Decrecimiento
Cal é o verdadeiro problema demográfico na Galiza?

O debate sobre a baixa natalidade parte de presupostos errados e perigosos.

brecha de género en pensiones

Coordinador do Instituto Resiliencia

24 jul 2019 09:14

Desde hai décadas está instalado no país un lugar común que suscita un elevado consenso a esquerda e dereita do arco político: Galiza é un país a cada paso máis avellentado e isto supón un problema que debemos resolver. A última proposta ao respecto vai tomar corpo nunha Lei do impulso demográfico, da que se estivo a debater nos pasados días no noso parlamento e cuxo percorrido comezara xa hai uns meses. Neste debate adoita falarse cunha paixón cargada de dramatismo ("sangría", "pozo demográfico", di Villares; "hecatombe", chega a titular algunha prensa). A situación demográfica caracterizada por un aumento da poboación en idades avanzadas e unha caída nos nacementos, supón un "problema" —segundo o discurso hexemónico— porque ameaza a "sostibilidade demográfica" e mais "a sostibilidade do Estado do Benestar, fundamentalmente pola presión sobre os sistemas de pensións, de saúde e sobre os servizos sociais de atención ás persoas maiores e ás persoas dependentes" (texto da Dirección Xeral de Familia, Infancia e Dinamización Demográfica).

O apaixonado debate sobre a demografía na Galiza parte da premisa de que precisamos máis poboación, e xa que logo, máis nacementos.

Porén, todo o debate demográfico parte dun erro de vulto: o que sostén (o que fai "sostible") o país, as súas pensións, o seu Estado de Benestar, servizos públicos, etc. non é dispor dun determinado número de persoas en idade de traballar, cotizando ás arcas públicas, senón, en derradeira instancia, a dispoñibilidade de enerxía exosomática en cantidade e cualidade suficiente para producir un determinado nivel de riqueza e soster un determinado número de servizos. Isto é: o que terma das pensións e dos servizos públicos é a enerxía que move o metabolismo industrial e que deixa un superávit, un excedente enerxético, que transformado en capital monetario, en capital construído, ou gastado en fornecer servizos (pensemos, sen ir máis lonxe, na enerxía que consomen os hospitais, ou os vehículos de policía, bombeiros e ambulancias...). Por suposto que precisamos man de obra que manexe os elementos que transforman esa enerxía, pero sen ela non cabe falar de "sostibilidade" por moito que se favoreza a natalidade. Claro que é acertada a postura da oposición de centrar o debate nos factores económicos máis alá do saldo vexetativo, mais detéñense aí, no plano económico, sen comprender que o que move a economía é a enerxía, e que esta está a piques de comezar a escasear. Nas súas ecuacións sobre poboación / natalidade / poboación activa / servizos públicos / empregos... falta unha variable fundamental que inflúe sobre todas as demais: enerxía dispoñible.

Decrecimiento
Sistema sanitario, emerxencias médicas, complexidade e enerxía

Un hospital utiliza máis enerxía por metro cadrado que calquera outro edificio. Pero este fluxo de enerxía fósil e recursos ten os días contados.

En segundo lugar, todo o debate da "renovación xeracional" parte da hipótese dun mundo baleiro (ou cando menos, aínda con espazo por encher), que cómpre encher até un nivel superior, coma se non fósemos xa demasiada xente no planeta exercendo unha presión insostible sobre os ecosistemas. Xa que logo, se en Galiza se considera que debería haber máis habitantes (pola razón que for), a única postura ética sería valorar a maneira de convidar e acoller masas de inmigrantes daqueles puntos do planeta onde a poboación é excesiva para os recursos locais, ou de onde foxe por razóns de forza maior, e non contribuír a aumentar aínda máis a poboación total. O cal leva a outro dos puntos fundamentais: queremos aumentar o número de galegas e galegos, mais... botamos contas de cantos podemos alimentar cos recursos do país?

O que alimenta o noso Estado do Benestar máis que a poboación activa é a enerxía transformada polo noso metabolismo económico en riqueza excedente.

Se a nosa clase política ollase as advertencias lanzadas por institucións oficiais como a Axencia Internacional da Enerxía, sabería que o petróleo ten os días contados. Isto fai precisa a relocalización económica, e por suposto alimentar (reducir moito os quilómetros que levan ás costas os alimentos que consumimos). E se lesen os informes de prospectiva de think tanks económicos, militares ou de compañías de seguros (xa pedirlles que lesen os de científicos do campo da xeoloxía ou da dinámica de sistemas sería demasiado), saberían que iso expón á totalidade dos países industrializados a un risco moi elevado de desabastecemento tanto de combustibles como, en derradeira instancia, debido ao actual sistema agroalimentar mundializado, ao desabastecemento de alimentos.

Sabemos que o país só se dá alimentado a si mesmo nun 50%, así que cando nos vexamos enfrontados a aquilo que xa viviron anticipadamente en Cuba... adelgazaremos á metade do noso peso todos e cada un(ha) de nós, ou terá que morrer de fame a metade da poboación? ...E iso falando dunha poboación como a actual: se a queremos soster ou aumentar (a iso se refiren os termos de "dinamización" ou "sostibilidade demográfica", non si?), precisamente no intre da historia no que máis ameazada está a soberanía alimentaria por culpa do declive dos combustibles fósiles (precisos para cultivar, transportar, conservar ou cociñar, de tal xeito que por cada caloría que inxerimos son precisas outras 10 de petróleo ou gas) e do acelerado caos climático. Como pensamos facelo?

Decrecimiento
‘Opción Cero’: as leccións do Peak Oil cubano

O libro de Emilio Santiago Muíño Opción Cero: el reverdecimiento forzoso de la Revolución cubana descobre as luces e as sombras da adaptación de Cuba á falta de petróleo.

E precisamente ese mesmo caos climático augura que nas décadas vindeiras o noso país deberá acoller, con toda probabilidade, talvez decenas de milleiros de migrantes climáticos procedentes do sur da Península Ibérica, a medida que avance a súa desertificación. Non esquezamos que o principal problema do cambio climático para a nosa especie vai ser o esborrallamento do sistema agrícola mundial. Así que a análise do preámbulo do anteproxecto de Lei que afirma que "as variacións de poboación nas últimas décadas evidencian como os procesos de retorno migratorio e de inmigración non son capaces de compensar os balances negativos do crecemento vexetativo, así como que volve recobrar importancia a emigración" cae na falacia do presente perpetuo, e falla á hora de prever a importante volta que poden dar eses factores demográficos nun prazo de tempo bastante curto (teito do petróleo, agravamento da mudanza climática, etc.).

No debate demográfico está totalmente ausente o decisivo factor do declive enerxético que nos agarda.

Estes factores, por desgraza, están totalmente ausentes do actual debate sobre a nosa demografía, por moito que presuma a Xunta de que "a xestión desta situación obriga a adoptar unha visión sistémica e a abordar os distintos desafíos dun modo transversal e interdisciplinar" (íbid) e que recoñeza que "a Organización das Nacións Unidas [...] recolle de forma explícita na Axenda 2030, coa que se comprometeron os gobernos español e galego, a necesidade de afrontar os efectos da nova dinámica demográfica, sobre todo dende a perspectiva do desenvolvemento sustentable".

mujer embarazada

Unha verdadeira "visión sistémica" debería incorporar necesariamente no debate demográfico, en primeiro lugar, a cuestión da relación poboación / capacidade de carga, e a determinación do máximo nivel sostible de poboación no noso país. E continuar con: a pegada enerxética do país; o nivel de seguridade e soberanía alimentar actual e previsto en ausencia de importacións de alimentos; a capacidade do territorio de aumentar a produción local de alimentos; as posibilidades de mellorar os plans de retorno de emigrantes e dos seus descendentes, así como a creación de condicións que aminoren a nova emigración; o acollemento de poboacións desprazadas directamente pola mudanza climática ou indirectamente a causa de conflitos bélicos polos recursos minguantes; a necesaria repoboación do campo, como consecuencia do devalar enerxético, e a paralela reversión das migracións ás cidades das últimas décadas. E iso só para comezar.

En definitiva: realmente soluciona algo aumentar a natalidade? Ou máis ben agrava outros problemas e nos sitúa como país nunha posición problemática diante dun futuro de escaseza e forzado decrecemento económico? Non será o noso verdadeiro problema demográfico, o verdadeiro perigo, sermos xa agora máis habitantes dos que o país vai poder manter mediante os recursos de seu nun futuro nada afastado? Antes de lanzarnos a promover que as galegas teñan máis fillos, analicemos se lles van poder dar de comer, e mesmo se o país vai ter que escoller entre alimentalos a eles ou aos inmigrantes e refuxiados que han chegar desesperados ás nosas terras en cantidades que poden multiplicar as actuais en varias ordes de magnitude. Non pensar nisto á hora de lanzar políticas que forcen a nosa demografía nunha dirección pro-natalicia é sumamente imprudente, mesmo criminalmente temerario.

Sobre este blog
O Centro de Saberes para a Sustentabilidade (CSS) é un Regional Centre of Expertise on Education for Sustainable Development recoñecido oficialmente pola Universidade das Nacións Unidas. Ten como misión fundacional “informar, sensibilizar e implicar a comunidade educativa e a sociedade no seu conxunto na promoción da transformación social necesaria para o cumprimento dos Obxectivos de Desenvolvemento Sustentable a través de experiencias cos pés na terra que fomenten a conservación, a sustentabilidade, a protección ambiental e a resiliencia“. O goberno do CSS é horizontal e democrático a través dun Consello Reitor formado por representantes de todos os axentes participantes. Máis información: http://www.saberes.eu
Ver todas las entradas
Informar de un error
Es necesario tener cuenta y acceder a ella para poder hacer envíos. Regístrate. Entra en tu cuenta.

Relacionadas

Río Arriba
Río Arriba Luis González Reyes: “Vivimos en un mundo en el que la escasez es un elemento central”
Primera entrevista del programa Río Arriba en formato podcast y vídeo donde hablamos de las nuevas guerras neocoloniales por recursos en la era de Trump y Putin, de la escasez, del decrecimiento y el colapsismo.
Tribuna
Tribuna Decrecimiento azul: un enfoque necesario para mares al límite
Mientras se celebra la UNOC3 y en el contexto de cambio climático y pérdida de biodiversidad al que nos enfrentamos se necesita —también en el mar— un cambio de paradigma donde el crecimiento y la ausencia de límites dejen de ser la norma.
Decrecimiento
Opinión Cómo crear colectivos resilientes y justos en tiempos de emergencias constantes
Un equipo multidisciplinar ha desarrollado una herramienta web con un doble objetivo: evaluar la resiliencia y el funcionamiento de los colectivos sociales ante la crisis ecosocial en marcha.
Sobre este blog
O Centro de Saberes para a Sustentabilidade (CSS) é un Regional Centre of Expertise on Education for Sustainable Development recoñecido oficialmente pola Universidade das Nacións Unidas. Ten como misión fundacional “informar, sensibilizar e implicar a comunidade educativa e a sociedade no seu conxunto na promoción da transformación social necesaria para o cumprimento dos Obxectivos de Desenvolvemento Sustentable a través de experiencias cos pés na terra que fomenten a conservación, a sustentabilidade, a protección ambiental e a resiliencia“. O goberno do CSS é horizontal e democrático a través dun Consello Reitor formado por representantes de todos os axentes participantes. Máis información: http://www.saberes.eu
Ver todas las entradas
Naciones Unidas (ONU)
Genocidio El Informe Albanese denuncia ante la ONU a las empresas que se han lucrado del exterminio en Gaza
La relatora presenta un informe al Consejo de Derechos Humanos en el que detalla la responsabilidad de decenas de empresas en las políticas de ocupación, apartheid y genocidio que está llevando a cabo Israel en Palestina.
Movimiento BDS
Movimiento BDS Sidenor cede a la presión y anuncia que dejará de vender acero para las armas israelíes
La acerera vasca toma esta decisión después de que los sindicatos ESK, LAB y ELA requiriesen información y exigiesen acciones para frenar la complicidad con el genocidio.
Palestina
Palestina Israel bombardea un cumpleaños infantil y asesina a 39 personas en otra jornada mortífera en Gaza
Las Fuerzas Armadas de Israel siguen extendiendo la muerte por todo el territorio de Gaza. Un ataque contra una cafetería frecuentada por periodistas acaba con la vida de varios niños y niñas, un fotoperiodista y una artista plástica.
Fiscalidad
Impuestos España y Brasil se unen para proponer mayores impuestos a los superricos
La propuesta ha sido presentada en la IV Conferencia Internacional de Financiación para el Desarrollo de la ONU que se celebra en Sevilla.
Justicia
Justicia Huelga de jueces y magistrados: ni servicios mínimos ni descuento de salario
Las asociaciones conservadoras convocan por primera vez un paro de tres días, una situación sin sustento legal según el Consejo General del Poder Judicial.
República Democrática del Congo
República Democrática del Congo La RD del Congo y Ruanda, mediados por Estados Unidos, firman un acuerdo de paz incierto
El acuerdo busca crear cadenas de valor en las que intervengan ambos países, con una mayor presencia de los Estados Unidos en la zona. La poca presencia de las víctimas del conflicto en las conversaciones genera dudas en la sociedad civil congoleña.

Últimas

Corrupción
Corrupción El juez decreta prisión provisional sin fianza para Santos Cerdán
El juez acepta la propuesta del fiscal y decreta cárcel contra el ex secretario de organización socialista por integración en organización criminal, cohecho y tráfico de influencias.
Análisis
Análisis Negar, polarizar, avanzar: el asalto de la ultraderecha a las políticas climáticas
El llamado Pacto Verde Europeo se ha convertido en el principal caballo de batalla de la guerra cultural del negacionismo climático, sobre el que anudar los diferentes discursos negacionistas de la extrema derecha.
Opinión
Opinión Feminismo de clase y lucha por la hegemonía cultural
Muchos espacios feministas suelen incorporar códigos simbólicos y culturales burgueses que deslegitiman a los de la clase obrera. Aparte de las condiciones materiales, es necesario abordar la hegemonía cultural que estructura esta exclusión.
València
València La Audiencia de Valencia confirma la imputación a Argüeso en el juicio de la dana
La Sección Segunda de la Audiencia Provincial concluye que la resolución de la instructora “no es irrazonable ni arbitraria”, ratificando la imputación del ex secretario autonómico de Emergencias.

Recomendadas

Historia
Historia ‘Weimar’, y su eco
‘Tiempos inciertos’, la exposición dedicada a la República de Weimar en el CaixaForum de Barcelona, apenas se deja nada, pero vuelve a incurrir en la idea de las “dos Alemanias” contrapuestas.
Economía social y solidaria
Historia Lo que Franco arrebató al cooperativismo y a la economía social y solidaria
La dictadura franquista combatió de forma cruel el movimiento cooperativo fraguado en la II República, y durante la propia guerra con las denominadas colectividades, y pervirtió la idea de autogestión a través de los ideales falangistas.
Río Arriba
Río Arriba Yayo Herrero: “El holocausto nazi no es una excepcionalidad en la historia de Europa, es un modus operandi”
Nueva entrevista de Río Arriba en formato podcast y vídeo en el que hablamos de ecofeminismo, transiciones ecosociales justas, decrecimiento, colapso, poner la vida en el centro y mucho más.