O prelo
Hôzuki: Os desafíos da muller e a maternidade en Xapón

A literatura xaponesa de Aki Shimazaki chega á lingua galega para reflexionar acerca do aborto e das distintas relacións que as mulleres poden ter coa maternidade.

Hôsuki libro
31 oct 2020 08:04

Se a tradución é unha oportunidade para que unha cultura se abra a outra, a editorial Rinoceronte proporciónanos a oportunidade de achegarnoss desde a nosa propia lingua a Xapón; de coñecer, a través da literatura contemporánea da illa, de que xeito se vive a maternidade e a que tipo de obstáculos se enfrontan as mulleres na sociedade xaponesa. 

Shumazaki naceu en Gifu, Xapón, en 1954. Traballou cinco anos como mestra de preescolar polas mañás e de gramática inglesa polas tardes. Migrou a Canadá onde, despois de probar sorte por Toronto e Vancouver, se asentou en Montreal. Alí, aos 40 anos, estudou francés de xeito autodidacta, lingua na cal escribe e publica as súas novelas. Toda a súa obra literaria está escrita por pentaloxías.

En Hôsuki, Shimasaki sigue a  Mitsuko, madre de Tarô, un neno xordomudo de sete anos. A vida de Mitsuko é bastante tranquila e ordinaria: a maioría das súas tardes consisten en ordenar libros na súa tenda e coidar do seu apracible fillo. A súa mente, pola contra, brama desasosego nos seus monólogos internos. Mitsuko preséntasenos como unha muller que vive no pasado, inmersa entre as súas extintas relacións amorosas, na súa mocidade perdida e nos seus remordementos. Ao longo das primeiras páxinas desta curta novela que flúe delicadamente, intuímos que hai algo que a protagonista nos oculta. 

A historia comeza cando, vestida cun elegante quimono color pastel, chega á librería unha muller acompañada da súa filla pequena. Mitsuko queda sorprendida pola lista de libros especializados que lle pide esa muller. No entanto, a visitante non deixa de mirar o seu fillo. O breve tempo que dura este encontro é suficiente para que os nenos traben amizade e Sato, a elegante muller, intente manter unha conversación con Mitsuko, quen non está disposta a romper a barrera social e empezar unha relación con ela.  

Con todo, o novo vínculo entre os nenos toma forza e a libreira non terá outra opción máis que volver a ver a Sato para logo descubrir que hai anos os seus camiños xa se cruzaran e que esa muller representa un risco para manter unida á súa familia.  

Mulleres insólitas 

En Hôsuki indágase sobre distintos tipos de feminidade. Aki Shimazaki preséntanos unha novela que se constrúe por tres mulleres que, malia a diferenza de idade ou clase, teñen algo en común: as tres son nais e todas gardan secretos. A tres, nalgún momento da súa historia, tomaron decisións que, de non manter en segredo, serían condenadas pola sociedade machista na que habitan.  

Por unha banda, a autora introduce a dúas mulleres que, na aparencia, son diametralmente distintas: unha é nai solteira que ten que recorrer a outros traballos alén da librería para poder manter a súa familia, mentres que a outra muller casou por acordo cun home rico. Porén, a través destas figuras femininas que aparecen en Hôzuki, Shimazaki logra retratar un Xapón máis cru e realista do que soemos ler ou escoitar. Fálanos dun país onde as mulleres conviven coa prostitución, o casamento arranxado, o aborto; onde, a pesar de contar co interese polo coñecemento, non lograron estudar ningunha profesión. 

Por outra banda, aínda que se sabe pouco da nai de Mitsuko, alén de que vive coa súa filla, a súa historia conta cun pasado que ben podería representar as consecuencias de ser muller e vivir nunha sociedade inmersa no sistema patriarcal.    

Pero, sobre todo, Aki Shimazaki escribe do amor e a dor que conleva a maternidade. Descríbea nun plano humano no que a perda e o arrepentimento se mesturan co coidado e o afecto incondicional.  

Os “outros” 

A presencia masculina en Hôsuki é particular. Ao igual que a maioría das personaxes femininas nas grandes obras literarias protagonizadas por homes, estes varóns están presentes ao longo de toda a novela, mais de xeito secundario. As súas accións poderían chegar a condicionar a trama ou a acción das mulleres en certo sentido e até certo punto, pero non de forma substancial. Aparte de Shôji, o gran amor perdido de Mitsuko, todos os demais homes aparecen como fantasmas que son nomeados só polas súas iniciais e ostentan todo o que as mulleres non puideron ter por conta propia: educación, estabilidade económica. 

Infancia autónoma 

A representación da infancia tamén é importante no libro de Shinizaki. Non son personaxes que aparecen coma “pretextos” que motivan ás protagonistas. Son interlocutores que interpelan e desafían ás figuras adultas no mellor sentido. Aparecen na historia como figuras intelixentes, perspicaces, con desexos, intereses e sensibilidade. A discapacidade de Tarô, por exemplo, está tratada no libro con cautela e, ao final, non é o que define a personaxe nin a súa relación cos demais. Os vínculos entre as nais e os seus fillos sempre están mediados polo respecto mutuo, a escoita e o coidado.  

*** 

Por último, a autora sedúcenos a través dos diferentes sistemas de escritura xaponesa que conviven no seu libro, os cales se constitúen como unha personaxe máis, cheos de arestas, segredos e susceptibles a diversas interpretacións. Ao igual que as mulleres de Hôsuki, os verdaderos significados das palabras escóndense detrás das aparencias.  

Hôsuki é unha novela curta que avanza lixeiramente a través de enunciados curtos. Aki Shimizaki logra construír unha atmosfera apracible que despois sacude para revelarnos o que hai nas zonas escuras da trama que nos presenta e coa cal logra atraparnos de xeito delicado, case imperceptible.  

Informar de un error
Es necesario tener cuenta y acceder a ella para poder hacer envíos. Regístrate. Entra en tu cuenta.

Relacionadas

En el margen
Cécile C. Eveng “Perdemos amigues y es una pena porque las personas LGTBIQ pueden ayudar a desarrollar África”
La filóloga camerunesa reside actualmente en España y estudia un doctorado en migraciones, cuerpos, negrofobia y vulnerabilidad de personas. Investigar sobre identidades disidentes en su país le ha traído críticas, hasta desde la propia academia.
Feminismos
Jule Goikoetxea “Los genocidios se sustentan en prácticas micro que legitiman una manera de vivir delirante”
Jule Goikoetxea es una de las filósofas más reconocidas del Estado Español. El año pasado acompañó a Angela Davis en su visita a la Fira Literal de Barcelona. De aquellos cuatro días nace su primera novela, ‘Politeísmo bastardo’.
A Catapulta
A Catapulta O tempo, o espazo e a poesía de Estíbaliz Espinosa
A poeta visita A Catapulta para conversar sobre o seu traballo e a súa traxectoria literaria
Corrupción
Corrupción El juez decreta prisión provisional sin fianza para Santos Cerdán
El juez acepta la propuesta del fiscal y decreta cárcel contra el ex secretario de organización socialista por integración en organización criminal, cohecho y tráfico de influencias.
València
València La Audiencia de Valencia confirma la imputación a Argüeso en el juicio de la dana
La Sección Segunda de la Audiencia Provincial concluye que la resolución de la instructora “no es irrazonable ni arbitraria”, ratificando la imputación del ex secretario autonómico de Emergencias.
Barcelona
Derecho a la vivienda Amenazas de violencia extrema y una paliza a los habitantes de un bloque okupado de Barcelona
El Salto accede a las llamadas y mensajes de audio amenazadores que un grupo de desokupa envía al vecindario del bloque Llenguadoc, donde confirma cumplir con el mandato del propietario del edificio.

Últimas

Palestina
Tribuna Tres o cuatro días sin comer en Gaza
El drama de no poder dar suficiente comida a tus hijos es inmenso, sobre todo cuando sabes que a pocos kilómetros hay camiones llenos de ayuda. Parados. Bloqueados.
Gobierno de coalición
Gobierno de coalición La fuga de más diputados de Sumar, en manos de Sánchez
Más representantes de las confluencias aguardan a la comparecencia del presidente del Gobierno del 9 de julio como la última señal para no saltar al grupo Mixto.
Más noticias
Medio ambiente
Tribuna Mapa de los conflictos del agua: una herramienta para la defensa de los ríos, acuíferos y humedales
A pesar del grado y extensión del daño que sufren los ríos, acuíferos y humedales, las administraciones públicas no están tomando las medidas necesarias para frenar el deterioro y responsabilizar a las entidades que lo causan.

Recomendadas

Economía social y solidaria
Historia Lo que Franco arrebató al cooperativismo y a la economía social y solidaria
La dictadura franquista combatió de forma cruel el movimiento cooperativo fraguado en la II República, y durante la propia guerra con las denominadas colectividades, y pervirtió la idea de autogestión a través de los ideales falangistas.
Río Arriba
Río Arriba Yayo Herrero: “El holocausto nazi no es una excepcionalidad en la historia de Europa, es un modus operandi”
Nueva entrevista de Río Arriba en formato podcast y vídeo en el que hablamos de ecofeminismo, transiciones ecosociales justas, decrecimiento, colapso, poner la vida en el centro y mucho más.
En el margen
Cécile C. Eveng “Perdemos amigues y es una pena porque las personas LGTBIQ pueden ayudar a desarrollar África”
La filóloga camerunesa reside actualmente en España y estudia un doctorado en migraciones, cuerpos, negrofobia y vulnerabilidad de personas. Investigar sobre identidades disidentes en su país le ha traído críticas, hasta desde la propia academia.