Decrecimiento
Por que baixar o IVE á electricidade pode non ser tan boa idea

A nova redución de impostos á enerxía, aprobada polo goberno español, favorece ou prexudica a Transición Enerxética?
Linea MAT Castellon - 2
Tendidos eléctricos. Nerea Altaba

Coordinador do Instituto Resiliencia

29 jun 2022 08:22

O efecto dunha redución xeneralizada de impostos en algo de uso tan masivo por parte de empresas e de veciñanza como é o subministro eléctrico, comporta un obvio alivio dos seus petos. Mais cómpre facer, cando menos, un par de preguntas. En primeiro lugar, é unha medida socialmente xusta? E, por outra banda, ten sentido desde o punto de vista da Transición Enerxética que se supón están a impulsar os nosos gobernos?

Aínda que da primeira cuestión algo se está a falar, a segunda está estrañamente ausente no debate acerca das baixadas de impostos e bonificacións varios que se están a decretar en diversos países nestes últimos meses, forzadas pola inflación, carestía e desabastecementos iniciados tempo antes da invasión rusa da Ucraína, mais agravados desde o inicio desta. Ninguén parece cuestionarse cousas que deberían ser centrais neste asunto: Axuda a abandonar os combustibles fósiles subsidiar a gasolina ou o gasóleo de maneira xeneralizada? Contribúe a descarbonizar a economía poñer un máximo legal ao prezo da bombona de butano? Favorece a transición ás renovables reducir a factura da electricidade con independencia do consumo ou da potencia contratada? Aquí tentaremos botar algo de luz sobre este asunto coa axuda dalgunhas persoas expertas, activistas e políticas.

Desde o punto de vista económico, tense estimado que a última rebaixa anunciada polo goberno de Pedro Sánchez vaille supor ao Estado ingresar uns 100 millóns de euros menos cada mes, que se sumarán á cantidade similar que perdeu cando baixou o IVE do 21 ao 10%. Isto por si só, nun contexto de crise ou mesmo recesión económica, xa semella un hándicap importante. Aínda que, proporcionalmente, esta cantidade represente pouco comparada co total dos ingresos que tivo o Estado español en 2021 (324 mil millóns, algo máis de 220 mil serían vía tributos) é interesante notar que, unha vez axustados os números á inflación, en termos reais, os seus ingresos levan estancados desde 2009, intre que coincide co comezo da crise terminal disparada pola chegada do petróleo cru ao seu teito máximo de extracción mundial.

Favorece a transición ás renovables reducir a factura da electricidade con independencia do consumo ou da potencia contratada?

O efecto deste recorte de ingresos vía rebaixa do IVE, de xeito paradóxico, pode acabar prexudicando á propia sociedade que pretende beneficiar. O Síndic Major de Comptes da Generalitat Valenciana, Vicent Cucarella, ten alertado de que a maior parte da redistribución da renda se consegue pola vía do gasto público: sanidade universal, educación pública e outros servizos sociais. Para facer isto posible, precísase un sector público forte e saneado que garanta estes servizos esenciais, que son os que na práctica equilibran as oportunidades de toda a poboación.  Xa que logo, segundo este recoñecido economista ecolóxico, calquera rebaixa xeral de impostos sen discriminación por renda —ou unha bonificación xeneralizada de carburantes— reduce os ingresos públicos e pon máis difícil que o Estado poida executar posteriormente políticas de axuda selectiva ás persoas e sectores que máis o precisen.

Desde un punto de vista complementario, aduce a responsable de medio ambiente de Izquierda Unida, Eva García Sempere, que este tipo de medidas baseadas na rebaixa de impostos supón unha claudicación na que gobernos supostamente progresistas “mercan” os marcos narrativos da dereita neoliberal, onde todo se soluciona baixando impostos, algo que se asume como sinónimo de “boa xestión”. Ademais, engade que “vai resultar inútil —que as familias pouco alivio van notar—“ e apunta tamén na dirección da discriminación impositiva, determinando un “subministro mínimo vital” exento de tributación e a partir de aí unha forte suba progresiva do tipo de IVE. Aí coincide con outro economista, o profesor da Universitat de València Anastasio Urra, que achega a idea de rebaixar o IVE só a aquelas instalacións de menos de 5,5 kW de potencia contratada, o cal incluiría a maioría das familias e das PEMEs, e mesmo excluír da rebaixa as segundas ou terceiras vivendas. Entregar un bono ás familias polo custo equivalente a ese consumo mínimo, como se fai xa nalgúns países, podería achegarse a esa idea algo máis do que unha rebaixa para calquera consumidor e para calquera consumo, pero ten o problema de que ao final acaba engrosando as contas das eléctricas con diñeiro público e que 300 € de luz hoxe poden non chegar a nada dentro dun ano, coa previsible volatilidade á alza inherente ao declive enerxético unido a un contexto de conflito bélico e comercial.

Mais, no caso da rebaixa do IVE na electricidade, existe aínda unha consecuencia negativa adicional que afecta precisamente ás pequenas comercializadoras, como é o caso das cooperativas de enerxía renovable (Nosa Enerxía, Goiener, Som, La Corriente, etc.). Eva García sinala que, xa na anterior rebaixa do IVE, non se tivera en conta como lles afecta, apertando a súa tesouraría ao lles facturaren as distribuidoras peaxes e outros cargos cun IVE do 21% que eles deben repercutir á clientela a tipos menores. Isto viríase sumar ás garantías adicionais que o mecanismo de axuste do gas as obrigou a cubrir, poñéndoas en perigo de desaparecer ou de ser absorbidas polas grandes eléctricas. Así pois, rebaixar o IVE pode ter o efecto colateral non desexado de concentrar aínda máis o mercado, e torpedear un modelo moito máis acaído ás renovables como son as cooperativas territoriais.

Calquera rebaixa xeral de impostos sen discriminación por renda —ou unha bonificación xeneralizada de carburantes— pon máis difícil que o Estado poida executar posteriormente políticas de axuda selectiva.

Tamén existe o perigo —xa constatado no caso da bonificación do combustible nalgunhas gasolineiras, que se repite sistematicamente en todo o mundo en situacións similares— de que esa rebaixa permita engordar as facturas a determinadas empresas subministradoras e, polo tanto, parte deses 100 millóns mensuais acaben aumentando as contas de resultados das eléctricas no canto das arcas do Estado. E, tendo de fondo a crise enerxética terminal, se cadra o argumento máis silenciado sexa que, rebaixando o custo da enerxía, non se favorece que se reduza o seu consumo, senón todo o contrario: que se consuma máis porque resulta máis barato.

Dentro das políticas fiscais propostas por diversos expertos na Transición Enerxética, a norma é utilizar os impostos e as bonificacións fiscais para disuadir do consumo de enerxías fósiles e para favorecer, en xeral, o aforro e a eficiencia no consumo eléctrico, tendo en conta que España aínda apenas é quen de producir mediante renovables a metade do total que consume en forma eléctrica. Así, por exemplo, a Guía para o descenso enerxético apuntaba en 2013 a que “por medio dos impostos, os Estados teñen certa marxe para reducir ou aumentar a factura petroleira a unhas ou outras persoas, para favorecer uns usos ou outros”.

Á vista deste panorama, debemos concluír que toda baixada de impostos no consumo enerxético é negativa? Ou, dito doutro xeito, non se pode deseñar un sistema impositivo para a enerxía que combine mellor a sustentabilidade e a xustiza social? Que diferencie consumos e tamén consumidores? Se cadra un dos mellores e máis temperáns exemplos de como facer unha mala política fiscal para a Transición Enerxética foron as medidas impostas en Francia en 2018 e que dispararon a revolta dos chaleques amarelos. Se é preciso encarecer fiscalmente ou dificultar o uso de determinadas formas de enerxía desde o Estado, isto debe facerse ofrecendo alternativas máis sustentables á veciñanza e ás empresas, especialmente a aquelas que teñen máis dificultades económicas. E, idealmente, animando a realizaren as mudanzas de hábitos de consumo e sistemas de produción que deben ser consubstanciais a unhas novas sociedades posfósiles.

Se é preciso encarecer fiscalmente ou dificultar o uso de determinadas formas de enerxía desde o Estado, isto debe facerse ofrecendo alternativas máis sustentables.

Un exemplo se cadra tamén imperfecto, pero que semella ter máis sentido —social e ecolóxico— có español, é o caso portugués. Os nosos veciños do Sur teñen tres tipos de IVE para a electricidade, en función da potencia contratada: até 3,45 kW pagan o 6%, entre esa potencia e os 6,9 kW o 13% (mais só os primeiros 100 kWh, ou 150 kWh para as familias numerosas), e a partir de aí o 23%. En España o 70% da poboación estaría por baixo dos 6,9, sendo 4 kW a potencia media. O modelo portugués, xa que logo, discrimina para rebaixar máis a quen menos consome, considerando dalgunha maneira que por riba de certa potencia o consumo xa é un luxo ou que se destina a un negocio lucrativo privado e, polo tanto, cómpre aplicarlle un tipo xeral de IVE.

Isto iría na liña do proposto por Xoán Doldán en 2017, no Parlamento Galego, que apostaba por poñer prezos básicos ao consumo básico imprescindible, e por penalizar os excesivos ou superfluos, algo moi diferente da rebaixa indiscriminada aprobada en España. Porén, as rebaixas do IVE por tramos en Portugal tamén teñen moito que mellorar, pois se aplican aos termos fixos da factura —ao que se paga pola potencia contratada— e non ao consumo efectivo, polo que os consumidores portugueses teñen reclamado que se faga extensiva á parte variable das facturas.

No noso país, o BNG vén reclamado unha rebaixa xeneralizada, considerando que “a luz é un ben esencial”, sen diferenciar niveis de consumo, algo que semella inescusable para poder abordar unha importante redución no consumo que nos sitúe dentro do que podemos fornecer exclusivamente con renovables. No pasado, está formación tamén se ten sumado ás que se colocan a prol dunha tarifa eléctrica subsidiada polo Estado para as grandes empresas máis consumidoras de electricidade. Semella, polo tanto, que non teñen a baixada do consumo enerxético dentro dos seus obxectivos, nin adoitan poñer o criterio da orixe fósil, nuclear ou renovable da electricidade enriba da mesa cando consideran a idoneidade deste tipo de subsidios. Do que si falan os nacionalistas, así coma os progresistas españois á esquerda do PSOE, é de que a política fiscal sobre a enerxía é insuficiente e cómpre nacionalizar o sector ou cando menos recuperar as empresas eléctricas estatais.

Algúns partidos semella que non teñen a baixada do consumo enerxético dentro dos obxectivos, nin poñen o criterio da orixe da electricidade enriba da mesa.

Porén, o máis grave é que algúns gobernos están botando pola borda medidas que semellaban axeitadas. Un exemplo é a eliminación do imposto que o goberno alemán cobraba nas facturas da luz, e co que levaba máis de 20 anos financiando a extensión das chamadas renovables; ou a aprobación doutras medidas directamente suicidas coma aumentar a queima de carbónen varios países (e de todo o que arda), desfacendo calquera mínima coherencia que houbera até o momento no suposto compromiso europeo coa descarbonización da economía. Algo que parece agora totalmente finxido ou cando menos absolutamente feble e superficial.

En definitiva, este tipo de incoherentes medidas de fiscalidade enerxética son unha constatación máis de que isto que chaman “Transición Enerxética”, e na que nos teñen embarcados os nosos gobernos, é unha viaxe sen rumbo. Ou que, de ter algún, está trazado sobre cartas de navegación completamente trabucadas.

Sobre este blog
O Centro de Saberes para a Sustentabilidade (CSS) é un Regional Centre of Expertise on Education for Sustainable Development recoñecido oficialmente pola Universidade das Nacións Unidas. Ten como misión fundacional “informar, sensibilizar e implicar a comunidade educativa e a sociedade no seu conxunto na promoción da transformación social necesaria para o cumprimento dos Obxectivos de Desenvolvemento Sustentable a través de experiencias cos pés na terra que fomenten a conservación, a sustentabilidade, a protección ambiental e a resiliencia“. O goberno do CSS é horizontal e democrático a través dun Consello Reitor formado por representantes de todos os axentes participantes. Máis información: http://www.saberes.eu
Ver todas las entradas
Informar de un error
Es necesario tener cuenta y acceder a ella para poder hacer envíos. Regístrate. Entra en tu cuenta.

Relacionadas

Decrecimiento
Saber Sustentar 'A Substancia': unha lectura decrecentista
'The Substance', de Coralie Fargeat, unha das películas merecidamente de moda, ten entre outras moitas unha lectura moi necesaria a prol da solidariedade interxeracional como única ferramenta para a supervivencia da nosa especie.
Sobre este blog
O Centro de Saberes para a Sustentabilidade (CSS) é un Regional Centre of Expertise on Education for Sustainable Development recoñecido oficialmente pola Universidade das Nacións Unidas. Ten como misión fundacional “informar, sensibilizar e implicar a comunidade educativa e a sociedade no seu conxunto na promoción da transformación social necesaria para o cumprimento dos Obxectivos de Desenvolvemento Sustentable a través de experiencias cos pés na terra que fomenten a conservación, a sustentabilidade, a protección ambiental e a resiliencia“. O goberno do CSS é horizontal e democrático a través dun Consello Reitor formado por representantes de todos os axentes participantes. Máis información: http://www.saberes.eu
Ver todas las entradas
Siria
Oriente Próximo Israel impone hechos consumados sobre Siria para condicionar la transición según sus intereses
“Está escrito que el futuro de Jerusalén es expandirse hasta Damasco”, dijo este octubre el ministro de Finanzas israelí, Bezalel Smotrich, uno de los exponentes ultras del Ejecutivo.
Ocupación israelí
Ocupación israelí Un tercio de los asesinatos de periodistas en 2024 fueron obra del ejército de Israel
Reporteros Sin Fronteras documenta la muerte de 18 periodistas en Palestina y Líbano este año “asesinados deliberadamente por hacer su trabajo” y habla de una “masacre sin precedentes” de profesionales del periodismo.
Galicia
Galicia Activistas de Greenpeace instalan ‘una celulosa’ en la sede de la Xunta en protesta contra Altri
Los ecologistas han realizado una acción en la sede del Gobierno gallego de Alfonso Rueda para animar a gallegos y gallegas a asistir a la manifestación de este domingo en la Praza do Obradoiro, en Santiago de Compostela.
Que no te cuenten películas
Comunidad El Salto Suscríbete a El Salto y llévate seis meses de regalo a Filmin
Estas navidades, haz posible que El Salto llegue más lejos con sus contenidos críticos y llévate de regalo medio año de Filmin. Y si ya tienes Filmin, suscríbete a El Salto y regala el acceso a esta plataforma a quien quieras.
Comunidad de Madrid
Educación pública El Gobierno de Ayuso recula y aplaza hasta junio los despidos masivos en Educación
Integradoras sociales, enfermeras, educadoras, auxiliares y otros perfiles de personal laboral se enfrentaban a la incertidumbre de ser cesados en plenas vacaciones de Navidad.
Comunidad de Madrid
Sanidad Pública Vecindario y trabajadoras se plantan contra la privatización de los servicios en el Doce de Octubre
Denuncian la suspensión de intervenciones quirúrgicas desde que la empresa Croma Gio. Batta gestiona la esterilización del material. Una concentración el próximo sábado 14 de diciembre a las 12 horas se opondrá a esta deriva privatizadora.

Últimas

Opinión
Opinión Lo raro es estar viva
¿De qué sirve agobiarse por ciertas pequeñeces si somos un punto mínimo, una huella desdibujada, un puntito sobre un folio en blanco con un boli bic que casi no pinta?
Ibex 35
Ibex 35 Las retribuciones de los grandes empresarios multiplican por 118 lo que ganan sus trabajadores
Los directores y ejecutivos de Inditex, Banco Santander, Iberdrola, Indra, CIE Automotive y otras empresas del Ibex 35 multiplican por cientos de veces los sueldos medios de sus empleados.
Personas sin hogar
Personas sin hogar El Ayuntamiento de Granada, APDHA y ‘La Calle Mata’ acuerdan un Plan de urgencia para las personas sin hogar
Después del encierro de decenas de activistas en el consistorio y la muerte de dos personas sin hogar en la calle en menos de 24 horas, el Ayuntamiento y las organizaciones civiles acuerdan un Plan de Urgencia para el frío de aplicación inmediata
Memoria histórica
Memoria histórica La parte oculta de las exhumaciones: la recuperación paso a paso del Fossar d’Alzira
Una exhumación va más allá de desenterrar huesos. Se necesita un equipo de expertos y meses de trabajo para identificar las víctimas del franquismo.

Recomendadas

Fronteras
Túnez Túnez endurece la represión contra las ONG de ayuda a las personas migrantes
Mientras el presidente Kaïs Saied se prodiga en discursos racistas, el estado persigue a las entidades solidarias con quienes llegan al país, bajo el silencio cómplice de la Unión Europea.
Galicia
Economía ¿Quién lidera el negocio del eucalipto en Galicia al que Altri quiere sumarse?
El estallido social que ha producido el intento de la multinacional Altri y la Xunta de instalar una nueva celulosa en Galicia abre la necesidad de poner el foco en el sector forestal, donde se encuentran algunas de las mayores fortunas del Estado.
Siria
Rojava El rompecabezas sirio que estalló en Alepo
El nuevo escenario sirio se ha gestado bajo la intervención implacable de Turquía, patrocinadora del Ejercito Nacional Sirio y otros grupos yihadistas que libran la guerra de Erdogan contra el pueblo kurdo.
Cine
Ramón Lluis Bande “Asturies tiene sin construir el relato de su tiempo revolucionario”
El cineasta Ramón Lluis Bande entiende la memoria histórica como un “camino de exploración formal infinito” y de reflexión sobre el propio lenguaje cinematográfico “en relación con la realidad, la historia, el arte y la política”.