense nun 39% desde hai máis de dez anos. Marta, unha matemática que traballa nun centro de investigación no que o numero de xefas de grupo é baixo se o comparamos cos postos masculinos, relata: “Dos sete grupos de investigacións que hai, só hai unha muller como cabeza. O resto son todos homes. E de aí para arriba os números son aínda peores: o director do centro é un home, o xefe de recursos humanos é un home, a parte económica do centro tamén é levada totalmente por homes. Así que si, eu creo que na ciencia, ou polo menos no ámbito que coñezo, si hai un tope. As mulleres por moito que investiguen, por moitos traballos que fagan ou premios que leven, teñen un tope de avance”.

En que punto o discurso feminista non é capaz de alertar e sensibilizar aos outros? Como se relaciona con eses outros sen perder a unidade e perspectiva? Pódese construír un mundo en común? De que xeito?

Autoorganización

A pesar dos moitos programas dirixidos ás mulleres, os únicos esforzos e iniciativas comprometidas a traballar os conflitos de xénero, veñen da autoorganización das mulleres. Ao respecto, Marta conta que “ningún home que eu saiba se comprometeu co feminismo de ningún xeito. Cando se falaba de que case non había mulleres no grupo, dicían ‘xa.. é verdade... E que é difícil…’; pero eu nunca vin que cando había que contratar a alguén se contrataran mulleres. É dicir, como que de palabra din que si, pero despois non hai iniciativas, acción ou compromiso real”.

No medio do debate nos diferentes colectivos feministas sobre se os homes poden ser feministas ou non, o feito de que se autoproclamen publicamente os dirixentes de organizacións ou incluso os políticos ou o goberno como homes que apoian a loita feminista cando na realidade se está a demostrar que non é suficiente, pode amosar que hai unha problemática de comprensión sobre as reivindicacións do feminismo e prioridades que non se poden resolver dicindo “eu non”.

arte a súa loita 3

Neste sentido, Marta pensa que “é moito máis sinxelo que un home se autoproclame feminista a que mude a súa actitude porque primeiro teñen que darse conta de todas as actitudes que deberían mudar, e iso é difícil. A maioría dos homes do meu entorno se autoproclaman feministas e algún deles pois igual si que fai accións sinxelas, pero á hora da verdade non mudan o comportamento. Por exemplo, sobre o tema de que as mulleres non chegan a xefas, eu escoito comentarios do estilo ‘pois será que os homes son mellores’”.

O PAPEL DOS HOMES

No momento de parar e mirar cara atrás, tomando en conta todo o bo que o feminismo ten construído, pode ser devastador comprobar que o avance do feminismo nos medios masivos e redes sociais está sobredimensionado. Neste contexto onde os feminicidios non teñen diminuído dende hai anos e, por se non fora pouco, os telediarios aínda fan deles un espectáculo, a cuestión de se un home poder ser nomeado feminista ou non, carece de interese se as nosas vidas seguen en risco.

Cabe preguntarnos polas estratexias que ten utilizado o feminismo e sobre o punto de vista dende o cal se está a actuar. En que punto o discurso feminista non é capaz de alertar e sensibilizar aos outros? Como se relaciona con eses outros sen perder a unidade e perspectiva? Pódese construír un mundo en común? De que xeito? Sobre a cuestión de se é posible que haxa unha relación cos homes na loita feminista, María Ferreiro veo como unha posibilidade sempre que as mulleres non sexan as que, unha vez máis, tomen a iniciativa: “Unha muller organizada ou un colectivo de mulleres non vai a organizar o intercambio se desde a outra parte non se ve a necesidade. Se eles din ‘queremos xuntarnos para crear algo en común’ entón xuntámonos. Pero que a necesidade non salga de nós, as mulleres organizadas”.

Pola súa banda, Marta pensa que “para apoiar a loita feminista, o principal é que os homes recoñezan o traballo das súas compañeiras. Logo, no mundo da ciencia e da investigación, que teñan en conta a maternidade á hora de avaliar as investigadoras por o número de publicacións, conferencias nas que participas, charlas que dás… Eu creo que isto habería que cambialo e é imposible facelo así sen axuda dos homes que están na ciencia”.

As circunstancias dos encontros para construír unha realidade máis xusta e digna para todas, tamén dependerán do contexto e das necesidades das mulleres. As posibilidades de colaboración dependerán dos intereses de cada colectivo e ás súas condicións.

Para Ferreiro é importante destacar que para que poda establecerse unha colaboración, a existencia de espazos propios é indisputábel. “Dentro do sindicato, para nós é fundamental que os nosos espazos teñen que seguir existindo. É indiscutíbel. Temos que seguir autoorganizándonos. Dito isto, penso que podemos crear calquera outro tipo de organización onde os homes estean presentes e ir vendo como nos relacionamos, como construímos, como facemos... pero sempre que iso non implique a renuncia dos nosos espazos propios nin da nosa axenda”.

O traballo cos homes depende tamén de que os homes teñen que ter certas cuestións traballadas. “Para empezar a crear e construír temos que sentirnos en igualdade, a miña palabra, como digo, como expreso, como fago, como me posiciono ten que ter a mesma validez. Teñen que ser espazos nos que ningún momento como muller me podo sentir discriminada, desvalorizada ou que non se me ten conta porque dende esa óptica non podemos construír conxuntamente”, opina Ferreiro.

SITUARNOS COMO ESTRATEXIA

A axenda a traballar é extensa e as prioridades varían dependendo das condicións vitais ou laborais das mulleres. Mentres que para as mulleres da ciencia é fundamental comezar a consolidar unha conciliación entre produción e maternidade sen que haxa desvantaxes para as mulleres. Para as labregas, o primeiro é afondar sobre á situación legal do seu traballo e a violencia.

Por tanto, a circunstancias dos encontros para construír unha realidade máis xusta e digna para todas, tamén dependerán do contexto e das necesidades das mulleres. As posibilidades de colaboración dependerán dos intereses de cada colectivo e ás súas condicións.

As testemuñas de máis mulleres axudan a comprobar que a xeralización das estadísticas e as meras declacións sen accións que corroboren o compromiso, non axudaron ás mulleres como esperan facer crer. Habería entón que pensar nos xeitos polos cales podemos protexer os nosos intereses; como situamos as nosas loitas individuais e colectivas sen que iso signifique segregarnos? Podemos deixar unha porta aberta por se alguén que estea disposto a comprometerse con nós, á nosa maneira, quere entrar por ela? 

Informar de un error
Es necesario tener cuenta y acceder a ella para poder hacer envíos. Regístrate. Entra en tu cuenta.

Relacionadas

Opinión
Opinión Algunas claves para hacer un análisis feminista de las masculinidades y el patriarcado
Aunque el repunte patriarcal que estamos viviendo lleva tiempo consolidándose, ahora se le está otorgando la importancia que merece en el debate público, también en Euskal Herria.
Heteropatriarcado
Masculinidades sin deconstruir En la calle, el Che...
Sobre maltrato, machismo, masculinidades sin deconstruir y el largo camino por recorrer, también, entre los hombres de una izquierda con los mismos comportamientos que la derecha.
Opinión
Opinión “Tener correa” y la ridiculización del afecto
Existe una presión muy fuerte sobre los propios hombres para que no amen demasiado, no cuiden demasiado. El ideal de “libertad masculina” tradicionalmente se entiende como independencia, desapego, y muchas veces, desinterés.
#59467
5/5/2020 16:20

Por certo cando una muller, mata o seu fillo ou filla, non sinto as feministas criticar o protestar moito

En cambio si matan una muller, san todas as feministas a protestar.en bloque.

Non hay que ser tan hipócritas.

0
1
Corrupción
Corrupción El juez decreta prisión provisional sin fianza para Santos Cerdán
El juez acepta la propuesta del fiscal y decreta cárcel contra el ex secretario de organización socialista por integración en organización criminal, cohecho y tráfico de influencias.
València
València La Audiencia de Valencia confirma la imputación a Argüeso en el juicio de la dana
La Sección Segunda de la Audiencia Provincial concluye que la resolución de la instructora “no es irrazonable ni arbitraria”, ratificando la imputación del ex secretario autonómico de Emergencias.
Análisis
Análisis Negar, polarizar, avanzar: el asalto de la ultraderecha a las políticas climáticas
El llamado Pacto Verde Europeo se ha convertido en el principal caballo de batalla de la guerra cultural del negacionismo climático, sobre el que anudar los diferentes discursos negacionistas de la extrema derecha.
Sevilla
Cumbre de la ONU en Sevilla Cumbre de la ONU en Sevilla: sin EEUU, sin hablar de Palestina y con poca ambición según las ONG
Más de 150 representantes internacionales debatirán en la Cumbre de la ONU hasta el 3 de julio con el objetivo de firmar el Compromiso de Sevilla, un acuerdo “hipócrita y poco ambicioso”, según las organizaciones sociales

Últimas

Barcelona
Derecho a la vivienda Amenazas de violencia extrema y una paliza a los habitantes de un bloque okupado de Barcelona
El Salto accede a las llamadas y mensajes de audio amenazadores que un grupo de desokupa envía al vecindario del bloque Llenguadoc, donde confirma cumplir con el mandato del propietario del edificio.
Palestina
Palestina 72 personas asesinadas en Gaza en las últimas horas
Los ataques se han intensificado en el norte del enclave y la población continúa siendo atacada por el ejército israelí en los puestos de distribución de comida de la Fundación Humanitaria Gaza.
Gobierno de coalición
Gobierno de coalición La fuga de más diputados de Sumar, en manos de Sánchez
Más representantes de las confluencias aguardan a la comparecencia del presidente del Gobierno del 9 de julio como la última señal para no saltar al grupo Mixto.
Medio ambiente
Tribuna Mapa de los conflictos del agua: una herramienta para la defensa de los ríos, acuíferos y humedales
A pesar del grado y extensión del daño que sufren los ríos, acuíferos y humedales, las administraciones públicas no están tomando las medidas necesarias para frenar el deterioro y responsabilizar a las entidades que lo causan.

Recomendadas

Economía social y solidaria
Historia Lo que Franco arrebató al cooperativismo y a la economía social y solidaria
La dictadura franquista combatió de forma cruel el movimiento cooperativo fraguado en la II República, y durante la propia guerra con las denominadas colectividades, y pervirtió la idea de autogestión a través de los ideales falangistas.
Río Arriba
Río Arriba Yayo Herrero: “El holocausto nazi no es una excepcionalidad en la historia de Europa, es un modus operandi”
Nueva entrevista de Río Arriba en formato podcast y vídeo en el que hablamos de ecofeminismo, transiciones ecosociales justas, decrecimiento, colapso, poner la vida en el centro y mucho más.
En el margen
Cécile C. Eveng “Perdemos amigues y es una pena porque las personas LGTBIQ pueden ayudar a desarrollar África”
La filóloga camerunesa reside actualmente en España y estudia un doctorado en migraciones, cuerpos, negrofobia y vulnerabilidad de personas. Investigar sobre identidades disidentes en su país le ha traído críticas, hasta desde la propia academia.