Arte
Nelson Villalobos: “A Revolución Cubana foi positiva para o país, eu mesmo son un produto dela”

O artista cubano leva anos indo e vindo entre Cuba e o Estado español. Leva toda a vida adicándose á arte. Defínese coma un “pintor de pintores”, xa que non se etiqueta en ningún estilo, senón que ten e expresa moitas influencias. Considera tamén que a arte debe ser trascendental e representar conceptos universais.

Nelson Villalobos nai
Nelson Villalobos, cun cadro co retrato da súa nai falecida ao fondo. Miguel Núñez

A exposición do pintor cubano Nelson Villalobos estaba pensada para o mes de abril no Museo do Mar, en Vigo. Pasou o confinamento en Vigo, no seu estudo. Asegura, que lle serviu para rematar algunha obra. 

O artista nado en Cienfuegos estudou escultura na Escola Nacional de Artes da Habana graduándose no 78 e, no 84 en Pintura e Debuxo no Instituro Superior de Artes da mesma cidade. Logo, foi profesor de estudos superiores de debuxo en Cuba, pero só estivo dous anos. Comezou nun obradoiro de serigrafía e seleccionáronno para unha exposición de arte cubano contemporáneo no 1988. No 1991 mudouse a España, pero sempre estivo indo e vindo a Cuba, xa que segundo él “un non pode rexeitar as súar raíces”.

Unha gran parte da obra exposta en Vigo, está baseada na súa nai, xa que a súa morte colleulle lonxe dela e sentiu que “tiña que facer algo con tantos recordos”. 

As súas obras están sempre fóra da racionalidade e destaca moito o tratamento ás cores, “para iso están xa as fotos”, destaca.  Aparecen elementos surrealistas e abstractos. Coma “pintor de pintores”, gústalle facer un “cadro dentro dun cadro”, representando moitos elementos aparentemente inconexos nas súas obras. “Interésame moito o mundo da ciencia, as veces vense representado nas miñas obras partículas, átomos ou células”.

O pintor influenciado por Picasso, Matisse ou Wilfredo Lam valora a sorte de ter un mecenas detrás del que “apoia todo o que fago”. Baixo a idea do “constante movemento” fundou o grupo artístico Ruptura, onde, sen etiquetarse máis aló dun “villalobismo”, é un acordo entre todos os ismos. Con todo, Nelson Villalobos atendeu a O Salto e falamos sobre o seu estilo, a arte ou a sociedade á vez que vimos as súas obras, que están dispoñibles até finais de xullo.

Cadro surrealista nelson villalobos
Obra da entrada: conexion entre Vigo en Cuba a través do mar con elementos surrealistas de pintores que lle gustan a Nelson dentro da obra, á vez que xoga coas proporcións. Miguel Núñez

Como organizas a forma de crear unha obra?
Primeiro, comezo no meu estudo, un espazo pechado. Empezo por un elemento concreto, como pode ser unha perna da miña nai, dando a luz e forxando un pacto coa natureza. Desa idea pode comezar todo o proceso creativo dese cadro. Nas miñas obras pódense coller anacos diferentes do cadro, que contan historias diferentes entre sí, pero que poden ter a súa relación entre elas. Nesta exposición predomina o mar, mais, facéndoa dinme conta de que en case todas elas é un elemento presente. Ao final, eu son dunha illa, rodeada de auga. A auga é o elemento unificador para todas as persoas. Non só estamos rodeado por ela, senón que o noso corpo é maioritariamente líquidos.

Con todo, non busco que o espectador entenda que nun cadro meu sae a miña nai parindo. Quero transmitirlle sensacións. Eses estímulos cos que ás veces non chegas só con palabras. Encántame cando alguén que non ten nada que ver coa miña cultura ou co mundo da arte e sinte algo parecido ou o mesmo que podo sentir eu ao ver un cadro. A arte é a síntese do pensamento. Para facer arte, revengo nas miñas circunstancias e as dos meus, tentando plasmalas na pintura. Busco ser un pintor universal. 

A obra ten conexións entre Galiza e Cuba, sobre todo polo nexo do mar. Como interpretas a cor entre os dous países?
A cor está en tódalas partes. Aquí en Galiza hai grandes representación de cores, coma nos traxes do entroido rexionais. En diferencia con Cuba, a luz de aquí é máis grisácea e satura menos as cores, pero segue existindo e con tons moi parecidos aos nosos. As cores e o mar penso que son elementos comúns entre Galiza e Cuba. Ademais, a luz de Vigo é moi especial, grazas ao efecto espello que fai a ría.

Levo 30 anos en Europa e non atopo aquí a coolaboración artística que sí que vía en Cuba

Tendo en conta que gran parte desta exposición ten que ver coa túa infancia en Cuba, que similitudes e diferencias farías respecto coa do Estado español?
Primeiro quero dicir que cando estou aquí non penso en Cuba, e cando estou en Cuba non penso en España, é a mellor maneira de viaxar. Desde que cheguei a España, sempre estiven indo e volvendo a Cuba. A verdade é que en Cuba facía tempo que non expuña, pero por decisión propia de querer aprender en Europa antes de volver que por outra cousa.  Sempre busco espazos novos, porque fanme pintar de novas maneiras. España e o feito de estar en Europa déronme a posibilidade de ver pinturas orixinais coma de Picasso, Van Gogh ou Cézanne. 

No que é na vida en xeral, atopei novas experiencias aquí, pero non demasiadas diferenzas. Cultural e humanamente penso que temos trazos comúns. Mais, no meu traballo sí que notei a falta de unión entre os artistas. En Cuba a xente axúdanse e comunícanse uns cos outros para facer mellos os traballos. Levo 30 anos en Europa e non me atopo esa colaboración. A xente ten medo de que lle quiten os seus espazos, coa consecuencia do peche artístico que conleva.

O artista de hoxe pensa baixo unha lóxica empresarial e de beneficio económico

Cres que a arte debería ser máis colaborativo?
Debe ser máis compartido. Unha confluencia entre estilos, coma se deu a principios do século XX con todos os “ismos”. Ademais, todos os ámbitos da arte poden converxer e nutrirse entre eles. Eu intento facer arte e proxectos en cooperación con outros. O problema, é que o artista de hoxe pensa baixo unha lóxica de empresario e de beneficio económico máis que de arte e eu non quero basear a miña obra niso. 

Fas unha síntese do pensamento e do vivido coa túa obra?
Si. Interésame o concepto do que quero falar. A arte para min é unha continuidade na obra do artista. Considero que o artista debe evolucionar e cambiar sempre, xa que ao final represento os cambios que vivo na miña propia vida.

Neno cadro nelson
Un neno vendo un dos cadros de Nelson Villalobos Miguel Núñez

Hoxe, hai moitos músicos que experimentan o cambio de estilo durante a súa carreira musical.
En Cuba é algo que pasa tamén. A min iso gústame moito, por iso busco achegarme á música desde a pintura. Hoxe, está quen atopa a fórmula do que vende e estáncase nela durante 30 anos sen medrar artísticamente. Eu son un jazzista, teño dentro esa improvisación e variación de estilos. É a miña proposta artística coma ser humano, non son o primeiro así, pero vexo a polivalencia como algo positivo e como o futuro. Ademais, se en algo non nos van a substituír as máquinas é na capacidade de facer cousas diferentes e explorar novos camiños.

Da cultura cubana sempre teño a influencia da vexetación da illa e o barroquismo de Wilfredo Lam

Pese a estar englobado na xeración dos 80 ou dentro do surrealismo, etc. Sempre se che relacionou co mantemento da cultura cubana. Que elementos destacarías?
Unha cousa que sempre está aí vén de Wilfredo Lam e o seu barroquismo: a vexetación. Tamén a parte das máscaras e da nosa natureza case africana. Todo ese ritmo da propia isla de que non hai nada recto tamén me influenciou moito. Aínda que empezamos a vivir do turismo, o feito de non ter grandes construccións ou grandes fábricas dá coma resultado moito terreo virxe. É un país de música e de ritmo, onde as relacións sociais entre humanos son moi importantes. Aínda que nas miñas obras non haxa racionalidade ou plantilla previa, sí que hai unha orde, que vén da propia música.

Nelson cadros cubanos
Nelson explicando os cadros cos motivos máis arraigados da cultura cubana da súa exposición no Museo do Mar durante a entrevista. Miguel Núñez

Xusto nesta exposición, saen algúns dos “máis cubanos”, cunha simboloxía moi clara da nosa illa. Son cadros que nunca espuxe. Saen motivos primitivos e motivos actuais, como patrona de Cuba, remeros, a Lúa, os ollos que serven coma protección na cultura cubana máis primitiva… Buscaba representar as nosas raíces, desde a cultura negra até hoxe. Saen tamén cruces. Non porque sexa cristiano, senón porque creo que ao final é un símbolo universal que todos percibimos.

“Se non preservas a cultura propia, estás mentíndote a ti mesmo, ás túas raíces”

É importante preservar a cultura propia?
Por suposto. Se non preservas iso estás mentíndote a ti mesmo, ás túas raíces. É esencial ter a tradición coma as primeiras consecuencias do que un fai, para cultivar unha espiritualidade desde os inicios, que poida ser universal. Se non se fai, estase a copiar a realidade de fóra porque vende máis, pero iso é efémero. Persoalmente, dáme igual que se venda ou non a obra, non quero vivir para o mercado, senón para a miña realización coma artista.

Cadros Malecon
Os cadros da serie do Malecón Miguel Núñez

Tamén teño unha serie de cadros do Malecón, un lugar moi peculiar da illa. Hai xente en Cuba que mira cara o norte pensando que a vida nos EUA é mellor, mais nesta serie quixen poñer as figuras mirando cara dentro da illa, co mar de fondo, simbolizando que na illa temos unha grandísima riqueza cultural. As figuras e as súas posicións, que representan os mitos do Malecón, teñen máis importancia neste cadro ca o mar.

Creo que a cultura galega actual está algo ancorada no espírito dos anos 20

Que falta en Galiza para valorar e preservar máis a nosa cultura?
Penso que aquí hai unha cultura moi rica e que os galegos empezan a sentirse máis orgullosos de selo que antes. Sen embargo, fáltavos facer unha cultura máis trascendente. Gústame xente coma Ferrín ou Cunqueiro, pero creo que a cultura galega actual está algo ancorada no espírito dos anos 20 e debería evolucionar e ser máis trascendental. Tamén hai moita xente fóra da Galiza que ogallá poida regresar a aportar o seu. 

O cadro sobre a soidade africana. Que quere dicir?

soidade africana
O cadro de "La soledad africana" de Nelson Villalobos Miguel Núñez

A inmigración non só representa a xente que ten que abandoar un país. Ten que ver tamén co que acontece nese país. A soidade africana ten que ver con que nos países africanos morre xente cada día e a ninguén lle importa. En cambio, se en Cuba morre alguén indo a Miami, toda a prensa mundial fala diso. Non quero mergullerme agora no fondo do conflicto político, pero fáltame empatía con todos eses países pobres.

Sendo un “pintor de pintores”, quen é entón Nelson Villalobos?
Son RUPTURA; Nelson, Lobos, Villa e Ferrer. Somos 4 pintores á vez. Son eu e á vez todos escapando do corrente. Ninguén manda. É algo no que me inspirei no poeta Fernando Pessoa.

Cóntame máis sobre o grupo RUPTURA.
Creeino en Cuba no 1990 cando críticos da arte designáronme coma “fóra de corrente”. Sempre fun algo solitario á hora de pintar. Un día pinta Nelson e outro pinta Lobos. Como pinto por series, é un concepto. Os catro xuntos, compoñen un eu. Penso tamén que as persoas non somos entes e conceptos únicos, senón que somos unha suma de moitos fragmentos. Eu son un conxunto de “eus” porque cada día tamén son alguén diferente.

Lin algo sobre o “villalobismo”, mais se ti queres escapar das etiquetas, non estás creando unha propia?
Moitos cuestionan isto. Eu fixen un “ismo” propio. Plantexo unha pintura cun estilo propio, con sentimentos, pero mantendo unha esencia propia co que eu son. Alonxado de épocas e tendencias, pero mantendo unha pluralidade estilística, “pintar pode ser o que sexa”.

Co “villalobismo” lantexo unha pintura cun estilo propio, con sentimentos, pero mantendo unha esencia propia co que eu son”

Que papel cres que pode ter a arte dentro da sociedade?
Un papel explicativo e cognitivo. Un espazo onde as persoas poidamos lernos, entendernos en todas as expresións da arte. Tamén o feito de facer trascendente a realidade que percibimos. É a mente e as súas conexións neuronais quen crea a arte e tamén é quen o debe descifrar.

Unha nena vendo un dos cadros de Nelson
Una nena vendo un dos cadros da exposición de Villalobos Miguel Núñez
 A arte debe traballar sobre conceptos universais e poder transcender na historia”

Falas de trascendencia… Vendo a obra da Soidade Africana ou a serie de Cuba e o Malecón. Cres que a arte pode ter un fin concienciador?
Estivo a arte socialista ruso ou diversas tendencias nos anos 60 que tiñan ese fin. Mais eu enténdoas coma tendencias demasiado locais que rematan morrendo. Desde logo que hai pezas moi boas dese estilo, pero non vexo aí a esencia da arte. A arte debe traballar sobre conceptos universais e poder transcender na historia. Ti se ves as pinturas de Altamira recoñeces símbolos como as frechas. Para min, aí está a chave, en que se entendan as obras hoxe igual que dentro de 1000 anos. Moitas veces a arte revolucionario olvidouse de seguir sendo arte. Eu cando falo do Malecón, falo de toda a historia de Cuba, non só do momento actual. O social pode tocar as miñas obras, pero nunca será o fin último, considero que non trascende tanto. 

Fálase de que o realismo socialista impúñase a outras correntes artísticas na illa. Existiu realmente en Cuba ese estilo que predominara na URSS?
Non. Co triunfo da Revolución, Cuba sempre tivo un corte diferente ao da URSS naquel momento. O que se fixo no mundo da arte foi coller a cultura campesiña nos anos 70, logo xa viu a xeración dos 80. O que diga que en Cuba se impuxo un realismo socialista está a mentir. Os propios rusos cando viñan a Cuba, pintaban as mulleres negras porque para eles era o exótico.

Cal é o teu recordo de estudiar en Cuba?
A mellor época da miña vida. Tiven a sorte de estudar nunha escola onde todo nolo daban, coa mellor educación, boas vivendas e todo gratis. Guitarristas, cantantes, actores... todos os estudantes interrelacionábamos e aprendiamos xuntos. Esa é a colaboración que estraño en Europa, que aprendín alí na escola. 

Nelson entrevista
Nelson Villalobos durante un momento da entrevista Miguel Núñez

Hai quen considera que os pintores cubanos están infravalorados. Cres que pode ter algo que ver co bloqueo económico?
Non. Pode ser que noutros ámbitos sí que exista, mais eu non o notei nunca no mundo da arte. Fixéronme varias entrevistas de medios norteamericanos.

No 1976 creouse en Cuba o Ministerio de Cultura e institucións en apoio á mesma. Axudou isto ao impulso da arte cubana?
Cando triunfou a Revolución creouse unha Escola de Arte, onde todos os anos se graduaban 15 escultores, 15 pintores, 15 bailaríns, 20 músicos… Iso co paso dos anos xerou moitísimos artistas cubanos, que sumado á nosa coolaboración mutua deu que hoxe se nos coñeza. Tamén sinto que o clima e a situación xeográfica da illa axudan para que se den grandes artistas. Ademais, por moita crise que houbo en Cuba, sempre se coñeceu e sempre houbo expoñentes da nosa cubana.

Cres que a Revolución Cubana trouxo melloras para a illa?
Sí, houbo moitísimos avances sociais con respecto ao anterior. Pódeche gustar máis ou menos a política cubana, pero foi un país que axudou a outros países sen nin sequera ter moito no seu. Na música, foi un referente mundial. Logo, no sentido de comunidade é no que eu máis orgulloso me sinto, chegando a rozar o patriótico. Poden faltar moitas cousas en Cuba respecto a outros países, pero hai un forte sentimento de orgullo cubano.

A Revolución trouxo un 100% de alfabetización, reduciu exponencialmente a mortalidade infantil… Valorarías a súa trascendencia e o futuro do país?
Actualmente Cuba está entrando nunha fase moi importante para a súa historia. Eu nunca fixen declaracións a favor ou en contra da política cubana, pero creo que a apertura económica vaille vir ben ao desenvolvemento da Illa. Cuba tamén ten unha identidade que vén desde José Martí no século XIX e que asentou a Revolución.

A Revolución Cubana foi positiva para o país, eu mesmo son un produto dela. Que haxa médicos e referentes como antes non os había tamén foi grazas a ela. Son optimista cos cambios, tamén creo que hai cousas que se poden mellorar.

Música
Zenet: “En Cuba hay tantos buenos músicos por la formación que reciben allí”

Zenet cree que la música española, en general, le debe mucho a los músicos cubanos. En La guapería, su nuevo disco, el cantante y actor salda parte de esa deuda recuperando viejos boleros populares en la isla caribeña a mediados del siglo XX.

Archivado en: O Salto Galiza Cuba Arte
Informar de un error
Es necesario tener cuenta y acceder a ella para poder hacer envíos. Regístrate. Entra en tu cuenta.

Relacionadas

Chernóbil
Cuba y Chernóbil Cuba, Chernóbil y COVID-19
Los médicos cubanos ya acudieron al rescate de los niños de Chernóbil.
Estados Unidos
Extrema derecha Trump anuncia un campo de concentración para 30.000 migrantes en Guantánamo en el 80 aniversario de Auschwitz
La estrategia de llevar la detención de migrantes a territorios lejanos, opacos y sin garantías de derechos también ha sido la opción elegida por la Unión Europea en el último año.
Cine
Cine Los cubanos que lucharon contra el fascismo en España renacen en el ensayo documental ‘Escuchar la sombra’
El cineasta Miguel G. Morales, tras tres años de documentación en diferentes ciudades del mundo, presenta esta cinta en la que trata el paso de los cubanos por España para intentar derrotar al fascismo durante la Guerra Civil.
1 de mayo
1º de Mayo ‘Contra la guerra y el capitalismo’ en este Primero de Mayo interseccional de Madrid
Decenas de colectivos exigen en la calle acabar con el militarismo creciente, las violencias transversales y un espacio para todos los colectivos en la lucha de clase.
Laboral
1º de Mayo Inmigración y sindicatos: derechos universales o derrota colectiva
Los líderes sindicales no pueden ofrecer soluciones realistas para la situación de las personas migrantes, porque parecen asumir la vieja tesis de que la inmigración perjudica a la clase trabajadora en su conjunto.
Energía
Gran apagón Apagones, energías renovables y estabilidad del sistema eléctrico: tareas pendientes y visos de futuro
Es posible avanzar en la penetración de las renovables, al menos hasta cierto punto, sin perder seguridad en el sistema energético. Este debe modernizarse, descentralizarse y estar planificado por el Estado, opina un experto.
Ley Trans
Ley trans El Constitucional enfrenta el recurso del PP a la ley trans, los colectivos piden evitar la senda antiderechos
El Alto Tribunal deliberó por primera vez sobre este recurso sin llegar aún a ninguna decisión. Plataforma Trans pide que no se sume a la carrera de odio contra las personas trans y avale la norma.

Últimas

Eventos
Evento Un Salto al periodismo desde el barrio: acompáñanos en un directo sobre periodismo situado
El Salto organiza un evento centrado en el potencial de los formatos sonoros para transmitir información veraz y fiable de forma cercana. Para hacer periodismo desde el barrio y barrio desde el periodismo.
1 de mayo
1 de mayo Primero de Mayo: contra el militarismo y por la paz universal
Europa reaviva su deriva militarista. Como en 1914, el movimiento obrero se enfrenta al dilema de sumarse al consenso bélico o alzar la voz por la paz.
Pobreza energética
Energía Apagón crónico: lugares donde no volverá la luz, a pesar de la restauración del sistema eléctrico
Miles de personas en el Estado español viven día a día apagones y falta de suministro en lugares como Cañada Real (Madrid), la Zona Norte de la ciudad de Granada o los asentamientos de jornaleras y jornaleros migrantes en Huelva y Almería
Más noticias
València
València El tejido social presenta su propuesta de reconstrucción tras la dana
Los Comités Locales de Emergencia y Reconstrucción y las asociaciones de víctimas definen los presupuestos de Mazón y Vox como una declaración de guerra.
Galicia
Galicia La Xunta aprobó la celulosa de Altri argumentando que su chimenea de 75 metros sería “icónica”
El Informe de Patrimonio Cultural, favorable a la multinacional, se emitió en base a dos encargos externos, contratados y pagados por la empresa al ex presidente y al actual tesorero de Icomos-España.
Opinión
Opinión Provoquemos la próxima interrupción
Lo que nos resta es gobernar el apagón que habrá de venir, ser la causa colectiva de las próximas interrupciones, aquellas que lleven al fin de este mundo desbocado y sin sentido.

Recomendadas

Cómic
Fabien Toulmé “Hablar de trabajo es menos sexy que hablar de amor o de guerra”
En su libro ‘Trabajar y vivir’, el autor francés recorre distintas realidades reflejando cómo las personas se relacionan con ese mandato ineludible de hacerse con un empleo para sostenerse económicamente.
Empresas recuperadas
Natalia Bauni “En este primer año del Gobierno de Javier Milei casi no hubo empresas recuperadas”
Natalia Bauni es coordinadora del Observatorio Social sobre Empresas Recuperadas y Autogestionadas del Instituto Gino Germani de la Facultad de Ciencias Sociales de la Universidad de Buenos Aires.
Eléctricas
Sistémica eléctrico Del lobby nuclear a la burbuja de las renovables: comienza la pugna por encontrar al culpable del apagón
Un crecimiento desmedido de las renovables guiado por intereses corporativos y una red eléctrica que no ha sido actualizada a la nueva realidad energética son algunas de las causas señaladas del apagón del 28 de abril.
Senegal
Migraciones El mito de la migración ordenada: la denegación de visados por el Consulado de España en Dakar
Maltrato institucional. Estas dos palabras son las más escuchadas cuando se pregunta a personas descontentas con el Consulado de España en Dakar. Cada vez más personas denuncian denegación de visados que no consideran justificados.