Medio rural
Machismo no rural: a viuvez

Para algunhas mulleres, a fin do matrimonio non sempre supuxo liberarse do seu opresor. Aínda ficaba a man opresora de toda a comunidade que a controlaba con punitivismo.
9 oct 2021 09:14

Que eu saiba, xa non ocorre máis. Pero ocorría a miúdo hai menos de cincuenta anos. Aínda hai moita xente que se lembra ben do que acontecía, diso ao que lle chamaban: as cornetadas. Non é que sexa algo descoñecido no concello, mais tampouco é algo do que se adoite falar. Permanece detrás das palabras que se din fronte á igrexa logo da misa; está presente como unha pantasma do pasado común das aldeas. É como se fose un segredo resgardado por toda unha comunidade sorprendida do que pode ser capaz de facer en colectivo.

Vixiar e castigar

Cae a noite na aldea de Queimadelos. Non hai ninguén que estea a pasear polos camiños. As hortas están todas regadas, os animais meditan nos cortellos. A luz da lúa fúndese no chan coa luz que aínda atravesa as fiestras. Non se escoita nada excepto o eventual ladrido dun can ou o canto dun moucho.

Para Isabel esta noite é como calquera outra. Está a quentar a carne que sobrou do xantar do mediodía no forno mentres frite unhas patacas na tixola. O son que fai o aceite ao brincar e a concentración que aplica ao seu traballo fan que Isabel se ille no seus pensamentos. Na outra habitación, un home espera a cea mentres mira a televisión. É por iso que ningún dos dous se decatou do silencio tan particular que acaba de envolver á casa até que prestos como a explosión dunha burbulla os berros de fóra comezan a invadir a casa.

Hoxe denominaríamos as cornetadas como unha sorte de escrache, na acepción do termo que fai referencia á acción intimidatoria que realizan as e os cidadáns contra personaxes do ámbito público. A única diferenza é que as cornetadas estaban dirixidas a un membro da comunidade particular: as viúvas que volvían a involucrarse afectivamente cunha parella.

A xente da aldea puña en práctica as súas altas competencias en termos de organización. Primeiro acordaban unha data. A hora podía variar, mais era estritamente necesario facelo nas horas máis escuras da noite. Do resto, quizabes intercambiaban algunhas ideas sobre que dicir ou que facer, mais coido que non facía tanta falta: sabíase ben que facer, como proceder. Chegado o momento, a veciñanza reuníase toda en silencio diante da casa daquela “mala muller” que esquecera gardarlle respecto ao seu defunto marido. Xa fóra da vivenda, alumeando como podían (eu aquí penso en fachos, mais non son capaz de lembrar se foi o que me contaron ou se é xa produto da miña imaxinación), comezaban a berrar os nomes da nova parella. Recitábanse versos nos que a comunidade expresaba o seu rexeitamento á unión da nova parella e, sobre todo, á reprobable forma na que a muller levaba a súa vida.

Os versos non eran nada comedidos. Mesmo había unha especie de dramatización na que un veciño berraba como se fose o espírito do defunto marido que regresaba á terra para ver a súa muller vivindo feliz con outro home na casa que, en vida, era a súa. Os versos adoitaban acusar a muller de vivir a coa a pensión e o capital do home, de ser unha “calquera”.

Este sinalamento público é a outra parte da política da comunidade, pois non deixa de ser un xeito de regular a moral, de estipular as regras de comportamento. Era unha medida punitiva para controlar a liberdade e o desexo feminino. Así, a condición de subalternidade das mulleres ao vivir baixo as regras do patriarca, que nas primeiras etapas da vida referenciaba o pai ou os irmás maiores e logo pasaba a ser responsabilidade do marido, non terminaban ao ficar viúvas. A aldea  convertíase no ente que seguía regulando a súa vida.

***

Polo menos en occidente, o loito é un proceso cultural bastante determinado polo xénero. As normas establecidas sobre o ritual de perda dun conxugue son moito máis estritas para ás mulleres e eu supoño que é pola representación política e social que tiñan os homes dentro das comunidades heteropatriarcais. A modificación total da imaxe, que é a carta de presentación da identidade no sector público, é algo que só está dirixido ás mulleres a través de vestir o loito durante tres ou catro anos e, nalgúns casos, polo resto da vida. O loito dos homes, unha tradición bastante esquecida xa, era moito menos rigoroso. Adoitaba ser expresado materialmente a través dun brazalete negro cosido nos ombreiros das prendas que se utilizaban os domingos ou os días festivos. Tamén había quen usaba un triángulo de pano negro nunha solapa ou un botón negro nos seus sacos.

Como toda tradición, a expresión da dor pola perda dun ser querido continúa a mudar. Isto é facilmente recoñecible nas comunidades rurais. Son as viúvas de máis de oitenta anos quen visten o loito perpetuo. A diferenza das seguintes xeracións, quen o gardaron por algúns anos, mais logo, animadas polas súas fillas ou por iniciativa propia, volveron a vestir de cor.

Nun principio, parecería indicar unha mudanza xeral na sociedade e na exixencia que ten sobre o comportamento das mulleres. Con todo, as veces pregúntome: que tanto pode aínda calar na subxectividade o pasado fresco dunha moral que domou os corpos femininos a través do punitivismo? Que prevalece nas prácticas cotiás, que tanto determina ás mulleres hoxe?

Vixiar e murmurar

Luz Divina ten arredor de 75 anos. Viviu toda a súa mocidade na aldea até que casou á distancia e logo viaxou a Suíza para reunirse co seu marido. O dano que lle facía ós pulmóns do seu fillo as baixas temperaturas do inverno daquel país, foi a razón pola que, logo de case dez anos, volveron á Galiza. Non pasou moito tempo até que, debido a un tráxico accidente na estrada, o marido de Luz faleceu. Ela daquela tiña 35 anos. Vestiu o loito até os 60.

A morte do seu compañeiro significou tamén a súa saída do mundo laboral remunerado. Pechou o bar que mantiña co seu home e, coa pensión de viuvez, asentouse na súa casa na aldea. Daquela, o seu fillo hai pouco que se emancipara, polo que hai máis de dez anos que vive nesa gran casa con capacidade para até sete persoas completamente soa.

Polo que que me conta ela, a súa contiandade era bastante similar á das súas veciñas. Pasaba os días coidando dos cultivos e dos animais que adquirira: cinco ovellas, dez galiñas e un porco. Mais foi até o ano pasado, que se fixo de valor e vendeu todos os seus animais e comezou a sementar só o necesario. Falo de “valor” porque estou certa de que ela ben sabía o que viría despois: os murmurios nas súas costas cada que saía da súa casa para tomar un paseo cotián.

Luz é unha muller da que se fala moito na aldea. Cando levaba pouco tempo vivindo aquí, eu pensaba que se debía ao seu carácter, mais co tempo funme dando de conta que, en realidade, tiña que ver con como ela decidía administrar o seu tempo. É dicir: levantarse cedo para limpar a casa, dedicar as tardes ao seu ocio e deitarse cedo para mirar a televisión até adormecer.

Os reclamos que lle fai á veciñanza as veces son directos e agresivos. Parecese que a xente non soporta que non estea a traballar, que non teña que coidar de ninguén. A xente insiste de forma implícita que debería volver a ter animais,  volver a sementar en grandes cantidades, de facer algo produtivo, pois nin a idade nin unha leve enfermidade son sempre motivos suficientes para abandonar o traballo.

Miro a Luz agora e pregúntome se isto non foi o que quixo facer desde hai anos e non puido facelo antes pola presión social que presentía. Penso que tanto ese rol, ese “deber” estar da boa muller influíu na súa decisión de non procurar compañía sentimental e ficar nunha casa soa da que, agora, en canto esperta, fuxe cara á cidade na procura do sorriso do seu fillo, cara á casa da veciña na procura dunha tarde de conversa, cara á rúa na procura de contacto, de liberdade, de romper as cadeas que lle foron impostas na aldea.

Mais, como tantas outras cousas das que escribo, as razóns de Luz quedan ao nivel da suposición, de ideas e teorías imposibles de confirmar. Pero cando a vexo saír con ímpeto da súa casa pola mañá, cousa que antes non era posible, vexo como con cada paso pisa con forza os anos que ficou soa entre catro paredes. Vexo como se afasta das súas lembranzas e da aquelas cornetadas que perseguiron as mulleres que tentaron seguir adiante coa súa vida a pesar de todo. Vela tomar o bus é ser testemuñas da máis cotián e sutil rebeldía.

Sobre este blog
Espazo literario adicado a difundir a idea de que outros estilos de vida son posibles. Un repertorio que busca dignificar as experiencias e os coñecementos que existen nas zonas rurais a través da observación, reflexión e narración da vida social e cultural dunha aldea galega.
Ver todas las entradas
Informar de un error
Es necesario tener cuenta y acceder a ella para poder hacer envíos. Regístrate. Entra en tu cuenta.

Relacionadas

Entrevista La Poderío
Entrevista La Poderío “Desde fuera se romantiza la maternidad, y aunque es bonita, siempre hay millones de dudas”
Escuchar a Rita Payés (Vilassar de Mar, 1999) es verdad, belleza, elegancia y emoción; un culto a la música que trasciende a la herencia o a la tradición. La música de Rita es disfrute y amor sincero hacia el cuarto arte. Un regalo.
El Salto Radio
El Salto Radio ¡Viva el mal!
Proyecto UNA, presentan “La viralidad del mal. Quién ha roto internet, a quién beneficia y cómo vamos a arreglarlo” en Señales de Humo.
Música
Madame Birrots “Emakumeok ez dugu izan beharrik super onak musika sortzeko"
Baztango taldea emakumez bakarrik eta euskaraz osatuta dago, eta gizonek ez dituzten agertokietan eskakizun bat dagoela dio. Landa eremutik eta ikuspegi feministatik mintzo dira.
Sobre este blog
Espazo literario adicado a difundir a idea de que outros estilos de vida son posibles. Un repertorio que busca dignificar as experiencias e os coñecementos que existen nas zonas rurais a través da observación, reflexión e narración da vida social e cultural dunha aldea galega.
Ver todas las entradas
Siria
Oriente Próximo Israel impone hechos consumados sobre Siria para condicionar la transición según sus intereses
“Está escrito que el futuro de Jerusalén es expandirse hasta Damasco”, dijo este octubre el ministro de Finanzas israelí, Bezalel Smotrich, uno de los exponentes ultras del Ejecutivo.
Ocupación israelí
Ocupación israelí Un tercio de los asesinatos de periodistas en 2024 fueron obra del ejército de Israel
Reporteros Sin Fronteras documenta la muerte de 18 periodistas en Palestina y Líbano este año “asesinados deliberadamente por hacer su trabajo” y habla de una “masacre sin precedentes” de profesionales del periodismo.
Galicia
Galicia Activistas de Greenpeace instalan ‘una celulosa’ en la sede de la Xunta en protesta contra Altri
Los ecologistas han realizado una acción en la sede del Gobierno gallego de Alfonso Rueda para animar a gallegos y gallegas a asistir a la manifestación de este domingo en la Praza do Obradoiro, en Santiago de Compostela.
Que no te cuenten películas
Comunidad El Salto Suscríbete a El Salto y llévate seis meses de regalo a Filmin
Estas navidades, haz posible que El Salto llegue más lejos con sus contenidos críticos y llévate de regalo medio año de Filmin. Y si ya tienes Filmin, suscríbete a El Salto y regala el acceso a esta plataforma a quien quieras.
Comunidad de Madrid
Educación pública El Gobierno de Ayuso recula y aplaza hasta junio los despidos masivos en Educación
Integradoras sociales, enfermeras, educadoras, auxiliares y otros perfiles de personal laboral se enfrentaban a la incertidumbre de ser cesados en plenas vacaciones de Navidad.
Comunidad de Madrid
Sanidad Pública Vecindario y trabajadoras se plantan contra la privatización de los servicios en el Doce de Octubre
Denuncian la suspensión de intervenciones quirúrgicas desde que la empresa Croma Gio. Batta gestiona la esterilización del material. Una concentración el próximo sábado 14 de diciembre a las 12 horas se opondrá a esta deriva privatizadora.

Últimas

Opinión
Opinión Lo raro es estar viva
¿De qué sirve agobiarse por ciertas pequeñeces si somos un punto mínimo, una huella desdibujada, un puntito sobre un folio en blanco con un boli bic que casi no pinta?
Ibex 35
Ibex 35 Las retribuciones de los grandes empresarios multiplican por 118 lo que ganan sus trabajadores
Los directores y ejecutivos de Inditex, Banco Santander, Iberdrola, Indra, CIE Automotive y otras empresas del Ibex 35 multiplican por cientos de veces los sueldos medios de sus empleados.
Personas sin hogar
Personas sin hogar El Ayuntamiento de Granada, APDHA y ‘La Calle Mata’ acuerdan un Plan de urgencia para las personas sin hogar
Después del encierro de decenas de activistas en el consistorio y la muerte de dos personas sin hogar en la calle en menos de 24 horas, el Ayuntamiento y las organizaciones civiles acuerdan un Plan de Urgencia para el frío de aplicación inmediata
Memoria histórica
Memoria histórica La parte oculta de las exhumaciones: la recuperación paso a paso del Fossar d’Alzira
Una exhumación va más allá de desenterrar huesos. Se necesita un equipo de expertos y meses de trabajo para identificar las víctimas del franquismo.

Recomendadas

Fronteras
Túnez Túnez endurece la represión contra las ONG de ayuda a las personas migrantes
Mientras el presidente Kaïs Saied se prodiga en discursos racistas, el estado persigue a las entidades solidarias con quienes llegan al país, bajo el silencio cómplice de la Unión Europea.
Galicia
Economía ¿Quién lidera el negocio del eucalipto en Galicia al que Altri quiere sumarse?
El estallido social que ha producido el intento de la multinacional Altri y la Xunta de instalar una nueva celulosa en Galicia abre la necesidad de poner el foco en el sector forestal, donde se encuentran algunas de las mayores fortunas del Estado.
Siria
Rojava El rompecabezas sirio que estalló en Alepo
El nuevo escenario sirio se ha gestado bajo la intervención implacable de Turquía, patrocinadora del Ejercito Nacional Sirio y otros grupos yihadistas que libran la guerra de Erdogan contra el pueblo kurdo.
Cine
Ramón Lluis Bande “Asturies tiene sin construir el relato de su tiempo revolucionario”
El cineasta Ramón Lluis Bande entiende la memoria histórica como un “camino de exploración formal infinito” y de reflexión sobre el propio lenguaje cinematográfico “en relación con la realidad, la historia, el arte y la política”.