Salud
Disrupción endócrina e sustentabilidade

O emerxente problema dos disruptores endócrinos ten relación directa con varios aspectos do proceso de colapso ecosocial.

Partículas de plástico
Partículas de plástico. Foto de Clare Black.

Coordinador do Instituto Resiliencia

11 feb 2020 06:00

As substancias coñecidas como perturbadores hormonais ou disruptores endócrinos (EDC, Endocrine Disrupting Chemicals) constitúen un dos aspectos menos coñecidos do problema da contaminación planetaria. Aínda así, é dos que maiores repercusións están a ter na actualidade e no futuro, non só para a especie humana, senón para numerosas especies animais ao longo de todo o planeta. Trátase de compostos químicos de síntese, creados pola industria petroquímica principalmente, que demostraron ter un efecto desbaratador sobre o sistema endócrino, que é precisamente o encargado de regular numerosas funcións dos organismos vivos, desde o crecemento até a reprodución. As consecuencias da exposición a estes disruptores tradúcese, segundo o caso, en graves problemas de saúde: cancros relacionados coas hormonas (como o de mama, vaxina, útero, testículo ou próstata), anomalías no desenvolvemento de órganos sexuais, redución da calidade do esperma, redución do cociente intelectual, problemas de concentración e hiperactividade, hipotiroidismo (unha auténtica epidemia a nivel mundial, con máis de setecentos mil casos novos diagnosticados anualmente en España) e mesmo coma un dos factores causais doutra pandemia actual, a da obesidade. E só enumeramos, por brevidade e antropocentrismo, os detectados sobre a especie humana, mais tamén causa problemas moi graves a crustáceos, peixes, aves, réptiles, anfibios e mamíferos.

Ademais, este tipo de contaminantes conta cunhas características que os fan especialmente preocupantes: son bioacumulables, non só nun organismo senón ao longo da cadea trófica (biomagnificación), acumulándose máis canto máis preto da cúspide alimentaria está unha especie, como é o caso humano; son persistentes (moitos deles), é dicir, non se descompoñen doadamente e mantéñense durante décadas nos corpos dos animais humanos e non humanos, e mais no medio ambiente; tamén se estenden ao longo das xeracións, pois pasan de nais a fillos e fillas, e os danos transmítense mesmo até a terceira xeración; e, finalmente, os efectos negativos sobre a saúde poden producirse a doses moi baixas de exposición, o cal complica moito a prevención.

Os disruptores endócrinos son un tipo de contaminación especialmente preocupante por seren bioacumulables, biomagnificables, persistentes e con efectos transmisibles á descendencia

Porén, malia ser este un problema derivado da utilización de milleiros de substancias omnipresentes na vida cotiá nas sociedades industrializadas desde o primeiro terzo do século XX (podemos remontarnos ao famoso lema do Better Living Through Chemistry popularizado pola empresa química Dupont na década de 1930), apenas se leva estudando unhas tres décadas (o primeiro congreso internacional tivo lugar en 1991 por iniciativa da zoóloga Theo Colborn, quen elaborou a hipótese inicial). Isto, sumado a unha notable desidia das administracións públicas, fixo que as regulacións vixentes en materia de autorizacións para poñer no mercado novas substancias e produtos, así como os protocolos de analítica toxicolóxica, non contemplen máis ca unha ínfima parte destes problemas, e en ningún caso o chamado “efecto cóctel” que producen os EDC, como denuncia o Dr. Nicolás Olea, un dos maiores expertos neste campo, no seu recente libro Libérate de tóxicos. Guía para evitar los disruptores endocrinos.

Petroquímica

Así, por exemplo, non hai normativa ningunha que obrigue a especificar os centos de substancias aditivas que poden perturbar o noso sistema hormonal e que son rutineiramente empregadas na fabricación de calquera plástico (o tipo de plástico aparece habitualmente identificado como PP, HDPE, LDPE, PVC, PS, etc. embaixo do omnipresente trianguliño da reciclaxe, pero non así os seus copolímeros) e tampouco nas etiquetas da roupa fabricada con tecidos sintéticos derivados do petróleo (o ubicuo poliéster, por exemplo). A perturbación que producen é especialmente perigosa nas fases críticas de actuación das hormonas no proceso de formación do embrión ou nos primeiros anos de desenvolvemento das crianzas. Por iso as mulleres embarazadas e que aleitan, así como os proxenitores de nenos pequenos son obxecto das alarmas máis serias lanzadas polos científicos que estudan os EDC. Por desgraza, advirte o Dr. Olea, nin tan sequera moitos profesionais da medicina coñecen ben estes efectos nin como protexeren aos seus pacientes.

Ben é certo que, despois de varios anos de denuncia, eliminouse algunha destas substancias, como é o caso de varios praguicidas e do xa famoso BPA (bisfenol A), prohibido nalgún tipo de produto como os biberóns, mais esa mesma substancia segue presente en centos de produtos de uso cotián (nos tíckets que nos dan en calquera tenda ou os que nos obrigan a coller cando subimos a un autobús, sen ir máis lonxe). E, aínda por riba, seguen a existir literalmente centos doutros compoñentes autorizados que producen disrupción neses mesmos produtos ou noutros que contan coa marca CE que supostamente garante a seguridade dos produtos á venda na Unión Europea, ou mesmo aparecen empaquetando e contaminando produtos co selo oficial de “ecolóxicos” (caso do cartón ou plástico dos envases ou resinas epoxi coas que se verniza o interior das latas nas que se envasan). Estamos literalmente rodeados por estas substancias: nos aparellos electrónicos, nos adhesivos, nas pinturas, nos plásticos, na roupa, nos colchóns e coxíns, nos xampús, nos perfumes, nos DVDs, no tapizado de sofás ou coches, nos mobles, nos xoguetes... e mesmo como aditivos nos medicamentos que se receitan en pediatría (un exemplo: o butilhidroxitolueno, BHT, con aditivo á vitamina D). Así é que nos estudos de biomonitorización que se levaron a cabo aparecen centos delas no sangue e nos ouriños humanos de todo tipo de poboacións: literalmente mexamos plástico. Aínda que uns máis ca outros: os resultados en poboacións próximas a complexos petroquímicos son especialmente alarmantes. O libro de Nicolás Olea é un bo compendio destes produtos e que podemos facer para reducir na medida do posible a exposición, así como o web temático xestionado por Ecologistas en Acción, unha clásica referencia na Rede para a cidadanía preocupada pola saúde e polo medio ambiente.

O bisfenol A prohibiuse nalgúns produtos, mais segue presente en moitos outros. Ademais só é un de centos de substancias que perturban hormonalmente os nosos corpos

Outro dos maiores expertos e divulgadores desta cuestión a nivel mundial é o Dr. Leonardo Trasande, un profesor de pediatría neoiorquino fillo da diáspora galega, autor dun libro que trata de alertar sobre a cuestión e sobre as súas repercusións mesmo de tipo social e sobre a sustentabilidade: Sicker, Fatter, Poorer - The Urgent Threat of Hormone-Disrupting Chemicals on Our Health and Our Future... and What We Can Do About It. Trasande avisa “estes produtos químicos prodúcense e distribúense a escala masiva, están apenas regulados, e van seguir a sementar o caos nas nosas vidas, xeración tras xeración”.

Decrecimiento
Causas e consecuencias da fin do crecemento económico

A nosa civilización áchase nun intre final da súa historia, enfrontada á imposibilidade de seguir a medrar, mais cun ADN que a empuxa ao crecemento continuo.

Porque o problema dos disruptores endócrinos ten varios puntos de relación directa co problema da sustentabilidade e que afectan á nosa resiliencia como sociedades para encarar o futuro. En primeiro lugar trátase, na súa inmensa maioría, de substancias derivadas do petróleo, ese excepcional recurso fósil sobre o que montamos toda unha civilización insostible e con data de caducidade, e que ao mesmo tempo está a provocar o caos climático coa súa queima. En segundo lugar, está a supor unha carga para os sistemas sanitarios en todo o mundo descomunal e en crecemento, debido ao carácter persistente destas substancias, que seguirán perturbando as hormonas das nosas fillas e netos moito tempo despois de termos queimado o derradeiro barril de petróleo ou ter fabricado a derradeira chilindrada de plástico ou a derradeira manta de poliéster. En terceiro lugar, forma parte dos factores que están a levar a unha Sexta Extinción Masiva, pois afecta gravemente á capacidade reprodutiva e a outros aspectos da saúde de infinidade de especies, co que iso ten de grave para a sustentabilidade dos ecosistemas dos que toda a vida depende. E, en cuarto lugar, as vías para diminuírmos a exposición, son vías que á súa vez son fundamentais para a resiliencia e a creación de sociedades sustentables pospetróleo: non utilizar praguicidas de síntese; consumir alimentos frescos, locais, ecolóxicos e a granel; reducir ou eliminar o consumo de plásticos, sobre todo aqueles que teñen contacto cos alimentos; vestir con fibras naturais non tratadas quimicamente; construír e rehabilitar as nosas vivendas con materiais naturais (bioconstrución)... Aínda que se cadra, nalgún caso, como o de non varrer as casas e utilizar en troques modernos aspiradores con filtros HEPA, ou a constatación de que a lactancia materna é unha vía importante de traspaso de contaminantes entre nai e fillos (véxase o libro do Dr. Olea), algunhas ideas atopen un complicado encaixe nesa necesaria vía cara á descomplexización e á volta ás solucións tradicionais e non industriais (ou, cando menos, low-tech).

A maioría das recomendacións dos expertos para reducir a nosa exposición aos disruptores endócrinos coinciden con medidas para mellorarmos a nosa resiliencia e sustentabilidade

Isto demostra novamente que a volta ao pasado preindustrial non é factible nos mesmos termos neste futuro postindustrial no que imos ter que lidar cunha herdanza tóxica ubicua, persistente e invisible. Xa que logo, vólvese crucial e urxente, se queremos facilitar un futuro de baixa complexidade e baixo consumo enerxético (que terá especial incidencia no sector sanitario), aplicar con rigor o principio de precaución e liberarnos canto antes, de maneira drástica, destes disruptores endócrinos que seguen a ser introducidos no mercado cada ano en cantidades de centos ou milleiros por cada un que tímida e parcialmente retiran as autoridades. Unha loita até o de agora moi desigual e na que o noso futuro, malia o heroico esforzo das persoas investigadoras e médicas que alertan á sociedade destes perigos, vai perdendo por goleada.

Decrecimiento
Sistema sanitario, emerxencias médicas, complexidade e enerxía

Un hospital utiliza máis enerxía por metro cadrado que calquera outro edificio. Pero este fluxo de enerxía fósil e recursos ten os días contados.

Sobre este blog
O Centro de Saberes para a Sustentabilidade (CSS) é un Regional Centre of Expertise on Education for Sustainable Development recoñecido oficialmente pola Universidade das Nacións Unidas. Ten como misión fundacional “informar, sensibilizar e implicar a comunidade educativa e a sociedade no seu conxunto na promoción da transformación social necesaria para o cumprimento dos Obxectivos de Desenvolvemento Sustentable a través de experiencias cos pés na terra que fomenten a conservación, a sustentabilidade, a protección ambiental e a resiliencia“. O goberno do CSS é horizontal e democrático a través dun Consello Reitor formado por representantes de todos os axentes participantes. Máis información: http://www.saberes.eu
Ver todas las entradas
Informar de un error
Es necesario tener cuenta y acceder a ella para poder hacer envíos. Regístrate. Entra en tu cuenta.

Relacionadas

Infancia
Salud en la infancia Un hospital lleno de colores
Sonrisa Médica, la primera asociación española que llevó los payasos a los quirófanos, cumple 30 años. Hoy celebran que hay más de veinte entidades que prestan este servicio en el país.
#47345
12/2/2020 8:29

Os plásticos son a nova radioactividade.

0
0
Sobre este blog
O Centro de Saberes para a Sustentabilidade (CSS) é un Regional Centre of Expertise on Education for Sustainable Development recoñecido oficialmente pola Universidade das Nacións Unidas. Ten como misión fundacional “informar, sensibilizar e implicar a comunidade educativa e a sociedade no seu conxunto na promoción da transformación social necesaria para o cumprimento dos Obxectivos de Desenvolvemento Sustentable a través de experiencias cos pés na terra que fomenten a conservación, a sustentabilidade, a protección ambiental e a resiliencia“. O goberno do CSS é horizontal e democrático a través dun Consello Reitor formado por representantes de todos os axentes participantes. Máis información: http://www.saberes.eu
Ver todas las entradas
Galicia
Galicia Una manifestación histórica contra la celulosa de Altri y la Xunta desborda Compostela
Decenas de miles de personas de toda Galicia gritan contra una industria que pretenden instalar en el corazón del país y que absorberá 46 millones de litros de agua al día.
Francia
Francia Macron se aferra a la continuidad y depende del jóker de los socialistas y la ultraderecha
El presidente francés nombra primer ministro al veterano centrista François Bayrou después de que este último le amenazara con retirar su partido de la coalición presidencial.
Oriente Próximo
Oriente próximo La diáspora kurda ante la caída de Bashar al-Assad
Siria enfrenta el fin de un régimen que durante décadas pareció inquebrantable. Desde la diáspora, la esperanza contenida de quien ha vivido demasiadas traiciones y promesas incumplidas.
Análisis
Análisis Rojava en peligro
Las intenciones de Turquía en Siria ponen en peligro no solo la Administración Democrática Autónoma del Norte y Este de Siria (AADNES) sino también la convivencia del resto de minorías presentes en el país.
Amazonía
Caso Chevron Pablo Fajardo: “Sacrificaron la Amazonía y la vida de la gente por racismo y por la ganancia económica”
El activista y abogado Pablo Fajardo fue elegido hace casi 20 años por la Unión de Afectados por Texaco para el juicio más importante contra la petrolera Chevron. Dos décadas después sigue luchando por la justicia ambiental y social en Ecuador.
Especulación inmobiliaria
Especulación en Madrid Las vecinas de Tribulete, 7 denuncian la especulación de Élix Rental Housing con una acción musical “fúnebre”
30 inquilinas de este bloque resisten en sus hogares pese a que este fondo buitre ya ha adquirido la totalidad del edificio para convertir los pisos en apartamentos turísticos. Este sábado, han vuelto denunciar el proceso de gentrificación del barrio
Que no te cuenten películas
Comunidad El Salto Suscríbete a El Salto y llévate seis meses de regalo a Filmin
Estas navidades, haz posible que El Salto llegue más lejos con sus contenidos críticos y llévate de regalo medio año de Filmin. Y si ya tienes Filmin, suscríbete a El Salto y regala el acceso a esta plataforma a quien quieras.
Ley de Seguridad Ciudadana
Congreso de los diputados Reforma de la Ley Mordaza: ¿esta vez sí se puede?
Una de las mayores deudas de toda la izquierda del Estado español parece que está a punto de saldarse.
La vida y ya
La vida y ya Ya no sé quién vive en el primero
El barrio se ha transformado tanto que pueden pasar semanas sin ver por la calle una sola cara conocida porque los vecinos han sido sustituidos por turistas.

Últimas

Derecho a la vivienda
Vivienda El Sindicato de Vivienda de Euskal Herria propone la “expropiación de pisos turísticos”
Ponen en el punto de mira los intereses del sector inmobiliario y tachan de “falsas” a todas las medidas propuestas por los partidos políticos como la Ley de Vivienda.
Análisis
Análisis El independentismo se reorganiza, pero ¿sigue siendo independentista?
Los partidos independentistas han sufrido la crisis del procés y el posprocés, y todavía no la han resuelto, sino, a lo sumo, la han aplazado. El PSC aparece como el ganador de una carrera con corredores agotados.
Opinión
Tribuna Todas las razones para decir ‘Altri non’
Aquí van unos cuantos motivos para juntarnos este domingo en Compostela y dejar clara nuestra postura frente a un expolio que nos están tratando de imponer disfrazado de progreso, pero que sólo trae beneficio económico a unos cuantos indeseables.
Opinión
Opinión La oportunista invasión israelí de Siria
Desde la caída de Bashar al-Assad, Israel ha llevado a cabo una invasión de Siria sin provocación previa y con el apoyo de Estados Unidos. Los objetivos son claros.
Más noticias
Relato
Relato Descubrirse las manos
Descubres tus manos: el palmar y el dorso, la posibilidad futura de la pinza atrapacosas, dos miembros que te vinculan al chimpancé y al lémur. Aprendes su mecanismo.

Recomendadas

Literatura
Gustavo Faverón Patriau “Quizá la novela sea ahora mismo más relevante que nunca”
El escritor peruano Gustavo Faverón Patriau quería narrar en su nueva novela la historia de un boxeador que no sabía boxear pero tumbaba a sus rivales recitándoles al oído versos de César Vallejo. ‘Minimosca’ acabó siendo un cuentacuentos inagotable.
Galicia
Memoria histórica Así fue como el Patronato de Protección a la Mujer transformó Galicia en un convento de clausura
Las mujeres que cayeron en las redes del Patronato iniciaron un periplo de encierro, humillaciones, abusos y explotación que es desconocido para la mayor parte de la población. Queda hoy en la impunidad de un silencio que tenemos el deber de romper.
Palestina
Eyad Yousef “No cuentes lo que queremos ser, cuenta lo que nunca hemos dejado de ser: un pueblo que quiere la paz"
Eyad Yousef es profesor en la Universidad de Birzeit, Cisjordania, y comparte su experiencia en una universidad que “representa el pluralismo y la libertad que tanto anhela la sociedad palestina”
Pensamiento
Sarah Jaffe “En realidad tenemos que hacer menos. E impedir que algunas cosas sucedan”
La escritora y periodista Sarah Jaffe aborda el desengaño cotidiano al que nos aboca el mundo laboral e investiga cómo, a pesar de todo, las personas se organizan colectivamente en sus empleos para que “trabajar apeste menos”.