We can't find the internet
Attempting to reconnect
Something went wrong!
Hang in there while we get back on track
Decrecimiento
Triaxe e decrecemento
O concepto médico de triaxe pódese aplicar ao colapso civilizatorio para salvar o que debe ser salvado.
Un dos conceptos médicos que está a popularizar a actual pandemia de COVID-19 é o de triaxe. Procedente da medicina militar, este termo francés (selección, ordenación) comezou a usarse para describir a acción dos sanitarios desprazados tras unha batalla ao campo de combate para atender os feridos. Ante a imposibilidade habitual de atendelos a todos, cumpría dedicar os recursos (persoal, medicamentos, tempo de atención) a aquelas persoas con máis probabilidades de seren salvadas. Agora vémola aplicada fóra do campo militar, á atención aos doentes de COVID-19, pois en certos momentos e lugares non se pode salvar a todos cos medios dispoñibles. E iso está a dar unha tráxica lección acerca deste concepto ao conxunto da poboación mundial.
Coronavirus
O debate ecosocial a raíz da pandemia
A situación derivada da pandemia está a reactivar o debate entre esquerda e ecoloxismo.
No contexto do debate ecosocial ao redor da pandemia, o activista e autor ecosocial Luis González Reyes, acaba de publicar un notable artigo no que amplía a cuestión da triaxe aplicándoa á situación de colapso civilizatorio na que estamos inmersos, e onde a vincula coas opcións políticas que se abren ante nós para o Día Despois, e que basicamente consisten en tentar retomar dunha maneira ou doutra o crecemento económico, ou ben dalo por inviable e xestionar un decrecemento que “non é desexable” para a maioría social pero que é a “opción menos mala” que temos aínda ao noso alcance.
Coronavirus
La época de los triajes
El triaje en los hospitales por la pandemia de covid-19 —la elección de qué paciente hay que salvar— es una buena analogía del tiempo histórico que vivimos. Estamos en una época marcada por el triaje, por la elección de las opciones menos malas, pues las buenas ya son imposibles.
O ‘Día Despois’ cumprirá decidir entre opcións malas e menos malas
Non é a primeira voz en aplicar o concepto de triaxe aos escenarios sociopolíticos que temos por diante. Podémonos remontar entre nós á Guía para o descenso enerxético (2013) da asociación Véspera de Nada, que mesmo sen explicitar o termo triaxe asume ao longo das súas páxinas a necesidade —ante a falta de recursos suficientes para mantelo todo en andamento— de desbotar partes insustentables da sociedade para salvar aquelas imprescindibles, e fala da necesidade de “institucións [que] poderían salvar o mellor da cultura moderna e das tradicionais de cada pobo nun contexto onde se sabe con certeza que se vai perder información”, perda que cualifica como “inherente a un proceso de colapso” (p. 160). Mais poderiámonos remontar até a época de nacemento da conciencia moderna (e amparada na ciencia) dos límites do crecemento, cun autor como Roberto Vacca (The Coming Dark Age, 1974), quen xa daquela falaba de “salvarmos aquilo da nosa civilización que máis valoramos e para facilitarmos o florecemento dunha cultura que, malia que certamente diferente da actual, poida preservar, cando menos, certos dos seus trazos característicos, a ser posible os mellores”.
Decrecimiento
‘Decrecer para sobrevivir’
O libro de José Alberto Cuesta explica como chegamos até aquí e as dúas principais opcións que se abren ante nós.
No fondo isto non deixa de ser a formulación básica do movemento polo Decremento: deberán decrecer (ou desaparecer, é dicir, deixármolas morrer) aquelas actividades e sectores que non sexan necesarios, para manter —ou mesmo potenciar— aqueles que si que sirvan para satisfacer as necesidades básicas do conxunto da poboación. Iso exclúe a determinación polas elites das prioridades sociais e políticas (e polo tanto é unha opción radicalmente democrática) e inclúe poñer o control social sobre a economía (e polo tanto é unha opción nitidamente de esquerdas, contra o que se chega a afirmar ás veces desde a esquerda industrialista).
González Reyes sinala con acerto a fenda que a actual pandemia acaba de abrir no muro que determina os límites do politicamente viable: “o problema principal que se atribúe á proposta decrecentista non é o económico, senón o sociolóxico e político. Argúese que é imposible formulala porque non sería asumida. Esta idea está a perder fundamento tras a pandemia de COVID-19. Nestes momentos priorizouse claramente a vida ante o crecemento económico. Mais non só iso, senón que se elaborou unha definición de cales son os servizos esenciais. Unha definición que coincide bastante cos elementos básicos para ter unha existencia digna: alimentación, sanidade, xestión de residuos, coidados a persoas dependentes, etc. —non entro nos que teñen que ver coa seguridade, que son máis complexos de analizar—. Estes servizos esenciais encaixan coa tríade decrecemento-localización-primarización da economía. E todo isto produciuse cun alto nivel de consenso social. O que semellaba imposible, de súpeto, en poucas semanas, converteuse nunha realidade asumida.”
A pandemia demostrou que se pode priorizar politicamente aquilo esencial para a vida por riba de todo o demais: a fórmula básica do Decrecemento
O que se está a identificar desde o ámbito decrecentista como máis urxente á hora de planificar a nova economía post-COVID-19 (ou a nova economía que deba convivir coa COVI-19 e coas vindeiras pandemias e crises temporais ou permanentes) é precisamente evitar que se malgasten esforzos e recursos (materiais, enerxéticos, económicos, humanos) en tentar reflotar sectores e prácticas que xa eran claramente inviables, ou cando menos dunha dimensión hipertrofiada para tempos de escaseza de recursos e de exceso de polución climatolítica: turismo masivo de longa distancia, aviación comercial, industria do automóbil, transporte mundializado de mercadorías, industrias electrointensivas, combustibles fósiles, deslocalización e concentración de industrias, etc. Así pois, debemos deixalas caer, deixalas morrer, evitar que se recuperen dos efectos da pandemia? A consecuencia máis obvia e inmediata desta decisión sería unha destrución masiva de emprego, e de aí que sindicatos e partidos políticos a esquerda e dereita insistan en “rescatar” empresas, abaratar (artificialmente) prezos dos recursos, eximir de impostos e outorgar todo tipo de inxeccións económicas e axudas fiscais ou legais para as entidades privadas que actúan neses sectores.
Decrecimiento
As preguntas que ninguén fai
O consenso político a prol do mantemento destas industrias agacha un debate fundamental acerca da súa sostibilidade.
Como ben ten sinalado o prestixioso economista valenciano Vicent Cucarella, o Estado pode e debe axudar ás persoas, pero non ten por que facelo coas empresas, se estas non teñen lugar nun futuro sustentable. Isto é, deixar caer as actividades prescindibles (ou directamente nocivas) e esas máquinas de xerar lucros privados chamadas empresas asociadas a elas, ao tempo que se rescatan as persoas cuxo medio de vida viñera dependendo até o de agora deste tipo de actividades destruidoras e insustentables. As vías posibles para isto son múltiples e conviña debater socialmente desde xa mesmo como e cales botar a andar: subsidios de desemprego, rendas básicas, traballo garantido de utilidade social, reparto do traballo, reconversión a sectores máis esenciais como o primario, relocalización de persoas traballadoras, reparto da terra e reforma agraria, etc.
En definitiva, a decisión que imos ter ante nós nas décadas por vir consistirá en salvar para o ben da colectividade o mellor que poidamos do que temos agora, ou salvar os privilexios duns poucos caia quen caer ao seu redor. E o resultado ha depender de quen marque os criterios para a inminente triaxe civilizatoria.