Balea Cultural
O día que mataron a Laura Palmer (e por pouco, a Twin Peaks)

O 8 de abril de 1990, a televisión mudou para sempre. 35 millóns de persoas viron desde as súas casas o episodio piloto de Twin Peaks; presenciaron en vivo directo como David Lynch e Mark Frost cambiaban a ficción televisiva para sempre. Unha audiencia ata aquel momento afeita aos dramas lineais e ás risas enlatadas da caixa tonta, descubriron que da tele tamén podían saír obras de estética coidada e intricado argumento.

Twin Peaks Balea Cultural
CBS Photo Archive
13 abr 2019 12:30

O corpo sen vida de Laura Palmer, a rapaza máis popular da pequena e tranquila vila de Twin Peaks, aparece envolto en plástico á beira do río. Coa chegada do axente do FBI Dale Cooper arrinca unha historia inquedante, surrealista e delirante, enroscada nun misterio que sobrepasa o esperado dun simple caso de asasinato.

Balea Cultural
‘Black Mirror: Bandersnatch’ nin come nin deixa comer
‘Black Mirror: Bandersnatch’ non é unha revolución mais si que é interesante ver como se abren novas formas de ver cine e de interactuar con este.
A partir dese primeiro episodio de hora e media, o fenómeno naceu e espallouse por todo o globo. Incluso en España, emitida pola daquela recén nacida Telecinco, todos se preguntaban quen matara a Laura Palmer. Despois de oito capítulos, a primeira tempada de Twin Peaks pechou coa aclamación unánime de crítica e público. ABC non tardou en renovala para unha segunda tempada de 22 episodios; non podía desperdiciar a suculenta e inesperada oportunidade que tiña entre as mans -nun primeiro momento, confiábase tan pouco na serie que se preparara unha versión alternativa do piloto coa resolución do misterio para distribuíla en VHS-. Todo o mundo estaba expectante por descubrir quen era o asasino, menos David Lynch, quen pretendía alongar a intriga o maior tempo posible.
Twin Peaks Balea Cultural (ABC)
Publicidade no xornal ABC en España un día antes da súa estrea e Telecinco. Foto: ABC
A segunda tempada estreouse en setembro dese mesmo ano, mais a audiencia estaba perdendo paulatinamente a atención na serie. ABC, ávida por atopar un repunte no rating, forzou aos creadores a desvelar a identidade do asasino no sétimo episodio. Os intereses económicos da network fraguarían totalmente as pretensións narrativas de Lynch: estirar o rizo do misterio o máximo posible para poder descubrir todo o mundo oculto e místico que se atopaba detrás do asasinato de Laura Palmer. Nas súas propias palabras, “quen matou a Laura Palmer? foi unha pregunta á que nunca quixemos responder; era a galiña dos ovos de ouro”.

“Lonely Souls” foi promocionado por todo o alto, e ABC non se cortou un pelo en adiantar que nel se desvelaría o enigma. O capítulo, maxistralmente dirixido por Lynch, marcaría un antes e un despois na serie. Ese 14 de novembro, máis de 17 millóns de espectadores acenderon a caixa tonta para descubrir quen matara a Laura Palmer, conseguindo dobrar a audiencia dos anteriores episodios. A táctica de ABC funcionara.

Ese 14 de novembro, máis de 17 millóns de espectadores acenderon a caixa tonta para descubrir quen matara a Laura Palmer

Leland Palmer, pai de Laura, óllase no espello, e é Frank —o misterioso home que aparecía nos pesadelos dos habitantes de Twin Peaks— quen lle devolve a mirada. Acto seguido, mentres baila entre a súa propia forma física e a de Frank, mata brutalmente á súa sobriña Sarah —idéntica a Laura—. Caen os títulos de crédito; o misterio estaba resolto. Á mañá seguinte non se falaba doutra cousa nas cafeterías, nos despachos, e incluso nos patios dos colexios. Todo o mundo quedara patidifuso coa identidade do asasino. Un personaxe que sempre semellara bo e amable, tornárase radicalmente nun monstro sen piedade, efectuando a escena máis violenta e perturbadora da serie ata ese momento.

twin Peaks Balea Cultural (2)
Twin Peaks. CBS Photo Archive
Co que non contara ABC era con que, unha vez desenmascarado o homicida, o interese pola trama, antes en números amarelos, caería en picado. Tampouco axudou a pésima xestión dos horarios por parte da cadea, que intentou frustradamente subir a audiencia cambiando sistematicamente a serie de día e hora de emisión. A televisión obtivo por primeira vez unha lección: non todos os misterios deben ser resoltos. E así se aplicaron o conto series futuras como Lost, The X-Files ou 24, que optaron por estirar o rizo do segredo fundamental durante anos.

Mais á tempada aínda lle quedaban 17 episodios e, coa trama principal xa pechada, Lynch e Frost terían que revolverse os miolos para atopar outra premisa que dera pé á continuación da serie. Nun primeiro momento, púxose enriba da mesa artellar unha historia de amor entre Cooper e Audrey Horne, mais daquela MacLachlan —actor que interpreta ao axente especial— atopábase nunha relación con Lara Flynn Boyle —a mellor amiga de Palmer na ficción—, e esta opuxo grandes impedimentos aos creadores para levar a cabo o plan argumental.

Os ratings non cesaban de caer e ABC non deixaba de mudar a hora e día de emisión da serie, o que provocou que a audiencia se despistara aínda máis

Finalmente, decidiuse introducir numerosos personaxes novos e iniciar un popurrí de tramas que chegarían a confundir aos espectadores, facendo caer estrepitosamente a audiencia. “Non podiamos facer chegar a outro asasino maníaco á vila ao día seguinte”, explicaría máis tarde o produtor e guionista Harley Peiton. Liaron a Cooper cun novo personaxe, Annie Blackburn; introduciron a unha axente do FBI transexual (curiosamente, David Duchovny, que saltaría á fama pouco despois con The X-Files); fixeron que a desviada Nadine Hurley se crese 25 anos máis nova e a xuntaron co adolescente Mike Nelson... A única trama verdadeiramente efectiva foi a protagonizada por Windom Earle, antigo mentor de Cooper no FBI e agora o seu antagonista.

Os creadores perderon rapidamente o interese en Twin Peaks, e remataron abandonando o proxecto. Lynch admitiu anos despois que incluso deixara de ver a serie polo “estúpida e ridícula que se volvera”. Este enfrascouse na promoción de Wild Heart, e Mark Frost comezou a traballar na súa primeira e única película, Storyville. Os ratings non cesaban de caer e ABC non deixaba de mudar a hora e día de emisión da serie, o que provocou que a audiencia se despistara aínda máis. Tras quince episodios, a cadea decidiu poñer Twin Peaks en parón indefinido, deixando no aire os últimos seis capítulos que quedaban por emitir.

“Temos problemas, precisamos axuda”, declarou David Lynch nunha rolda de prensa tras o anuncio de ABC. A pesar da caótica baixada de calidade da serie, aínda quedaba un bastión forte de fans que intentaron concienciudamente evitar a cancelación definitiva. Organizaron unha campaña de firmas, a COOP (Citizens Opposed to the Offing of Peaks), e o conseguiron o seu propósito: un mes e medio despois do hiatus, Twin Peaks volveu á parriña televisiva. Lynch e Frost tomaron de novo as rendas da ficción e por fin conseguiron o que se necesitaba para continuar con eficacia a serie tras a resolución do misterio de Laura Palmer: deixar de enmarañar tramas superficiais e afondar no bosque, na Loxia Negra, no mundo escondido; en definitiva, explicar que se agocha nas sombras de Twin Peaks.

O episodio final, “Beyond Life and Death”, recuperou toda a esencia do que Twin Peaks fora na primeira tempada. Lynch apostou por levar ao extremo o xogo entre realidade e soño, entre o coherente e o delirante, pechando a serie como realmente se merecía. Tampouco tivo remordementos en fundir todo o universo da serie nun caos apocalíptico, deixando un desenlace aberto que auguraba un futuro pouco prometedor para os habitantes de Twin Peaks.

Twin Peaks Balea Cultural (3)
Twin Peaks. CBS Photo Archive
Laura Palmer prometeu que a volveriamos ver en 25 anos, e cumpriu o seu compromiso. Tras a frustrada precuela Twin Peaks: Fire Walk With Me (película estreada un ano despois do final da serie, da que se cortaron 90 minutos de metraxe orixinal), David Lynch sabía que tiña un gran reto por diante cando decidiu poñer en marcha unha terceira tempada en 2017 —26 anos despois do final—: Twin Peaks puxo a televisión do revés, pero daquela xa pasara un cuarto de século. A ficción televisiva avanzara a zancadas, e tiña nas súas mans a necesidade de facerlle honra a unha serie de culto que non fora para nada esquecida co paso dos anos. Pero o de Lynch nunca foi quedarse estancado, senón tensar a corda todo o que poida antes de que rompa. Como el ben di, “as ideas cóntanche cada escena e cada personaxe; soamente tes que seguilas”.
Series
En el cielo todo va bien, pero no estamos en el cielo
La mortalidad humana se filtra en las imágenes en la nueva 'Twin Peaks', tan enigmática como siempre y quizá algo más pesimista.

Informar de un error
Es necesario tener cuenta y acceder a ella para poder hacer envíos. Regístrate. Entra en tu cuenta.

Relacionadas

Opinión
Opinión Amor, alienación y nostalgia en la obra de Wong Kar Wai
El cine de Wong Kar Wai logró captar la avalancha de nostalgia que florecía en el capitalismo tardío frente a la desorientación y la enajenación de los propios sujetos sociales.
Cómic
Cómic ‘El Eternauta’, una parábola que anticipa las tragedias de su autor, Héctor Germán Oesterheld, y de Argentina
El creador del cómic que dio origen a la serie del cineasta Bruno Stagnaro protagonizada por Ricardo Darín fue secuestrado y desaparecido junto a sus cuatro hijas por la última dictadura argentina.
Series
Series Masculinidad hegemónica o plomo: la sátira contra los hombres en ‘The White Lotus’
La serie culmina de forma trágica, llevando al extremo la lógica neoliberal, y se cuestiona si es posible una transformación que no termine cooptada por el propio patriarcado.
Extrema derecha
Extrema derecha Estados Unidos declara la guerra contra los pobres con la ley “grande y bella” de Trump
VV.AA.
La norma presupuestaria, que contempla más de un centenar de disposiciones, convierte a ICE en el cuerpo de seguridad del Estado más financiado y es un cheque en blanco para las grandes contaminantes.
Comunidad de Madrid
Comunidad de Madrid Una “victoria moral” da alas a la Plataforma STOP Planta de Biogás en Colmenar y Tres Cantos
La aprobación en el último pleno de una moción para revertir la declaración de utilidad pública del proyecto infunde ánimos a la plataforma, que ya ha denunciado el procedimiento ante los tribunales.

Últimas

Palestina
Palestina Albanese presenta su informe ante la ONU: “Gaza es el escenario de un crimen”
El Consejo de Derechos Humanos atiende al reporte sobre el lucro de empresas y bancos en el actual genocidio de Gaza. The Guardian califica de “posible crimen de guerra” el ataque contra una cafetería en la que murieron 39 personas.
Opinión
Opinión Sirat y las zonas temporalmente autónomas
En la película de Olivier Laxe prevalece el relato sobre la deserción del mundo que una mirada a la propia creación de la comunidad que surge en torno a las raves.
Política
Política Feijóo radicaliza al Partido Popular en medio del terremoto Cerdán con la vista puesta en las elecciones
Miguel Tellado será el nuevo secretario general del partido. Un movimiento con el que Feijóo consigue el control casi absoluto del PP y le come espacio del discurso ultra a Vox, pero que lo aleja de eventuales pactos con PNV y Junts.
Galicia
Galicia Galicia elige el rumbo de la lucha contra Altri en las elecciones a la directiva de la plataforma Ulloa Viva
Vecinos y vecinas de la comarca más afectada presentan dos listas separadas tras no llegar a una propuesta de consenso. Por un lado concurre una candidatura continuista y, por el otro, una alternativa que se acerca más al nacionalismo institucional.
Madrid
Madrid Vecinas de Tribulete 7 presentan demanda colectiva por acoso inmobiliario contra Elix Rental Housing
Es la primera demanda colectiva que se presenta en España contra una socimi. El inquilinato quiere conservar sus hogares e impedir que se desarrolle el plan de pisos turísticos que pretende el propietario.
Más noticias
Comunidad de Madrid
Sanidad Pública Cae el techo de la entrada principal del Hospital Isabel Zendal
El hospital de pandemias, inaugurado por Isabel Díaz Ayuso en 2020 y que generó unos sobrecostes del triple de lo presupuestado en su construcción, ha visto cómo se desplomaba el techo de entrada.
El Salto Radio
EL SALTO RADIO Podcast familiar Caleidoscopio, episodio 26: Y... ¡Acción! (Segunda parte)
Los pequeños colaboradores y colaboradoras nos cuentan cómo sería su película ideal, cuánto creen que tardarían en grabarla... y cómo imaginan que sería su estreno.
Tribuna
Regadíos Regar con un agua que no tenemos ni tendremos
Se encona la lucha por el control de un agua de la que somos deficitarios, exponiendo amplios territorios a la desertificación y el abandono.

Recomendadas

En el margen
En el margen Aisetou Kajakeh: “Nosotras no estamos rompiendo techos de cristal, sino sorteando muros”
Esta socióloga española asegura que las asociaciones gambianas en España mantienen un vínculo directo con el lugar de origen, lo que hace que nunca pierdan la conexión con las raíces.
Salud mental
Laura Martín López-Andrade “La psiquiatría es una profesión potencialmente muy peligrosa”
La psiquiatra granadina defiende desde Málaga otro tipo de psiquiatría que huye de los diagnósticos y de la jerarquía y cambia la palabra tratamiento por acompañamiento.
Alquiler
Racismo y alquileres Siete de cada diez migrantes se ve en la necesidad de vivir de alquiler frente al 14% de los hogares españoles
“El precio del prejuicio” es el título del más reciente estudio del Instituto de Investigación Urbana de Barcelona, IDRA, en el que disecciona la relación entre las personas migrantes y su acceso a la vivienda.