Economía
O perigoso pensamento único no Parlamento galego

Todos os grupos políticos galegos a prol dunha vía imposible para o noso futuro económico.

Lemmings
Imaxe de r2hox en Wikimedia.

Coordinador do Instituto Resiliencia

29 ene 2020 06:03

A pasada semana o Parlamento de Galicia acordou instar á Xunta a adoptar as medidas necesarias para reorientar o país “cara a unha economía verde, con alto contido tecnolóxico e xeradora de novas fontes de emprego”. O texto partiu do Grupo Común da Esquerda, e foi defendido pola súa representante na Comisión de Economía, Facenda e Orzamento, Julia Torregrosa, mais, tras as modificacións propostas polos outros grupos, contou tamén co apoio de PP, PSOE e BNG (En Marea non estivo presente na votación, mais podemos sospeitar, pola súa defensa do Green New Deal, que non se terían oposto).

A proposta de consenso pretende demandar do goberno galego que se atendan as recomendacións que emitira o Consello Económico e Social (CES) de Galicia como resposta á chamada “desaceleración” económica. A PNL tamén solicita que as medidas que se adopten nesta liña dean pulo a “unha transición ordenada e xusta, que non deixe atrás a ninguén, solicitando ao Goberno de España que asuma esta prioridade” e achegue o financiamento preciso.

Na defensa realizada pola propoñente diante da devandita comisión parlamentar, a arquitecta, docente e autora de BD Torregrosa cualificou a diagnose do CES de “moi acertada” e afirmou que resulta “imprescindible a aceleración da transición cara a unha economía verde, cun alto contido tecnolóxico e creadora de novas fontes de emprego. Un novo modelo de crecemento económico apoiado cada vez máis na economía circular”. Fixo fincapé en que o crecemento económico é preciso para “manter a taxa de emprego” e que se precisa construír un “novo motor económico”, mais sen se deter a explicar cal vai ser a enerxía que mova ese “motor” cunha potencia en constante aumento (xa que pretende seguir a medrar indefinidamente).

Os grupos políticos galegos reclaman unanimemente á Xunta continuar co “crecemento económico” cun texto contraditorio e acrítico coas recomendacións do CES

Ante a crítica, a propoñente do texto lava as mans: “non o inventamos nós”, e remite ao devandito informe do CES, un órgano no que son maioría os representantes do empresariado galego e do sindicalismo industrialista galego, e que apenas conta con tres representantes do mundo académico (os tres, economistas). Se cadra, e inadvertidamente, a representante de Podemos sinalou con ese comentario cal é precisamente o problema: a nosa esquerda renega de “inventar” novas solucións, baseadas na ciencia e na racionalidade —ademais dunha ética de esquerdas que se lles supón, mais que debería estar ampliada a prol da emancipación e da supervivencia, como di Riechmann— e limítase a avalar, sen a máis mínima crítica, o que “inventan” desde a rama da Economía que hoxe determina o pensamento único, e que, lonxe de se poder considerar como ciencia, reúne máis características dunha relixión baseada na fe.

Así, as nosas esquerdas con representación parlamentar non se diferencian do que promove a dereita na cuestión máis básica que ha determinar o noso futuro: a transformación metabólica das nosas sociedades. No noso parlamento escóitase a única voz da ortodoxia suicida da economía do crecemento infinito, cun acompañamento musical de tonalidade máis ou menos verde, segundo quen fale, pero amosando unha sólida harmonía no fundamental. Pola contra, noutros parlamentos da nosa contorna xa hai tempo que se comezaron a escoitar notas disonantes que promoven un troco de melodía: EH-Bildu en Euskadi, a CUP en Cataluña, se cadra tamén Compromís en Valencia.

No Parlamento galego non se atopa disidencia ningunha co pensamento económico hexemónico na cuestión fundamental do noso tempo: a imposibilidade de continuar crecendo

Mais volvamos á nosa sede parlamentar e debullemos os conceptos perigosos incluídos nesta proposición aprobada por unanimidade. Primeiro, buscar “un novo modelo de crecemento” implica teimar nun imposible, sinalado en innumerables ocasións non só polas ciencias duras como a Física, a Ecoloxía, a Xeoloxía e máis modernas como a Dinámica de Sistemas, senón tamén por correntes das ciencias sociais como a Economía Ecolóxica.

Segundo, a “economía verde” é un significante baleiro se non se dota dalgunha interpretación precisa, que mesmo podería cualificar unha economía como a da Galiza preindustrial; porén, coidamos que non é por aí por onde vai o texto aprobado, pois se nos remitimos ao informe do CES no que se apoia, a única mención (sen definición) que fai, é “unha economía verde con alto contido tecnolóxico”, o cal é unha contradición, pois a tecnoloxía realmente existente (e previsible no futuro inmediato) é calquera cousa menos “verde”, se entendemos por tal, “ecolóxica”, non contaminante ou baseada en fluxos de enerxía renovable e materiais 100% reciclados e reciclables. Así que, ou é “verde” ou é “tecnolóxica”, pero as dúas cousas é hoxe por hoxe un imposible, polo menos se falamos de tecnoloxías complexas e non-renovables. E o mesmo cabería dicir da mención á “economía circular”, que, por definición, non pode soster un crecemento económico, pois se non aumenta a enerxía (e polo tanto entra máis do que sae) pérdese a circularidade. “Economía verde” high-tech e “economía circular” son dúas plasmacións máis do perigoso mito do technofix (amaño tecnolóxico) ao camiño sen saída civilizatorio no que estamos.

Decrecimiento
O consumo da economía desmaterializada

A desmaterialización da economía converteuse nun mantra da política moderna que agacha unha gran mentira.

Terceiro, fálase dunha “transición ordenada e xusta” (suponse que enerxética ou ecolóxica, tampouco se concreta), e se nos remitimos ao informe do CES (p. 41 das conclusións da súa Memoria 2018), vemos que se fala nos habituais termos tecnoutópicos pouco coherentes coa realidade biofísica: “A economía dixital, a intelixencia artificial, a transición enerxética ou o a xestión do Big Data son retos ós que deberá enfrontarse a nosa economía produtiva”, obviando que precisamente é o reto dunha transición enerxética realista o que obriga a reconsiderar de plano eses camiños de máis tecnoloxía e, en consecuencia, máis consumo material e enerxético.

Non é o deber da esquerda “inventar” alternativas ao sistema que nos leva á catástrofe?

Cuarto, o vencello implícito entre crecemento e creación de emprego é un clásico da política económica que está sobradamente demostrado para este tipo de sistema económico capitalista. Porén, cómpre preguntarmos: non é deber precisamente da esquerda ollar alén do capitalismo, un sistema de organización socioeconómico que nos leva de cabeza á catástrofe? Non deberían ser elas e eles quen propuxesen outras vías para procurar o pleno emprego, máxime cando a ciencia nos avisa de que non é factible continuar cun crecemento que é conditio sine-qua-non dese sistema? Porque as formacións políticas da esquerda non poden alegar ignorancia: deberían ser conscientes a estas alturas de que non se trata dun ciclo económico, dunha fase de “desaceleración”, senón da ruptura absoluta coa continuidade dun metabolismo civilizatorio en continua expansión, isto é, da fin do crecemento, que por unha banda vén motivada polo esgotamento das enerxías fósiles e a incapacidade das mal chamadas renovables para as substituíren na mesma escala e usos, e pola outra, é requirido para poñer fin ás emisións destruidoras da estabilidade climática (algo que se sabe desde hai tempo, pero que a mentalidade económica dominante non remata de aceptar).

Tristemente, a esquerda presente no noso parlamento, apenas ten traza de ser algo máis ca unha póla socioliberal do pensamento hexemónico dominante, e nin tan sequera podemos esperar dos autodenominados socialistas ou comunistas unha defensa da alternativa ecosocialista que sería precisa para rachar a dependencia do emprego con respecto ao crecemento permanente da economía. E o máis lamentable de todo é que xa non é polo emprego, senón que precisamos a valentía de rachar o pensamento único por unha simple cuestión de supervivencia.

Sobre este blog
O Centro de Saberes para a Sustentabilidade (CSS) é un Regional Centre of Expertise on Education for Sustainable Development recoñecido oficialmente pola Universidade das Nacións Unidas. Ten como misión fundacional “informar, sensibilizar e implicar a comunidade educativa e a sociedade no seu conxunto na promoción da transformación social necesaria para o cumprimento dos Obxectivos de Desenvolvemento Sustentable a través de experiencias cos pés na terra que fomenten a conservación, a sustentabilidade, a protección ambiental e a resiliencia“. O goberno do CSS é horizontal e democrático a través dun Consello Reitor formado por representantes de todos os axentes participantes. Máis información: http://www.saberes.eu
Ver todas las entradas
Informar de un error
Es necesario tener cuenta y acceder a ella para poder hacer envíos. Regístrate. Entra en tu cuenta.

Relacionadas

Sevilla
Cumbre de la ONU en Sevilla Cumbre de la ONU en Sevilla: sin EEUU, sin hablar de Palestina y con poca ambición según las ONG
Más de 150 representantes internacionales debatirán en la Cumbre de la ONU hasta el 3 de julio con el objetivo de firmar el Compromiso de Sevilla, un acuerdo “hipócrita y poco ambicioso”, según las organizaciones sociales
Consumo
Consumo Consumo restringirá la “publicidad del miedo” y sus mensajes manipuladores
Bustinduy pretende vetar los anuncios y comunicaciones que “explotan emociones como la ansiedad y el miedo” en la próxima Ley de Consumo Sostenible
Sobre este blog
O Centro de Saberes para a Sustentabilidade (CSS) é un Regional Centre of Expertise on Education for Sustainable Development recoñecido oficialmente pola Universidade das Nacións Unidas. Ten como misión fundacional “informar, sensibilizar e implicar a comunidade educativa e a sociedade no seu conxunto na promoción da transformación social necesaria para o cumprimento dos Obxectivos de Desenvolvemento Sustentable a través de experiencias cos pés na terra que fomenten a conservación, a sustentabilidade, a protección ambiental e a resiliencia“. O goberno do CSS é horizontal e democrático a través dun Consello Reitor formado por representantes de todos os axentes participantes. Máis información: http://www.saberes.eu
Ver todas las entradas
Corrupción
Corrupción El juez decreta prisión provisional sin fianza para Santos Cerdán
El juez acepta la propuesta del fiscal y decreta cárcel contra el ex secretario de organización socialista por integración en organización criminal, cohecho y tráfico de influencias.
València
València La Audiencia de Valencia confirma la imputación a Argüeso en el juicio de la dana
La Sección Segunda de la Audiencia Provincial concluye que la resolución de la instructora “no es irrazonable ni arbitraria”, ratificando la imputación del ex secretario autonómico de Emergencias.
Barcelona
Derecho a la vivienda Amenazas de violencia extrema y una paliza a los habitantes de un bloque okupado de Barcelona
El Salto accede a las llamadas y mensajes de audio amenazadores que un grupo de desokupa envía al vecindario del bloque Llenguadoc, donde confirma cumplir con el mandato del propietario del edificio.

Últimas

Palestina
Tribuna Tres o cuatro días sin comer en Gaza
El drama de no poder dar suficiente comida a tus hijos es inmenso, sobre todo cuando sabes que a pocos kilómetros hay camiones llenos de ayuda. Parados. Bloqueados.
Gobierno de coalición
Gobierno de coalición La fuga de más diputados de Sumar, en manos de Sánchez
Más representantes de las confluencias aguardan a la comparecencia del presidente del Gobierno del 9 de julio como la última señal para no saltar al grupo Mixto.
Más noticias
Medio ambiente
Tribuna Mapa de los conflictos del agua: una herramienta para la defensa de los ríos, acuíferos y humedales
A pesar del grado y extensión del daño que sufren los ríos, acuíferos y humedales, las administraciones públicas no están tomando las medidas necesarias para frenar el deterioro y responsabilizar a las entidades que lo causan.

Recomendadas

Economía social y solidaria
Historia Lo que Franco arrebató al cooperativismo y a la economía social y solidaria
La dictadura franquista combatió de forma cruel el movimiento cooperativo fraguado en la II República, y durante la propia guerra con las denominadas colectividades, y pervirtió la idea de autogestión a través de los ideales falangistas.
Río Arriba
Río Arriba Yayo Herrero: “El holocausto nazi no es una excepcionalidad en la historia de Europa, es un modus operandi”
Nueva entrevista de Río Arriba en formato podcast y vídeo en el que hablamos de ecofeminismo, transiciones ecosociales justas, decrecimiento, colapso, poner la vida en el centro y mucho más.
En el margen
Cécile C. Eveng “Perdemos amigues y es una pena porque las personas LGTBIQ pueden ayudar a desarrollar África”
La filóloga camerunesa reside actualmente en España y estudia un doctorado en migraciones, cuerpos, negrofobia y vulnerabilidad de personas. Investigar sobre identidades disidentes en su país le ha traído críticas, hasta desde la propia academia.