We can't find the internet
Attempting to reconnect
Something went wrong!
Hang in there while we get back on track
Enfermedades
Amelia Paderne: “Interesa dicir que é psicosomática, senón sería recoñecer que nos envelenan”
Amelia Paderne, afectada de Sensibilidade Química Múltiple (SQM),
Amelia Paderne é unha das fundadoras da Asociación de Afectadas pola Sensibilidade Química Múltiple de Galiza. É ademais afectada por esta enfermidade adquirida que se caracteriza por unha perda progresiva de tolerancia a produtos químicos. Os síntomas son múltiples e poden chegar a ser moi severos, afectando ao día a día destas persoas, xa que a única forma eficaz de tratamento é evitar a exposición. Falamos con ela de como é vivir con esta afección, e dos anos de loita para para acabar coa discriminación da que son vítimas.
Como afecta o SQM á vida das afectadas?
A vida dá un xiro de 360 graos. É unha enfermidade que impide o contacto cos químicos, e este tipo de produtos están en todas partes. Tes que ter coidado co que comes, cos deterxentes e xeles que usas... Os hobbies e ocio cambian, deixas de poder ir á tendas, non podes tomar café ou incluso auga se está embotellada en plástico. Isto implica que case toda a nosa vida a teñamos que facer dentro de casa e controlando o que entra, polo que a vida previa á enfermidade desaparece. Chegas até a perder amigos porque non entenden o que che acontece. Hai xente que di: “O que tes que facer é expoñerte para que faga como vacina”. Vacina? Se cada vez que me expoño póñome peor.
Como empezou no teu caso?
Hai xente que a adquire por unha única exposición forte, pero no meu caso foi algo progresivo. O noso sistema inmunitario non funciona igual que o dunha persoa sen este problema, o noso corpo vai acumulando tóxicos até que se satura. E con cada nova exposición é peor. Pero para min o detonante foi a colonia dunha compañeira coa que traballei durante anos. Cando cheiraba a súa colonia poñíame fatal, co estómago revolto, náuseas... que só se aliviaban ao volver a casa e que, se tomaba ibuprofeno, no canto de mellorar poñíame peor. Ao final, cando xa me afectaba máis, sangraba polo nariz e pola gorxa ao tusir, tiña fatiga, febres... E agora son incapaz de usar colonia ou estar preto de alguén que use sen ter síntomas moi fortes. A diferencia é que agora aviso se algo me está a fectando.
“Para nós é fundamental que os médicos coñezan a nosa realidade e saiban como actuar se atopan un caso así nos seus hospitais”Pero din que é psicosomático.
Si. Din que é psicosomático, que temos depresión, pero unha cousa relaciónase coa outra. Non entendes que che pasa, perdes amigos, a túa familia pásao mal... Como non imos ter síntomas psicolóxicos tamén? Ás veces quero que sexa psicolóxico porque así tería solución. Nos momentos no que estiven peor, cheguei incluso a desexar que fose un cancro e que me matase, porque así non estou viva nin morta. Estou pechada na casa porque cando saio póñome fatal. E moitas acabamos padecendo fatiga, fibromialxia... A isto hai que lle engadir que afecta máis ás mulleres —o que aumenta o estigma— e, ademais, non temos médicos propios e a sociedade non nos ampara. Así é normal sentirse triste.
Cres que non interesa advertir desta enfermidade?
Totalmente. Por iso interesa dicir que é psicosomático e non que é un problema cos químicos, xa que iso implicaría recoñecer que nos están envelenando.
En setembro conseguichedes que o Sergas implantase un Protocolo de atención ás persoas con sensibilidade química múltiple.
Si. É unha primeira vitoria. Levounos moito tempo e traballo pero é un inicio moi importante, sobre todo porque nel non se fala de que sexa psicosomático. Buscamos que se recoñeza e que os químicos se controlen nos hospitais como no seu momento prohibiuse o tabaco. Pero, como iso non o podemos conseguir por agora, conformámonos con este protocolo de actuación, xa que para nós é fundamental que os médicos coñezan a nosa realidade e saiban como actuar se atopan un caso así nos seus hospitais.
Relacionadas
Opinión
Tribuna Tódalas razóns para dicir ‘Altri non’
Opinión
Opinión Sobrevivir pagando no Álvaro Cunqueiro
Medio ambiente
Medio ambiente Quen lidera o negocio do eucalipto en Galiza ao que Altri quere sumarse?
Revisade o texto. A vida, se dá un xiro de 360 graos, queda onde estaba.