A UE propón responsabilizar das accións que realizan as redes sociais ás persoas que as usan

Que teñen en común Chat Control e a nova proposta de lei para protección de menores na contorna dixital
Integrantes do grupo de Soberanía Dixital de Enxeñería Sen Fronteiras Galicia
20 ene 2026 11:22

O pasado decembro o goberno australiano tomou a decisión de prohibir a menores de 16 anos a creación de contas nas principais redes sociais. Esta decisión basease na protección da adolescencia contra os seus efectos prexudiciais. O goberno australiano obrigará ás empresas a contar con mecanismos que garantan a aplicación desta normativa mais non sabemos aínda en que se basearán. Na Unión Europea estase a debater o mesmo, e no Estado español de forma particular. Porén estas medidas non solucionarán o problema, as menores seguirán desprotexidas e as adultas estarémolo aínda máis perdendo a nosa soberanía dixital polo camiño.

Fai uns meses comezouse a falar do Chat Control, unha iniciativa da UE, novamente co Estado español á cabeza, que busca prohibir a comunicación con encriptado de extremo a extremo, coa escusa de loitar contra os pederastas. De aprobarse, implicaría que as compañías de comunicación inspeccionarían as mensaxes en busca de contido pedófilo. O obxectivo é similar e o resultado tamén se lle asemella.

Como se aplicarían estas regulacións?

No caso do Chat Control trátase dun escaneo masivo que implicaría a fin da nosa privacidade en liña, e faría ilegais ferramentas de mensaxería encriptada como Signal. Deixaría á usuaria desprotexida xa que favorecería a explotación da nosa información persoal permitindo que compañías como WhatsApp nos espíen de forma legal e vendan os nosos datos con impunidade.

Cando falamos da restrición a menores de 16 anos é fácil pensar que estamos a protexer a súa identidade pero o asunto ten matices. Unha posible forma de aplicación da regulación é subindo o noso DNI e unha foto. Isto implicaría a fin do anonimato nas redes sociais. Calquera persoa que queira crearse unha conta tería que identificarse, polo que as empresas estarían a recoller aínda máis datos das usuarias, adultas e menores, os cales poderán engadir a aqueles obtidos a través do Chat Control. Ambas medidas facilitan a creación de perfís comerciais convertendo as redes sociais en lugares máis hostís. Se a propia Instagram se amosa a favor deste sistema de identificación na UE, algún beneficio lle debe reportar.

Outra opción, a priori máis segura, podería ser que o propio Estado teña unha ferramenta para facer esta verificación co que a empresa propietaria da rede social requiriría autorización. Dende o punto de vista dunha usuaria “común”, isto podería verse como unha boa solución, mais imaxinemos que a túa opinión difire daquela que o teu Estado considera aceptable. Poida que desexes difundir contido documentando o xenocidio do Estado de Israel en Palestina, e que isto se considere delito. Baixo unha orde xudicial, a empresa tería que informar da identidade da persoa titular. É dicir, os Estados terían unha ferramenta para controlar quen e que se difunde en redes sociais, coa arbitrariedade existente hoxe en día para tachar de terrorista a un movemento social.

Incluso se non fas pública a túa opinión, grazas ao Chat Control nada impediría que se busque material que o Estado considere inadecuado. Falar de convocar unha protesta pode ser suficiente para que tome accións legais. Estas ferramentas son empregadas por xornalistas e activistas de todo o mundo para evadir censura e protexerse, para informarnos e manternos conscientes. Sen elas, grandes filtracións como a de Wikileaks xamais terían sucedido.

Que alternativa existe?

Está máis ca comprobado que o emprego de smartphones de forma cotiá entre a adolescencia provoca enfermidades mentais, como a depresión. Con todo, é habitual que cada vez a idades máis temperáns a cativada xa teña un teléfono propio, e incluso con cinco anos sexa o seu principal xoguete. Antes de prohibir hai que educar, e antes que dar leccións, hai que dar exemplo. Con que lexitimidade lles prohibimos o emprego de redes sociais (ou smartphones), se logo non somos capaces de estar con elas sen ter o móbil nas mans en vez de xogar e pasar tempo de calidade xuntas?

O problema debe atallarse de raíz. A día de hoxe os pederastas o que máis usan é o Telegram, que non ten encriptado nos grupos, pero seguen aí, o cifrado no é o problema. Comecemos por educar nas nosas escolas, casas e amizades.

Este tema é como o de centrar o discurso en reciclar o plástico en lugar de prohibir a embalaxe innecesaria. Centran a narrativa en prohibir o acceso a menores para redirixir o discurso e a discusión lonxe da raíz do problema que é a intoxicación de información falsa e publicidade que se permite, a cal ben podería ser limitada de xeitos máis sinxelos. As redes sociais, ben construídas, poden ser un lugar “seguro” para moitas adolescentes pois aquelas que pertence a minorías ou se atopan rodeadas de ambientes restritivos teñen a oportunidade de ver que existen outras formas de ser no mundo que doutro xeito non poderían. Estas medidas non tratan de crear un mundo máis seguro para os menores, son para xerar maior control sobre toda a poboación.

A maiores un pregúntase como afectaría iso ás redes libres como o Fediverso, unha “rede de redes” sociais alternativa e independente das *big tech*, sen algoritmos e sen intereses económicos. De seguro que as pequenas instancias non poderían manexar a complexidade burocrática coa que virán acompañadas esas prohibicións.

Que teñen en común o Chat Control e a nova proposta de lei para protección de menores no entorno dixital?

En ámbolos dous casos, empréganse discursos sensacionalistas, utilizando ás nosas crianzas como escusa para facer un ataque sen precedentes á nosa soberanía dixital e liberar de responsabilidades ás deseñadoras de redes sociais tóxicas e aditivas. Isto é a carreira do gato atrás do rato. Que en Australia non che deixan crear unha conta no Insta? Nin unha semana tardarán en empregar VPN. E o mesmo os pederastas. Abordemos os problemas dende a raíz.

Dende o grupo de soberanía dixital de [Enxeñería Sen Fronteiras](https://galicia.isf.es/) levamos un tempo traballando nunha [Guía de Autodefensa Dixital](https://www.elsaltodiario.com/tecnologia/enxeneria-sen-fronteiras-presenta-guia-autodefensa-dixital) para recuperar a nosa soberanía dixital.

Por sorte, contamos con algunhas alternativas para mitigar estes ataques. O grupo de soberanía dixital de Enxeñería Sen Fronteiras leva un tempo traballando nunha Guía de Autodefensa Dixital para recuperar a nosa soberanía dixital.

Sobre este blog
Este blog es un espacio para la reflexión crítica sobre la justicia social y ambiental desde la mirada de la ingeniería y la tecnología. La tecnología, tal y como la entendemos, no es neutra, sino que induce a perpetuar nuestro modelo de desarrollo. Hablaremos de estas tecnologías, y también de aquellas que no fueron denominadas así por el hecho de gestarse a espaldas de los grupos de poder. Estas, que pese a haber sido minorizadas e invisibilizadas, son las que sí nos salvarán: diseñadas a la escala de las personas, con base en el bien común y el conocimiento libre, que fortalecen a las comunidades y respetan las características culturales de cada territorio. Por todo lo anterior, aquí encontrarás no sólo artículos sobre tecnología, sino también sobre cooperación, política, migraciones, feminismo, ecologismo social… echa un vistazo.
Ver listado completo
Cargando valoraciones...
Comentar
Informar de un error
Es necesario tener cuenta y acceder a ella para poder hacer envíos. Regístrate. Entra en tu cuenta.
Cargando...
Sobre este blog
Este blog es un espacio para la reflexión crítica sobre la justicia social y ambiental desde la mirada de la ingeniería y la tecnología. La tecnología, tal y como la entendemos, no es neutra, sino que induce a perpetuar nuestro modelo de desarrollo. Hablaremos de estas tecnologías, y también de aquellas que no fueron denominadas así por el hecho de gestarse a espaldas de los grupos de poder. Estas, que pese a haber sido minorizadas e invisibilizadas, son las que sí nos salvarán: diseñadas a la escala de las personas, con base en el bien común y el conocimiento libre, que fortalecen a las comunidades y respetan las características culturales de cada territorio. Por todo lo anterior, aquí encontrarás no sólo artículos sobre tecnología, sino también sobre cooperación, política, migraciones, feminismo, ecologismo social… echa un vistazo.
Ver listado completo
Cargando...
Comentarios

Para comentar en este artículo tienes que estar registrado. Si ya tienes una cuenta, inicia sesión. Si todavía no la tienes, puedes crear una aquí en dos minutos sin coste ni números de cuenta.

Si eres socio/a puedes comentar sin moderación previa y valorar comentarios. El resto de comentarios son moderados y aprobados por la Redacción de El Salto. Para comentar sin moderación, ¡suscríbete!

Cargando comentarios...